Miño - ORDENANZA FISCAL NÚM. 25 REGULADORA DA TAXA POLO ESTACIONAMENTO DE VEHICULOS EN ZONA DE APARCAMENTO LIMITADO (ZONA ORA) NO CONCELLO DE MIÑO

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 17/10/2016 BOP Nº: 196
Aplicable dende: 18/10/2016

Artigo 1. Fundamento e natureza

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 141 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladoras das Bases do Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, este Concello establece a ordenanza fiscal reguladora das taxas por estacionamento de vehículos en zona de aparcamento limitado que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal, atendendo as súas normas ao disposto no artigo 57 do citado Real Decreto Lexislativo.

Artigo 2. Feito Impoñible

Constituirá o feito impoñible desta taxa a utilización dos espacios de estacionamento incluídos no ámbito de aplicación da ordenanza do servizo público de ordenación e regulación do aparcamento (ORA).

Artigo 3. Suxeitos Pasivos.

Será suxeito pasivo contribuínte as persoas físicas ou xurídicas, así como as entidades as que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, que utilicen os espacios de aparcamento incluídos no ámbito de aplicación da ORA. En todo caso presumirase que o feito impoñible foi realizado por quen apareza como titular do vehículo nun rexistro de carácter fiscal ou noutros de carácter público.

Artigo 4. Cotas

4.1. Na zona urbana delimitada como ORA na Disposición Adicional 1ª da Ordenanza xeral sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade vial, cobrarase en horario comercial (10.00 h a 14.00 h e de 16.00 h a 20.00 h) unha única tárifa que será a seguinte:

Duración

Tarifa (euros)

De 0 a 90 minutos ou fracción

0,50

4.2. Na zona da praia grande delimitada como ORA na Disposición Adicional 1ª da Ordenanza xeral sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade vial, cobrarase dende o 15 de xuño ata o 15 de setembro en horario de 09.00 h a 21.00 h e de luns a domingo as seguintes tarifas:

Duración

Tarifa (euros)

-Turismos:

 

1 hora

0,70

Máis de 1 hora e ata 2 horas

1,40

Máis de 2 horas e ata 3 horas

2,10

Máis de 3 horas e ata 6 horas

2,80

Máis de 6 horas e ata 12 horas

4,00

-Autobuses:

 

Xornada completa ( de 9.00 h. a 21.00h)

15,00


Artigo 5. Devengo e Pagamento.

As taxas reguladas nesta ordenanza devenganse no intre de efectualo estacionamento na zona de aplicación da ORA. As cotas serán irreducibles polo período de tempo sinalado no artigo anterior.

O pagamento farase mediante a obtención dun ticket nos aparatos expedidores que deberá ser colocado nun lugar visible no interior do parabrisas dianteiro.

Artigo 6. Infraccións e sancións tributarias.

En todo o relativo a cualificación de infraccións tributarias, así como a imposición das sancións correspondentes en cada caso, estarase ao disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.

Artigo 7. Responsables

Serán responsables solidarios da débeda tributaria as persoas ou entidades ás que se refire o artigo 42 da Lei Xeral Tributaria.

Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores das sociedades e entidades en xeral nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da Lei Xeral Tributaria.

Disposición derradeira

A presente ordenanza fiscal foi aprobada polo Concello Pleno en sesión celebrada o día 21 de xuño de 2008.

Foi modificada posteriormente segundo acordo plenario de data 28 de marzo de 2014.

A presente modificación entrará en vigor ao día seguinte da publicación do texto integro da modificación no BOP, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación.