Neda - ORDENANZA Nº 16, REGULADORA DAS TAXAS POLA UTILIZACIÓN DAS INSTALACIÓNS DO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO E XIMNASIO MUNICIPAL, ASÍ COMO TAMÉN POLOS SERVIZOS DAS ESCOLAS DEPORTIVAS E CULTURAIS E SAUNA

Publicación provisional: 08/11/2003 BOP Nº: 257
Publicación definitiva: 23/12/2003 BOP Nº: 293
Aplicable dende: 10/09/2018

Artigo 1. Fundamento e natureza.

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 141 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 da Lei 39/88, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, este Concello establece a taxa pola utilización das instalacións do polideportivo e ximnasio municipal, así como tamén a taxa pola prestación de servicios polas escolas deportivas e culturais municipais e sauna, atendendo as súas normas ó disposto no artigo 38 da citada Lei 39/88.

Artigo 2. Feito impoñible.

- Constitúe o feito impoñible da presente taxa a utilización de calquera das instalacións do polideportivo e ximnasio municipal así como a prestación de servicios por parte das escolas deportivas, culturais e outros, que constitúen o obxecto desta ordenanza.

- A obriga de contribuír nace desde o momento no que se faga o aproveitamento ou se inicie a prestación do servicio.

Artigo 3.-Suxeito pasivo.

Son suxeitos pasivos obrigados ó pagamento desta taxa:

a) As persoas físicas ou xurídicas que soliciten a utilización das instalacións ou prestación dos servicios das ditas escolas.

b) As entidades, organismos, asociacións, federacións, clubes, no nome dos que se solicitase diante do concello autorización para utiliza-las instalacións.

Artigo 4.-Responsables.

Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo tódalas persoas que sexan causantes ou colaboren na realización dunha infracción tributaria, así como os copartícipes ou cotitulares das entidades recollidas no artigo 33 da Lei xeral tributaria, que responderán solidariamente en proporción ás súas respectivas participacións das obrigas tributarias da entidade.

Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de crebas, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos suposto e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei xeral tributaria

Artigo 5. Cota tributaria.

As taxas a satisfacer ó concello pola utilización das instalacións que de seguido se citan, axustaranse ás seguintes tarifas:

A.-Actividades deportivas:

- Adestramentos con luz: 29,17 €/hora.

- Adestramentos sen luz: 18,06 €/hora.

_ Adestramentos categoría base: 25,67 €/hora.

- Competicións sen taquilla: 34,75 €/hora.

- Competicións sen taquilla (categoría base): 30,59 €/hora.

- Competicións con taquilla: 76,45 €/hora.

O tempo máximo de utilización para a competición será dunha hora e media.

Os equipos federados que se comprometan a desenvolver os seus entrenamentos ou competicións oficiais no pavillón durante toda a tempada gozarán dun desconto do 10% nos precios anteriores. Ditos precios serán os seguintes:

- Adestramentos con luz: 26,25 €/hora.

- Adestramentos sen luz: 16,25 €/hora.

_ Adestramentos categoría base: 23,10 €/hora.

- Competicións sen taquilla: 31,27 €/hora.

- Competicións sen taquilla (categoría base): 27,53 €/hora.

- Competicións con taquilla: 68,80 €/hora.

B. -Espectáculos deportivos de carácter especial:

- Sen taquilla: 85,89 €/hora.

- Con taquilla: 133,99 €/hora.

No suposto de que sexa necesario utilizar por mais tempo as instalacións aplicarase a tarifa proporcionalmente.

C. -Espectáculos non deportivos:

- Actos benéficos, culturais, partidos políticos e actividades alleas o deporte 965,03 €/acto.

- Actos profesionais lucrativos: 1.908,15 €/acto.

D. -Servicios escolas deportivas, culturais e ximnasio:

- Persoas menores de 14 anos escolas deportivas e culturais:

- Cursos con clases 3 días á semana: 11,74 €/mes.

- Cursos con clases 2 días á semana: 9,74 €/mes.

- Cursos con clases 1 día á semana: 7,74 €/mes.

Se presume que as clase diarias son de unha hora, en caso de clases de 1,5 horas/semana o precio mensual será de 11,61 €/mes.

- Persoas entre 14 e 18 anos:

Escolas deportivas e culturais:

- Cursos con clases 3 días á semana: 13,91 €/mes.

- Cursos con clases 2 días á semana: 11,91 €/mes.

- Cursos con clases 1 día á semana: 9,91 €/mes.

Se presume que as clase diarias son de unha hora, en caso de clases de 1,5 horas/semana o precio mensual será de 14,86. €/mes.

No caso de escolas deportivas para menores de idade debe presentar consentimento de pais o tutores legales e informe médico favorable para a práctica de actividade física.

- Persoas maiores de 18 anos:

Escolas deportivas e culturais:

- Cursos con clases 3 días á semana: 22,24 €/mes.

- Cursos con clases 2 días á semana: 20,24 €/mes.

- Cursos con clases 1 día á semana: 18,24 €/mes.

Se presume que as clase diarias son de unha hora, en caso de clases de 1,5 horas/semana o precio mensual será de 19,24 €/mes.

-Pensionistas con ingresos inferiores o SMI:

Escolas deportivas e culturais:

- Cursos con clases 3 días á semana: 15,57 €/mes.

- Cursos con clases 2 días á semana: 14,16 €/mes.

- Cursos con clases 1 día á semana: 12,76 €/mes.

Se presume que as clase diarias son de unha hora, en caso de clases de 1,5 horas/semana o precio mensual será de 13,46 €/mes.

E.-Ximnasio

Soio se admitirá o acceso o ximnasio as persoas maiores de 16 anos. Para persoas entre 16 e 18 anos, requerirase o consentimento dos pais, tutores legais o persoas que exerzan a patria potestad, e informe médico favorable para a práctica da actividade física:

Persoas entre 16-18 anos:

- Cota mensual normal (posibilidade de asistencia tódolos días en horario de apertura): 13,91€/mes.

- Cota mensual especial (ximnasio mais unha clase dirixida con un desconto do 15% na totalidade) 23,64€/mes.

Persoas maiores de 18 anos:

- Cota mensual (posibilidade de asistencia tódolos días en horario de apertura): 22,24€/mes.

- Cota mensual especial ( ximnasio mais unha clase dirixida con un desconto do 15% na totalidade) 37,80€/mes.

Pensionistas

- Cota mensual (posibilidade de asistencia tódolos días en horario de apertura): 15,57€/mes.

- Cota mensual especial(ximnasio mais unha clase dirixida con un descontó do 15% na totalidade) 26,46€/mes.

F.-Outros:

- Prezo sauna por sesión 3,56 €.

- Abono mensual para catro sesións 10,93 €.

- Por cada neno que asista á ludoteca 3,24 €/mes.

As persoas matriculadas nas escolas deportivas, terán dereito a disfrutar de catro sesións de sauna gratis o mes.

G.-Escolas deportivas municipais de vela e de remo:

- Persoas menores de 18 anos 90,00 €/mes.

- Persoas maiores de 18 anos 120,00 €/mes.

- Matrícula menores de 18 anos 20,00€.

- Matrícula maiores de 18 anos 30,00 €

Artigo 6.-Normas de xestión.

A) O padrón comprensivo de tódalas persoas beneficiarias das escolas deportivas será aprobado pola Comisión de Goberno ó inicio do curso, e exposto ó público por unha soa vez, polo espacio de quince días, feito o cal pasarase o cobro; non obstante para cobros posteriores será suficiente o que sexa aprobado polo órgano anterior e calquera persoa que desexe consulta-lo mesmo poderao facer dentro da primeira semana de cada mes, durante a duración de dito curso.

A recadación do importe da taxa será mensual ou bimensual e realizarase polo concello mediante recibo. O cobro dos recibos farase de forma preferente mediante domiciliación bancaria, para o cal no momento en que se presenta a solicitude de alta en calquera das Escolas, asinarase polo contratante o correspondente impreso de domiciliación, no que se conteña unha cláusula que manteña a validez de dita domiciliación ata en tanto polo concello non se lle comunique o establecemento bancario a cancelación da mesma. No obstante o anterior o cobro do recibo poderá realizarse tamén por presentación no domicilio dos abonados.

No caso dos recibos que se presenten o cobro en establecementos bancarios e sexan devoltos por inexistencia de fondos, o débito notificarase o abonado, quen poderá facelo efectivo nas oficinas do concello no prazo de quince días hábiles sen recargo algún.

B) No que respecta ás taxas por uso do pavillón e campo de fútbol unha vez confeccionado o padrón de persoas e entidades autorizadas mensualmente, pasaráse a coñecemento da Xunta de Goberno para súa aprobación, feito o cal pasaráse o cobro mensualmente, e no caso de discrepancia algunha por parte dos afectados coas liquidacións efectuadas, haberá un prazo de cinco días hábiles para solventa-la mesma.

C) As instancias serán informadas pola persoa responsable do servizo, formulando proposta de resolución. De seguido, practicarase a liquidación dos dereitos e taxas oportunas, procedéndose á súa censura pola intervención municipal. A taxa a satisfacer en concepto de matrícula a que se refire a letra G) do artigo 5 da presente Ordenanza só se satisfará a primeira anualidade na que o usuario cause alta nunha das escolas o actividades municipais, non devengándose a mesma se existe reiteración na matriculación do usuario nas escolas o actividades municipais ano tras ano. O correspondente órgano da corporación adoptará as resolucións que procedan en canto ó outorgamento e, así mesmo, aprobará a liquidación dos dereitos e taxas correspondentes.

Artigo 7.-Exencións e bonificacións

A) Estarán exentos do pago do importe de tarifa o Concello de Neda os colexios públicos do concello, así coma as demais entidades e persoas, que considere a Xunta de Goberno de acordo co presente regulamento.

B) Abonos Especiais:

B.1) Abono familiar:

O abono familiar é unha modalidade de pagamento destinada a incentiva-la participacións dos membros da unidade familiar nas escolas deportivas municipais. A esta modalidade só poderán acollerse os veciños de Neda.

Inclúense dentro do concepto de ¿abonado familiar", todas aquelas pesoas que estén vinculadas ata o tercer grado por consanguinidad o afinidad, e convivan na mesma unidade familiar, sen necesidade de aportar os ingresos da mesma. Para ter dereito ó abono familiar é necesario que se matriculen nalgunha das escolas municipais o ximnasio, al menos dos membros da unidade familiar nos termos expostos. O desconto correspondente o abono familiar tamén é aplicable cando unha mesma persoa se matricule en dous o mais actividades.

As cotas para os abonados familiares hanse determinar aplicando unha reducción do 30% da cota a partir da segunda actividade e seguintes en que se matricule ou a partir do segundo membro e sucesivos da unidade familiar que o faga. A reducción do 30% non se aplicará á actividade que teña a tarifa máis elevada de entre as que se matriculen os membros da unidade familiar.

B.2) Familias numerosas:

Aquelas familias que acrediten a condición de familia numerosa terán unha reducción da cota das actividades nas que se matriculen dun 40%. Esta reducción non será acumulativa coa descrita no punto B.1) anterior.

B.3) Pensionistas:

Aqueles pensionistas que acrediten que os ingresos da súa unidade de convivencia non superan o 125% do Salario Mínimo Interprofesional, terán unha reducción da cota das actividades nas que se matriculen dun 30%. Esta reducción non será acumulativa coas descritas nos puntos B.1) e B.2) anteriores.

B.4) Suxeitos de escasa capacidade económica.

Aqueles suxeitos pasivos da taxa que acrediten unha capacidade económica escasa, poderán solicitar a aplicación dunha reducción da cota das actividades nas que se matriculen de ata o 90%. Poderán ser solicitantes da reducción aquelas unidades familiares de 1-2 membros que non alcancen o 100% do salario mínimo interprofesional, aquelas unidades familiares de 3-4 membros que non alcancen o 140% do salario mínimo interprofesional, e aquelas unidades familiares superiores a 4 membros que non alcancen o 180% do salario mínimo interprofesional. A Xunta de Goberno Local, previo informe dos Servicios sociais municipais no que se acredite a meritada capacidade económica escasa e a necesidade de aplicación da bonificación, resolverá o expediente aplicando a reducción que se estime conveniente co límite do 90% da cota antes indicado. Esta reducción non será acumulativa coas descritas nos puntos B.1), B.2) e B.3) anteriores.

B.5) Fraccionamento da actividade

Aínda que as actividades e a asistencia o ximnasio se ofrecen por períodos mensuais, cabe a posibilidade de fraccionalas en períodos de 15 días cando por necesidades laborais o de outro tipo o usuario non poida asistir todo o mes. Neste caso as taxas devengadas se reducirán proporcionalmente o tempo de asistencia previamente autorizado.

C) Os equipos de Neda, terán unha reducción do 5% nos prezos de utilización do pavillón polideportivo.

Segundo o establecido na lexislación vixente e logo dos informes que se estimen pertinentes, a Xunta de Goberno do Concello poderá outorgar bonificacións sobre o importe dos dereitos da presente tarifa e mesmo a total condonación dos mesmos, sempre que se trate da utilización das instalacións para a celebración de actos organizados con fins benéficos ou culturais de carácter especial, entendendo por tales aqueles que gozan dunha especial relevancia para comunidade local.

As persoas ou entidades interesadas na obtención das exencións ou bonificacións establecidas nesta ordenanza instarán o concello, acreditando suficientemente as circunstancias que xustifiquen a súa pretensión, presentando, con dez días de antelación á celebración do acto, a correspondente solicitude no rexistro do concello e poñendo en coñecemento da persoa responsable do pavillón esta cuestión.

Os clubes e entidades deportivas do Concello de Neda que organicen actos nas instalacións obxecto desta ordenanza fiscal con carácter periódico, poderán solicita-lo correspondente concerto económico co Concello de Neda. O abeiro do mesmo, as entidades que se acollan a estes terán unha reducción na cota que será fixada o efecto.

O pagamento das taxas polas entidades concertantes efectuarase na primeira quincena do mes de decembro, en función das horas de utilización das instalacións e das características das actividades que se realizaran durante estas horas. A aprobación dos devanditos concertos e reduccións, correspóndelle a Comisión de Goberno, previa proposta da Comisión de Cultura."

Artigo 8.-Créditos incobrables

Considéranse partidas fallidas ou créditos incobrables, aquelas cotas que non puideran facerse efectivas polo procedemento de constrinximento. Para a súa declaración instruirase o oportuno expediente, de acordo co prevido no vixente Regulamento xeral de recadación.

Artigo 9

As infraccións desta ordenanza e defraudacións que se cometan serán sancionadas atendendo ó seu grao de malicia e reincidencia consonte co disposto nos artigos 57 e seguintes do Decreto lexislativo 781/86, do 18 de abril, e demais disposicións legais vixentes.

Disposición adicional

No non previsto pola presente ordenanza será de aplicación a lexislación vixente de réxime local e demais disposicións complementarias.

DISPOSICIÓN FINAL.

A presente Ordenanza Fiscal foi aprobada polo Pleno en data 20 de setembro do 2007 e publicada no BOP número 273 de data 26 de novembro do 2007 e comezará a rexer o día 1 de xaneiro do 2008, e manterase en vigor mentres non se acorde a súa derrogación ou a súa modificación expresa.