Arteixo - ORDENANZA Nº 37, PREZO PÚBLICO POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO NAS INSTALACIÓNS ACUÁTICAS MUNICIPAIS

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 21/06/2024 BOP Nº: 120
Aplicable dende: 21/06/2024

ARTIGO 1.-Concepto

De conformidade co previsto nos artigos 41 e 127 do R.D. lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e en exercicio da potestade regulamentaria recoñecida ao Concello de Arteixo, na súa calidade de Administración Pública Territorial, polos artigos 4, 49, 70.2 e concordantes da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, establécese o prezo público pola prestación do servizo nas instalacións acuáticas municipais.

ARTIGO 2.- Obrigados ao pagamento

Están obrigados ao pagamento do prezo público regulado nesta ordenanza, as persoas físicas ou xurídicas que soliciten a prestación dos servizos ou actividades descritos na presente ordenanza ou que procedan á utilización das instalacións ou bens reflectidos no artigo seguinte.

ARTIGO 3. Contía

1. A contía do prezo público regulado nesta ordenanza será fixada nas tarifas contidas no apartado seguinte, para cada un dos distintos servizos ou actividades.

2. As tarifas deste prezo público serán as que figuran nos seguintes epígrafes:

COMPLEXO DEPORTIVO MUNICPAL DE ARTEIXO E COMPLEXO DEPORTIVO MUNICIPAL DE PASTORIZA-MEICENDE

Os importes dos prezos públicos verán incrementada a base impoñible no IVE vixente en cada momento.

1. ABONADOS

BASE IMPOÑIBLE

1.1. Matrícula

26,08 €

1.2. Abonado Individual

26,08 €

1.3. Abonado familiar 2 membros

26,08 €

1.4. Abonado familiar 3 membros

30,42 €

1.5. Abonado familiar 4 membros ou máis

34,75 €

1.6. Abonado 3ª idade

17,40 €

1.7. Abonado xoven

20,53 €

1.8. Abonado social

12,03 €

1.9. Abonado matinal

17,40 €

2. ENTRADAS PUNTUAIS NON ABONADOS

BASE IMPOÑIBLE

2.1. Entrada adulto/a

5,01 €

2.2. Entrada neno/a

2,00 €

3. ACTIVIDADES ACUÁTICAS (€/MES POR UNHA SESIÓN SEMANAL)

BASE IMPOÑIBLE

ABONADOS

NON ABONADOS

3.1. Nenos/as

6,02 €

12,03 €

3.2. Persoas adultas

7,03 €

14,03 €

3.3. Bebés

12,03 €

24,05 €

3.4. Terapéutica e 3ª idade

4,02 €

8,02 €

3.5. Grupos

3,01 €

6,02 €

As cuotas indicadas son mensuais e corresponden a unha frecuencia dunha sesión semanal. As actividades de frecuencia superior terán o custe proporcional ao número de sesións semanais de impartición da actividade.

4. ALUGUER PISTAS EXTERIORES (1 HORA)

BASE IMPOÑIBLE

SOCIOS OU ABONADOS

NON ABONADOS

4.1. Con luz

11,02 €

*

4.2. Sen luz

8,02 €

*

5. CURSOS DE PÁDEL (€/MES)

BASE IMPOÑIBLE

SOCIOS OU ABONADOS

NON ABONADOS

5.1. Grupos de 1 neno/a

40,09 €

*

5.2. Grupos de 2 nenos/as

30,06 €

*

5.3. Grupos de 3 nenos/as

25,05 €

*

5.4. Grupos de 4 ou máis nenos/as

15,04 €

*

5.5. Grupos de 1 persoa adulta

60,14 €

*

5.6. Grupos de 2 persoas adultas

45,11 €

*

5.7. Grupos de 3 persoas adultas

37,59 €

*

5.8. Grupos de 4 ou máis persoas adultas

22,56 €

*

*As tarifas propostas corresponden a usuarios abonados. Aquelas persoas que non ostenten a condición de abonados e queiran alugar ou participar en cursos de pádel, deben efectuar previamente o pago da entrada ás instalacións cada vez que se acceda para recibir a clase.

6. OUTRAS ACTIVIDADES

BASE IMPOÑIBLE

ABONADOS

NON ABONADOS

6.1. Adestramentos individualizados (prezo monitor / hora)

22,05 €

27,07 €

6.2. Aqueróbic e outras actividades de fitness de grupos reducidos e/ou personalizados (prezo / mes)

12,03 €

24,05 €

6.3. Campamentos (prezo/día de actividade)

4,02 €

6,01 €

6.4. Aluguer de rúas (prezo/45 minutos)

14,03 €

14,03 €

7. SOCIOS

BASE IMPOÑIBLE

7.1. Matrícula

25,05 €

7.2. Socio individual

32,07 €

7.3. Socio familiar (todos os fillos ata 17 anos incluídos)

40,09 €

7.4. Suplemento socio familiar por fillo entre 18 e 24 anos incluídos

8,02 €

7.5. Suplemento socio familiar por avó / avoa

10,02 €

8. OUTRAS TARIFAS

BASE IMPOÑIBLE

8.1. Excedencia matrícula para socios

15,04 €

8.2. Devolución de recibo bancario

2,00 €

8.3. Reposición de carnet de acceso

3,01 €

8.4. Sesión de fisioterapia 50 minutos

28,07 €

8.5. Sesión de fisioterapia 25 minutos

15,04 €

8.6. Adestramento de triatlón por sesión á semana para socios (pago mensual)

10,02 €

8.7. Adestramento de triatlón por sesión á semana para non socios (pago mensual)

15,04 €

ARTIGO 4. Período impositivo e devengo.

O período impositivo coincidirá, nos abonados ás instalacións acuáticas municipais, co mes natural, devengándose o primeiro día do período impositivo, sendo as cotas irreducibles por dito período.

As tarifas que deban satisfacer os non abonados ás instalacións acuáticas municipais devengaranse instantaneamente no momento de acceder ás instalacións ou de formular a solicitude, se de actividades se tratara.

O período impositivo, nos cursos impartidos nas instalacións acuáticas municipais, e naqueloutros impartidos pola entidade xestora das instalacións acuáticas municipais, coincidirá co período de desenvolvemento do curso, devengándose o primeiro día do período impositivo, sendo as cotas irreducibles por dito período.

ARTIGO 5. Normas de xestión

1. Mensualmente, polos servizos encargados da xestión das instalacións acuáticas municipais, elaborarase un padrón municipal de abonados para o cobro mensual das correspondentes cotas tributarias. O impago das mesmas ocasionará a imposibilidade de acceso as instalacións acuáticas. Acumulados tres recibos pendentes de cobro, o abonado causará baixa no Padrón, debendo, no caso de nova solicitude de aboado ás instalacións acuáticas, aboar a cota de entrada correspondente e a débeda que tivera pendente.

2. O resto de servizos, pola súa propia natureza, poderanse xestionar polo sistema de tique ou entradas previas que se soliciten na taquilla correspondente.

3. A non asistencia ás actividades contempladas nesta ordenanza non xerará, á persoa obrigada ao pagamento, dereito de devolución dos prezos abonados, agás que se produza algunha das seguintes situacións:

a) Que a actividade, obradoiro, curso ou campamento, tivera alteracións na súa organización, por causas imputábeis á Administración.

b) Que a actividade, obradoiro, curso ou campamento non chegara a desenvolverse por causas imputables a esta Administración.

ARTIGO 6. Infraccións e sancións.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan, estarase ao disposto nos artigos 183 e seguintes da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.

DISPOSICIÓN FINAL

A presente Ordenanza consta de seis artigos e unha disposición final.

A presente ordenanza foi aprobada polo Concello Pleno en sesión celebrada o dia 29 de febreiro de 2024. Entrará en vigor unha vez que se publique o seu texto íntegro no Boletín Oficial da Provincia e transcurra o plazo disposto no artigo 65.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa.