Betanzos - ORDENANZA FISCAL Nº 15, REGLADORA DA TAXA POR OCUPACION DE TERREOS DE USO PUBLICO CON POSTOS, BARRACAS, CASETAS DE VENDA, ESPECTACULOS, ATRACCIONS OU RECREO, ASÍ COMO INDUSTRIAS DE RUA E AMBULANTES
Artigo 1.º Feito impoñible
Constitúe o feito impoñible desta taxa a ocupación de terreos de uso público local con postos, barracas, casetas de venda, espectáculos, atraccións ou recreo, así como industrias de rúa e ambulantes.
Artigo 2.º Suxeitos pasivos
Se o aproveitamento se realizase sen obter licenza, considerarase que ten a condición de suxeito pasivo o titular da empresa que explote a instalación á que estea afecta a instalación ou actividade realizada en terreo público.
Artigo 3.º Base impoñible
Tomarase como base para a determinación do importe da taxa, o tempo de duración do aproveitamento e/ou os metros cadrados de terreos de uso público que son obxecto da ocupación.
Artigo 4.º Tarifas
A base e a cota tributaria determinaranse de acordo coa seguinte tarifa:
1. Instalacións temporais: | |
1.1. Postos, barracas e casetas dedicadas á venda de calquera clase de artigos, por m² ou fracción, ao día (mínimo: 15,50 €). | 0,54 € |
1.2. Tómbolas, randeeiras, carruseis, autos de choque e demais atraccións de lecer, por cada m² ou fracción, ao día en tempada de festas patronais e demais eventos festivos organizados polo Concello realizarase mediante poxa. No caso de que non se realice, aplicaranse estas tarifas (mínimo: 16,24 €). | 0,54 € |
1.3. Circos, teatros ambulantes, monicreques e espectáculos análogos, por m² ou fracción ao día (mínimo: 16,37 €). | 0,13 € |
1.4. Rodaxes cinematográficas na vía pública, por metro cadrado ou fracción, ao día | 1,01 € |
2. Venda ambulante os días de feirados, por licenza de ocupación anual: | 32,61 € |
3. Venda ou exposición de todo tipo de artigos sobre mesas, solo, ou de calquera outra forma, mesmo o espazo ocupado por caixóns, vehículos ou outros trastes no lugar que se lle asigne. | |
3.1. Vendedores fixos, por metro cadrado e día de feira | 0,73 € |
3.2. Vendedores non fixos, por metro cadrado e día de feira | 2,19 € |
3.2.1. Cota mínima, vendedores non fixos, por ocupación de ata 3 metros cadrados, por día de feira | 8,30 € |
3.2.2. Vendedores ao brazo de produtos ou artigo de calquera clase, por vendedor e día de feira | 6,29 € |
4. Venda ambulante de produto do campo e artesanais cando se faga por intermediarios con ocupación de espazo de ata 2,50 x 1,25 metros, durante todo o ano, cada día | 2,06 € |
5. Postos, barracas e casetas dedicadas á venda de calquera clase de artigos, por m² ou fracción da Feira Franca Medieval (mínimo: 75,91 €) | 16,82 € |
Artigo 5.º Devindicación
A taxa correspondente ao primeiro período impositivo se devindicará na súa totalidade no momento de solicitarse a licenza ou ao iniciarse o aproveitamento, aínda cando non se obtivo a correspondente licenza.
Artigo 6.º Normas de xestión
A taxa esixirase en réxime de autoliquidación nos apartados 1.1, 1.2, 1.3, 1.4 e apartado 5. No momento de presentación das solicitudes a taxa ten que estar abonada polos suxeitos pasivos e débese presentar o xustificante xunto coa solicitude. Os escritos recibidos que non veñan debidamente cubertos serán admitidos provisionalmente, pero non poderá dárselles curso sen que se emende a deficiencia. Con este fin, requerirase ao interesado para que, nun prazo de 10 días abone as cotas correspondentes co apercibimento de que, transcorrido o devandito prazo sen efectualo, teranse os escritos por non presentados e será arquivada a solicitude.
Os apartados 3 e 4 esixiranse a través de padrón anual.
Artigo 7.º Bonificacións
Queda establecida unha bonificación do 100% non caso de ocupación vía pública das asociacións inscritas non rexistro municipal.
Disposición final
A presente Ordenanza, foi aprobada con data vinte de decembro de 2001 e comezará a rexer con efectos do día 1 de xaneiro de 2002 e producirá efectos en tanto non se acorde a súa modificación ou derrogación.