Brión - ORDENANZA FISCAL Nº 12 -T, REGULADORA DA TAXA POLA SUMINISTRACIÓN DE AUGA

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 11/12/2019 BOP Nº: 235
Aplicable dende: 01/01/2020

Artigo 1º. Fundamento e naturaleza.

De conformidade co previsto no artigo 106, da Lei 7/1985 de 2 de abril Reguladora das Bases de Réxime Local e amparo do previsto nos artigos 57 e 20, epígrafes 1 e 4.t) do RDL 2/2004, de 5 de marzo, reguladora das facendas locais, e de conformidade co que dispoñen os artigos 15 a 19 de dito texto legal, este Concello establece a ¿taxa por subministración de auga", que se rexerá polo citado RDL e a presente ordenanza fiscal.

Artigo 2. Feito impoñible.

Constitúe o feito impoñible da taxa:
1. A utilización da rede de abastemento de auga polos predios situados no termo municipal e o beneficio obtido polo mantemento do contador.
Para os efectos de aplicar a taxa distínguense dous tipos de consumo:
a) Usos domésticos: son os que atenden as necesidades vitais, tales como bebida, preparación de alimentos, limpeza, aseo, etc.
b) Usos industriais: son aqueles nos que auga se emprega como motor ou como axente mecánico ou químico, e nos que se verifica a transformación en vapor, xeo, bebidas carbónicas, etc.
2. O servicio de verificación e conservación de contadores.

Artigo 3º. Suxeito Pasivo

1. Son suxeitos pasivos da taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas, así como as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei xeral tributaria, que se beneficien dos servicios ou actividades que constitúen o feito impoñible da taxa.
2. Cando a subministración de auga beneficie ou afecte ós ocupantes de vivendas ou locais, terán a condición de substitutos do contribuínte os propietarios de ditos inmobles, que poderán repercutir, no seu caso, as cotas sobre os respectivos beneficiarios.
As concesións de auga faránselle ós propietarios de fincas urbanas, ós arrendatarios ou a calquera usuario sempre que estean autorizados para introduci-la auga nos edificios que ocupan polos donos dos mesmos.

Artigo 4º. Responsables.

En todo o referente a responsabilidade en materia tributaria rexeranse polo disposto nos artigo 41 e seguintes da Lei xeral tributaria e a súa normativa de desenvolvemento.

Artigo 5.º Base impoñible

A base impoñible da taxa por subministración de auga potable está constituída polo consumo de auga medido en metros cúbicos e dependendo do concepto de ingreso.

Artigo 6º. Cota tributaria.

Epígrafe 1. Aboados da rede municipal xeral

 

Tarifa

Concepto

Tarifa

1.1

Mínimo de 10 m³ , por abonado e mes

0,600 €/ m³

1.2

De máis de 10 m³ e ata 15 m³, por abonado e mes

0,783 €/ m³

1.3

Máis de 15 m³ por abonado e mes

1,172 €/ m³

 

Epígrafe 2. Aboados da rede de Luaña

Tarifa

Concepto

Tarifa

2.1

Mínimo de 10 m³ , por abonado e mes

0,441 €/ m³

2.2

De máis de 10 m³ e ata 15 m³, por abonado e mes

0,484 €/ m³

2.3

Máis de 15 m³ por abonado e mes

0,585 €/ m³

Epígrafe 3. Acometidas

Os prezos varían dependendo do diámetro da acometida e do tipo de reposición a realizar na gabia:

Prezos para a acometida normal de 1 a 5 m.

 

Ø Acometida

Terra (A )

Asfalto (B)

Baldosa-acera (C )

¿"

205,64

264,82

317,21

1"

221,64

279,70

329,12

1 ¿ ¿-1 ¿"

266,63

325,29

374,75

2 ¿

317,29

374,73

424,79

 

Prezos para a acometida de máis de 5 m.

 

¿"

1"

1 ¿ ¿-1 1/2"

2 ¿

(A ) incremento € por m

9,54

11,18

15,98

26,84

(B ) incremento € por m

21,05

22,74

27,47

38,22

(C ) incremento € por m

25,35

26,30

31,70

42,50

Epígrafe 4. Contadores

Instalación de contador de 13/15/20 mm. en batería de contadores ou similar

 

Características

Tarifa

Contador de 13/15 mm. , válvula antirretorno e pezas de conexión

84,26 €/ud.

Contador de 20 mm., válvula antirretorno e pezas de conexión

106,78 €/ud.

 

Instalación de arqueta no chan

Características

Tarifa

Arqueta de 40 x 40, contador de 13/15 mm. ,válvula antirretorno e pezas de conexión.

187,72 €/ud.

 

Contador de diámetro superior a 20 mm.

 

Características

Según orzamento para cada caso

 

 

Contadores ( sen colocación )

 

Ø

Tarifa

Ø 13 mm

57,83 € /ud.

Ø 15 mm

57,83 € /ud.

Ø 20 mm

80,33 € /ud.

Ø 25 mm

130,88 € /ud.

Ø 30 mm

182,95 € /ud.

Ø 40 mm

283,65 € /ud.

Ø 50 mm

619,72 € /ud.

Ø 65 mm

768,25 € /ud.

 

Epígrafe 5. Xestión de cobro a impagados

Cobro aos abonados morosos dos gastos ocasionados pola comunicación dos recibos pendentes de pago

 

Tarifa

Cota

4,35 € / ud.

Epígrafe 6. Desprecintado do contador/Comprobación e precintado de contador no instalado polo servicio/Comprobación de contador de abonado con contador patrón

Esta cota é a que se refire ao reestablecemento do subministro

 

Tarifa

Cota

29,33 € / ud.

Todos os prezos anteriores veranse gravados co IVE correspondente.

A presente modificación entrará en vigor unha vez publicada definitivamente no Boletín Oficial da Provincia e de conformidade co artigo 107 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, comezará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 2020, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.

 

Artigo 7.º Exencións e bonificacións

Non se concederán outras exencións ou bonificacións que as expresamente previstas nas leis ou as derivadas da aplicación de tratados ou acordos internacionais.

Artigo 8º. Devengo e período impositivo.

A presente taxa devengarase desde o momento en que se inicie a prestación do servicio, previa presentación da correspondente solicitude, ,o cal non se realizará sen que se efectuara o pagamento correspondente
O período impositivo por subministración de auga será por trimestres naturais.

Artigo 9°. Normas de xestión

1.As conexións de auga coa rede xeral serán autorizadas polo Concello, previa solicitude do interesado, e serán realizadas única e exclusivamente pola Empresa concesionaria do servicio de augas.
2.Toda autorización para gozar do servicio de augas levará aparellada a obriga de subscribir un contrato de subministro, instalar o contador -nos inmobles será particular para cada vivenda-, que deberá ser colocado en sitio visible e de fácil acceso que permita a clara lectura do consumo que marque.
3. A autorización será intransferible e concederase para un domicilio determinado e, en caso de traslado, o usuario deberá facer un novo contrato e pagar a taxa de enganche ou desprecintado.
4. O abastecemento de augas potables deste concello é un servicio municipal de conformidade coas prescricións vixentes, explotándose por conta e en beneficio do concello.
5. Sen embargo, os manantiais e aproveitamentos de augas potables das que veñen surtíndose os particulares, respectaranse por agora, sen prexuízo da municipalización, se se acordase.
6. A auga subministrarase mediante contador, que medirá en volumes de cantidade consumida, que será a que o abonado deberá pagar segundo as tarifas desta ordenanza, partindo dun mínimo igual para todos os usuarios.
7.O percibo desta taxa efectuarase mediante recibo. A lectura do contador, facturación e cobro efectuarase cada tres meses.
8.A tarifa de auga ten un mínimo mensual de consumo de DEZ metros cúbicos.
9.Cando o usuario se ausente temporalmente do domicilio poderá solicitar o precintado do contador e neste caso non se lle pasará recibo pero, cando desexe facer uso da auga de novo deberá solicitar do concello o desprecintado do contador e abonar a cota estipulada.
10.A empresa concesionaria do servicio de augas, en evitación de abusos, poderá exercer unha vixilancia sobre tuberías, aparatos de conducción e medida de auga. O persoal encargado do servicio de augas estará autorizado para entraren nas fincas e inspeccionar e practica-los recoñecementos que xulguen convenientes.
11.Os usuarios non poderán venderen nin cederen gratuitamente a auga a terceiras persoas, inda que sexa para dedicar ó mesmo uso para o que se ten concedida.
12.O usuario poderá causar baixa cando desexe, solicitando nas Oficinas Municipais a baixa correspondente, momento no que procederán os encargados do servicio a corta-la subministración.
13. Se o caudal das augas experimentase variacións por razóns climatolóxicas, avarías ou outras de forza maior, esta circunstancia non dará dereito ós usuarios ou abonados para reclamar ningunha cantidade
14. As cotas liquidadas e non cobradas ó seu debido tempo serán feitas efectivas polo procedemento de constrinximento con arreglo ás normas do réxime xeral de recadación.
15.En caso de avaría do contador, o tempo en que estea inutilizado calcularase o consumo en base do gasto habido nesa finca en igual época de anos anteriores. Esta circunstancia notificaráselle ó abonado por escrito dándoselle un prazo de 15 días para solicita-lo cambio de contador, e a substitución correrá por conta do abonado.
16.Cando o abonado observe variacións ou deficiencias na subministración, deberá darlle de contado aviso ó Concello ou concretamente ó servicio de augas.

Artigo 10º . Infraccións e sancións

O Concello, seguindo o procedemento establecido e dentro dos prazos outorgados ó efecto, suspenderá a subministración de auga automáticamente , previo aviso ó usuario:
1.Cando o abonado que empregue a auga para usos distintos de aqueles para os que lle foi concedida (regadíos, etc.), a transporte a outro lugar ou a ceda a terceiras persoas pagará unha sanción equivalente ó dobre do prezo que tería que satisfacer polo consumo mensual segundo contador e perderá, automaticamente, o dereito da concesión, sen prexuízo de esixirlle, ademais, as responsabilidades que procedan en dereito.
2.Cando fora negada ou entorpecida reiteradamente a entrada no domicilio do aboado ó persoal encargado da lectura dos contadores.
3. Cando se produzca a falta de pagamento do recibo trimestral pola subministración de auga. Todo isto sen prexuízo da súa esixencia mediante o procedemento de constrinximento.
4. Igualmente, será suspendido o servicio no caso de que fose negada a entrada no domicilio ó persoal encargado das visitas de inspección.
En todo o demáis, as infraccións e sancións en materia tributaria rexeranse polo disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei xeral tributaria e a súa normativa de desenvolvemento.

Disposición adicional única

As modificacións que se introduzan na regulación do establecido nesta ordenanza polas leis de orzamentos xerais do Estado ou por calquera outra lei ou disposición, e que resulten de aplicación directa, producirán, no seu caso, a correspondente modificación tácita da presente ordenanza fiscal

Disposición derrogatoria única

A partir da data de entrada en vigor da presente ordenanza fiscal quedará derrogada a Ordenanza fiscal nº 12-T, reguladora da taxa pola suministración de auga, publicada definitivamente no BOP nº 299 de 29/12/2007.

Disposición Derradeira

A presente ordenanza fiscal foi aprobada polo Pleno do Concello do Brión en sesión celebrada o 26 de novembro de 2.008 ( modificación ) e entrará en vigor no día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia de conformidade co artigo 107 da Lei 7/1985 , de 2 de abril, reguladora das bases de Réxime Local.
No caso de modificacións parciais desta ordenanza fiscal, os artigos non modificados continuarán vixentes.