Monfero - REGULAMENTO DO SERVIZO DE PRÉSTAMO DE AXUDAS TÉCNICAS DE APOIO Á MOBILILIDADE DO CONCELLO DE MONFERO

Publicación provisional: 22/09/2022 BOP Nº: 181
Publicación definitiva: 17/11/2022 BOP Nº: 218
Aplicable dende: 28/02/2024

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

A Lei 39/2006, de 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención as Persoas en Situación de Dependencia, establece que a atención as persoas en situación de dependencia e a promoción da súa autonomía persoal constitúe un dos principais retos da política social dos países desenvolvidos. O reto non e outro que atender as necesidades daquelas persoas que, por encontrarse en situación de especial vulnerabilidade, requiren apoios para desenvolver as actividades esenciais da vida diaria, alcanzar unha maior autonomía persoal e poder exercer plenamente os seus dereitos de cidadanía.

A estes efectos o artigo 12.1 da norma citada establece que as entidades locais participarán na xestión dos servizos de atención as persoas en situación de dependencia, segundo a normativa das respectivas Comunidades Autónomas e dentro das competencias que a lexislación vixente atribúelles.

No concello de Monfero cerca do 35% da poboación é maior de 60 anos, o que implica que se dea un aumento das persoas con dependencia que precisan uns coidados específicos debido ás súas limitacións funcionais.

Por tal motivo, a demanda de prestacións e servizos para cubrir as necesidades destas persoas por parte dos seus coidadores/as perante os servizos sociais aumentou considerablemente. Unha das peticións mais común nestes casos é a de axudas técnicas e adaptación funcional do fogar.

Entre o tipo de axudas técnicas mais necesarias para estas persoas son as camas articuladas e as grúas eléctricas de transferencia, dado que o seu uso simplifica o traballo dos coidadores ao mesmo tempo que mellora a calidade de vida das persoas dependentes.

Recentemente grazas ao Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos de competencia municipal POS+ADICIONAL 1/2022 o Concello adquiriu 8 camas articuladas e 4 grúas eléctricas de transferencia aínda que nun futuro próximo farase preciso aumentar o número de camas ou grúas.

Artigo 1º.-Obxecto

É obxecto desta ordenanza é a regulación do servizo de préstamo de axudas técnicas de apoio a mobilidade desenvolvido polo Concello de Monfero.

Artigo 2º.- Ámbito de aplicación

O establecido nesta ordenanza é de aplicación ao termo municipal de Monfero.

Artigo 3º.- Natureza, definición e obxectivos do servizo.

1. O servizo de préstamo de axudas técnicas de apoio a mobilidade é un servizo municipal e gratuíto.Está dirixido a persoas que necesiten dispoñer de axudas técnicas debido as súas dificultades na mobilidade e que presenten dificultades económicas para asumir o custo.

2. O servizo dependerá da dispoñibilidade do material e da valoración por parte dos Servizos Sociais das necesidades das persoas usuarias e das súas familias.

Son obxectivos de este servizo os seguintes:

a) Favorecer a permanencia das persoas destinatarias na súa contorna familiar e o envellecemento de calidade, evitando ou retardando a institucionalización mentres sexa posíbel.

b) Aportar estas axudas técnicas para que os coidadores simplifiquen a súa labor.

c) Previr, compensar, controlar, mitigar ou neutralizar limitacións na actividade diaria e restricións na promoción da autonomía persoal.

d) Garantir que haxa unhas axudas técnicas que preveñan varios problemas de saúde dos usuarios do servizo tales como: problemas cutáneos, músculo esqueléticos, respiratorios, cardiovasculares etc.

e) Procurar a mellora da calidade de vida tanto do coidador/a como da persoa dependente.

Artigo 4º.- Beneficiarios

1. Serán beneficiarios deste servizo as persoas que o soliciten e padezan limitacións funcionais graves, polo que precisen axuda de outra persoa para realizar as actividades básicas da vida diaria (ABVD) e que lles resulta necesaria unha axuda técnica deste tipo, cama articulada e/ou grúa, para facilitarlles as actividades de aseo, alimentación, mobilización e prevención de riscos para a saúde da persoa coidadora, sempre que estean empadroados no concello de Monfero e se encontren nunha situación ou risco de exclusión social.

2. En todo caso, darase prioridade de acceso ao servizo ás persoas que teñan algún grado recoñecido dentro do sistema de autonomía e atención á dependencia.

Artigo 5º.- Dereitos das persoas beneficiarias

As persoas beneficiarias do servizo terán dereito a:

1. Que sexa respectada en todo momento a súa individualidade e dignidade persoal.

2. Recibir o servizo adecuadamente.

3. Ser informadas puntualmente das modificacións que poidan producirse no réxime da prestación.

4. A intimidade e a confidencialidade.

5. Exercer o seu dereito de queixa conforme as disposicións vixentes.

Artigo 6º.- Deberes das persoas beneficiarias

1. As persoas beneficiarias das axudas técnicas reguladas en estas bases están obrigadas a cumprir co obxectivo das mesmas e a empregalas conforme á finalidade para a que foron concedidas. O solicitante recoñece que este artigo é propiedade do Concello de Monfero e que se entrega en condicións óptimas de uso. O obxecto prestado deberá ser devolto no mesmo estado en que foi recibido.

2. Ademais, as persoas beneficiarias están obrigadas a:

a) Facilitar toda a información requirida polos servizos sociais.

b) Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará, de ser o caso, a os servizos sociais a través do seu persoal.

c) Comunicar calquera variación que se produza na situación social e familiar da unidade de convivencia.

d) Informar, sen esconder nin falsear, sobre as circunstancias persoais, familiares, económicas e sociais que determinen a necesidade da prestación.

e) Unha vez se proceda a devolver o material, este ten que ser entregado no mesmo estado que se lle prestou.

Artigo 7.- Causas de extinción

a) Por renuncia das persoas usuarias ou dos/as seus/súas representantes legais.

b) Por incumprimento das obrigas estipuladas no artigo 6.

c) Por modificación da situación da persoa beneficiaria que deu lugar a concesión da axuda técnica.

d) Pasamento da persoa beneficiaria.

e) Por traslado da súa residencia a outro Concello.

Artigo 8.- Requisitos de acceso ao servizo

Poderán ser beneficiarias do servizo as persoas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Acreditar unha limitación funcional grave mediante grado de discapacidade igual ou superior ao 50% ou dependencia en grado II ou III, ou ben presentar patoloxías acreditadas mediante informe médico do Sistema Nacional de Saúde que ocasionen a necesidade temporal dalgún produto de apoio o que se refire esta orden.

b) Estar empadroado e ter residencia efectiva no concello de Monfero.

c) Que os ingresos de calquera natureza da unidade familiar, calculada en renda per cápita non supere os seguintes límites:

1. 1 persoa: máximo o 150% do SMI mensual vixente, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias.

2. 2 persoas: máximo o 200% do SMI mensual vixente, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias.

3. 3 persoas: máximo o 250% do SMI mensual vixente, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias.

4. 4 persoas: máximo o 300% do SMI mensual vixente, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias.

d) Non ter dereito nin estar disfrutando desta axuda a través doutros sistemas de protección social (Sistema Nacional de Saúde, Seguridade Social, empresas de axuda no fogar e outros).

e) Que as condicións da vivenda o permitan e que exista unha persoa responsable do correcto uso das axudas técnicas prestadas.

Artigo 9.- Causas de denegación

Serán causas de denegación das solicitudes:

1. Presentación da documentación requirida fóra do prazo establecido.

2. Non cumprir algún dos requisitos do artigo 8.

Artigo 10.- Documentación

Solicitude no modelo oficial (ANEXO I), xunto ca seguinte documentación:

- Orixinal ou copia compulsada dos seguintes documentos, da persoa solicitante ou representante legal, e dos integrantes da unidade de convivencia:

1. DNI para os/as cidadáns españois.

2. Certificado de inscrición no Rexistro Central de Estranxeiros, dos/das cidadáns da Unión Europea, así como o pasaporte ou tarxeta de identidade do país de procedencia.

3. Tarxeta de residencia para as persoas estranxeiras que non estivesen en ningún dos supostos anteriores.

- Resolución xudicial da incapacitación e nomeamento de representante legal, no seu caso.

- No caso de menores, Libro de Familia.

- Certificado de empadroamento.

- Documento acreditativo do grado de discapacidade ou dependencia, se o mesmo esta emitido por outra Comunidade Autónoma.

- Informe médico do Sistema Nacional de Saúde no que indique a doenza ou diagnostico que motive a necesidade do produto de apoio solicitado así como os seguintes puntos: axuda de terceira persoa, problemas de mobilidade total/parcial. No será necesario cando o solicitante teña recoñecida discapacidade ou dependencia.

- Xustificante de ingresos da unidade familiar: nóminas, xustificantes da pensión, estimación de rendementos, declaración del IRPF, etc. No caso de exención legal de presentar a Declaración da renda, presentarase certificado de estar exento de facela, no que tamén consten os datos sobre os ingresos que posúe e Axencia Tributaria (AEAT) e declaración xurada dos ingresos obtidos pola unidade de convivencia no ano anterior, achegando fotocopia de todos e cada un dos documentos acreditativos correspondentes.

- Declaración responsable asinada.

- Calquera outra documentación requirida polos Servizos Sociais Municipais.

Artigo 11.- Prazo

O prazo de presentación de solicitudes comprenderá dende o día seguinte ó da publicación da aprobación definitiva deste regulamento no BOP.

As solicitudes presentaranse xunto coa documentación correspondente, no Rexistro Xeral do Concello Monfero.

O prazo máximo para ditar e notificar ós interesados a resolución, será de dous meses contados dende o día seguinte á finalización do prazo de presentación de solicitudes.

En caso de non recibir notificación entenderase desestimada a solicitude por silencio administrativo.

As resolucións que se diten ó amparo desta orde porán fin a vía administrativa, podendo interpoñerse recurso ante a Sala do Contencioso - Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da resolución.

Artigo 12.- Metodoloxía a seguir

1. A persoa solicitante presentará unha solicitude no Rexistro Xeral do concello. O/A traballador/a social poderá realizar a solicitude de oficio sempre que a urxencia do caso así o requira.

2. Realizarase un informe social (ANEXO III) sobre se a persoa solicitante reúne os requisitos establecidos neste regulamento así como das súas circunstancias socioeconómicas e familiares.

3. Para a valoración da situación económica teranse en conta tanto os ingresos da persoa solicitante así como de todos os membros da unidade familiar cos que conviva, atendendo ao seguinte criterio de valoración:

- Se os ingresos da unidade familiar son iguais ou inferiores ao 80% do IPREM: 25 puntos.

- Se os ingresos da unidade familiar son iguais ou inferiores ao IPREM: 20 puntos.

- Se os ingresos da unidade familiar son iguais ou inferiores ao 200% do IPREM: 15 puntos.

- Se os ingresos da unidade familiar son iguais ou inferiores ao 300% do IPREM: 10 puntos.

- Se os ingresos da unidade familiar son iguais ou inferiores ao 400% do IPREM: 5 puntos.

Entenderase por unidade familiar a constituída pola persoa beneficiaria, o seu/súa cónxuxe ou parella de feito, fillos e fillas menores de idade ou maiores de idade con discapacidade ou economicamente dependentes, sempre que convivan no mesmo domicilio familiar. No caso de que a persoa solicitante sexa un/unha menor de idade, entenderase por unidade familiar a constituída polo/a beneficiario/a, os seus proxenitores e os seus irmáns menores de idade ou maiores de idade con discapacidade ou economicamente dependentes, sempre que convivan no mesmo domicilio familiar.

A efectos de determinar a capacidade económica da unidade económica de convivencia na que a persoa beneficiaria do servizo se integra, tomarase como referencia a suma dos ingresos netos mensuais totais da unidade de convivencia, referentes ao mes anterior á solicitude, procedentes de rendementos do traballo ou de actividades económicas, como retribucións, rendas, prestacións periódicas, axudas, subsidios, prestacións de pagamento único ou por calquera outro concepto; así mesmo, as cantidades percibidas en concepto de rendementos do capital mobiliario e inmobiliario, alugamentos ou similares, así como rendementos do patrimonio.

Computarase, así mesmo, o patrimonio neto de todas as persoas residentes na unidade de convivencia. Para estes efectos, enténdese por patrimonio neto o conxunto de bens e dereitos de contido económico de que sexan titulares. Igualmente, para o cómputo do patrimonio neto deberán terse en conta as exencións que prevé a Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio, ao respecto da vivenda habitual e doutros bens e dereitos.

A capacidade económica calcularase sumando todas as rendas computables, modificadas á alza pola suma dun 5% do patrimonio neto en cómputo mensual, e dividindo o resultado da dita suma entre o total de persoas que convivan no fogar. Cando se trate de persoas que vivan soas, os ingresos dividiranse por 1,5 en compensación de gastos xerais.

Non serán ingresos computables:

- Os ingresos non regulares de escasa contía que unicamente resulten un complemento de supervivencia e que non procedan de actividades laborais, sempre que a súa contía non supere ao longo do ano o 25% do IPREM anual.

- Axudas en especie dirixidas á adquisición de produtos básicos para o neno ou nena que acaba de nacer.

- Os ingresos de carácter finalista dirixidos a paliar situación derivadas de emerxencia social.

- Os ingresos de carácter finalista dirixidos a formación regrada.

- As prestacións familiares por fillo ou filla menor a cargo xeradas polas persoas integrantes da unidade de convivencia ou as de natureza similar dirixidas a facilitar a protección das persoas menores. Equipáranse a estas prestacións as de acollemento familiar dirixidas a facilitar a protección das persoas menores. Equiparanse a estas prestacións as de acollemento familiar en familia extensa. Tamén se poderán incluír neste punto, por proposta do persoal técnico dos servizos sociais municipais, as prestacións familiares por fillo ou filla a cargo maior de dezaoito anos e cunha discapacidade igual ou superior ao 65%, cando a persoa causante non resida no mesmo domicilio que a persoa solicitante e se acredite a realización de gastos xustificados ocasionados polo aloxamento, alimentación, medicación ou conceptos similares.

4. Valorarase e daráselle prioridade á situación de limitación funcional da persoa dependente segundo o seguinte criterio:

- Se ten declarada unha limitación funcional grave mediante grado de discapacidade igual ou superior ao 50% ou dependencia en grados III e II: 30 puntos.

- Se precisa axuda para todas as actividades básicas da vida diaria e ten problemas de mobilidade total con axuda de terceira persoa: 25 puntos.

- Se precisa axuda para algunhas das actividades básicas da vida diaria e ten mobilidade reducida con axuda de terceira persoa: 15 puntos.

(segundo certificados e outros informes médicos presentados).

5. Unha vez elaborado o informe social coa puntuación obtida e coa valoración da solicitude, o/a Alcalde aprobará ou rexeitará a solicitude. Nos casos de urxente necesidade procederase a inmediata concesión da prestación previa valoración e proposta dos Servizos Sociais.

6. Se a resolución é favorable a demanda será satisfeita dependendo dos recursos dispoñibles nese momento. De non dispoñer de cama e /ou grúa pasará a formar parte dunha lista de agarda por estrita orde de puntuación.

7. A persoa solicitante asinará un compromiso (ANEXO II) de devolver a cama en bo uso cando xa non a necesite e a familia farase cargo do traslado da cama tanto ao solicitala como ao devolvela sempre que sexa posible segundo as indicacións dos Servizos Sociais do Concello.

8. SITUACIÓNS DE URXENCIA SOCIAL: Excepcionalmente, e previo informe dos servizos sociais municipais do Concello de Monfero, poderase outorgar a condición de persoa beneficiaria do servizo de préstamo de produtos de apoio a persoas que por necesidade de urxencia persoal, social, de saúde e/ou familiar, non cumpran algún dos requisitos anteriormente citados.

Para isto, será necesario a emisión dun informe social no que se fundamenten as causas de excepción. Este informe terá carácter vinculante.

Artigo 13.- Financiamento

Tendo en conta que estas axudas técnicas son un apoio básico na atención ás persoas con limitacións funcionais non se cobrará ningunha tarifa económica pola prestación deste servizo.

Artigo 14.- Base xurídica

- Lei Orgánica 1/1981, de 6 de abril, de Estatuto de Autonomía de Galicia.

- Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local establece no artigo 25.2 que o municipio exercerá competencias propias, nos termos da lexislación do Estado e das Comunidades Autónomas, nas seguintes materias:

e) Avaliación e información de situacións de necesidade social e atención inmediata a persoas en situación ou risco de exclusión social

- Lei 13/2008, do 3 de decembro de Servizos Sociais de Galicia. No seu artigo 3 establece que son obxectivos , entre outros, do sistema galego de servizos sociais:

g) garantir a vida independente e autonomía persoal das persoas en situación de dependencia integrando, a estes efectos, o catálogo de prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia.

- Lei 13/2008, do 3 de decembro de Servizos Sociais de Galicia. No seu artigo 3 establece que son funcións dos servizos sociais comunitarios básicos:

1.f) A xestión do servizo de axuda no fogar, así como a participación na xestión das prestacións dirixidas a garantir a autonomía persoal e a atención á dependencia, nos termos establecidos na normativa que resulte de aplicación.

- Decreto 240/1995, do 28 de xullo polo que se regulan os Servizos Sociais de Atención Primaria.

- Lei 39/2006, de 14 de decembro de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás Persoas en Situación de Dependencia.

- Decreto 15/2010, de 4 de febreiro polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e da elaboración do Programa Individual de Atención.

- Orde do 22 de xaneiro de 2009, que regula o Servizo de Axuda no Fogar.

- Ordenanza Municipal do Servizo de Axuda no Fogar do Concello de Monfero, BOP número 216, do 13 de novembro de 2013.

ANEXOS

ANEXO I

SOLICITUDE DO SERVIZO DE PRÉSTAMO DE AXUDAS TÉCNICAS DE APOIO A MOBILIDADE DO CONCELLO DE MONFERO

Datos da persoa solicitante e/ou usuaria

Nome

Apelido 1

Apelido 2

NIF/CIF/NIE/N.º Pasaporte

Data de nacemento

Domicilio: Tipo de vía

Nome da vía

N.º

Piso

Porta

Outros

Código postal

Localidade

Municipio

Teléfono

Fax

Enderezo de correo

Convive con:

Ten recoñecido Grao de Discapacidade:

Non  Si  Porcentaxe:..................... CCAA:................................................................................................

Ten recoñecida situación de Dependencia:

Non  Si  Grao:............. CCAA onde obra o expediente:............................................................................

Datos da persoa representante legal (no caso de menores de idade e persoas incapacitadas xudicialmente) ou gardador/a de feito

NIF/CIF/NIE/N.º

Nome ou razón social

Apelido 1

Apelido 2

Parentesco ou relación coa la persoa solicitante:

Domicilio:

Nome da vía

N.º

Piso

Porta

Outro

Código

Localidade

Municipio

Comunidade

Teléfono

Fax

Enderezo de correo

Galicia

Solicita o servizo de préstamo da/s seguinte/s axudas técnicas de apoio a mobilidade

Documentación adxunta (marque o que proceda)

TIPO DE DOCUMENTO

AUTORIZO A CONSULTA

SE APORTA COA SOLICITUDE

1. DNI do solicitante e representante legal ou gardador de feito.

2. Certificado de Inscrición no rexistro Central de Estranxeiros e pasaporte en vigor, Tarxeta de familiar de cidadán da Unión Europea ou Tarxeta de Residencia en vigor, da persoa solicitante e do seu representante legal.

3. LIBRO DE FAMILIA, en caso de que o solicitante sexa menor.

4. Certificado de empadroamento

5. Documento acreditativo do grado de discapacidade ou dependencia, en caso de ser emitido por outra comunidade autónoma.

6. Informe médico do Sistema Nacional de Saúde no que se indique a doenza ou diagnóstico que motive a necesidade da axuda técnica así como os seguintes puntos: axuda de terceira persoa, problemas de mobilidade total/parcial. (Unicamente quen NON teñan recoñecido un grado igual ou superior ao 50% de discapacidade ou un grado de dependencia II ou III).

7. Resolución xudicial de incapacitación e nomeamento do representante legal.

8. Xustificantes de ingresos da unidade familiar: nóminas, xustificante da pensión, estimación de rendementos, declaración do IRPF, etc.

9. Declaración responsable asinada

Autorizo o Concello de Monfero a recebar os datos relativos os documentos seleccionados, eximíndome da necesidade de aportalos, da cordo co establecido no artigo 6.2.b) da Lei 11/2007, de 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns os servizos públicos.

Naqueles casos nos que xa presentará con anterioridade no Concello de Monfero a documentación solicitada, indique a data e o órgano ou dependencia no que foron presentados, estando exento de presentar dita documentación.

DATA

DOCUMENTACIÓN PRESENTADA

ÓRGANO OU DEPENDENCIA

Declaración responsable

Son certos cantos datos figuran na presente solicitude e, no seu caso, na documentación adxunta e esta última é fiel copia dos orixinais.

Coñezo e acepto que o Concello de Monfero poderá comprobar, en calquera momento, a veracidade de todos os documentos, datos e cumprimento dos requisitos por calquera medio admitido en Dereito.

En Monfero, a ¿¿¿¿¿¿¿ de ¿¿¿¿¿¿..de 20.....

Asdo.:

ANEXO II

DECLARACIÓN RESPONSABLE

D/Dª......................................................................................................................................... con DNI n°.................................................................. recolle a cama articulada ou grúa para o/a usuario/a ...........................................................................................................................

E esta consta de :

CAMA ARTICULADA+ COLCHÓN

GRÚA ELÉCTRICA

O día..................................................

A persoa asinante, declara baixo a súa responsabilidade:

Que cumpre con todos os requisitos do artigo 8 estipulados en esta ordenanza e se fará cargo do mantemento da axuda mentres esta permaneza no seu domicilio, asumindo o custe de calquera deterioro que non sexa propio do seu uso, así como do traslado da cama/grúa tanto na recollida como na devolución segundo as indicacións oportunas do departamento de servizos sociais.

Disporá desta axuda técnica para o seu uso quedando obrigado a comunicar calquera variación da situación actual ao departamento de servizos sociais..

Se compromete a cumprir co obxectivo das mesmas e a empregalas conforme á finalidade para a que foron concedidas así como a seguir coas obrigas estipuladas.

Monfero a ............... de........................... de 20....

ANEXO III

INFORME SOCIAL

ASUNTO: SERVIZO DE PRÉSTAMO DE AXUDAS TÉCNICAS PARA A MOBILIDADE DO CONCELLO DE MONFERO

¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿..¿¿¿¿, Traballador/a Social do Concello de Monfero,

INFORMA:

DATOS PERSONAIS DO BENEFICIARIO/A:

Nome e DNI:

Data de nacemento:

Teléfono:

- DATOS ECONÓMICOS DA UNIDADE FAMILIAR: (segundo o baremo)

Puntuación da situación económica ........................

- DATOS DE SAÚDE: (segundo o baremo)

Puntuación sobre a limitación funcional do usuario do servizo.................

- VALORACIÓN DO RECURSO SOLICITADO E DA NECESIDADE OBSERVADA

Puntuación total:......................

PROPOSTA:

Monfero a............... de........................... de 20....

O/A traballador/a social

Contra o presente acordo, conforme ao artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa, as persoas interesadas poderán interpor un recurso contencioso administrativo, no prazo de dous meses que contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios

O regulamento non dispón a súa entrada en vigor, pero se debe ter en conta que o artigo 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local establece que:

¿¿..Las ordenanzas, incluídos el articulado de las normas de los planes urbanísticos, así como los acuerdos correspondientes a éstos cuya aprobación definitiva sea competencia de los entes locales, se publicarán en el ¿Boletín Oficial" de la provincia y no entrarán en vigor hasta que se haya publicado completamente su texto y haya transcurrido el plazo previsto en el artículo 65.2 salvo los presupuestos y las ordenanzas fiscales que se publican y entran en vigor en los términos establecidos en la Ley 39/1988, de 28 de diciembre, Reguladora de las Haciendas Locales....." (desde el 10 de marzo de 2004 RDL 2/2004, de 5 de marzo).

Artigo 65.2: ¿El requerimiento deberá ser motivado y expresar la normativa que se estime vulnerada. Se formulará en el plazo de quince días hábiles a partir de la recepción de la comunicación del acuerdo."