Oleiros - Ordenanza fiscal núm. 10, reguladora do imposto sobre bens inmobles

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 29/12/2017 BOP Nº: 246
Aplicable dende: 29/12/2017

Artigo 1.

De conformidade co previsto nos artigos 15.2, 59.1 e 60 a 77 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais , este Concello establece a regulación do imposto de bens inmobles (IBI) que se rexerá ademais pola seguinte Ordenanza fiscal.

CAPÍTULO I. Tipos

Artigo 2.

1.- O tipo de gravame do imposto sobre bens inmobles aplicable aos bens de natureza urbana queda fixado no 0,605%.

2.- O tipo de gravame do imposto sobre bens inmobles aplicable aos bens de natureza rústica queda fixado no 0,75%.

3.- O tipo de gravame do imposto sobre bens inmobles aplicable aos bens de características especiais queda fixado no 1,3%.

CAPÍTULO II. Exencións

Artigo 3.

1.- Gozarán de exención os inmobles previstos no artigo 62.1 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais.

2.- Así mesmo, gozarán tamén de exención, coa solicitude previa, os inmobles previstos no artigo 62.2 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais.

A solicitude que deberá ser presentada antes do 1 de xullo de cada exercicio, incluirá a acreditación do cumprimento dos requisitos para a aplicación da exención:

a).- No caso dos centros docentes con concerto educativo:

Certificado da Administración educativa correspondente, acreditativa da calidade de centro concertado, asinable aos edificios e ás instalacións destinadas directa e exclusivamente ás actividades docentes obxecto de exención.

Informe da Dirección Xeral do Centro de Xestión Catastral e Cooperación Tributaria, acreditativo das superficies dos edificios ou conxuntos urbanísticos, adscritos exclusivamente á actividade educativa ou a servizos complementarios da ensinanza e de asistencia docente de carácter necesario, coa indicación do valor catastral asignado a cada un dos elementos citados.

b).- No caso dos inmobles declarados expresa e individualizadamente monumento ou xardín histórico de interese cultural:A declaración do inmoble como ben de interese cultural.

c).- No caso das superficies dos montes con repoboamento forestal ou rexeneración de masas arbóreas:

Certificación acreditativa emitida pola Delegación Provincial da Dirección Xeral de Montes.

3.- De conformidade co previsto no artigo 62.4 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, en razón dos criterios de eficiencia e economía na xestión recadadora dos tributos, gozarán de exención os inmobles urbanos e rústicos, sempre que as cotas líquidas, resultante da aplicación , dos beneficios fiscais, sexa inferior á cota que se detalla a continuación. En relación cos de natureza rústica, tomarase en consideración a totalidade de bens rústicos posuídos no municipio por cada suxeito pasivo.

A).- Bens Inmobles de Natureza Urbana (IBIU): 6,00 €.

B).- Bens Inmobles de Natureza Rústica (IBIR): 9,00 €.

4.- Gozarán de exención, previa solicitude, os bens inmobles situados no termo municipal de que sexan titulares os centros sanitarios de titularidade pública, sempre que estén afectos directamente ao cumprimento dos fins específicos dos referidos centros.

Para disfrutar desta exención, será preciso solicitarla, acompañando certificado expedido pola Consellería de Sanidade acreditativo de que os bens están afectos ao cumprimento dos fins do centro.

O efecto da concesión da exención comeza a partir do período impositivo seguinte á data da solicitude e non pode ter carácter retroactivo

CAPÍTULO III. Bonificacións

Artigo 4.

1.- A bonificación establecida no artigo 73.1 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, será do 90 por 100, na cota íntegra do imposto aos inmobles que constitúan o obxecto da actividade das empresas de urbanización, construción e promoción inmobiliaria, tanto de obra nova como de rehabilitación equiparable a esta, e que non figuren entre os bens do seu inmobilizado.
O prazo de aplicación desta bonificación comprenderá desde o período impositivo seguinte a aquel en que comecen as obras ata o posterior ao remate destas, sempre que durante ese tempo se realicen obras de urbanización ou construción efectiva, e sen que, en ningún caso, poida exceder de tres períodos impositivos. A solicitude da bonificación débese formular antes do comezo das obras, entendendo por tal o momento do outorgamento da licenza, por parte da Administración municipal.
Para beneficiarse da citada bonificación, os interesados deberán presentar a documentación seguinte:
A acreditación de que a empresa se dedica á actividade de urbanización, construción e promoción inmobiliaria, mediante a presentación dos estatutos da sociedade.
A acreditación de que o inmoble obxecto da bonificación non forma parte do inmobilizado, mediante certificación do administrador da Sociedade, ou fotocopia do derradeiro balance presentado ante a Axencia Estatal da Administración Tributaria, para os efectos do imposto sobre sociedades.
A copia da solicitude de licenza de obra, se non se presenta simultaneamente.
2.- Terán dereito a unha bonificación entre o 10% e o 50% da cota íntegra do imposto, aqueles suxeitos pasivos que ostenten a condición de titulares de familia numerosa, de acordo cos seguintes tramos:
Bonificación do 10%, para aqueles suxeitos pasivos titulares de familia numerosa con tres fillos.
Bonificación do 20%, para aqueles suxeitos pasivos titulares de familia numerosa con catro ou cinco fillos.
Bonificación do 30%, para aqueles suxeitos pasivos titulares de familia numerosa con seis ou sete fillos.
Bonificación do 40%, para aqueles suxeitos pasivos titulares de familia numerosa con oito ou nove fillos.
Bonificación do 50%, para aqueles suxeitos pasivos titulares de familia numerosa con dez ou máis fillos.
Esta bonificación concederase a pedimento do interesado, exclusivamente para a súa vivenda habitual e sempre que a suma dos ingresos totais da unidade familiar non supere a cantidade resultante de multiplicar o salario mínimo interprofesional polo número de membros da dita unidade familiar.
Teñen a consideración de ingresos a suma da parte xeral máis a parte especial da base impoñible, previas á aplicación do mínimo persoal e familiar do imposto sobre a renda das persoas físicas.
Os suxeitos pasivos acreditarán a tal feito a renda da unidade familiar. O número de fillos acreditarase mediante a presentación do carné de familia numerosa.

Artigo 5.º .-Infraccións e sancións.

Para todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias e a imposición das sancións correspondentes, rexerá o disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei xeral tributaria.

DISPOSICIÓN ADICIONAL

Ás cotas líquidas dos recibos de imposto de bens inmobles que se atopen domiciliados e se exaccionen a través de Padrón fiscal anual, aplicaránselles as seguintes bonificacións:
No exercicio 2009: Un 4%
No exercicio 2010: Un 3%
No exercicio 2011: Un 2%.

Disposición derradeira.

A presente ordenanza foi aprobada de xeito provisorio polo Pleno do Concello, na sesión celebrada o día 21 de marzo de 2003, publicándose o seu texto íntegro no BOP número 129, de data 07/06/2003. Comezará a rexer o día 1 de xaneiro de 2003, e continuará vixente mentres non se acorde a súa modificación ou derrogación.

Dilixencia

A redacción orixinal da presente Ordenanza foi aprobada provisionalmente polo Concello Pleno, en sesión celebrada o día 9 de  novembro de 1989, publicándose  o seu texto íntegro no  B.O.P. Nº 4 bis de 5 de xaneiro de 1.990.

 

            Por Pleno do Concello, na sesión celebrada o día 21 de marzo de dous mil tres, modificase o artigo 1º, engadese o capítulo I e modifícase o artigo 2º, engádense o capítulo II e artigo 3º, o capítulo III e artigo 4º e o artigo 5º, publicándose o seu texto íntegro no B.O.P. nº.: 129 de data 7 de Xuño de 2003. Comezará a rexer o día un de xaneiro de dous mil tres, e continuará vixente mentres non se acorde a súa modificación ou derogación.

 

            Por Pleno do Concello, na sesión celebrada o día 8 de novembro do 2004 modificouse o artigo 4º, publicandose o seu texto íntegro no B.O.P. Nº 69 de 29 de marzo do 2005.

 

            Por Pleno do Concello, na sesión celebrada o día 25 de setembro do 2008 modificaronse os artigos 1º, 2º, 3º, 4º e 5º e incorporouse unha disposición adicional, publicandose os seus textos íntegros no BOP nº 285 de data 12 de decembro do 2008.