Vedra - Ordenanza fiscal reguladora da taxa de rede de sumidoiros
FUNDAMENTO E NATUREZA
Artigo 1:
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos do 15 ó 19 da Lei 39/1988, de 28 de decembro, regulador das Facendas Locais, este Concello establece a Taxa de REDE DE SUMIDOIROS, que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal, atendendo as súas normas ó prevido no artigo 58 da citada Lei 39/1988.
FEITO IMPOÑIBLE
Artigo 2:
1. Constitúe o feito impoñible da Taxa:
a) A actividade municipal, técnica e administrativa, tendente a verificar se se dan as condicións necesarias para autoriza-la acometida á Rede de Sumidoiros municipal.
b) A prestación dos servizos de evacuación de excretas, augas pluviais, negras e residuais,e través da rede de sumidoiros municipal, así como o seu tratamento e depuración.
2. Non estarán suxeitas á Taxa as fincas derrubadas, declaradas ruinosas ou que teñan a condición de predio ou terreo, sempre que non fagan uso da rede de sumidoiros.
3. Só se permitirá o verquido á rede de saneamento de auga procedente do consumo doméstico, comercial ou industrial, con fins non productivos e que non conteña substancias prohibidas.
4. Os titulares aboados ó servicio serán os responsables do verquido de augas, líquidos, materias e substancias perigosas ou nocivas para a saúde e o medio natural que estean expresamente prohibidas pola lexislación vixente, e tamén serán os responsables dos danos ocasionados á rede ou ás instalacións de tratamento das augas residuais.
SUXEITO PASIVO
Artigo 3:
1. Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, que sexan:
a) Cando se trate da concesión da licencia de acometida á rede, o propietario, usufructurario ou titular do dominio útil da finca.
b) No caso de prestación de servicios do número 1.b) do artigo anterior, os ocupantes ou usuarios das fincas do termo municipal beneficiarios destes servicios, calqueira que sexa o seu título: propietarios, usufructurarios, habitacionistas ou arrendatarios, incluso ocupantes en precario.
2. En todo caso, terá a consideración de suxeito pasivo substituto do ocupante ou usuario das vivendas ou locais, o propietario destes inmobles, que poderá repercutir no seu caso, as cotas satisfeitas sobre os respectivos beneficiarios do servicio.
RESPONSABLES
Artigo 4:
1. Responderán solidariamente das obrigacións do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas ás que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.
2. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinale o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.
COTA TRIBUTARIA
Artigo 5:
A cota desta taxa, será a cantidade fixa ou tarifa establecida na seguinte táboa para cada un dos epígrafes descritos:
Epígrafe | Tarifa (Euros / ano) |
1. Vivendas | 66,00 |
2. Locais e establecementos (academias de ensino, escolas infantís, garderías, colexios, centros de día e residencias, hoteis, hospedaxes, casas de turismo rural, bares, cafeterías, tabernas, restaurantes e casas de comida, obradoiros e fornos de pan, panaderías, comercios e tendas de venda por xunto e polo miúdo de produtos de calquera tipo, talleres de vehículos, maquinaria, electrodomésticos, estacións de lavado e engraxe de vehículos, estacións de servizo ou gasolineiras, fábricas e industrias de todo tipo, estudos e oficinas, despachos profesionais, librerías e papelerías, oficinas bancarias, farmacias, clínicas, centros de saúde, ximnasios, barberías, salóns de peiteado e de beleza, salas de xogo, salas de festas e discotecas, clubs, pubs). | 90,00 |
3. Locais e establecementos baleiros ou pechados (terán a tarifa aplicable ao epígrafe 2, reducida nun 50%) | 45,00 |
4. Outros locais e establecementos de actividades e negocios, ou instalacións, non contemplados no epígrafe 2 | 90,00 |
ACOMETIDAS
1. A instalación da acometida á rede de saneamento efectuarase polo Concello ou pola empresa adxudicataria, cumprindo as condicións técnicas aprobadas, sendo por conta do titular da licencia o custo dos traballos da conexión, que serán os vixentes no cadro de prezos aprobado polo Concello.
2. Ningún titular poderá manipular a rede municipal de saneamento, agás o persoal do Concello ou da empresa adxudicataria.
3. Os servicios de evacuación de excretas, aguas pluviais, negras e residuaris, e da súa depuración teñen carácter obrigatorio para tódalas fincas do Concello que teñan fachada a rúas, prazas ou vías públicas nas que exista rede de sumidoiros, sempre que a distancia entre a rede e a finca non exceda de cen metros, e devengarase a taxa aínda cando os interesados non procedan a efctua-la acometida a rede.
EXENCIÓNS E BONIFICACIÓNS
Artigo 6:
Non se concederá exención nin bonificación ningunha na exacción da presente Taxa, que non veña establecida en Tratados ou Acordos Internacionais ou en normas con rango de Lei.
DEVENGO
Artigo 7:
1. Devéngase a Taxa e nace a obrigación de contribuir cando se inicie a actividade municipal que constitúe o seu feito impoñible, entendéndose inciada a mesma:
a) Na data de presentación da oportuna solicitude da licencia de acometida, se o suxeito pasivo a formulase expresamente.
b) Dende que teña lugar a efectiva acometida á rede de sumidoiros municipal. O devengo por esta modalidade da Taxa producirase con independencia de que se obtivera ou non a licencia de acometida e sen prexuizo da iniciación do expediente administrativo que poida instruírse para a súa autorizacion.
c) Desde que teña lugar a efectiva acometida á rede.
LIQUIDACIÓN E INGRESO
Artigo 8:
1. Cando se presente a solicitude de licencia de acometida, liquidarase e esixirase a Taxa correspondente en calidade de depósito previo.
2. Se se realiza a acometida sen mediar solicitude procederase a liquidar e notificar esixíndose o ingreso nos prazos previstos no artigo 20 do Regulamento Xeral de Recadación, sen prexuízo da apertura do correspondente expediente sancionador por infracción tributaria.
3. Unha ver autorizada a acometida, a xestión e recadación desta Taxa, acomodarse ó procedemento previsto para os valores recibo (padrón, censo, matrícula, etc.)
4. O outorgamento da licencia solicitada non terá efecto se non se acredita o pagamento das taxas municipais, e do custo da instalación e conexión á rede á empresa adxudicataria, segundo o cadro de prezos de aplicación aprobado polo Concello.
5.Cando a Taxa se exaccione por padrón esixirase no período sinalado na tarifa, ou no seu caso, no que acorde o Alcalde ou Xunta de Goberno e o ingreso efectuarase no prazo previsto no artigo 20 do R.G.R. para os valores recibo
6. Os ingresos efectuarnase na Tesoureiría Municipal ou no lugar que determine o Alcalde-Presidente.
que legalmente sexan de aplicación.
INFRACCIÓNS E SANCIÓNS
Artigo 9:
Nesta materia estarase ó disposto no artigo 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.
DISPOSICIÓNS ADICIONAIS
PRIMEIRA.- DECLARACIÓN DE ALTA
Os suxeitos pasivos do contribuinte formularán as declaracións de alta nos censos ou padróns da Taxa e surtirán efectos tributarios no mesmo momento de presentarse a declaración ou obtención da LICENCIA DE PRIMEIRA OCUPACIÓN. As cantidades esixibles liquidaranse por cada aproveitamento solicitado ou realizado e serán irreducibles polo período natural de tempo sinalado na TARIFA.
SEGUNDA.- DECLARACIÓN DE BAIXA
Os suxeitos pasivos substitutos do contribuínte formularán as declaracións de baixa no censo ou padrón da Taxa e surtirá efectos no período natural seguinte ó de presentación da mesma.
DISPOSICIÓN FINAL
A presente Ordenanza Fiscal entrará en vigor o día seguinte da súa publicación, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresas.