Padrón - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA DA REDE DE SUMIDOIROS

Publicación provisional: 23/01/2008 BOP Nº: 19
Publicación definitiva: 23/01/2008 BOP Nº: 19
Aplicable dende: 23/01/2008

ARTIGO 1: FUNDAMENTO E NATUREZA

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85 de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo, este Concello establece a taxa da rede de sumidoiros, que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal, cuxas normas atenden ó disposto nos artigos 20 e 57 do citado Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.

ARTIGO 2: SUXETOS PASIVOS

Quedan suxetos ó pago da taxa da rede de sumidoiros tódolos propietarios ou usufructuarios de fincas urbanas deste termo municipal que directa ou indirectamente utilicen os sumidoiros públicos.

Tamén virán suxetos ó pago da taxa todos aqueles propietarios non comprendidos no parágrafo anterior que teñan sumidoiros que evacúen na rede de sumidoiros públicos, para compensar en parte o gasto de vixilancia e inspección que sobre os mesmos exerce o Concello.

Igualmente comprende a obriga de acometer coa rede de sumidoiros públicos, ós inmobles cuxa distancia sexa inferior a 50 metros do mesmo.

ARTIGO 3: CUOTA TRIBUTARIA

A taxa virá rexida polo tipo de gravame contido nas seguintes TARIFAS:

a) A cota tributaria correspondente á concesión da licencia ou autorización de acometida á rede de sumidoiro esixirase por unha soa vez e consistirá na cantidade fixa de 22,32€.

b) A cota tributaria a esixir pola prestación posterior dos sevizos da rede de sumidoiro determinarase en función da cantidade de auga, medida en metros cúbicos, utilizada no inmoble.

A tal efecto aplicarase o tipo de gravamen do 20% sobre a facturación total da auga, impostos incluídos.

c) En ningún caso poderá tomarse un consumo de auga que sexa inferior ó mínimo facturable polo seu subministro. A cota resultante da consideración deste consumo terá o carácter de mínimo esixible.

 

d) Si existira un inmoble que non estivese de alta no servizo de auga a domicilio e nembargantes utilizara os servizos da rede de sumidoiro, pagará sempre o mínimo esixible segundo o apartado anterior, ó igual que os situados a unha distancia inferior a 50 metros da rede, con obriga de contribuír aínda que non teña realizada a acometida.

ARTIGO 4: REXIME DE INGRESO

As cotas sinaladas na precedente tarifa cobraranse anual ou semestralmente, segundo o seu importe, efecto que formará o oportuno Padrón, que será exposto ó público quince días ós efectos de reclamacións e previo anuncio por edictos no Boletín Oficial da Provincia, e no xeito acostumado nesta localidade.

Os contribuíntes que non satisfagan as súas cotas dentro do período voluntario que se sinale, quedarán suxeitos á vía de contrixemento, con arranxo o Regulamento de Recadación vixente e demais disposicións en vigor.

ARTIGO 5: EXENCIÓNS

Estarán exentos do dereito á taxa os edificios propiedade do Estado, a Provincia e o Municipio, os da Igrexa cando cumpran as condicións esixidas polo réxime especial concordado e demais Entidades que, en virtude de disposición legal, gocen deste beneficio.

 

ARTIGO 6: INFRACCIÓNS E SANCIÓNS

Os actos de defraudación serán sancionados con multa do tanto ó duplo dos dereitos defraudados, sen perxuízo do cobro do importe de ditos dereitos.

As meras infraccións regulamentarias, sancionaranse con multas ata os límites autorizados pola lexislación vixente.

ARTIGO 7:

Responderán da presente taxa e demais establecidas na presente Ordenanza, con preferencia a calquera outro crédito, dacordo coas disposicións vixentes, os edificios e o solar onde están sitos.

 

ARTIGO 8:

Para a declaración de partidas fallidas, cando proceda, estarase ás normas xerais.

DISPOSICIÓN FINAL:

A modificación da presente Ordenanza Fiscal, que foi aprobada polo Pleno deste Concello en sesión celebrada o día 12 de Novembro de 2007, entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, e será de aplicación ata que se acorde a súa modificación ou derogación expresa.