Mañón - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA EXPEDICIÓN DE DOCUMENTOS ADMINISTRATIVOS

Publicación provisional: 19/10/2011 BOP Nº: 199
Publicación definitiva: 07/12/2011 BOP Nº: 232
Aplicable dende: 07/02/2019

Artigo 1º.- Fundamento e natureza.

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución, 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 e 20.4.a) do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, o Concello de Mañón establece a taxa por expedición de documentos administrativos, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal.

Artigo 2º.- Feito impoñible.

1.- Constitúe o feito impoñible da taxa a actividade administrativa desenvolvida para a tramitación, a instancia de parte, de toda clase de documentos que expida e de expedientes dos que entenda a Administración ou as autoridades municipais.

2.- Para estes efectos, entenderase tramitada a instancia de parte, calquera documentación administrativa que fora solicitada polo particular ou redunde no seu beneficio aínda que non mediara solicitude expresa do interesado.

3.- Non estarán suxeitos a esta taxa a tramitación de documentos e expedientes necesarios para o cumprimento de obrigacións fiscais, as consultas tributarias, os expedientes de devolución de ingresos indebidos e os recursos administrativos contra resolucións municipais de calquera índole.

Artigo 3º.- Suxeito pasivo.

Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas e xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei Xeral Tributaria que soliciten, provoquen ou en interese das cales redunde a tramitación de documento ou expediente de que se trate.

Artigo 4º.- Responsables.

Responderán solidaria e subsidiariamente deste tributo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 41, 42 e 43 da Lei Xeral Tributaria.

Artigo 5º.- Exencións.

Non se contempla ningunha exención na aplicación das cotas tributarias desta Ordenanza.

Artigo 6º.- Cota tributaria.

1.- A cota tributaria determinarase por unha cantidade fixa sinalada segundo a natureza dos documentos ou expedientes a tramitar, dacordo coas tarifas que se conteñen no artigo seguinte.

2.- A cota de tarifa corresponde á tramitación completa, en cada instancia, do documento ou expediente de que se trate, dende a súa iniciación ata a súa resolución final, incluida a certificación e notificación ó interesado do acordo recaído.

Artigo 7º.- Tarifa.

A tarifa á que se refire o artigo anterior estructúrase da seguinte maneira:

EPÍGRAFE PRIMEIRO: CENSOS E PADRÓN DE POBOACIÓN

1.- Certificados do padrón de habitantes

1,80 €

2.- Certificados de convivencia e/ou residencia

1,80 €

3.- Cambios de domicilio no padrón municipal de habitantes

1,80 €

4..- Informes de conducta, dedicación profesional e os demáis informes non incluidos noutros epígrafes

2,00 €

EPÍGRAFE SEGUNDO: CERTIFICACIÓNS E COTEXOS

1.- Certificacións de acordos dos organos de goberno, de informes dos servicios municipais e demáis documentos.

1,80 €

2.- Dilixencia de cotexos:

- Por folio

1,80 €

- Por documento ata cinco folios

3,00 €

- Por documento que exceda de cinco folios, por folio

0,60 €

3.- Bastanteo de poderes que teñan que surtir efecto nas oficinas municipais

12,00 €

EPÍGRAFE TERCEIRO: DOCUMENTOS EXPEDIDOS POLAS OFICINAS MUNICIPAIS

1.- Fotocopias de documentos, por folio:

- Tamaño A4 ou inferior

0,06 €

- Tamaño A3

0,10 €

2.- Por cada documento que se envíe por fax, por folio

1,20 €

3.- Por copia de cédula de propiedade do catastro

1,00 €

4.- Por cada copia de planos de catastro

1,00 €

5.- Por cada comparecencia ante a Alcaldía, para calquera finalidade, con constancia por escrito, solicitada polo interesado

1,80 €

EPIGRAFE CUARTO: OBRAS, SERVICIOS E ACTIVIDADES

1.- Por cada contrato administrativo que se formalice de obras, bens e servicios:

- Ata 30.000,00 euros do prezo de adxudicación

30,00 €

- A partir de 30.000,01 euros

0,1% do prezo de adxudicación

2.- Por certificación de obras, cada unha

12,00 €

3.- Constitución, substitución ou devolución de fianzas para licitacións de obras municipais, por acto

12,00 €

4.- Actas de recepción de obras, cada unha

12,00 €

5.- Por tramitación de expediente de licencias de apertura de establecemento

30,00 €

6.- Por tramitación de expediente de actividades non suxeitas á autorización ou control previo

30,00 €

7.- Por cada expediente de traspaso de licencia de apertura e de obras

30,00 €

EPÍGRAFE QUINTO: DOCUMENTOS RELATIVOS Ó SERVICIO DE URBANISMO

1.- Por cada informe ou certificación urbanística

15,00 €

2.- Por cada expediente de declaración de ruinas

30,00 €

3.- Por cada expediente de licencia de primeira ocupación de vivendas, por cada vivenda en edificios de propiedades horizontal ou por cada vivenda unifamiliar

12,00 €

Artigo 8º.- Bonificacións da cota.

Non se concederá ningunha bonificación dos importes das cotas tributarias sinaladas na tarifa desta taxa.

Artigo 9º.- Devengo.

1.- Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír cando se presente a solicitude que inicia a tramitación dos documentos e expedientes suxeitos ó tributo.

2.- Nos casos ós que se refire o apdo. 2 do artigo 2º, o devengo prodúcese cando teñan lugar as circunstancias que motiven a actuación municipal de oficio, ou cando esta se inicie sen previa solicitude do interesado, pero redunde no seu beneficio.

Artigo 10º.- Declaración e ingreso.

1.- A taxa esixirase mediante o pago nas dependencias municipais de recadación ou na entidade bancaria que se indica no modelo correspondente.

2.- Os escritos recibidos segundo o establecido polo artigo 38.4.c) da Lei 30/92, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común, que non veñan acompañados do importe da taxa, serán admitidos provisionalmente pero non poderán tramitarse sen previa emenda da deficiencia, para o que se requirirá ó interesado co fin de que no prazo de dez días pague as cotas correspondentes, coa advertencia de que, de non facelo así, arquivarase sen máis trámite a solicitude.

Artigo 11º.- Infraccións e sancións.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que as mesmas lles corresponde en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei Xeral Tributaria e a súa normativa de desenvolvemento.

Disposición derogatoria.

Coa entrada en vigor da presente Ordenanza queda derogada a Ordenanza Fiscal, número 3, reguladora da taxa por expedición de documentos administrativos aprobada polo Pleno do Concello en sesión celebrada o día 3 de novembro de 1989 e a súas modificacións posteriores, así como a Ordenanza Fiscal, número 5, reguladora da taxa por outorgamento de licencia de apertura de establecemento aprobado polo Pleno do Concello en sesión celebrada o día 3 de novembro de 1989 e as súas modificacións posteriores.

Disposición Final.

A presente Ordenanza entrará en vigor unha vez publicada íntegramente no Boletín Oficial da Provincia e será de aplicación a partir do día un de xaneiro do ano dous mil doce, permanecendo vixente ata a súa modificación ou derogación expresa.