Laxe - ORDENANZA FISCAL N. 2 REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCCIONS, INSTALACIONS E OBRAS

Publicación provisional: 19/10/1989 BOP Nº: 240
Publicación definitiva: 19/10/1989 BOP Nº: 240
Aplicable dende: 24/09/2016

Artigo 1º. Feito impoñible.

1.- Constitúe o feito impoñible do imposto a realización, dentro do termo municipal, de calquera construción, instalación ou obra para a que se esixa a obtención da correspondente licenza de obras ou urbanística, obtéñanse ou non a dita licenza, sempre que a súa expedición corresponda a este Concello.

2.- As construcións, instalacións ou obras ás que se refire o apartado anterior poderán consistir en:

1. As obras de construción de edificación e instalacións de todas as clases de nova planta.

2. As obras de ampliación ou reforma de edificios e instalacións de todas as clases existentes.

3. As de modificación ou reforma que afecten a estrutura dos edificios e instalacións de todas as clases existentes.

4. As modificacións do aspecto exterior dos edificios e instalacións de todas as clases existentes.

5. As obras que modifiquen a disposición interior dos edificios, calquera que sexa o seu uso.

6. As obras que teñan que realizarse con carácter provisional no caso no que estean xustificadas, que deberán derrubarse cando o acorde o concello, sen dereito a indemnización, consonte có establecido na regulación urbanística.

7. As obras de instalación de servizos públicos.

8. Os movementos de terra, tales como desmonte, aplanamento, escavación e achanzamento, salvo que tales actos estean detallados e programados como obras a efectuar nun proxecto de urbanización ou de edificación aprobado e autorizado.

9. O derrubamento das construcións, salvo nos casos declarados de ruína inminente.

10. As instalacións soterradas dedicadas a aparcamentos, actividades industriais, mercantís ou profesionais, servizos públicos ou calquera outro uso a que se destine o subsolo.

11. A colocación de carteis de propaganda visibles dende a vía pública.

12. En xeral, calquera outra construción, instalación ou obra que requira licenza urbanística segundo o previsto na lexislación vixente, plans, normas ou ordenanzas.

Artigo 2º. Suxeitos pasivos.

1.- Son suxeitos pasivos deste imposto, a título de contribuínte, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei xeral tributaria, que sexan donos da construción, instalación ou obra, sexan ou non propietarios do inmoble sobre o que se realice aquela.

Aos efectos previstos no parágrafo anterior terán a consideración de dono da construción, instalación ou obra quen soporte os gastos ou o custo que comporte a súa realización.

2.- No suposto de que a construción, instalación ou obra non sexa realizada polo suxeito pasivo contribuínte, terán a condición de suxeitos pasivos substitutos do contribuínte os que soliciten as correspondentes licenzas ou realicen as construcións, instalacións ou obras.

Artigo 3º. Base impoñible, cota e devengo.

1.- A base impoñible deste imposto constitúese polo custo real e efectivo da construción, instalación ou obra e entendese por tal o custe de execución material da mesma.

2.- A cota do imposto será o resultado de aplicar á base impoñible o tipo de gravame.

3.- O tipo de gravame será o 3,5 por cento.

4.- O imposto devengase no momento de solicitar a licenza urbanística para a construción, instalación ou obra ou, no seu caso, no momento de iniciarse a construción, instalación ou obra, aínda cando non se obtivese a correspondente licenza.

Artigo 4º. Xestión.

1.- Os suxeitos pasivos están obrigados a presentar autoliquidación polo imposto, determinándose a base impoñible en función o presuposto declarado polo interesado e a ingresala, en calquera entidade colaboradora autorizada, ó solicitar a licenza preceptiva, sen que o pago realizado conleve ningún tipo de presunción ó acto declarativo de dereito a favor daqueles.

2.- O pago da autoliquidación presentada será a conta da liquidación provisional e, no seu caso, da liquidación definitiva que se practique unha vez rematadas as construcións, instalacións ou obras.

3.- Cando, a criterio dos servizos técnicos municipais, o orzamento presentado sexa manifestamente inferior ao custe real e efectivo da construción, instalación ou obra, a base impoñible determinarase conforme cos módulos que se unen como anexo a esta ordenanza.

4.- Cando se modifique o proxecto da construción, instalación ou obra e se incrementara o seu orzamento, unha vez aceptada a modificación pola Administración municipal, os suxeitos pasivos deberán presentar autoliquidación complementaria pola diferenza entre o presuposto inicial e o declarado.

5.- Unha vez rematadas as construcións, instalacións ou obras, os suxeitos pasivos deberán presentar autoliquidación complementaria do tributo no caso de que o custo real e efectivo da obra sexa superior ó declarado. A autoliquidación presentarase e ingresarase xunto coa solicitude da licenza de primeira utilización ou ocupación.

6.- A vista da documentación aportada ou de calquera outra relativa ás construcións, instalacións ou obras e das efectivamente realizadas, así como do seu custo real e efectivo, o Concello, mediante a oportuna comprobación administrativa, modificará, no seu caso, a base impoñible practicando a correspondente liquidación definitiva e esixindo ó suxeito pasivo ou reintegrándolle, segundo proceda, a contía que resulte.

7.- Cando os suxeitos pasivos non tiveran abonado a correspondente autoliquidación polo imposto en prazo ou se tivera presentado e abonado aquela por cantidade inferior á cota que resulte do orzamento aportado, a Administración municipal poderá practicar e notificar unha liquidación provisional pola cantidade que proceda e incoará o correspondente procedemento sancionador.

8.- No caso de que non se executen as construcións, instalacións ou obras, o interesado terá dereito á devolución do ingresado, unha vez que formule renuncia expresa á licenza ou exista declaración de caducidade.

Artigo 5º. Inspección e recadación.

A inspección e recadación do imposto realizarase de acordo co previsto na Lei Xeral Tributaria e nas demais leis do Estado reguladoras da materia, así como nas disposicións ditadas para o seu desenvolvemento.

Artigo 6º. Bonificacións e deducións.

Establécese un beneficio fiscal do 40% da cota do imposto a favor das construcións, instalacións ou obras que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias sociais, culturais, histórico artísticas ou de fomento do emprego que xustifiquen tal declaración. Corresponderá a dita declaración ó Pleno da Corporación e acordarase, previa solicitude do suxeito pasivo, por voto favorable da maioría simple dos seus membros.

Establecese unha bonificación do 95% da cota do imposto a favor das construcións, instalacións ou obras realizadas por agricultores ou glandeiros que queden afectas á dita actividade, sempre e cando a mesma sexa o medio fundamental de vida do solicitante da bonificación. A declaración de interese ou utilidade municipal corresponde ao Pleno da Corporación e acordarase, previa solicitude dos interesados polo voto favorable da maioría simple dos seus membros. Coa solicitude deberá achegarse a acreditación da condición de agricultor ou gandeiro, así como de que os ingresos por estas actividades supoñen máis do 50% da totalidade dos seus ingresos brutos, así como da afección da obra ou instalación á realización da dita actividade.

Artigo 7º. Infraccións e sancións.

En todo o relativo á cualificación das infraccións tributarias así como á determinación das sancións que por estas correspondan en cada caso, aplicarase o réxime regulado na Lei Xeral Tributaria e nas disposicións que a complementan e desenvolven.

ANEXO

RELACIÓN DE PREZOS MEDIOS DE EXECUCIÓN MATERIAL

OBRAS MAIORES

 

1. Vivendas:

1.1. vivendas plurifamiliares en edificios: 450,00 €/m²

1.2. vivenda unifamiliar: 580,00 €/m²

1.3. outros usos en vivenda (sotos, garaxes, etc.): 250,00 €/m²

1.4. reformas de vivendas: 300,00 €/m²

2. Edificios uso industrial:

2.1. edificaciones de uso industrial: 280,00 €/m²

3. Edificios uso terciario:

3.1. edificaciones con uso exclusivo terciario: 400,00 €/m²

3.2. reforma de locais comerciais: 320,00 €/m²

4. Edificios uso agrícola ou gandeiro

4.1. edificaciones de uso agrícola ou gandeiro: 170,00 €/m²

4.2. invernadoiros: 10,00 €/m²

OBRAS MENORES

5. Demolicións:

5.1. demolición de muros: 18,00 €/m²

5.2. demolición de tabiques: 6,00 €/m²

5.3. levantado de solainas: 5,00 €/m²

5.4. demolición de pavimento de baldosa: 8,00 €/m²

5.5. picado de azulexados e revestimentos: 7,00 €/m²

5.6. demolición de forxados: 12,00 €/m²

5.7. demolición completa: 16,00 €/m²

5.8. demolición de cuberta de fibrocemento: 4,00 €/m²

5.9. demolición de cuberta de tella: 6,00 €/m²

5.10. demolición de cuberta de tella, fibrocemento e viguetas: 10,00 €/m²

5.11. levantado de carpintería con retirada de escombros: 8,00 €/m²

6. Movementos de terra e limpezas de fincas:

6.1. roce e limpeza manual de terreo: 5,00 €/m²

6.2. excavación de gabias: 6,00 €/m³

6.3. excavación a ceo aberto: 5,00 €/m³

6.4. recheo de gabias: 10,00 €/m³

6.5. recheo a ceo aberto: 10,00 €/m³

6.6. carga e transporte de terras a vertedeiro: 4,50 €/m³

7. Peches ou cerramentos de fincas

7.1. peche de estacas e arame, exclusivamente: 6,00 €/m

7.2. peche de tea metálica: 16,00 €/m

7.3. peche de fabrica e tea metálica: 48,00 €/m

7.4. peche de bloques de formigón: 90,00 €/m²

7.5. peche muro tradicional de pedra: 90,00 €/m²

7.6. peche de forxa de ferro: 100,00 €/m²

7.7. peche de balaustre de aceiro: 150,00 €/m²

7.8. peche de balaustre de aluminio: 90,00 €/m²

7.9. rehabilitación muro de pedra: 45,00 €/m²

7.10. muro de mampostería de granito: 150 €/m²

7.11. cimentación de hormigón: 45,00 €/m

8. Cubertas (medición na súa proxección horizontal):

8.1. cuberta de fibrocemento: 25,00 €/m²

8.2. cuberta de tella ou lousa: 35,00 €/m²

8.3. cuberta de fibrocemento e tella: 60,00 €/m²

8.4. cuberta de viguetas prefabricadas, fibrocemento e tella: 80,00 €/m²

8.5. canalóns: 20 €/m²

8.6. baixantes: 20 €/m²

8.7. instalacións e retirada de andamios: 6,00 €/m²

9. Albanelería:

9.1. estructura completa de formigón armado: 60,00 €/m²

9.2. estructura completa de aceiro: 65,00 €/m²

9.3. estructura de nave de formigón armado: 45,00 €/m²

9.4. estructura de nave metálica: 50,00 €/m²

9.5. soleira de formigón: 18,00 €/m²

9.6. forxado de formigón: 50,00 €/m²

9.7. muro de contención de formigón: 80,00 €/m²

9.8. muro de cachotería: 90,00 €/m²

9.9. muro de bloque: 25,00 €/m²

9.10. tabique de ladrillo: 16,00 €/m²

9.11. cerramento de doble folla de ladrillo: 45,00 €/m²

9.12. celosía, balaustrada: 30,00 €/m²

9.13. azulexado: 22,00 €/m²

9.14. enfoscado: 12,00 €/m²

9.15. pavimento de gres: 36,00 €/m²

9.16. pavimento tarima flotante: 40,00 €/m²

10. Galpóns ou alpendres:

10.1. galpón de bloque ou ladrillo : 90,00 €/m²

10.2. galpón de madeira : 70,00 €/m²

11. Pinturas:

11.1. pintura interior: 5,00 €/m²

11.2. pintura exterior: 7,00 €/m²

12. Carpintería:

12.1. porta de entrada : 500,00 €/ud

12.2. porta interior: 180,00 €/ud

12.3. fiestra: 230,00 €/m²

12.4. fiestra en plano de cuberta: 220,00 €/m²

12.5. peche de balcóns e terrazas con galería: 250,00 €/m²

12.6. reixa de seguridade en portas e fiestras: 60,00 €/m²

12.7. fronte de portal: 150,00 €/m²

13. Instalación de fontanería e saneamento:

13.1. instalacións en aseo (sen aparatos sanit.): 160,00 €/m²

13.2. instalacións en baño (sen aparatos sanit.): 210,00 €/m²

13.3. instalación de cociña: 200,00 €/ud

13.4. lavabo incluso billame: 190,00 €/ud

13.5. inodoro: 200,00 €/ud

13.6. bidé incluso billame: 180,00 €/ud

13.7. bañera incluso billame: 255,00 €/ud

14. Instalación de electricidade:

14.1. instalación de electricidade en vivienda de 100m²: 2.500,00 €/ud

15. Instalación de calefacción:

15.1. instalación de calefacción en vivienda de 100m²: 5.000,00 €/ud

16. Pozos:

16.1. pozo de barrena: 1.300,00 €/ud

16.2. pozo artesano: 1.700,00 €/ud

17. Depuración:

17.1. fosa séptica e pozo filtrante: 1.250,00 €/ud

18. Piscinas:

18.1. piscina completa: 450 €/m² (>9.000,00€)

19. Pistas:

19.1. pista deportiva: 75,00 €/m²

20. Guindastre:

20.1. guindastre: 300,00 €/ud

21. Varios, urbanización e xardinería:

21.1. limpieza e formación de rasante en zona de cesión de viales 5,00 €/m²

21.2. previsión de canalización eléctrica baixa tensión: 36,50 €/m

21.3. previsión de canalización telecomunicacións: 14,60 €/m

21.4. previsión de canalización alumbrado público: 7,00 €/m

21.5. suministro e colocación de tubería PVC400mm saneamento pluviais: 43,50€/m

21.6. alcorque de formigón prefabricado, rejilla ou similar: 74,50 €/ud

21.7. suministro e plantación de árbore ornamental altura >2,50m: 60,00 €/ud

21.8. beirarrúas: 30,50 €/m²

21.9. bordillo prefabricado de formigón: 15,00 €/m

21.10. soleira de formigón e encachado de pedra (ate e=20cm): 22,50 €/m²

21.11. pavimento formigón HM25, e=15cm: 20,80€/m²

21.12. aglomerado asfáltico en quente tipo D-2, de e=5cm, i/p.p. subbase macadam de e=15cm e rego semiprofundo de 4kg de emulsión asfáltica, en zona de sobreancho: 9,80€/m²

Disposición derradeira.

A presente ordenanza entrará en vigor unha vez aprobada definitivamente e publicado o seu texto íntegro no BOP, consonte co previsto no art. 107.1 da LBRL, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa. Comezará a aplicarse a partir do día seguinte ao da sua publicación.