Arteixo - ORDENANZA NON FISCAL Nº 6 REGULADORA DA PRESTACIÓN PATRIMONIAL DE CARÁCTER PUBLICO NON TRIBUTARIO POLO SERVIZO DE SUBMINISTRACIÓN DE AUGA.
Artigo 1. Fundamento e natureza
No uso das potestades conferidas polos artigos 31.3 e 142 da Constitución e polo artigo 105.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto no artigo 20.6 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado por Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, este Concello establece a prestación patrimonial de carácter publico non tributario polo servizo de subministración de auga , que se rexerá pola presente ordenanza.
Artigo 2. Obxecto do servizo
Constitúe o obxecto desta prestación patrimonial de carácter público non tributaria:
a) a distribución e subministración de auga potable para consumos domésticos e non domésticos;
b) a subministración de auga non potable para usos industriais;
c) a venda de auga en alta;
d) os dereitos de contratación, enganche e conexión, e dispoñibilidade do servizo; cambios de titularidade e reenganches por precinto de contador;
e) as obras de instalación de acometidas e calquera outras accesorias ao servizo;
f) e o mantemento e reposición de contadores
Os devanditos servizos públicos serán prestados pola entidade subministradora, Servizos Urbanos Municipais de Arteixo, S.A. (SUMARTE), sociedade mercantil de capital público integramente subscrito polo Concello de Arteixo.
Artigo 3. Obrigados ao pago
Son suxeitos obrigados ao pago desta prestación, as persoas físicas ou xurídicas así como as persoas sen personalidade xurídica tales como comunidades de bens ou herdanzas xacentes que sexan titulares do contrato de subministración.
Artigo 4. Tarifas.
As prestacións a aboar determinaranse conforme ás seguintes tarifas, que se incrementarán, no seu caso, co IVE vixente en cada momento:
1. Tramitación administrativa
a) Primeira contratación do servizo de augas 47,5766 €
b) Cambio de titularidade 9,5154 €
c) Reenganche por precinto do contador 47,5766 €
2. Abastecemento de auga
2.1. Consumos domésticos
a) Cota trimestral de dispoñibilidade do servizo 11,9622 €
b) Cota trimestral de mantemento e reposición de contadores 1,4953 €
c) Consumo menor ou igual a 25 m3 0,1654€/m3
d) Consumos superiores a 25 m3 ata 45 m3 0,5510€/m3
e) Consumos superiores a 45 m3 ata 90 m3 0,9720€/m3
f) Consumos superiores a 90 m3 1,3456€/m3
2.2. Consumos non domésticos
a) Cota trimestral de dispoñibilidade do servizo 14,0691 €
b) Cota trimestral de mantemento e reposición de contadores 3,1266 €
c) Consumo menor ou igual a 25 m3 0,9362€/m3
d) Consumos superiores a 25 m3 ata 45 m3 0,9362€/m3
e) Consumos superiores a 45 m3 ata 90 m3 1,0161€/m3
f) Consumos superiores a 90 m3 ata 600 m3 1,0161€/m3
g) Consumos superiores a 600 m3 0,8595€/m3
Para os supostos nos que o volume total de auga consumida durante o trimestre sexa menor ou igual a 25 m3, seranlles de aplicación as tarifas previstas para os consumos domésticos, a excepción da cota trimestral de mantemento e reposición de contadores, que será a establecida na línea 2.2.b) do presente precepto.
2.3. Venda de auga en alta
a) Cota trimestral de dispoñibilidade do servizo 14,0691 €
b) Cota trimestral de mantemento e reposición de contadores 3,1266 €
c) Consumos 0,7036€/m3
2.4. Subministración de auga non potable para usos industriais:
Por cada metro cúbico de auga subministrada, medidos por contador ou estimados na forma disposta no Regulamento do Servizo 0,3562 €.
Fíxase o mínimo de percepción en 32,05 € ao trimestre, con dereito a recibir 90 m3 de auga en igual período.
2.5. Usos municipais:
a) Cota trimestral de dispoñibilidade do servizo 14,0691 €
b) Cota trimestral de mantemento e reposición de contadores 3,1266 €
c) Consumos en oficinas e centros oficiais: aplicarase a tarifa correspondente á táboa de non domésticos segundo o consumo.
d) Consumos para outros usos tales como regos e xardíns, baldeo de rúas e instalacións deportivas
0,8595€/m3
¿ Cando o inmoble se atope fóra de alineación, desde a rede ata o límite da finca.
2.6 Tarifas reducidas:
2.6.1 Beneficiarios da renda de inclusión social (RISGA):
Ás persoas obrigadas ao pagamento que teñan recoñecidas pola Xunta de Galicia o dereito ao cobramento da renda de inclusión social (RISGA), consonte á Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia, aplicarase una tarifa reducida de 0,00€.
A aplicación desta tarifa realizarase trimestralmente á vista das resolucións administrativas ditadas pola Consellería da Xunta de Galicia competente na materia que, ou ben sexan achegadas polos interesados, ou ben sexan notificadas directamente por parte da Administración Autonómica.
2.6.2 Renda per cápita inferior ao IPREM:
Para os consumos iguais ou inferiores a 25 m3, cuxos usuarios teñan unha renda per cápita inferior ao IPREM (Indica-dor público de renda de efectos múltiples, aprobada polo Real decreto lei 3/2004, do 25 de xuño), aplicarase unha tarifa reducida, equivalente ao 50% da prevista no epígrafe 2.1 para consumos domésticos.
2.6.3 Familias numerosas:
As persoas obrigadas ao pagamento que teñan recoñecida polo organismo autonómico competente, a dedución na cota íntegra do canon do auga ao abeiro do disposto no artigo 24.2 do Decreto 36/2012, do 31 de maio, polo que se aproba o Regulamento do canon da auga e do coeficiente de verteduras a sistemas públicos de depuración de augas residuais, por pertencer a unha unidade familiar que teña a condición de familia numerosa, terán dereito a unha tarifa reducida equivalente ao 50% da prevista no epígrafe 2.1 para consumos domésticos.
A aplicación desta redución realizarase á vista das comunicacións realizadas pola entidade ¿Augas de Galicia¿, relativas ao concepto referido no parágrafo anterior.
2.6.4 Incompatibilidade das tarifas reducidas:
As tarifas reducidas descritas a que se refiren os apartados 2.6.2 e 2.6.3 non resultarán compatibles entre si, polo que unicamente se poderá aplicar unha delas as facturacións correspondentes ás persoas obrigadas ao pagamento que reúnan os requisitos esixidos en ámbolos dous casos.
3. Acometida á rede xeral de abastecemento de auga.
Para a elaboración do presuposto das acometidas ás redes de abastecemento, tense en conta os seguintes criterios:
a) Que, con carácter xeral, as medicións se efectúen desde o eixe da vía pola que transcorra o servizo ao que se vai a conectar, hasta o límite da finca a que vai destinado o servizo.
b) Que, no caso das acometidas para fincas que se encontran situadas no solo urbano ou de núcleo rural, do vixente planeamento municipal, onde a rede viaria conte coa debida sinalización de aliñacións e rasantes, as medicións levaranse a cabo do seguinte xeito:
- Cando o inmoble se encontre dentro da aliñación, dende a rede ata dita aliñación.
- Cando o inmoble se encontre fóra de aliñación, dende a rede ata o límite da finca.
3.1. Importes a aboar por obras de acometida a rede de abastecemento de auga:
3.1.1Conexións abastecemento
Conexión á rede de abastecemento existente da acometida, totalmente instalada e probada, incluíndo tapa de rexistro, escavación e recheo, sen incluír a levantamento e reposición da pavimentación.
Rede de distribución | Ramal conexión | Importe |
63 | 32 | 292,76€ |
63 | 40 | 333,59 € |
63 | 50 | 394,02 € |
75 | 32 | 300,13 € |
75 | 40 | 341,55 € |
75 | 50 | 401,10 € |
75 | 63 | 520,53 € |
Rede de distribución | Ramal conexión | Importe |
90 | 32 | 307,24 € |
90 | 40 | 348,50 € |
90 | 50 | 408,21 € |
90 | 63 | 524,76 € |
90 | 75 | 709,24 € |
110 | 32 | 313,97 € |
110 | 40 | 356,21 € |
110 | 50 | 415,28 € |
110 | 63 | 531,64 € |
110 | 75 | 716,14 € |
110 | 90 | 1.006,04 € |
125 | 32 | 343,27 € |
125 | 40 | 401,97 € |
125 | 50 | 459,54 € |
125 | 63 | 577,15 € |
125 | 75 | 761,64 € |
125 | 90 | 1.051,53 € |
140 | 32 | 372,16 € |
140 | 40 | 410,73 € |
140 | 50 | 468,30 € |
140 | 63 | 582,91 € |
140 | 75 | 767,39 € |
140 | 90 | 1.057,30 € |
160 | 32 | 384,43 € |
160 | 40 | 423,00 € |
160 | 50 | 480,57 € |
160 | 63 | 595,17 € |
160 | 75 | 779,66 € |
160 | 90 | 1.069,55 € |
200 | 32 | 417,82 € |
200 | 40 | 459,31 € |
200 | 50 | 519,70 € |
200 | 63 | 638,11 € |
200 | 75 | 638,11 € |
200 | 90 | 1.132,98 € |
3.1.2 Tubo abastecemento:
Ml de subministración e colocación de tubo de polietileno, totalmente instalado e probado incluso escavación e recheo, sen incluír levantamento e reposición da pavimentación.
Rede de distribución | Importe |
32 | 17,61 € |
40 | 19,47 € |
50 | 19,47 € |
63 | 27,06 € |
75 | 32,49 € |
90 | 40,38 € |
3.1.3 Escavacións e recheos
a) M3 de escavación en gabia con medios mecánicos, en terreo de tránsito, incluso esteamento e esgotamento, recheo da gabia con terras compactadas ó 95% do Próctor Normal, procedentes da escavación ou de empréstitos en ambos casos con áridos seleccionados (20-30mm) sobre a clave de tubo e o resto exenta de pedras maiores de 8 cm., por tongadas de 15 cm. de grosor medidos sobre perfil, unha vez instalada a canalización e transporte de productos sobrantes o vertedoiro 31.80 €
b) M3 de escavación en gabia con medios mecánicos en roca, incluso esteamento e esgotamento, recheo da gabia con terras compactadas ó 95% do Próctor Normal, procedentes da escavación ou de empréstitos en ambos casos con áridos seleccionados (20-30mm) sobre a clave de tubo e o resto exenta de pedras maiores de 8 cm., por tongadas de 15 cm. de grosor medidos sobre perfil, unha vez instalada a canalización e transporte de productos sobrantes o vertedoiro 77.48 €
3.1.4 Levantamento e reposición de pavimentacións
a) M2 de levantamento e reposición de macadam con dous regos asfálticos de 7 Kg. de ligante ECR-2 con 0,300 m3 de áridos, completamente rematada 35.46 €
b) M2 de levantamento e reposición de pavimentación, composto de capa de aglomerado asfáltico en quente tipo D-12 con capa de oito (8) cm. de grosor, estendida e compactada, incluso rego de adherencia e varrido de calzada, asentado sobre base de formigón Fck de 150 kp/cm2. de resistencia característica de vinte (20) cm. de grosor, completamente rematado 73.27 €
c) M2 De levantamento e reposición de pavimentación, composto de capa de aglomerado asfáltico en quente tipo D-12 con capa de oito (8) cm. de grosor, estendida e compactada, incluso rego de adherencia e varrido de calzada, asentado sobre base de formigón Fck de 150 kp/cm2. de resistencia característica de trinta (30) cm. de grosor, completamente rematado 84.92 €M2
d) De levantamento e reposición de pavimentación de formigón de 150 Kp/cm2. de resistencia característica de 20 cm. de grosor, completamente rematado 45.45 €
e) M2 De levantamento e reposición de baldosa de terrazo en cores, na beirarrúa, asentada sobre base de formigón de fck 150 Kp/cm2. de resistencia característica de 10 cm. de grosor, completamente rematado 59.52 €
f) M2 De levantamento e reposición de baldosas de cemento, modelo oficial, asentada sobre base de formigón de fck 150 Kp/cm2. de resistencia característica de 10 cm. de grosor, completamente rematado. 48.82 €
g) M2 De levantamento e reposición de taco de pedra de gran sobre area aproveitando o taco, levantado e repoñendo o necesario, completamente rematado 26.68 €
h) M2 De levantamento e reposición de taco de pedra de gran sobre base de formigón de fck 150 Kp/cm2. de resistencia característica de 20 cm. de grosor aproveitando o taco, levantado e repoñendo o necesario, completamente rematado 72.89 €
i) M2 De levantamento e reposición de baldosa de perpiaño asentada sobre base de formigón de fck 150 Kp/cm2. de resistencia característica y 20 cm. de grosor, completamente rematado 163.41 €
j) M2 De levantamento e reposición de chapacuña con dous regos asfálticos de 7 kg. de ligante ECR-2, con 0,300 m3. de áridos, completamente rematado 24.62 €
3.1.5 Rexistros
a) Unidade de pozo de rexistro de 1,50 x 1,50 ata 2,50 m. de profundidade, formado por soleira de formigón en masa de 125 Kg/cm2. de resistencia característica, de 20 cm. de grosor, paramentos de formigón en masa de 150 kg/cm2. de resistencia característica, tapa e arillo de fundición dúctil reforzado, non ventisada da calzada, escavación, recheo e transporte de terras sobrantes ó vertedoiro, construído segundo NTE/IFA, medida a unidade rematada, con calzos de formigón nas pezas correspondentes a dito rexistro 809.03 €
b) Unidade de pozo de rexistro de 1,50 x 2,00 ata 2,50 m. de profundidade, formado por soleira de formigón en masa de 125 Kg/cm2. de resistencia característica, de 20 cm. de grosor, paramentos de formigón en masa de 150 kg/cm2. de resistencia característica, tapa e arillo de fundición dúctil reforzado, non ventisada da calzada, escavación, recheo e transporte de terras sobrantes ó vertedoiro, construído segundo NTE/IFA, medida a unidade rematada, con calzos de formigón nas pezas correspondentes a dito rexistro 908.98 €
c) Unidade de pozo de rexistro, sen areeiro, de 1,00 m. de diámetro ata 2,00m de profundidade, formado por soleira de formigón en masa de 200 Kg/cm2. de resistencia característica, de 20 cm. de grosor, arillos de formigón, tapa e cerca de fundición dúctil de calzada, incluso escavación, recheo e transporte de terras sobrantes ó vertedoiro, construído segundo NTE/ISA-14, NTE/ISS-55, medida a unidade rematada 650.17€
d) Unidade de arqueta 50x50 realizada con módulo de formigón, tapa e cerco de fundición, totalmente rematada
165.03€
3.1.6 Traballos especiais
a) Unidade de colocación de contador de ata 40mm de diámetro, sen incluír o aparello, en reposición de subministración interrompido por fraude 78.57 €
b)Unidade de colocación de contador de ata 40mm de diámetro, sen incluír o aparello, en reposición de subministración interrompido por falta de pago 42.00 €
c)Unidade de colocación e/ou precintado de contador de ata 40mm de diámetro, sen incluír o aparello, en altas de subministración 27.30 €
d)Unidade de colocación e/ou precintado de contador maior de 40mm de diámetro, sen incluír o aparello, en altas de subministración 42.00 €
f) Unidade de reposición de conexión de abastecemento anulada por detección de fraude 157.11€
3.1.7 Contadores:
Por unidade, segundo o calibre:
Calibre | Importe |
Unidade de contador de 13mm | 62,28 € |
Unidade de contador de 15mm | 68,78 € |
Unidade de contador de 20mm | 83,70 € |
Unidade de contador de 25mm | 133,22 € |
Unidade de contador de 30mm | 185,82 € |
Unidade de contador de 40mm | 287,95 € |
Unidade de contador de 50mm | 719,21 € |
Unidade de contador de 65mm | 754,61 € |
Unidade de contador de 80mm | 940,85 € |
Unidade de contador de 100mm | 1.169,40 € |
Unidade de contador de 150mm | 1.676,92 € |
Unidade de contador combinado de 30-13mm | 784,91 € |
Unidade de contador combinado de 40-13mm | 989,52 € |
Unidade de contador combinado de 50-15mm | 1.278,57 € |
Unidade de contador combinado de 65-20mm | 1.578,78 € |
Unidade de contador combinado de 80-25mm | 2.079,99 € |
Unidade de contador combinado de 100-25mm | 2.732,92 € |
Unidade de contador combinado de 150-40mm | 3.872,53 € |
3.1.8 Autorizacións e informes sectoriais necesarios para a autorización da acometida:
O custo das autorizacións e informes serán por conta e cargo dos solicitantes. A contía será a derivada da liquidación xirada pola Administración competente.
3.1.9 Tarifas reducidas:
Ás tarifas calculadas conforme aos epígrafes anteriores, das acometidas que se soliciten durante a execución de obras de nova implantación dos servicios de abastecemento, ou de substitución das conducións existentes, aplicarase unha redución 10%.
Esta circunstancia será supervisada polo servizo municipal xestor.
4 Usos da auga
Para os efectos da aplicación destas tarifas previstas, a definición dos usos do auga será a establecida no Regulamento municipal de abastecemento de auga do Concello de Arteixo.
Artigo 5. Facturación e pago
1. A facturación do servizo realizarase trimestralmente aplicando ao consumo que sinale o contador ou estimado, nos supostos previstos no Regulamento do servizo, as tarifas vixentes.
2. Se no período de facturación se constatase a existencia dunha fuga na rede interna de subministración do obrigado ao pago e o volume facturado tivese unha consideración desproporcionada en virtude da dita fuga, se lle aplicará a tarifa correspondente ao volume medio dos períodos de facturación inmediatos anteriores que representen o ciclo dun ano de facturación.
3. Para estes efectos, terá a consideración de volume desproporcionado aquel volume facturado que sexa superior ao quíntuplo do volume medio dos períodos de facturación inmediatos anteriores que representen o ciclo dun ano de facturación.
O obrigado ao pago deberá adoptar as medidas necesarias para reparar a fuga dentro do prazo de dous meses contados dende a emisión da factura e acreditalo mediante a presentación da factura de reparación e do xustificante do seu pago.
Nos supostos de alta e baixa, as cotas de carácter trimestral ratearánse por días naturais.
4. O prazo de pago das facturas fíxase en 60 días dende a data de emisión, debendo quedar constancia deste na propia factura.
En todo caso, transcorrido o prazo de doce meses dende a data de emisión da factura sen que fose abonada, a entidade subministradora Sumarte trasladará ao Concello as débedas pendentes de pago para que este inicie os procedementos de recadación correspondentes.
Para que a Tesourería Municipal dite a providencia de prema, é necesario que previamente se remita dende a empresa pública Sumarte SA, un cargo de valores comprensivo das débedas a apremar (relación de debedores).
As especificacións técnicas do sinalado envío axustaranse ás Normas para a recadación de taxas e outros ingresos da recadación provincial en virtude do acordo de delegación de competencias vixente, que establece o contido mínimo da relación de debedores.
O cargo de valores que efectúe Sumarte á Tesourería Municipal debe ser certificado pola Dirección-Xerencia, e debe constar que inclúe débedas debidamente aprobadas e notificadas de conformidade coa normativa vixente e que os correspondentes obrigados ao pago non abonaron dentro do período voluntario de ingreso.
Asemade, certificará que as débedas a xestionar no figuran prescritas, nin suspendidas que foran obxecto de recurso que non se teña resolto, nin débedas cuxa liquidación estivera recorrida con solicitude de suspensión, nin débedas obxecto de solicitude de aprazamento/fraccionamento ou compensación en período voluntario de ingreso
Disposicións
Disposición transitoria
A entrada en vigor desta ordenanza ,publicada definitivamente no BOP Nº 32 de 14 de febreiro de 2024, supuxo a supresión da taxa pola prestación do servizo público de subministro de auga potábel a domicilio, subministro de auga no polígono industrial de Sabón e outras actividades conexas a este servizo e a derrogación da ordenanza fiscal num. 6 reguladora desta.
Esta derrogación non afectará, salvo prescripción, aos seguintes dereitos e accións:
a) Ao dereito para, salvo prescripción, determinar a débeda tributaria mediante a oportuna liquidación corresponden- te a feitos impoñibles que se teñan producido con anterioridade á data de efectividade de dita supresión
b) Ás accións para esixir o pago das débedas tributarias liquidadas e para impoñer sancións tributarias, e
c) Ao dereito dos obrigados tributarios á devolución do indebidamente ingresado nas arcas municipais por este concepto tributario.
Disposición derradeira
A presente ordenanza entrará en vigor, unha vez producida a súa publicación íntegra no BOP e transcorrido o prazo de 15 días establecido no artigo 65.2 da Lei 7/1985, permanecerá vixente ata a súa modificación ou derrogación expresas, producindo efectos dende o primeiro día do trimestre natural seguinte.