Carral - ACORDO REGULADOR Nº 1 DO PREZO PÚBLICO POR ACTIVIDADES DEPORTIVAS, CULTURAIS, XUVENÍS E SOCIOEDUCATIVAS.

Publicación provisional: 05/08/2011 BOP Nº: 149
Publicación definitiva: 30/09/2011 BOP Nº: 188
Aplicable dende: 02/09/2022

ARTIGO 1.º.- FUNDAMENTO E RÉXIME.

Este Concello, conforme ao autorizado polo artigo 106 da Lei 7/85 do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e dacordo co previsto no artigo 127, en relación co artigo 41, ambos do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, regulador das facendas locais, este Concello establece o prezo público por actividades deportivas municipais regulado polo presente acordo.

ARTIGO 2.º.- CONCEPTO DOS PREZOS PÚBLICOS.

Os prezos públicos aquí regulados constitúen prestacións patrimoniais de carácter público que se satisfarán polos usuarios que voluntariamente soliciten algunha das actividades deportivas municipais

ARTIGO 3.º.- OBRIGADOS Ó PAGAMENTO

Están obrigados ó pagamento do prezo público regulado nesta ordenanza quen se beneficie da prestación, por parte do Concello de Carral, de actividades deportivas, culturais, xuvenís, extraescolares ou sociais, prestados polo Concello e especificados no artigo anterior.

ARTIGO 4.º.- TARIFAS

O prezo público que se debe pagar ó Concello polos servizos deportivos, culturais, xuvenís e socieducativas municipais, cinguirase ás seguintes tarifas:

Epígrafe 1. Servizo de escolas deportivas e culturais municipais. Tarifas: (solo se prestarán cando exista un mínimo de quince alumnos o inicio do curso).

CONCEPTO

Tarifa curso 8 meses

Tarifa/mes

Escola deportiva de natación

155.00 €

22.00 €

Escola deportiva de tenis

155.00 €

22.00 €

Escola de piano e solfeo

280.00 €

40.00 €

Escola de Teatro (2 horas semanais) (mínimo 7 persoas)

125.00 €

18.00 €

Escolas deportivas ou culturais (2 horas semanais)

98.00 €

14.00 €

Escolas deportivas ou culturais (3 horas semanais)

105.00 €

15.00 €

Escolas deportivas ou culturais (4 horas semanais)

112.00 €

16.00 €

Descontos familias numeroas

-3 €/actividade

Descontos membros terceira idade (salvo as específicas deles) e minusválidos

-3 €/actividade

Descontos voluntarios protección civil

-3 €/actividade

Epígrafe 2. Cursos especiales a realizar no centro depotivo-spa. Tarifas:

CONCEPTO

Aboados

Non aboados

Cursos para bebés (bimensuais)

28,00 €

40,00 €

Cursos corrección postural (bimensual)

18,00 €

40,00 €

Cursos aeróbic (bimensual)

15,00 €

35,00 €

Cursos pilates (bimensuais)

18,00 €

38,00 €

Epígrafe 3. Actividades de apoio escolar. Tarifas:(estas actividades só se realizarán con un mínimo de 15 alumnos).

CONCEPTO

Tarifa

Programa madrugadores

37,00 €/mes

Programa madrugadores (por día solto)

4,00 €/día

Excursións de día ( aquapark, pista de xeo ...)

8,00 €/día

Clases de español e galego para inmigrantes

14,00 €/mes

Clases Inglés ou francés para alumnado

14,00 €/mes

Clases reforzo escolar (primaria ou ESO)

14,00 €/mes

Epígrafe 4. Actividades específicas para a Terceira Idade. Tarifas:

CONCEPTO

Tarifa curso completo

Tarifa/día

Ximnasia mantenmento terceira idade (socios do centro da terceira idade)

60,00 €

----------

Ximnasia mantenmento terceira idade (non socios)

65,00 €

----------

Baile terceira idade (socios do centro da terceira idade)

-------

3 €/día

Baile adultos e terceira idade non socios

-------

4 €/día

Outros cursos de ate 6 horas (mínimo 12 e máximo 20 persoas) 15.00 €

Outros cursos de 6 a 12 (mínimo 12 e máximo 15 persoas) 35.00 €

Outros cursos de 12 a 24 h (mínimo 12 e máximo 15 persoas) 50.00 €

Outros cursos de 24 a 35 h (mínimo 12 e máximo 15 persoas) 75.00 €

Outros cursos de 35h a 50h (mínimo 12 e máximo 15 persoas) 100.00 €

Outros cursos de 50 a 70 h (mínimo 12 e máximo 15 persoas) 150.00 €

CONCEPTO

Tarifa

Saídas dun día socios centro terceira idade e pensionistas(con comida e baile)

20,00 €

Saídas dun día terceira idade non sociaos centro e adultos (con comida e baile)

28,00 €

Saídas e xuntanzas de terceira idade e pensionistas a outros Concellos

Supeditadas a tarifas segundo Concello

Xuntanzas Terceira Idade, pensionistas e socios (magosto, comidas populares...)

28,00 €

Xuntanzas adultos e non socios (magosto, comidas populares...)

33,00 €

Xuntanzas nenos (de 5 a 14 anos) ((magosto, comidas populares...)

13,00 €

Saídas a espectaculos gratuítos (partidos fútbol...) para maiores (de 5 A 14 anos)

4,00 €

Saídas dun día adultos(sen comida)

17,00 €

Saídas dun día adultos(con comida)

28,00 €

Saídas dun día nenos (de 5 a 14 anos)con comida

14,00 €

Saídas de máis dun día nenos (de 5 a 14 anos)

13,00 € por día

Saídas de máis dun día adultos e maiores de catorce anos (aloxamento, media pensión e transporte)

55,00 €por día

Suplementos:

Distancia ao lugar de destino máis de 300 km

0,02 €/km

Excursión a neve:

Aluguer esquís

14,00 €/día

Forfait debutantes

11,00 €/día

Forfait tódalas pistas

16,00 €/día

Epígrafe 5. Actividades durante as vacacións escolares e outras actividades. Tarifas:

CONCEPTO

Tarifa/curso

Roteiro ¿20 km. Cultura con camiño" (entre 25 e 50 persoas por roteiro)

15.00 €

Outros cursos de ate 6 horas (mínimo 12 e máximo 20 persoas)

15.00 €

Outros cursos de 6 a 12 (mínimo 12 e máximo 15 persoas)

35.00 €

Outros cursos de 12 a 24 h (mínimo 12 e máximo 15 persoas)

50.00 €

Outros cursos de 24 a 35 h (mínimo 12 e máximo 15 persoas)

75.00 €

Outros cursos de 35h a 50h (mínimo 12 e máximo 15 persoas)

100.00 €

Outros cursos de 50 a 70 h (mínimo 12 e máximo 15 persoas)

150.00 €

Curso de Monitor de Tempo Libre (mínimo 20 alumnos)

215.00 €

Epígrafe 6. Saídas e viaxes. Tarifas: (Estas tarifas estarán supeditadas a subidas pertinentes de prezos dos establecemento)

CONCEPTO Tarifa/curso

ARTIGO 5.º.- NORMAS DE XESTIÓN.

1. A obriga do pagamento do prezo público xurde desde que se inicia a prestación do servizo deportivo ou cultural enumerado no artigo anterior. Nembargantes, poderase esixir o depósito previo do seu importe.

2. A estos efectos, deberase practicar polo obrigado ó pago a declaración-liquidación (autoliquidación) correspondente, ingresándose o importe do precio público nas entidades bancarias colaboradoras deste concello, e sempre antes de iniciar a actividade.

3. O ingreso do prezo público se fará en calquera das entidades bancarias nas que o Concello ten conta aberta. Non se prestará o servizo solicitado sen a presentación do xustificante de ter ingresado o correspondente prezo público.

4. Cando por causas non imputables ó obrigado ó pagamento do prezo, non se preste o servicio, procederá a devolución do importe correspondente.

5. No caso de existir varias solicitudes coincidentes darase preferencia, no caso dos particulares, ós empadroados no Concello de Carral e, no caso de entidades, ás que teñan a súa sede social no Concello.

6. As débedas por prezos públicos poderán esixirse polo procedemento de apremio.

7. Unha vez prestado o servizo, polo responsable da dependencia correspondente, darase conta do cumprimento, duración e contido deste.

Nun prazo de quice días dende a prestación do servizo, remitirase ós servizos económicos municipais o importe resultante da devandita prestación, xunto coa conta xustificativa correspondente (cotas, entradas, relación de matrículas....).

ARTIGO 6º.- INFRACCIÓNS E SANCIÓNS.

A calificación das infraccións tributarias e as correspondentes sancións rexiranse polo establecido nos artigos 183 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.

ARTIGO 7º.- DELEGACIÓN NA XUNTA DE GOBERNO LOCAL.

No suposto de que o servizo ou actividade cultural ou deportiva a prestar polo Concello, non se encontre tarifada na presente Ordenanza ou resulte necesaria a modificación ou actualización das contías, delégase na Xunta de Goberno Local, conforme os artigos 47 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, e 23.2 b) da Lei 7/85, de 2 de abril, o establecemento da tarifa ou a actualización da mesma, a proposta do servicio técnico correspondente co previo informe do interventor municipal.

DISPOSICIÓN ADICIONAL.

As tarifas fixadas no artigo 4 desta Ordenanza modificaranse anualmente de acordo coa variación do Índice de Prezos ó Consumo que sinale o Instituto Nacional de Estatística. O resultado da aplicación deste índice redondearase sempre por exceso ou por defecto á centena superior ou inferior.

DISPOSICIÓN DEROGATORIA.

O presente acordo regulador derogará calqueira precepto doutra ordenanza ou acordo que se opoña á mesma.

DISPOSICIÓN DERRADEIRA.

Esta Ordenanza, unha vez aprobada definitivamente polo Pleno da Corporación, entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial Provincial.