Monfero - REGULAMENTO DO SERVIZO DE PRÉSTAMO DE AXUDAS TÉCNICAS DE APOIO Á MOBILILIDADE DO CONCELLO DE MONFERO
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
A Lei 39/2006, de 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención as Persoas en Situación de Dependencia, establece que a atención as persoas en situación de dependencia e a promoción da súa autonomía persoal constitúe un dos principais retos da política social dos países desenvolvidos. O reto non e outro que atender as necesidades daquelas persoas que, por encontrarse en situación de especial vulnerabilidade, requiren apoios para desenvolver as actividades esenciais da vida diaria, alcanzar unha maior autonomía persoal e poder exercer plenamente os seus dereitos de cidadanía.
A estes efectos o artigo 12.1 da norma citada establece que as entidades locais participarán na xestión dos servizos de atención as persoas en situación de dependencia, segundo a normativa das respectivas Comunidades Autónomas e dentro das competencias que a lexislación vixente atribúelles.
No concello de Monfero cerca do 35% da poboación é maior de 60 anos, o que implica que se dea un aumento das persoas con dependencia que precisan uns coidados específicos debido ás súas limitacións funcionais.
Por tal motivo, a demanda de prestacións e servizos para cubrir as necesidades destas persoas por parte dos seus coidadores/as perante os servizos sociais aumentou considerablemente. Unha das peticións mais común nestes casos é a de axudas técnicas e adaptación funcional do fogar.
Entre o tipo de axudas técnicas mais necesarias para estas persoas son as camas articuladas e as grúas eléctricas de transferencia, dado que o seu uso simplifica o traballo dos coidadores ao mesmo tempo que mellora a calidade de vida das persoas dependentes.
Recentemente grazas ao Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos de competencia municipal POS+ADICIONAL 1/2022 o Concello adquiriu 8 camas articuladas e 4 grúas eléctricas de transferencia aínda que nun futuro próximo farase preciso aumentar o número de camas ou grúas.
Artigo 1º.-Obxecto
É obxecto desta ordenanza a regulación do servizo de préstamo de axudas técnicas de apoio a mobilidade desenvolvido polo concello de Monfero.
Artigo 2º.- Ámbito de aplicación
O establecido nesta ordenanza é de aplicación ao termo municipal de Monfero.
Artigo 3º.- Natureza, definición e obxectivos do servizo.
3.1. O servizo de préstamo de axudas técnicas de apoio a mobilidade é un servizo municipal e gratuíto. Está dirixido a persoas que necesiten dispoñer de axudas técnicas debido as súas dificultades na mobilidade e que se encontren nunha situación ou risco de exclusión social.
3.2. O servizo dependerá da dispoñibilidade do material e da valoración por parte dos Servizos Sociais das necesidades das persoas usuarias e das súas familias.
Son obxectivos de este servizo os seguintes:
a) Favorecer a permanencia das persoas destinatarias na súa contorna familiar e o envellecemento de calidade, evitando ou retardando a institucionalización mentres sexa posíbel.
b) Aportar estas axudas técnicas para que os coidadores simplifiquen a súa labor.
c) Previr, compensar, controlar, mitigar ou neutralizar limitacións na actividade diaria e restricións na promoción da autonomía persoal.
d) Garantir que haxa unhas axudas técnicas que preveñan varios problemas de saúde dos usuarios do servizo tales como: problemas cutáneos, músculo esqueléticos, respiratorios, cardiovasculares etc.
e) Procurar a mellora da calidade de vida tanto do coidador/a como da persoa dependente.
Artigo 4º.- Beneficiarios
4.1 Serán beneficiarios deste servizo as persoas que o soliciten e padezan limitacións funcionais graves, polo que precisen axuda de outra persoa para realizar as actividades básicas da vida diaria (ABVD) e que lles resulta necesaria unha axuda técnica deste tipo, cama articulada e/ou grúa, para facilitarlles as actividades de aseo, alimentación, mobilización e prevención de riscos para a saúde da persoa coidadora, sempre que estean empadroados no concello de Monfero e se encontren nunha situación ou risco de exclusión social.
4.2. En todo caso, darase prioridade de acceso ao servizo ás persoas que teñan algún grado recoñecido dentro do sistema de autonomía e atención á dependencia.
Artigo 5º.- Dereitos das persoas beneficiarias
As persoas beneficiarias do servizo terán dereito a:
1. Que sexa respectada en todo momento a súa individualidade e dignidade persoal.
2. Recibir o servizo adecuadamente.
3. Ser informadas puntualmente das modificacións que poidan producirse no réxime da prestación.
4. A intimidade e a confidencialidade.
5. Exercer o seu dereito de queixa conforme as disposicións vixentes.
Artigo 6º.- Deberes das persoas beneficiarias
6.1 As persoas beneficiarias das axudas técnicas reguladas en estas bases están obrigadas a cumprir co obxectivo das mesmas e a empregalas conforme á finalidade para a que foron concedidas. O solicitante recoñece que este artigo é propiedade do Concello de Monfero e que se entrega en condicións óptimas de uso. O obxecto prestado deberá ser devolto no mesmo estado en que foi recibido.
6.2. Ademais, as persoas beneficiarias están obrigadas a:
a) Facilitar toda a información requirida polos servizos sociais.
b) Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará, de ser o caso, a os servizos sociais a través do seu persoal.
c) Comunicar calquera variación que se produza na situación social e familiar da unidade de convivencia.
d) Informar, sen esconder nin falsear, sobre as circunstancias persoais, familiares, económicas e sociais que determinen a necesidade da prestación.
e) Unha vez se proceda a devolver o material, este ten que ser entregado no mesmo estado que se lle prestou.
Artigo 7.- Causas de extinción
a) Por renuncia das persoas usuarias ou dos/as seus/súas representantes legais
b) Por incumprimento das obrigas estipuladas no artigo 6.
c) Por modificación da situación da persoa beneficiaria que deu lugar a concesión da axuda técnica
d) Pasamento da persoa beneficiaria
e) Por traslado da súa residencia a outro Concello
Artigo 8.- Requisitos de acceso ao servizo
Poderán ser beneficiarias do servizo as persoas que cumpran os seguintes requisitos:
a) Acreditar unha limitación funcional grave mediante grado de discapacidade igual ou superior ao 50% ou dependencia en grado II ou III, ou ben presentar patoloxías acreditadas mediante informe médico do Sistema Nacional de Saúde que ocasionen a necesidade temporal dalgún produto de apoio o que se refire esta orden.
b) Estar empadroado e ter residencia efectiva no concello de Monfero.
c) Encontrarse nunha situación de risco ou exclusión social conforme a Lei 10/2013 de 27 de novembro de inclusión social de Galicia a valorar polos Servicios Sociais Comunitarios do Concello.
d) Que a renta anual de referencia da persoa solicitante non supere 5 veces o importe anual do Indicador Público de Referencia de Efectos Múltiples (IPREM).
e) Non ter dereito ao desfrute de esta axuda a través doutros sistemas de protección social (Sistema Nacional de Saúde, Seguridade Social y outros).
f) Que as condicións da vivenda o permitan e que exista unha persoa responsable do correcto uso das axudas técnicas prestadas.
Artigo 9.- Causas de denegación
Serán causas de denegación das solicitudes:
1-Presentación da documentación requirida fóra do prazo establecido.
2-Non cumprir algún dos requisitos do artigo 8
Artigo 10.- Documentación
Solicitude no modelo oficial (ANEXO I), xunto ca seguinte documentación:
· Orixinal ou copia compulsada dos seguintes documentos, do solicitante ou representante legal, e dos integrantes da unidade de convivencia:
1. DNI para os cidadáns españois.
2. Certificado de inscrición no Rexistro Central de Estranxeiros, dos cidadáns da Unión Europea, así como o pasaporte ou tarxeta de identidade do país de procedencia.
3. Tarxeta de residencia para as persoas estranxeiras que non estivesen en ningún dos supostos anteriores.
· Resolución xudicial da incapacitación e nomeamento de representante legal, no seu caso.
· No caso de menores, Libro de Familia.
· Certificado de empadroamento.
· Documento acreditativo do grado de discapacidade ou dependencia, se o mesmo esta emitido por outra CA.
· Informe médico do Sistema Nacional de Saúde no que indique a doenza ou diagnostico que motive a necesidade do produto de apoio solicitado así como os seguintes puntos: axuda de terceira persoa, problemas de mobilidade total/parcial. No será necesario cando o solicitante teña recoñecida discapacidade ou dependencia.
· Xustificante de ingresos da unidade familiar: nóminas, xustificantes da pensión, estimación de rendementos, declaración del IRPF, etc. . No caso de exención legal de presentar a Declaración da renda, presentarase certificado de estar exento de facela, no que tamén consten os datos sobre os ingresos que posúe e Axencia Tributaria ( AEAT) e declaración xurada dos ingresos obtidos pola unidade de convivencia no ano 2021, achegando fotocopia de todos e cada un dos documentos acreditativos correspondentes
· Declaración responsable asinada
· Calquera outra documentación requirida polos Servizos Sociais municipais.
Artigo 11.- Prazo
O prazo de presentación de solicitudes comprenderá dende o día seguinte ó da publicación da aprobación definitiva deste regulamento no BOP.
As solicitudes presentaranse xunto coa documentación correspondente, no Rexistro Xeral do Concello Monfero.
O prazo máximo para ditar e notificar ós interesados a resolución, será de dous meses contados dende o día seguinte á finalización do prazo de presentación de solicitudes.
En caso de non recibir notificación entenderase desestimada a solicitude por silencio administrativo.
As resolucións que se diten ó amparo desta orde porán fin a vía administrativa, podendo interpoñerse recurso ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da resolución.
Artigo 12.- Metodoloxía a seguir
12.1- O solicitante presentará unha solicitude no Rexistro Xeral do concello. A traballadora social
poderá realizar a solicitude de oficio sempre que a urxencia do caso así o requira.
12.2- Realizarase un informe social (ANEXO III) sobre se o solicitante reúne os requisitos establecidos neste regulamento así como das súas circunstancias socioeconómicas e familiares.
12.3- Para a valoración da situación económica teranse en conta tanto os ingresos do solicitante así como de todos os membros da unidade familiar cos que conviva, atendendo ao seguinte criterio de valoración:
- Se os ingresos da unidade familiar son iguais ou inferiores ao 80% do IPREM (463,216): 25 puntos.
- Se os ingresos da unidade familiar son iguais ou inferiores ao IPREM (579,02): 20 puntos.
- Se os ingresos da unidade familiar son iguais ou inferiores ao 200% do IPREM (1158,04): 15 puntos
- Se os ingresos da unidade familiar son iguais ou inferiores ao 300% do IPREM (1737,06): 10 puntos
- Se os ingresos da unidade familiar son iguais ou inferiores ao 400% do IPREM (2259,60): 5 puntos
Entenderase por unidade familiar a constituída por o/a beneficiario/a, o seu/súa cónxuxe ou parella de feito, fillos menores de idade ou maiores de idade con discapacidade ou economicamente dependentes, sempre que convivan no mesmo domicilio familiar. No caso de que o solicitante sexa un menor de idade, entenderase por unidade familiar a constituída polo beneficiario/a, os seus proxenitores e os seus irmáns menores de idade ou maiores de idade con discapacidade ou economicamente dependentes, sempre que convivan no mesmo domicilio familiar. Para a estimación dos ingresos considerarase calquera tipo de ingreso que perciban tanto a persoa solicitante coma o resto da súa unidade de convivencia (pensións, rendas de capital mobiliario e inmobiliario e rendas de traballo por conta propia ou allea). Non se consideraran no cálculo as prestacións provintes do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia (SAAD) que teñan como finalidade a adquisición dun servizo ou coidados no entorno, nin o complemento por fillo a cargo discapacitado.
12.4-Valorarase e daráselle prioridade á situación de limitación funcional da persoa dependente segundo o seguinte criterio:
- Se ten declarada unha limitación funcional grave mediante grado de discapacidade igual ou superior ao 50% ou dependencia en grados III e II: 30 puntos.
- Se precisa axuda para todas as actividades básicas da vida diaria e ten problemas de mobilidade total con axuda de terceira persoa: 25 puntos.
- Se precisa axuda para algunhas das actividades básicas da vida diaria e ten mobilidade reducida con axuda de terceira persoa: 15 puntos. (segundo certificados e outros informes médicos presentados).
12.5- Unha vez elaborado o informe social coa puntuación obtida e coa valoración da solicitude, o Alcalde aprobará ou rexeitará a solicitude. Nos casos de urxente necesidade procederase a inmediata concesión da prestación previa valoración e proposta dos Servicios Sociais.
12.6- Se a resolución é favorable a demanda será satisfeita dependendo dos recursos dispoñibles nese momento. De non dispoñer de cama e /ou grúa pasará a formar parte dunha lista de espera por estrita orde de puntuación.
12.7- O solicitante asinará un compromiso (ANEXO II) de devolver a cama en bo uso cando xa non a necesite e a familia farase cargo do traslado da cama tanto ao solicitala como ao devolvela sempre que sexa posible segundo as indicacións dos servizos sociais do concello.
Artigo 13.- Financiamento
Tendo en conta que estas axudas técnicas son un apoio básico na atención ás persoas con
limitacións funcionais non se cobrará ningunha tarifa económica pola prestación deste servizo.
Artigo 14.- Base xurídica
- Lei Xeral de Sanidade.
- Estatuto de Autonomía de Galicia.
- Decreto 15/2010, de 4 de febreiro polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e da elaboración do Programa Individual de Atención.
- Decreto 240/1995, do 28 de xullo polo que se regulan os Servizos Sociais de Atención Primaria.
- Orde do 22 de xaneiro de 2009, que regula o Servizo de Axuda no Fogar.
- Regulamento e Ordenanza Municipal do Servizo de Axuda no Fogar do concello de Monfero.
- Lei 39/2006, de 14 de decembro de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia.
- Lei 13/2008, do 3 de decembro de Servizos Sociais de Galicia.
ANEXOS
Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios
O regulamento non dispón a súa entrada en vigor, pero se debe ter en conta que o artigo 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local establece que:
¿¿..Las ordenanzas,
incluídos el articulado de las normas de los planes urbanísticos, así como los
acuerdos correspondientes a éstos cuya aprobación definitiva sea competencia de
los entes locales, se publicarán en el ¿Boletín Oficial" de la provincia y no
entrarán en vigor hasta que se haya publicado completamente su texto y haya
transcurrido el plazo previsto en el artículo 65.2 salvo los presupuestos y las ordenanzas
fiscales que se publican y entran en vigor en los términos establecidos en
Artigo 65.2: ¿El
requerimiento deberá ser motivado y expresar la normativa que se estime
vulnerada. Se formulará en el plazo de quince días hábiles a partir de la
recepción de la comunicación del acuerdo."