Ordes - ORDENANZA FISCAL Nº 23, REGULADORA DA TAXA POR OUTORGAMENTO DE LICENCIA DE PRIMEIRA OCUPACIÓN DE VIVENDAS.

Publicación provisional: 05/11/2007 BOP Nº: 255
Publicación definitiva: 21/12/2007 BOP Nº: 293
Aplicable dende: 23/06/2023

ARTIGO 1. NATUREZA E FUNDAMENTO.

En uso das facultades concedidas polos Artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo art. 106 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e de conformidade co disposto nos Artigos 15 a 19 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, o Concello de Ordes establece a Taxa por outorgamento de licencia de primeira ocupación de vivendas e locais, a que se refire o Artigo 20.4 h) do propio Real Decreto Lexislativo, cuxas normas atenden ao prevido no art. 57 do citado Real Decreto Lexislativo.

ARTIGO 2. FEITO IMPOÑIBLE E OBRIGA DE CONTRIBUÍR.

1. Está determinado pola actividade municipal desenvolvida para a comprobación dos requisitos para tramitación da comunicación previa de primeira ocupación das edificacións, así como de comprobación de que a obra realizada se axusta ao proxecto que serviu de soporte á licenza de obra de edificación e uso do solo no seu día outorgada e tamén si se cumpriron as condicións lícitas no seu caso establecidas na licenza base da edificación.

2. O carácter obrigatorio desta comunicación previa se deriva do establecido nos arts. 142.3 e 146 da Lei 2/2016, de 10 de febreiro, de solo de Galicia.

3. Se devenga a taxa e nace a obriga de contribuír cando se comunique ao concello primeira ocupación dunha edificación.

ARTIGO 3. OBRIGADO TRIBUTARIO.

1. É obrigado tributario contribuínte a persoa física ou xurídica e as entidades ás que se refire o art. 35.4 da Lei Xeneral Tributaria que comunique a primeira ocupación e os propietarios das edificación que, aínda sen previa comunicación previa, motiven a actuación administrativa que constitúe o feito impoñible.
2. Serán responsables solidarios da débeda tributaria as persoas ou entidades ás que se refire o Artigo 42 da Lei Xeneral Tributaria.
3. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que determina o art. 43 da Lei Xeral Tributaria.

ARTIGO 4. BENEFICIOS FISCAIS.

Non poderán recoñecerse outros beneficios fiscais que os establecidos en normas con rango de lei e os que se deriven da aplicación de tratados internacionais.

ARTIGO 5. BASE DE GRAVAMEN.

Se tomará como base de gravame o valor da construción, que virá dado polo orzamento de execución material da mesma determinada segundo os criterios establecidos na ordenanza fiscal reguladora do Imposto sobre construcións, instalacións e obras..

ARTIGO 6. TIPO DE GRAVAME E COTA TRIBUTARIA

A cota tributaria consistirá na cantidade resultante de aplicar sobre a base liquidable o tipo de gravame do 0,21%.

En todo caso, os dereitos por tramitación da comunicación previa non poderán ser inferiores a 63,04 €.

ARTIGO 7. NORMAS DE GESTIÓN.

1. Os promotores ou propietarios das edificacións, unha vez concluídas as obras deberán presentar a comunicación previa prevista no art. 146 da Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do solo de Galicia. Se non se presentase, o Concello, unha vez que teña coñecemento da terminación e utilización das edificacións, requirirá ao suxeito pasivo para que a presente, sen prexuízo de impoñer as sancións ou de adoptar as medidas de protección da legalidade urbanística que sexan procedentes.

2. Os servizos municipais do Concello comprobarán o cumprimento dos requisitos da comunicación previa, os seus servizos técnicos practicarán os recoñecementos oportunos, comprobando que a obra realizada se axusta ao proxecto que serviu de soporte á licenza de obra de edificación e uso do solo no seu día outorgada e tamén si se cumpriron as condicións lícitas no seu caso establecidas na licenza base da edificación.

3. Esixirase o depósito previo da taxa como requisito indispensable sen o cal non se procederá á tramitación da comunicación previa. Cando así se determine, os suxeitos pasivos realizarán as operacións de autoliquidación da taxa.

4. Simultaneamente coa declaración polo concello de que a comunicación previa constitúe título habilitante para o inicio do acto de uso do solo suxeito á mesma, se aprobará a liquidación practicada, se procede, efectuando as liquidacións complementarias que sexan necesarias ou reintegrando ao suxeito pasivo as cantidades que resulten ao seu favor, seguindo o procedemento establecido para as devolucións de ingresos indebidos.

ARTIGO 8. INFRACCIÓNS E SANCIÓNS TRIBUTARIAS.

En todo o relativo á cualificación das infraccións e a súa sanción, estarase ao disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.
As sancións que procedan por infraccións cometidas por incumprimento do disposto na presente ordenanza serán independentes das que puidesen arbitrarse por infraccións urbanísticas, de acordo co disposto na Lei 9/2002, de 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, ou normativa que a complemente ou substitúa.

DISPOSICIÓN FINAL.

A presente Ordenanza, que consta de oito artigos e unha disposición transitoria, foi aprobada polo Pleno en sesión celebrada o 29 de outubro de 2007, comezará a rexer o día 1 de xaneiro de 2008 e será de aplicación en tanto non se acorde a súa modificación ou derrogación expresa.