Arteixo - ORDENANZA Nº 37, PREZO PÚBLICO POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO NAS INSTALACIÓNS ACUÁTICAS MUNICIPAIS
ARTIGO 1.-Concepto
De conformidade co previsto nos artigos 41 e 127 do R.D. lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e en exercicio da potestade regulamentaria recoñecida ao Concello de Arteixo, na súa calidade de Administración Pública Territorial, polos artigos 4, 49, 70.2 e concordantes da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, establécese o prezo público pola prestación do servizo nas instalacións acuáticas municipais.
ARTIGO 2.-Obrigados ao pagamento
Están obrigados ao pagamento do prezo público regulado nesta ordenanza, as persoas físicas ou xurídicas que soliciten a prestación dos servizos ou actividades descritos na presente ordenanza ou que procedan á utilización das instalacións ou bens reflectidos no artigo seguinte.
ARTIGO 3. Contía
1. A contía do prezo público regulado nesta ordenanza será fixada nas tarifas contidas no apartado seguinte, para cada un dos distintos servizos ou actividades.
2. As tarifas deste prezo público serán as que figuran nos seguintes epígrafes:
COMPLEXO DEPORTIVO MUNICIPAL DE ARTEIXO E COMPLEXO DEPORTIVO MUNICIPAL DE PASTORIZA-MEICENDE * Os importes dos prezos públicos verán incrementada a base impoñible no IVE vixente en cada momento. |
1. ABONADOS | BASE IMPOÑIBLE |
1.1. Matrícula | 31,13 € |
1.2. Abonado Individual | 31,13 € |
1.3. Abonado familiar 2 membros | 31,13 € |
1.4. Abonado familiar 3 membros | 36,31 € |
1.5. Abonado familiar 4 membros ou máis | 41,48 € |
1.6. Abonado 3ª idade | 20,77 € |
1.7. Abonado xoven | 24,52 € |
1.8. Abonado social | 14,37 € |
1.9. Abonado matinal | 20,77 € |
2. ENTRADAS PUNTUAIS NON ABONADOS | BASE IMPOÑIBLE |
2.1. Entrada adulto/a | 5,01 € |
2.2. Entrada neno/a | 2,00 € |
3. ACTIVIDADES ACUÁTICAS (€/MES POR UNHA SESIÓN SEMANAL) | BASE IMPOÑIBLE | |
ABONADOS | NON ABONADOS | |
3.1. Nenos/as | 6,02 € | 12,03 € |
3.2. Persoas adultas | 7,03 € | 14,03 € |
3.3. Bebés | 12,03 € | 24,05 € |
3.4. Terapéutica e 3ª idade | 4,02 € | 8,02 € |
3.5. Grupos | 3,01 € | 6,02 € |
As cuotas indicadas son mensuais e corresponden a unha frecuencia dunha sesión semanal. As actividades de frecuencia superior terán o custe proporcional ao número de sesións semanais de impartición da actividade.
4. ALUGUER PISTAS EXTERIORES (1 HORA) | BASE IMPOÑIBLE | |
SOCIOS OU ABONADOS | NON ABONADOS | |
4.1. Con luz | 11,02 € | * |
4.2. Sen luz | 8,02 € | * |
5. CURSOS DE PÁDEL (€/MES) | BASE IMPOÑIBLE | |
SOCIOS OU ABONADOS | NON ABONADOS | |
5.1. Grupos de 1 neno/a | 40,09 € | * |
5.2. Grupos de 2 nenos/as | 30,06 € | * |
5.3. Grupos de 3 nenos/as | 25,05 € | * |
5.4. Grupos de 4 ou máis nenos/as | 15,04 € | * |
5.5. Grupos de 1 persoa adulta | 60,14 € | * |
5.6. Grupos de 2 persoas adultas | 45,11 € | * |
5.7. Grupos de 3 persoas adultas | 37,59 € | * |
5.8. Grupos de 4 ou máis persoas adultas | 22,56 € | * |
*As tarifas propostas corresponden a usuarios abonados. Aquelas persoas que non ostenten a condición de abonados e queiran alugar ou participar en cursos de pádel, deben efectuar previamente o pago da entrada ás instalacións cada vez que se acceda para recibir a clase.
6. OUTRAS ACTIVIDADES | BASE IMPOÑIBLE | |
ABONADOS | NON ABONADOS | |
6.1. Adestramentos individualizados (prezo monitor / hora) | 22,05 € | 27,07 € |
6.2. Aqueróbic e outras actividades de fitness de grupos reducidos e/ou personalizados (prezo / mes) | 12,03 € | 24,05 € |
6.3. Campamentos (prezo/día de actividade) | 4,02 € | 6,01 € |
6.4. Aluguer de rúas (prezo/45 minutos) | 14,03 € | 14,03 € |
7. SOCIOS | BASE IMPOÑIBLE |
7.1. Matrícula | 25,05 € |
7.2. Socio individual | 32,07 € |
7.3. Socio familiar (todos os fillos ata 17 anos incluídos) | 40,09 € |
7.4. Suplemento socio familiar por fillo entre 18 e 24 anos incluídos | 8,02 € |
7.5. Suplemento socio familiar por avó / avoa | 10,02 € |
8. OUTRAS TARIFAS | BASE IMPOÑIBLE |
8.1. Excedencia matrícula para socios | 15,04 € |
8.2. Devolución de recibo bancario | 2,00 € |
8.3. Reposición de carnet de acceso | 3,01 € |
8.4. Sesión de fisioterapia 50 minutos | 28,07 € |
8.5. Sesión de fisioterapia 25 minutos | 15,04 € |
8.6. Adestramento de triatlón por sesión á semana para socios (pago mensual) | 10,02 € |
8.7. Adestramento de triatlón por sesión á semana para non socios (pago mensual) | 15,04 € |
ARTIGO 4. Período impositivo e devengo.
O período impositivo coincidirá, nos abonados ás instalacións acuáticas municipais, co mes natural, devengándose o primeiro día do período impositivo, sendo as cotas irreducibles por dito período.
As tarifas que deban satisfacer os non abonados ás instalacións acuáticas municipais devengaránse instantaneamente no momento de acceder ás instalacións ou de formular a solicitude, se de actividades se tratara.
O período impositivo, nos cursos impartidos nas instalacións acuáticas municipais, e naqueloutros impartidos pola entidade xestora das instalacións acuáticas municipais, coincidirá co período de desenvolvemento do curso, devengándose o primeiro día do período impositivo, sendo as cotas irreducibles por dito período.
ARTIGO 5. Normas de xestión
1. Mensualmente, polos servizos encargados da xestión das instalacións acuáticas municipais, elaborarase un padrón municipal de abonados para o cobro mensual das correspondentes cotas tributarias. O impago das mesmas ocasionará a imposibilidade de acceso as instalacións acuáticas. Acumulados tres recibos pendentes de cobro, o abonado causará baixa no Padrón, debendo, no caso de nova solicitude de aboado ás instalacións acuáticas, aboar a cota de entrada correspondente e a débeda que tivera pendente.
2. O resto de servizos, pola súa propia natureza, poderanse xestionar polo sistema de tique ou entradas previas que se soliciten na taquilla correspondente.
3. A non asistencia ás actividades contempladas nesta ordenanza non xerará, á persoa obrigada ao pagamento, dereito de devolución dos prezos abonados, agás que se produza algunha das seguintes situacións:
a) Que a actividade, obradoiro, curso ou campamento, tivera alteracións na súa organización, por causas imputábeis á Administración.
b) Que a actividade, obradoiro, curso ou campamento non chegara a desenvolverse por causas imputables a esta Administración.
ARTIGO 6. Infraccións e sancións.
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan, estarase ao disposto nos artigos 183 e seguintes da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.
DISPOSICIÓN FINAL
A presente Ordenanza consta de seis artigos e unha disposición final.
A presente ordenanza foi aprobada polo Concello Pleno en sesión celebrada o dia 30 de novembro de 2023. Entrará en vigor unha vez que se publique o seu texto íntegro no Boletín Oficial da Provincia e transcurra o plazo disposto no artigo 65.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa.