Arteixo - ORDENANZA NON FISCAL Nº 6, REGULADORA DA PRESTACIÓN PATRIMONIAL DE CARÁCTER PÚBLICO NON TRIBUTARIO POLO SERVIZO DE SUBMINISTRACIÓN DE AUGA

Publicación provisional: 09/11/2023 BOP Nº: 214
Publicación definitiva: 14/02/2024 BOP Nº: 32
Aplicable dende: 01/04/2024

Artigo 1. Fundamento e natureza

No uso das potestades conferidas polos artigos 31.3 e 142 da Constitución e polo artigo 105.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto nos artigo 20.6 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado por Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, este Concello establece a prestación patrimonial de carácter publico non tributario polo servizo de subministración de auga , que se rexerá pola presente ordenanza.

Artigo 2. Obxecto do servizo

Constitúe o obxecto desta prestación patrimonial de carácter público non tributaria:

a) a distribución e subministración de auga potable para consumos domésticos e non domésticos;

b) a subministración de auga non potable para usos industriais;

c) a venda de auga en alta;

d) os dereitos de contratación, enganche e conexión, e dispoñibilidade do servizo; cambios de titularidade e reenganches por precinto de contador;

e) as obras de instalación de acometidas e calquera outras accesorias ao servizo;

f) e o mantemento e reposición de contadores

Os devanditos servizos públicos serán prestados pola entidade subministradora, Servizos Urbanos Municipais de Arteixo, S.A. (SUMARTE), sociedade mercantil de capital público integramente subscrito polo Concello de Arteixo.

Artigo 3. Obrigados ao pago

Son suxeitos obrigados ao pago desta prestación, as persoas físicas ou xurídicas así como as persoas sen personalidade xurídica tales como comunidades de bens ou herdanzas xacentes que sexan titulares do contrato de subministración.

Artigo 4. Tarifas.

As prestacións a aboar determinaranse conforme ás seguintes tarifas, que se incrementarán, no seu caso, co IVE vixente en cada momento:

1. Tramitación administrativa

a) Primeira contratación do servizo de augas 45,3111 €

b) Cambio de titularidade 9,0623 €

c) Reenganche por precinto do contador 45,3111 €

2. Abastecemento de auga

2.1. Consumos domésticos

a) Cota trimestral de dispoñibilidade do servizo 11,3926 €

b) Cota trimestral de mantemento e reposición de contadores 1,4241 €

c) Consumo menor ou igual a 25 m3 0,1576 €/m3

d) Consumos superiores a 25 m3 ata 45 m3 0,5248 €/m3

e) Consumos superiores a 45 m3 ata 90 m3 0,9258 €/m3

f) Consumos superiores a 90 m3 1,2816 €/m3

2.2. Consumos non domésticos

a) Cota trimestral de dispoñibilidade do servizo 13,3992 €

b) Cota trimestral de mantemento e reposición de contadores 2,9778 €

c) Consumo menor ou igual a 25 m3 0,8917 €/m3

d) Consumos superiores a 25 m3 ata 45 m3 0,8917 €/m3

e) Consumos superiores a 45 m3 ata 90 m3 0,9678 €/m3

f) Consumos superiores a 90 m3 ata 600 m3 0,9678 €/m3

g) Consumos superiores a 600 m3 0,8186 €/m3

Para os supostos nos que o volume total de auga consumida durante o trimestre sexa menor ou igual a 25 m3, seranlles de aplicación as tarifas previstas para os consumos domésticos, a excepción da cota trimestral de mantemento e reposición de contadores, que será a establecida na alínea 2.2.b) do presente precepto.

2.3. Venda de auga en alta

a) Cota trimestral de dispoñibilidade do servizo 13,3992 €

b) Cota trimestral de mantemento e reposición de contadores 2,9778 €

c) Consumos 0,6701 €/m3

2.4. Subministración de auga non potable para usos industriais:

Por cada metro cúbico de auga subministrada, medidos por contador ou estimados na forma disposta no Regulamento do Servizo 0,3393 €.

Fíxase o mínimo de percepción en 30,54 € ao trimestre, con dereito a recibir 90 m3 de auga en igual período.

2.5. Usos municipais:

a) Cota trimestral de dispoñibilidade do servizo 13,3992 €

b) Cota trimestral de mantemento e reposición de contadores 2,9778 €

c) Consumos en oficinas e centros oficiais: aplicarase a tarifa correspondente á táboa de non domésticos segundo o consumo.

d) Consumos para outros usos tales como regos e xardíns, baldeo de rúas e instalacións deportivas 0,8186 €/m3

 2.6 Tarifas reducidas:

2.6.1 Beneficiarios da renda de inclusión social (RISGA):

Ás persoas obrigadas ao pagamento que teñan recoñecidas pola Xunta de Galicia o dereito ao cobramento da renda de inclusión social (RISGA), consonte á Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia, aplicarase una tarifa reducida de 0,00€.

A aplicación desta tarifa realizarase trimestralmente á vista das resolucións administrativas ditadas pola Consellería da Xunta de Galicia competente na materia que, ou ben sexan achegadas polos interesados, ou ben sexan notificadas directamente por parte da Administración Autonómica.

2.6.2 Renda per cápita inferior ao IPREM:

Para os consumos iguais ou inferiores a 25 m3, cuxos usuarios teñan unha renda per cápita inferior ao IPREM (Indicador público de renda de efectos múltiples, aprobada polo Real decreto lei 3/2004, do 25 de xuño), aplicarase unha tarifa reducida, equivalente ao 50% da prevista no epígrafe 2.1 para consumos domésticos.

2.6.3 Familias numerosas:

As persoas obrigadas ao pagamento que teñan recoñecida polo organismo autonómico competente, a dedución na cota íntegra do canon do auga ao abeiro do disposto no artigo 24.2 do Decreto 36/2012, do 31 de maio, polo que se aproba o Regulamento do canon da auga e do coeficiente de verteduras a sistemas públicos de depuración de augas residuais, por pertencer a unha unidade familiar que teña a condición de familia numerosa, terán dereito a unha tarifa reducida equivalente ao 50% da prevista no epígrafe 2.1 para consumos domésticos.

A aplicación desta redución realizarase á vista das comunicacións realizadas pola entidade ¿Augas de Galicia", relativas ao concepto referido no parágrafo anterior.

2.6.4 Incompatibilidade das tarifas reducidas:

As tarifas reducidas descritas a que se refiren os apartados 2.6.2 e 2.6.3 non resultarán compatibles entre si, polo que unicamente se poderá aplicar unha delas as facturacións correspondentes ás persoas obrigadas ao pagamento que reúnan os requisitos esixidos en ámbolos dous casos.

3. Acometida á rede xeral de abastecemento de auga.

Para a elaboración do presuposto das acometidas ás redes de abastecemento, tense en conta os seguintes criterios:

a) Que, con carácter xeral, as medicións se efectúen desde o eixe da vía pola que transcorra o servizo ao que se vai a conectar, hasta o límite da finca a que vai destinado o servizo.

b) Que, no caso das acometidas para fincas que se encontran situadas no solo urbano ou de núcleo rural, do vixente planeamento municipal, onde a rede viaria conte coa debida sinalización de aliñacións e rasantes, as medicións levaranse a cabo do seguinte xeito:

- Cando o inmoble se encontre dentro da aliñación, dende a rede ata dita aliñación.

- Cando o inmoble se encontre fóra de aliñación, dende a rede ata o límite da finca.

3.1. Importes a aboar por obras de acometida a rede de abastecemento de auga:

3.1.1 Conexións abastecemento

Conexión á rede de abastecemento existente da acometida, totalmente instalada e probada, incluíndo tapa de rexistro, escavación e recheo, sen incluír a levantamento e reposición da pavimentación.

Rede de distribución

Ramal conexión

Importe

63

32

278.82 €

63

40

317,70 €

63

50

375,26 €

75

32

285,84 €

75

40

325.29 €

75

50

382.00 €

75

63

495.74 €

90

32

292.61 €

90

40

331,90 €

90

50

388,77 €

90

63

499,77 €

90

75

675,47 €

110

32

299,02 €

110

40

339,25 €

110

50

395,50 €

110

63

506,32 €

110

75

682,04 €

110

90

958,13 €

125

32

326,92 €

125

40

382,83 €

125

50

437.66 €

125

63

549,67 €

125

75

725,37 €

125

90

1001,46 €

140

32

354,44 €

140

40

391,17 €

140

50

446,00 €

140

63

555,15 €

140

75

730,85 €

140

90

1006,95 €

160

32

366,12 €

160

40

402,86 €

160

50

457,69 €

160

63

566,83 €

160

75

742,53 €

160

90

1018,62 €

200

32

397,92 €

200

40

437,44 €

200

50

494,95 €

200

63

607,72 €

200

75

607,72 €

200

90

1079,03 €

3.1.2 Tubo abastecemento:

Ml de subministración e colocación de tubo de polietileno, totalmente instalado e probado incluso escavación e recheo, sen incluír levantamento e reposición da pavimentación.

Rede de distribución

Importe

32

16,77 €

40

18,54 €

50

18,54 €

63

25,77 €

75

30,94 €

90

38,46 €

3.1.3 Escavacións e recheos

a) M3 de escavación en gabia con medios mecánicos, en terreo de tránsito, incluso esteamento e esgotamento, recheo da gabia con terras compactadas ó 95% do Próctor Normal, prodedentes da escavación ou de empréstitos en ambos casos con áridos seleccionados (20-30mm) sobre a clave de tubo e o resto exenta de pedras maiores de 8 cm., por tongadas de 15 cm. de grosor medidos sobre perfil, unha vez instalada a canalización e transporte de productos sobrantes o vertedoiro 30.29 €

b) M3 de escavación en gabia con medios mecánicos en roca, incluso esteamento e esgotamento, recheo da gabia con terras compactadas ó 95% do Próctor Normal, prodedentes da escavación ou de empréstitos en ambos casos con áridos seleccionados (20-30mm) sobre a clave de tubo e o resto exenta de pedras maiores de 8 cm., por tongadas de 15 cm. de grosor medidos sobre perfil, unha vez instalada a canalización e transporte de productos sobrantes o vertedoiro 73.79 €

3.1.4 Levantamento e reposición de pavimentacións

a) M2 de levantamento e reposición de macadam con dous regos asfálticos de 7 Kg. de ligante ECR-2 con 0,300 m3 de áridos, completamente rematada 33.77 €

b) M2 de levantamento e reposición de pavimentación, composto de capa de aglomerado asfáltico en quente tipo D-12 con capa de oito (8) cm. de grosor, estendida e compactada, incluso rego de adherencia e varrido de calzada, asentado sobre base de formigón Fck de 150 kp/cm2. de resistencia característica de vinte (20) cm. de grosor, completamente rematado 69.78 €

c) M2 De levantamento e reposición de pavimentación, composto de capa de aglomerado asfáltico en quente tipo D-12 con capa de oito (8) cm. de grosor, estendida e compactada, incluso rego de adherencia e varrido de calzada, asentado sobre base de formigón Fck de 150 kp/cm2. de resistencia característica de trinta (30) cm. de grosor, completamente rematado 80.88 €M2

d) De levantamento e reposición de pavimentación de formigón de 150 Kp/cm2. de resistencia característica de 20 cm. De grosor, completamente rematado 43.29 €

e) M2 De levantamento e reposición de baldosa de terrazo en cores, na beirarrúa, asentada sobre base de formigón de fck 150 Kp/cm2. de resistencia característica de 10 cm. De grosor, completamente rematado 56.69 €

f) M2 De levantamento e reposición de baldosas de cemento, modelo oficial, asentada sobre base de formigón de fck 150 Kp/cm2. de resistencia característica de 10 cm. De grosor, completamente rematado. 46.50 €

g) M2 De levantamento e reposición de taco de pedra de gran sobre area aproveitando o taco, levantado e repoñendo o necesario, completamente rematado 25.41 €

h) M2 De levantamento e reposición de taco de pedra de gran sobre base de formigón de fck 150 Kp/cm2. de resistencia característica de 20 cm. de grosor aproveitando o taco, levantado e repoñendo o necesario, completamente rematado 69.42 €

i) M2 De levantamento e reposición de baldosa de perpiaño asentada sobre base de formigón de fck 150 Kp/cm2. de resistencia característica y 20 cm. de grosor, completamente rematado 155.63 €

j) M2 De levantamento e reposición de chapacuña con dous regos asfálticos de 7 kg. de ligante ECR-2, con 0,300 m3. de áridos, completamente rematado 23.45 €

 3.1.5 Rexistros

a) Unidade de pozo de rexistro de 1,50 x 1,50 ata 2,50 m. de profundidade, formado por soleira de formigón en masa de 125 Kg/cm2. de resistencia característica, de 20 cm. de grosor, paramentos de formigón en masa de 150 kg/cm2. de resistencia característica, tapa e arillo de fundición dúctil reforzado, non ventisada da calzada, escavación, recheo e transporte de terras sobrantes ó vertedoiro, construído segundo NTE/IFA, medida a unidade rematada, con calzos de formigón nas pezas correspondentes a dito rexistro 770.51 €

b) Unidade de pozo de rexistro de 1,50 x 2,00 ata 2,50 m. de profundidade, formado por soleira de formigón en masa de 125 Kg/cm2. de resistencia característica, de 20 cm. de grosor, paramentos de formigón en masa de 150 kg/cm2. de resistencia característica, tapa e arillo de fundición dúctil reforzado, non ventisada da calzada, escavación, recheo e transporte de terras sobrantes ó vertedoiro, construído segundo NTE/IFA, medida a unidade rematada, con calzos de formigón nas pezas correspondentes a dito rexistro 865.70 €

c) Unidade de pozo de rexistro, sen areeiro, de 1,00 m. de diámetro ata 2,00m de profundidade, formado por soleira de formigón en masa de 200 Kg/cm2. de resistencia característica, de 20 cm. de grosor, arillos de formigón, tapa e cerca de fundición dúctil de calzada, incluso escavación, recheo e transporte de terras sobrantes ó vertedoiro, construído segundo NTE/ISA-14, NTE/ISS-55, medida a unidade rematada 619.21 €

d) Unidade de arqueta 50x50 realizada con módulo de formigón, tapa e cerco de fundición, totalmente rematada

157.17 €

3.1.6 Traballos especiais

a) Unidade de colocación de contador de ata 40mm de diámetro, sen incluír o aparello, en reposición de subministración interrompido por fraude 74.83 €

b) Unidade de colocación de contador de ata 40mm de diámetro, sen incluír o aparello, en reposición de subministración interrompido por falta de pago 40.00 €

c) Unidade de colocación e/ou precintado de contador de ata 40mm de diámetro, sen incluír o aparello, en altas de subministración 26.00 €

d) Unidade de colocación e/ou precintado de contador maior de 40mm de diámetro, sen incluír o aparello, en altas de subministración 40.00 €

f) Unidade de reposición de conexión de abastecemento anulada por detección de fraude 149.63 €

3.1.7 Contadores:

Por unidade, segundo o calibre:

Calibre

Importe

Unidade de contador de 13mm

59.31 €

Unidade de contador de 15mm

65.50 €

Unidade de contador de 20mm

79.71 €

Unidade de contador de 25mm

126.88 €

Unidade de contador de 30mm

176.97 €

Unidade de contador de 40mm

274.24 €

Unidade de contador de 50mm

684.96 €

Unidade de contador de 65mm

718.68 €

Unidade de contador de 80mm

896.05 €

Unidade de contador de 100mm

1113.71 €

Unidade de contador de 150mm

1597.07 €

Unidade de contador combinado de 30-13mm

747.53 €

Unidade de contador combinado de 40-13mm

942.40 €

Unidade de contador combinado de 50-15mm

1217.69 €

Unidade de contador combinado de 65-20mm

1503.60 €

Unidade de contador combinado de 80-25mm

1980.94 €

Unidade de contador combinado de 100-25mm

2602.78 €

Unidade de contador combinado de 150-40mm

3688.12 €

3.1.8 Autorizacións e informes sectoriais necesarios para a autorización da acometida:

O custo das autorizacións e informes serán por conta e cargo dos solicitantes. A contía será a derivada da liquidación xirada pola Administración competente.

3.1.9 Tarifas reducidas:

Ás tarifas calculadas conforme aos epígrafes anteriores, das acometidas que se soliciten durante a execución de obras de nova implantación dos servicios de abastecemento, ou de substitución das conducións existentes, aplicarase unha redución 10%.

Esta circunstancia será supervisada polo servizo municipal xestor.

4. Usos da auga

Para os efectos da aplicación destas tarifas previstas, a definición dos usos do auga será a establecida no Regulamento municipal de abastecemento de auga do Concello de Arteixo.

Artigo 5. Facturación e pago

1. A facturación do servizo realizarse trimestralmente aplicando ao consumo que sinale o contador ou estimado, nos supostos previstos no Regulamento do servizo, as tarifas vixentes.

2. Se no período de facturación se constatase a existencia dunha fuga na rede interna de subministración do obrigado ao pago e o volume facturado tivese unha consideración desproporcionada en virtude da dita fuga, se lle aplicará a tarifa correspondente ao volume medio dos períodos de facturación inmediatos anteriores que representen o ciclo dun ano de facturación.

3. Para estes efectos, terá a consideración de volume desproporcionado aquel volume facturado que sexa superior ao quíntuplo do volume medio dos períodos de facturación inmediatos anteriores que representen o ciclo dun ano de facturación.

O obrigado ao pago deberá adoptar as medidas necesarias para reparar a fuga dentro do prazo de dous meses contados dende a emisión da factura e acreditalo mediante a presentación da factura de reparación e do xustificante do seu pago.

Nos supostos de alta e baixa, as cotas de carácter trimestral ratearánse por días naturais.

4. O prazo de pago das facturas fíxase en 60 días dende a data de emisión, debendo quedar constancia deste na propia factura.

En todo caso, transcorrido o prazo de doce meses dende a data de emisión da factura sen que fose abonada, a entidade subministradora Sumarte trasladará ao Concello as débedas pendentes de pago para que este inicie os procedementos de recadación correspondentes.

Para que a Tesourería Municipal dite a providencia de prema, é necesario que previamente se remita dende a empresa pública Sumarte SA, un cargo de valores comprensivo das débedas a apremar (relación de debedores).

As especificacións técnicas do sinalado envío axustaranse ás Normas para a recadación de taxas e outros ingresos da recadación provincial en virtude do acordo de delegación competencias vixente, que establece o contido mínimo da relación de debedores.

O cargo de valores que efectúe Sumarte á Tesourería Municipal debe ser certificado pola Dirección-Xerencia, e debe constar que inclúe débedas debidamente aprobadas e notificadas de conformidade coa normativa vixente e que os correspondentes obrigados ao pago non abonaron dentro do período voluntario de ingreso.

Asemade, certificará que as débedas a xestionar no figuran prescritas, nin suspendidas que foran obxecto de recurso que non se teña resolto, nin débedas cuxa liquidación estivera recorrida con solicitude de suspensión, nin débedas obxecto de solicitude de aprazamento/fraccionamento ou compensación en período voluntario de ingreso

Disposición derradeira

A presente ordenanza entrará en vigor, unha vez producida a súa publicación íntegra no BOP e transcorrido o prazo de 15 días establecido no artigo 65.2 da Lei 7/1985, e permanecerá vixente ata a súa modificación ou derrogación expresas, producindo efectos dende o primeiro día do trimestre natural seguinte.

Disposición final

A entrada en vigor desta ordenanza suporá a supresión da taxa pola prestación do servizo público de subministro de auga potábel a domicilio, subministro de auga no polígono industrial de Sabón e outras actividades conexas a este servizo e a derrogación da ordenanza fiscal num. 6 reguladora desta.

Esta derrogación non afectará, salvo prescripción, aos seguintes dereitos e accións:

a) Ao dereito para, salvo prescripción, determinar a débeda tributaria mediante a oportuna liquidación correspondente a feitos impoñibles que se teñan producido con anterioridade á data de efectividade de dita supresión

b) Ás accións para esixir o pago das débedas tributarias liquidadas e para imponer sancións tributarias, e

c) Ao dereito dos obrigados tributarios á devolución do indebidamente ingresado nas arcas municipais por este concepto tributario.