Cariño - ORDENANZA MUNICIPAL DE EMERXENCIA SOCIAL DO CONCELLO DE CARIÑO

Publicación provisional: 11/02/2016 BOP Nº: 27
Publicación definitiva: 04/04/2016 BOP Nº: 62
Aplicable dende: 04/04/2018

Exposición de Motivos:

A existencia duns servizos que faciliten a promoción e o desenvolvemento pleno dunha maneira real e efectiva de tódalas persoas e grupos dentro da sociedade, previndo os obstáculos e eliminando as causas que dificulten ou impidan a participación plena de tódolos cidadáns na vida política, cultural e social é unha esixencia constitucional, recollida nos artigos 41, 139.1 e 149.1. En concreto, a Constitución Española establece que ¿los poderes públicos ¿¿. asegurarán la protección social, económica y xurídica de la familia", así como a protección en situación de necesidade, desamparo, circunstancias graves ou urxente necesidade por carencias económicas e socio- familiares.

Considerando que neste sentido os servizos sociais municipais teñen como unha das funcións e tarefas máis consolidadas a de proporcionar atención e axuda á persoas que atravesan unha situación vital de dificultade, derivada a maior parte das veces pola imposibilidade de facer fronte a determinados gastos que ou ben son necesarios para o mantemento dunha forma de vida compatible coa dignidade á que toda persoa ten dereito ou que incluso son precisos, en determinadas ocasións para a súa supervivencia.

Considerando que a competencia do Concello nesta materia, ademais do fundamento constitucional anteriormente mencionado, aparece recollida:

- Na Lei 7/85 de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, que establece entre as competencias municipais (artigo 25.2.k) a prestación de servizos sociais e de promoción e reinserción social.

- Na Lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia. O artigo 21.1 define as prestacións económicas do sistema galego de servizos sociais como as aportacións en diñeiro de carácter periódico ou de pago único que teñen como finalidade, entre outras, apoiar o coidado de menores, paliar situacións transitorias de necesidade, garantir mínimos de subsistencia e reforzar procesos de integración familiar e inclusión social, así como garantir o coidado de persoas con limitacións na súa autonomía persoal no marco da Lei 39/2006, de 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia. O apartado 2.b) do mesmo artigo sinala que teñen a consideración de prestacións económicas do sistema galego de servizos sociais as axudas de emerxencia e necesidade social.

- No Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento.

Considerando que pola súa parte o Concello de Cariño para facilitar a promoción e o desenvolvemento pleno e libre dos dereitos de tódalas persoas e grupos que garanta a súa igualdade dentro da sociedade atenderá a cobertura das necesidades sociais, adecuándoas no seu caso os procesos de cambio social e persoal.

Considerando que neste sentido faise patente a necesidade de regular a concesión de prestacións sociais de carácter económico para situacións de especial necesidade individual e familiar a través dunha Ordenanza Municipal de emerxencia social que pretenda a atención efectiva ás necesidades sociais das persoas en situación de emerxencia social mediante un procedemento áxil compatible coa normativa e os procedementos propios da administración.

Considerando que a filosofía que impregna esta Ordenanza é a atención efectiva das necesidades sociais das persoas en situación de emerxencia social e polo tanto a eficacia da prestación económica reside en que as mesmas poidan ser cubertas con inmediatez.

Considerando que o procedemento que se contempla nesta Ordenanza non é o xeral de concorrencia competitiva que fixa a Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, pois resulta implícita nas prestacións a conceder e nas condicións sociais dos beneficiarios as razóns de interese público social, humanitarias e outras que dificultan unha convocatoria pública de conformidade co establecido no artigo 22.2.c) da citada Lei.

ARTIGO 1.-RÉXIME XURÍDICO.

A concesión das prestacións municipais baixo a denominación de emerxencia social, rexeránse polo disposto na presente Ordenanza e nas disposicións que se adopten para a súa aplicación e desenvolvemento.

ARTIGO 2.-OBXECTO.

A presente ordenanza ten como obxecto a regulación do procedemento de concesión das axudas de emerxencia social no municipio de Cariño. Con estas axudas preténdese apoiar a aquelas persoas e familias que carecen de recursos económicos para afrontar as súas necesidades básicas como a alimentación, o aloxamento ou calquera outra situación que poida supoñer un factor de marxinalidade ou risco de exclusión social.

ARTIGO 3.-CLASIFICACIÓN DAS PRESTACIÓNS.

As prestacións clasificaránse do seguinte xeito:

a) Prestacións económicas que serán entregadas mediante cheque bancario, transferencia ou calquera outro medio válido.

b) Prestacións económicas efectuadas a provedores, arrendatarios, subministradores, etc., dos usuarios ou beneficiarios das prestacións.

ARTIGO 4.-BENEFICIARIOS.

Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas físicas ou unidades familiares do Concello de Cariño que se atopen en situación de emerxencia social (segundo informe dos servizos técnicos municipais) e estean empadroadas no municipio con unha antigüidade mínima de seis (6) meses.

Poderá excepcionarse xustificadamente este requisito, e mediante o correspondente informe dos servizos técnicos, cando se trate de situacións singulares e urxentes como poden ser as persoas en situación de necesidade extrema.

Enténdese por unidade familiar o núcleo de convivencia composto por dúas ou máis persoas vinculadas por matrimonio ou análoga relación de afectividade, por parentesco de consanguinidade ata o terceiro grao e por afinidade ata o segundo grao.

Na unidade familiar tan só unha persoa pode ter a condición do beneficiario aínda que as axudas se outorguen en beneficio da unidade familiar.

ARTIGO 5.-REQUISITOS.

5.1.-Poderán solicitar as subvencións reguladas na presente convocatoria aquelas persoas que cumpran, ademais do sinalado no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, e no art. 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de Subvencións de Galicia, os seguintes requisitos:

1.º.-Ser maior de idade ou menor emancipado, ou no seu defecto, iniciar ou ter iniciado o trámite legal de emancipación.

2.º.-Estar empadroado no Concello de Cariño de forma ininterrumpida cunha antelación mínima de seis meses á data da solicitude, agás nas situacións de urxencia referidas no artigo 4 da presente Ordenanza.

3.º.-Acreditar a situación de necesidade e aportar a documentación necesaria en cada caso, de conformidade co esixido no artigo 6 da presente Ordenanza.

4.º.-Non dispoñer de ingresos suficientes para afrontar os gastos derivados da situación de emerxencia: ingresos non superiores ao importe do SMI* por unidade familiar composta por 2 membros, que se incrementará nun 10% por cada membro que conforme cada unidade familiar, entendendo por esta a composta por nais, pais, titores/as ou acolledores/as e os/as menores.

5.º.-Acreditar mediante declaración xurada ou algún dos seus integrantes non recibiron axudas polo mesmo concepto de ningún outro organismo, entidade ou Administración pública, así como, estar ao corrente das obrigas fiscais e coa Seguridade Social.

ARTIGO 6.-DOCUMENTACIÓN.

6.1.--As solicitudes levaránse a cabo nas Oficinas dos Servizos Sociais Comunitarios, sito no Edificio da Casa do Concello, Avda.Paz, n.º 2, en Cariño.

6.2.-A documentación que deberán achegar xunto coa solicitude será a seguinte:

- Fotocopia do DNI do/da solicitante, NIE ou pasaporte.

- Volante de empadroamento da persoa solicitante.

- Volante de empadroamento colectivo da persoa solicitante.

- Fotocopia do libro de familia.

- Fotocopia do certificado de minusvalía, resolución de invalidez ou do recoñecemento do grao de dependencia, no caso de que algún membro da unidade de convivencia estea afectado por algún tipo de discapacidade.

- Declaración responsable da persoa solicitante (segundo ANEXO II) na que se faga constar: a contía dos ingresos obtidos por todos os membros da unidade de convivencia en concepto de rendas, intereses, retribucións, pensións, ou calquera outro título; e que non se están a percibir nin se solicitaron outras prestacións para o mesmo fin, no caso de telas concedidas, copia da resolución.

- Xustificación documental dos bens mobles e inmobles de todos os membros da unidade de convivencia.

- Última declaración da renda ou certificación negativa de non facela de todos os membros da unidade de convivencia.

- Certificacións bancarias de saldos, depósitos valores e contas a 31 de decembro do último ano de todos os membros da unidade de convivencia.

- De ser o caso, copia da sentencia de separación, divorcio ou nulidade, xunto co convenio regulador e en defecto destes, declaración xurada de percibir ou non pensión alimenticia a favor de fillo/a a cargo.

- Sempre que sexa posible,tarxeta do Servizo Público de Emprego que acredite a situación de demanda ou mellora de emprego das todas as persoas que conformen a unidade de convivencia, se é o caso.

6.3.-Non se poderá acceder a estas axudas municipais:

a) Cando, de existir, non se teñan utilizado as canles que outras Administracións teñan establecido para atender estas necesidades, a non ser que sexa para complementar o importe concedido.

b) Cando se perda o dereito a unha prestación pública recoñecida por causas imputables á persoa solicitante das axudas.

c) Cando non se teñan xustificado as axudas concedidas nos prazos establecidos en función da forma de pagamento (cheque bancario, transferencias).

ARTIGO 7.-APLICACIÓN ORZAMENTARIA.

Para o financiamento destas axudas destínase o crédito previsto no orzamento do correspondente exercicio orzamentario en vigor.

ARTIGO 8.-NATUREZA E CONTÍA DAS AXUDAS.

8.1.-Natureza das axudas:

Indícanse, con carácter xeral, os seguintes conceptos de prestacións:

1.º.-Gastos de vivenda, que inclúe:

Gastos de aluguer, cando existan garantías de continuidade na vivenda.

Créditos hipotecarios con entidades bancarias, en evitación de desafiuzamentos, sempre que non se disfrutase xa de axudas públicas por este concepto durante os períodos de adebedamento.

Débedas de comunidade.

Mobiliario de primeira necesidade.

Débedas de subministros: enerxía eléctrica, augas e gas.

2.º.-Alimentación básica, incluída a infantil á venda en establecementos de alimentación.

3.º.-Gastos de atención sanitaria non cubertos polo sistema público de saúde:

- Gastos de atención sanitaria para a adquisición de medicinas e pagamento de débedas xeradas por este concepto, na porcentaxe non cuberta polo sistema sanitario.

- Gastos de atención sanitaria non cubertos polo sistema público (adquisición, reparación e adaptación de lentes, ortopedia e próteses), acreditando a súa prescripción por un médico do sistema público de saúde.

4.º.-Gastos persoais de primeira necesidade (a xuízo dos técnicos de servizos sociais).

5.º.-Aloxamentos (pensións, cuartos, etc.)

En todo caso, as axudas concedidas teñen carácter temporal e extraordinario e non poderán ser invocadas como precedente.

8.2.-A contía das axudas serán dun máximo anual do 200% dunha mensualidade do IPREM.

ARTIGO 9.-PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES.

A solicitude acompañada da documentación establecida no artigo 6.2 presentarase no Rexistro xeral do Concello de Cariño, no modelo descrito no ANEXO I da presente Ordenanza. De maneira excepcional o expediente iniciarase polos Servizos Sociais Municipais cando concorran circunstancias graves, extraordinarias e urxentes trala análise, valoración e avaliación da situación social. En caso de valoración positiva da situación de necesidade instarase ó cidadán a seguir o procedemento administrativo correspondente.

O prazo de petición manterase permanentemente aberto, suxeito en todo caso, á existencia de consignación orzamentaria para facer fronte ao custo das axudas en cada un dos exercicios orzamentarios. A tal fin, as solicitudes que se presenten serán remitidas con carácter inmediato á Intervención a fin de que se practique a correspondente retención de crédito no modelo no Anexo IV, sen que dita retención se poida continuar coa tramitación do expediente.

ARTIGO 10.-TRAMITACIÓN, RESOLUCIÓN E NOTIFICACIÓN AOS INTERESADOS.

Unha vez recibida a solicitude, e en caso necesario, requiriráselle a persoa beneficiaria para que proceda á subsanación de erros ou para a achega de documentación necesaria no prazo de dez días hábiles, facéndolles saber que en caso contrario, teráselles por desistido da súa petición, procedéndose ao arquivo do expediente.

Cumprimentado o expediente seguirase a seguinte tramitación do mesmo:

a) Polos servizos sociais municipais verificarase que o expediente conta coa documentación requirida e procederase ó estudo e valoración do mesmo.

b) A proposta de concesión será firmada polos/as técnicos/as municipais de servizos sociais e conformada pola Concellaría Delegada de Servizos Sociais. A proposta de concesión deberá axustarse necesariamente ás características destas axudas e á existencia de crédito adecuado e suficiente.

c) A proposta será elevada ó Alcalde- Presidente para a súa resolución. Debido as características destas axudas a proposta de concesión deberá resolverse no prazo máximo de 15 días dende a iniciación do expediente.

A resolución de concesión da axuda notificarase ao interesado.

As axudas faranse efectivas a través do sistema de pago a xustificar e/ou anticipo de caixa fixa de conformidade co establecido no Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, no Real Decreto 500/1990 e nas Bases de Execución do Presuposto Municipal do Concello de Cariño.

Previa solicitude do interesado (Anexo III) e co Informe Social que o apoie o pago da axuda poderase efectuar á persoa ou entidade que este/a autorice e sempre e cando se trate do acredor final do pago a xustificar. Asimesmo este informe poderá suxerir que o pago se realice co acompañamento dos servizos sociais municipais.

A axuda xustificarase no prazo máximo dun mes dende a notificación da concesión da axuda mediante facturas ou outros documentos de valor probatorio equivalente con validez no tráfico xurídico mercantil que deberán ser presentadas nos servizos sociais municipais de modo que o destino dado á axuda se corresponda coa finalidade para a que foi concedida.

Con carácter excepcional e debidamente xustificado no expediente por parte dos técnicos municipais de servizos sociais e ante determinadas situacións extremas, ó preceptor da axuda non se lle requirirá a xustificación do gasto polos medios determinados con carácter xeral e sinalados anteriormente neste artigo, senón mediante calquera medio admisible en dereito ou no seu caso mediante o informe correspondente dos Servizos Sociais, sobre a base da concorrencia dunha determinada situación extrema de necesidade (artigo 30.7 da Lei de Subvencións).

ARTIGO 11.-OBRIGAS DAS PERSOAS BENEFICIARIAS.

1. Aplicar a prestación ás finalidades para as que foron concedidas.

2. Permitir e facilitar o labor do persoal designado para comprobar a situación económica e familiar dos posibles beneficiarios.

3. Comunicar os cambios que puidesen dar lugar á modificación, suspensión ou acumulación da prestación.

4. Reintegrar o importe da prestación indebidamente percibida ou en contía indebida.

5. Comunicar calquera cambio de domicilio.

6. Cumprir as condicións e obrigas específicas determinadas en cada caso pola profesional de traballo social correspondente.

7. Presentar as facturas xustificativas da axuda recibida no prazo de dez días hábiles dende a notificación da concesión de axuda.

ARTIGO 12.-EXTINCIÓN E REINTEGRO.

Serán causas de desestimento, denegación e revogación das axudas as seguintes:

a) Non cumprir os requisitos esixidos pola Ordenanza.

b) Documentación incompleta ou incorrecta.

c) Incumprir o beneficiario os compromisos adquiridos no Deseño de Intervención Social.

d) Falsear ou ocultar os datos para obter, conservar ou aumentar a prestación económica.

e) Desaparición das circunstancias que deron orixe á súa concesión.

f) Traslado de domicilio a outro municipio.

g) Cumprimento do prazo de duración da prestación económica.

h) Renuncia do beneficiario da prestación económica.

i) Non utilizar a prestación para a finalidade para que foi concedida.

j) Non aportar os xustificante do gasto efectuado na forma estipulada no transcurso do prazo dun mes dende que a axuda foi concedida por causas imputables ó interesado.

k) Falecemento do beneficiario. Cando a axuda se concedese a unha unidade familiar, ó órgano que elevou a proposta de concesión avaliará se é pertinente ou non a súa continuidade.

l) Outras causas de carácter grave imputables ó beneficiario e non contempladas nos apartados anteriores.

No caso dos supostos d), i), j) e l), pola Concellaría de Servizos Sociais e Atención Cidadá darase traslado destas circunstancias ó departamento de Secretaría e Intervención para a tramitación, no seu caso, do correspondente expediente de reintegro e sancionador se procedera.

ARTIGO 13.-COMPATIBILIDADE DAS AXUDAS.

A concesión destas axudas será incompatible con calquera outro tipo de axudas coa mesma finalidade.

Artigo 14. Seguemento das axudas

Serán os servizos sociais municipais, os que fagan o seguimento das situacións de necesidade protexida polas axudas de emerxencia, así como o destino dado ás mesmas; e poderán solicitarlles ós/ás beneficiarios/as a información ou documentación necesaria para o exercicio de dita función de forma axeitada.

Disposición Adicional

Facúltase ós Servizos Sociais Municipais para adoptar as disposicións necesarias para o desenvolvemento e execución desta Ordenanza e ditar as instrucións de aplicación de criterios de valoración de concesión das axudas

DISPOSICIÓN FINAL

Esta Ordenanza entrará en vigor unha vez publicada no Boletín Oficial da Provincia e transcorrido o prazo de quince días hábiles ao que se refire o artigo 70.2 en relación co 65.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local., permanecendo vixente ata que se acorde a súa modificación ou derrogación expresa.

ANEXOS

ANEXO I

SOLICITUDE DE AXUDAS DE EMERXENCIA SOCIAL DO CONCELLO DE CARIÑO

Nome ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿. Apelidos ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿.

DNI ¿¿¿¿¿¿¿¿¿..¿¿.. Teléfono ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿.¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿

Enderezo ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿.¿¿¿¿¿¿

A.-UNIDADE ECONÓMICA DE CONVIVENCIA

NOME E APELIDOS:

DNI:

IDADE:

PARENTESCO:

B.-INGRESOS MENSUAIS

NOME E APELIDOS:

CANTIDADE:

C.-VIVENDA

PROPIA: ALUGADA:

D.-DESCRICIÓN DA AXUDA E IMPORTE DA MESMA

E.-DECLARO: Que son certos os datos que consigno na presente solicitude.

F.-Documentación que acompaño:

Cariño, ¿¿¿¿. de ¿¿¿¿..

Asdo:

ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CARIÑO

ANEXO II

DECLARACIÓN RESPONSABLE

D./D.ª ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿. con DNI ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿.. e enderezo ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿

DECLARO BAIXO A MIÑA RESPONSABILIDADE:

- Que non percibo nin percibín no mesmo ano ningunha axuda para a mesma finalidade para a que solicito.

- Que a contía dos ingresos obtidos por todos os membros da unidade de convivencia en concepto de rendas, intereses, retribucións, pensións, ou calquera outro título é a seguinte: ¿¿¿¿¿¿¿.

Cariño, ¿¿¿¿¿¿¿¿¿

Asdo.: ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿

ANEXO III.- SOLICITUDE DE PAGO DELEGADO.

Nº EXPEDIENTE:-----------------------------------------------------

IMPORTE CONCEDIDO:----------------------------------------

Eu D/Dª__________________________________________________________________, con D.N.I.____________________,

autorizo a ________________________________________________________________, con D.N.I/CIF_________________

a percibir a contía de _________________ euros en concepto de _______________________________________________

_______________________________________________________________________________________________________

Sinatura do/a solicitante da axuda.

DATOS BANCARIOS DO PROVEEDOR OU EMPRESA AUTORIZADA

1º Apelido ___________________ 2º apelido __________________ nome ou razón social_____________________________

enderezo _________________________________________________________ localidade____________________CP______

DNI OU CIF ______________________ nome da entidade financeira _____________________________________________

Clave do banco _______________________ clave sucursal _________________ díxito de control______________________

C/C______________________________________________________________________________

Sinatura e selo da persoa ou empresa autorizada.:

SRA. CONCELLEIRA DELEGADA DE SERVIZOS SOCIAIS E ATENCIÓN CIDADÁ.

En cumprimento do establecido na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, sobre Protección de Datos de Carácter Persoal, informámoslle que os seus datos persoais e os da s persoas ás que representa serán tratados e quedarán incorporados ós ficheiros do Concello de Cariño, co fin de prestarlles os servizos sociais requiridos. Neste sentido, vostede consinte de forma expresa a que estes datos sexan tratados polos Servizos Sociais do Concello para dar cumprimento á finalidade indicada anteriormente, así como para remitirlle información de especial interese para vostede. Así mesmo, informámoslle que vostede pode exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición en Paseo Marítimo s/n 15360 informámoslle tamén que mediante a aceptación do presente documento vostede consinte de forma expresa, a que os seus datos e os das persoas ás que representa sexan cedidos, única e exclusivamente en aqueles casos que sexa necesario, co fin de prestarlle os servizos sociais oportunos. Do mesmo modo, coa firma do presente documento, vostede declara que os datos facilitados para a confección do presente formulario son actuais e certos, non obviando ningún dos datos solicitados.

ANEXO IV. RETENCIÓN DE CRÉDITO

CONCELLO DE CARIÑO

RETENCIÓN DE CRÉDITO

Exercicio Económico

Número de Expediente

O Interventor, formula a seguinte Retención de Crédito, con cargo ao que a continuación se indica, do vixente Orzamento

Crédito1:

NECESIDADE E XUSTIFICACIÓN

Rexistro de entrada:

Solicitude de Concesión de axuda de emerxencia e necesidade Social

TOTAL EUROS:______________________

RETENCIÓN DE CRÉDITO

TOMA DE RAZÓN

En _____________, a __ de ________ de 20__

O Interventor,

Asdo: ___________________

CERTIFICO: Que existe crédito suficiente na aplicación orzamentaria arriba expresada para o expediente que se propón.

En _____________, a __ de ________ de 20__

O Interventor,

Asdo: ______________________

1 Indicarase a partida orzamentaria, a denominación da partida, o crédito definitivo e o crédito disponible.