Vedra - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE ATENCIÓN DA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL
Artigo 1.-Fundamento legal.
En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución Española, o artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, de conformidade co disposto nos artigos 15 e 19, en relación co artigo 20 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, e de acordo co artigo 1 do Decreto 49/2021, do 19 de xaneiro, polo que se aproba o réxime de prezos das escolas infantís dependentes da Consellería de Política Social, modificado pola Resolución de 10 de maio de 2017, pola que se actualizan os prezos das escolas infantís de 0-3 anos dependentes da Consellería de Política Social, o Concello de Vedra establece a taxa pola prestación do servizo da Escola infantil municipal que se rexerá pola presente ordenanza fiscal atendendo ao contemplado no Regulamento de réxime interno da Escola infantil municipal do Concello de Vedra, publicado no BOP A Coruña 179, do 26 de outubro de 2020.
Artigo 2.-Feito impoñible.
Constitúe o feito impoñible a prestación efectiva do servizo da Escola infantil municipal nos termos e condicións reguladas no Regulamento interno da Escola infantil municipal do Concello de Vedra, publicado no BOP A Coruña 179, do 26 de outubro de 2020.
Artigo 3.-Suxeitos pasivos.
Son suxeitos pasivos en concepto de contribuíntes as persoas que resulten beneficiaria polo servizo que constitúe o feito impoñible desta taxa.
Artigo 4.-Responsables.
4.1. Responderán solidariamente das débedas tributarias as persoas ás que se refire o artigo 42 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria.
4.2. Serán responsables subsidiarias as persoas ás que se refire o artigo 43 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria.
Artigo 5.-Cota tributaria.
A base impoñible estará constituída polos servizos prestados de acordo co contemplado nos Anexos I e II do Regulamento de réxime interno da Escola infantil municipal do Concello de Vedra, publicado no BOP A Coruña 179, do 26 de outubro de 2020.
Artigo 6.-Devengo e período impositivo.
6.1. O devengo da taxa producirase cando se inicie a prestación do servizo e o período impositivo coincide co ano escolar (setembro a xullo), sen prexuízo da liquidación da taxa por meses naturais.
6.2. As normas de altas, baixa, suspensións, modificacións e relación á prestación do servizo son as recollidas no Regulamento de réxime interno da Escola infantil municipal do Concello de Vedra, publicado no BOP A Coruña 179, do 26 de outubro de 2020.
Artigo 7.-Infraccións e sancións.
En materia de infraccións e sancións estarase ao disposto na Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria e nas disposicións que a complementan e desenvolven.
Disposición derrogatoria
Quedan derrogadas todas aquelas disposicións que se opoñan ao establecido nesta Ordenanza fiscal.
Disposición final
A presente ordenanza fiscal estrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña, permanecendo vixente ata a súa modificación ou derrogación.