Melide - ORDENANZA FISCAL Nº 4, REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS
Artigo 1
1. De conformidade co previsto no artigo 101 da Lei 39/88 de decembro, reguladora das facendas locais, constitúe o feito impoñible do imposto, a realización, dentro do termo municipal, de calquera construcción, instalación ou obra para a que se esixa a obtención da correspondente licencia de obra urbanística, obtivérase ou non a dita licencia, sempre que a súa expedición corresponda a este municipio.
2. As construccións, instalacións ou obras ás que se refire o apartado anterior poderá consistir en:
a) Obras de construcción de edificacións e instalacións, de todas as clases, de nova planta.
b) Obras de demolición
c) Obras en edificios, tanto as que modifiquen a súa disposición interior como o seu aspecto exterior.
d) Aliñacións e rasantes. Obras de fontanería e sumidoiros.
e) Obras en cemiterios.
f) Calquera outra construcción, instalación ou obra que requiran licencia de obra urbanística.
Artigo 2
Son suxeitos pasivos deste imposto, a título de contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 33 da Lei xeral tributaria, propietarios dos inmobles sobre os que se realicen as construccións, instalacións ou obras sempre que sexan donos das obras; nos demais casos, considerarase contribuínte quen ostente a condición de dono da obra.
Teñen a consideración de suxeitos pasivos substitutos do contribuínte os que soliciten as correspondentes licencias ou realicen as construccións, instalacións ou obras, se non foran os propios contribuíntes.
Artigo 3
1. A base impoñible deste imposto está constituída polo custo real e efectivo da construcción, instalación ou obra.
2. A cota do imposto será o resultado de aplicar á base impoñible o tipo de gravame.
3. O tipo de gravame será o 2,40 por 100.
4. O imposto devéngase no momento de iniciarse a construcción, instalación ou obra, aínda cando non se obtivera a correspondente licencia.
Artigo 4
1. O imposto esixirase en réxime de autoliquidación, estando obrigados os suxeitos pasivos a practicar a dita autoliquidación e a abonala previamente á retirada da licenza concedida e, en todo caso, dentro do prazo máximo dun mes contado a partir do momento en que se inicie a construción, instalación ou obra, incluso cando non se tivese solicitado, concedido ou denegado aínda a dita licenza, sen que o pagamento realizado leve consigo ningún tipo de presunción ou acto declarativo de dereitos a favor daqueles.
2. O pago da autoliquidación presentada terá carácter provisional e será a conta da liquidación definitiva que se practique unha vez rematada a construción, instalación ou obra. Á vista da documentación achegada ou de calquera outra relativa a estas construcións, instalacións ou obras e das efectivamente realizadas así coma do custo real e efectivo destas, o Concello, mediante a oportuna comprobación administrativa, modificará, de ser o caso, a base impoñíbel estimada anteriormente, practicando a correspondente liquidación definitiva e exixindo do suxeito pasivo ou reintegrándolle, segundo proceda, a cantidade que resulte, sen prexuízo da imposición das sancións que sexan aplicábeis, de acordo co establecido na normativa reguladora ao respecto.
3. Cando se modifique o proxecto da construción, instalación ou obra e tivese un incremento no orzamento, unha vez aceptada a modificación pola Administración municipal, os suxeitos pasivos deberán presentar autoliquidación complementaria pola diferenza entre o orzamento inicial e o modificado con suxeición aos prazos, requisitos e efectos indicados nos apartados anteriores.
4. Cando os suxeitos pasivos non tivesen abonado a correspondente autoliquidación polo imposto, nos prazos anteriormente sinalados, ou se tivese presentado e abonado aquela por cantidade inferior á cota que resulte do orzamento aportado, a Administración municipal poderá practicar e notificar unha liquidación provisional pola cantidade que proceda e incoará o correspondente procedemento sancionador.
Establécense as seguintes bonificacións fiscais na cota do imposto:
a) Obras realizadas no parque empresarial, bonificación do 95%.
b) Obras realizadas no medio rural, sempre que estean subvencionadas pola Consellaría de Política Territorial por rehabilitación de vivenda rural, polo Ministerio de Obras Públicas ou pola Deputación provincial dentro do Plan de recuperación de arquitectura popular ou outro plan que puidese substituílo, gozarán dunha bonificación do 95%.
c) Casas destinadas a turismo rural, sempre e cando as obras realizadas estean subvencionadas pola Administración autonómica ou por programas comunitarios, o 95%.
d) Fundacións e asociacións de carácter cultural declaradas de especial interese polo Pleno da Corporación, bonificación do 95%.
e) Rehabilitación e conservación de vivendas e edificios da zona histórica o 75% sempre que non requiran proxecto técnico (obra menor), no caso de obra maior a bonificación será do 50%. En ningún caso poderán acollerse á mesma as obras novas.
f) Establécese unha bonificación do 75 por cento na cota íntegra do imposto a favor das construcións, instalacións ou obras que se realicen coa finalidade de adaptar vivendas ou locais de negocio construídos con anterioridade á lexislación de exixencia obrigatoria de accesibilidade de discapacitados a edificios para facilitar as condicións de acceso e habitabilidade destes.
g) Construcións, intalacións, obras, rehabilitacións e/ou conservación de edificios destinados a centros de saúde, bonificación do 95%.
h) Construcións, instalacións e obras referentes ás vivendas de protección oficial, bonificación do 50%.
i) Establécese unha bonificación da cota correspondente para as construcións, instalacións e obras que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias de fomento do emprego, regulada no artigo 103.2.a) do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais. Esta medida será de aplicación unicamente a aqueles supostos de implantación dunha nova actividade económica ou empresarial, así como a aqueles outros que consistan nunha ampliación das instalacións sempre e cando implique creación de emprego. As porcentaxes de bonificacións son as seguintes:
- Dun 95% pola creación de máis de 20 postos de traballo.
- Dun 75% pola creación de entre 11 e 20 postos de traballo.
- Dun 50% pola creación de ata 10 postos de traballo.
As anteriores bonificacións manteranse durante tres exercicios orzamentarios e se concederán a petición do interesado, unha vez acredite que se cumpren as condicións requiridas para ser beneficiario das mesmas. As devanditas bonificacións quedarán sen efecto de non cumprirse as condicións por razón das cales se concederon as mesmas.
Considerarase que existen circunstancias de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias de fomento de emprego cando se creen novos postos de traballo.
No caso de que a creación de novos postos de traballo non poda xustificarse no momento da concesión da licenza, xustificarase dende o momento da alta da actividade no Imposto sobre Actividades Económicas e nun prazo máximo de seis meses.
Os beneficiarios deberán solicitar a bonificación presentando as altas na Seguridade Social e contratos de traballo dos novos empregados/as, así como canta documentación lle poida ser requirida polo concello de Melide de cara a comprobación do mantemento das circunstancias que se tiveron en conta para a concesión da respectiva bonificación.
Para poder gozar da bonificación prevista neste apartado, o suxeito pasivo beneficiario deberá estar ao corrente no pagamento das súas débedas coa Facenda Estatal, Autonómica e local así como nas cotas correspondentes á Seguridade Social.
Corresponde ao pleno do concello a declaración de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias de fomento de emprego así como o outorgamento das ditas bonificacións, debendo contar co voto favorable da maioría simple dos seus membros.
A petición das bonificacións contempladas nos diferentes apartados terá carácter rogado e deberá ser solicitada polo contribuínte con carácter previo á práctica da liquidación do imposto e comprenderá exclusivamente a parte da obra que teña por finalidade directa a adaptación do edificio á accesibilidade de discapacitados.
A acreditación destes requisitos efectuarase polo técnico director da obra.
As bonificacións establecidas neste artigo non serán compatibles entre si nin acumulables
A aprobación das anteriores bonificacións será acordada polo Pleno da Corporación, logo da solicitude do suxeito pasivo e informe do Departamento de Urbanismo do Concello, e no caso do punto d) informado pola Comisión Municipal de Cultura.
O pedimento das bonificacións deben facerse no momento de solicitar a oportuna licenza, isto é, coa iniciación do procedemento polo suxeito pasivo.
Artigo 5
Artigo 6
En todo o relativo á cualificación das infraccións tributarias así como á determinación das sancións que polas mesmas correspondan en cada caso, aplicarase o réxime regulado na Lei xeral tributaria e nas disposicións que a contemplan e desenvolven.
Artigo 7
No non expresamente previsto na presente ordenanza, rexerán os preceptos contidos na subsección 5ª, da sección 3ª do capítulo II do título II da referida Lei 39/88, concordantes e complementarios dela, e nas demais leis do Estado reguladoras da materia, así como nas disposicións dictadas para o seu desenvolvemento.
DISPOSICIÓN FINAL
(BOP nº 263 BIS, do 16/11/1999)
(BOP nº 299, do 31/12/1999)
(BOP nº 267, do 20/11/2003)
(BOP nº 300, do 31/12/2007)