Padrón - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA DA REDE DE SUMIDOIROS
ARTIGO 1: FUNDAMENTO E NATUREZA
No uso das facultades concedidas polos
artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85 de 2 de
abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e de conformidade co disposto nos
artigos 15 a 19 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais,
aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo, este Concello
establece a taxa da rede de sumidoiros, que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal,
cuxas normas atenden ó disposto nos artigos 20 e 57 do citado Texto Refundido
da Lei Reguladora das Facendas Locais.
ARTIGO 2: SUXETOS PASIVOS
Quedan suxetos ó pago da taxa da rede de sumidoiros
tódolos propietarios ou usufructuarios de fincas urbanas deste termo municipal
que directa ou indirectamente utilicen os sumidoiros públicos.
Tamén virán suxetos ó pago da taxa todos aqueles
propietarios non comprendidos no parágrafo anterior que teñan sumidoiros que
evacúen na rede de sumidoiros públicos, para compensar en parte o gasto de
vixilancia e inspección que sobre os mesmos exerce o Concello.
Igualmente comprende a obriga de acometer coa rede de
sumidoiros públicos, ós inmobles cuxa distancia sexa inferior a 50 metros do
mesmo.
ARTIGO 3: CUOTA TRIBUTARIA
A taxa virá rexida polo tipo de gravame contido nas seguintes TARIFAS:
a) A cota tributaria correspondente á concesión da licencia ou autorización de acometida á rede de sumidoiro esixirase por unha soa vez e consistirá na cantidade fixa de 31,42 €.
b) A cota tributaria a esixir pola prestación posterior dos sevizos da rede de sumidoiro determinarase en función da cantidade de auga, medida en metros cúbicos, utilizada no inmoble.
A tal efecto aplicarase o tipo de gravame do 20% sobre a facturación total da auga, impostos incluídos.
c) En ningún caso poderá tomarse un consumo de auga que sexa inferior ó mínimo facturable polo seu subministro. A cota resultante da consideración deste consumo terá o carácter de mínimo esixible.
d) Si existira un inmoble que non estivese de alta no servizo de auga a domicilio e nembargantes utilizara os servizos da rede de sumidoiro, pagará sempre o mínimo esixible segundo o apartado anterior, ó igual que os situados a unha distancia inferior a 50 metros da rede, con obriga de contribuír aínda que non teña realizada a acometida.
A cota tributaria deberá aplicárselle os coeficientes anuais de actualización, mantendo con elo o principio de equivalencia.
ARTIGO 4: REXIME DE INGRESO
As cotas sinaladas na precedente tarifa cobraranse
anual ou semestralmente, segundo o seu importe, efecto que formará o oportuno
Padrón, que será exposto ó público quince días ós efectos de reclamacións e
previo anuncio por edictos no Boletín Oficial da Provincia, e no xeito
acostumado nesta localidade.
Os contribuíntes que non satisfagan as súas cotas
dentro do período voluntario que se sinale, quedarán suxeitos á vía de
contrixemento, con arranxo o Regulamento de Recadación vixente e demais
disposicións en vigor.
ARTIGO 5: EXENCIÓNS
Estarán exentos do dereito á taxa os edificios
propiedade do Estado, a Provincia e o Municipio, os da Igrexa cando cumpran as
condicións esixidas polo réxime especial concordado e demais Entidades que, en
virtude de disposición legal, gocen deste beneficio.
ARTIGO 6: INFRACCIÓNS E SANCIÓNS
Os actos de defraudación serán sancionados con multa
do tanto ó duplo dos dereitos defraudados, sen perxuízo do cobro do importe de
ditos dereitos.
As meras infraccións regulamentarias, sancionaranse
con multas ata os límites autorizados pola lexislación vixente.
ARTIGO 7:
Responderán da presente taxa e demais
establecidas na presente Ordenanza, con preferencia a calquera outro crédito,
dacordo coas disposicións vixentes, os edificios e o solar onde están sitos.
ARTIGO 8:
Para a declaración de partidas fallidas,
cando proceda, estarase ás normas xerais.
DISPOSICIÓN FINAL:
A modificación da presente Ordenanza Fiscal,
que foi aprobada polo Pleno deste Concello en sesión celebrada o día 12 de
Novembro de 2007, entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín
Oficial da Provincia, e será de aplicación ata que se acorde a súa modificación
ou derogación expresa.