Coirós - ORDENANZA REGULADORA DA TAXA POR PRESTACIÓN DO SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR
Art. 1.- FUNDAMENTO E NATUREZA.
En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, regu- ladora das bases do réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19, en relación co artigo 20, do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, o Concello de Coirós establece a taxa pola prestación do servizo comedor escolar que se rexerá por esta ordenanza fiscal e que constitúe un servizo educativo, complementario, compensatorio e social, especialmente destinado a garantir a efec- tividade da educación obrigatoria dentro dos principios de igualdade, en especial entre homes e mulleres, e solidariedade ademáis dunha medida valiosa para contribuír á organización e conciliación de vida familiar, laboral e persoal das familias de Coirós.
Art. 2.- FEITO IMPOÑIBLE.
Constitúe o feito impoñible da taxa a prestación do servizo de comedor escolar municipal aos seus beneficiarios e beneficiarios mediante as comidas e almorzos que no mesmo reciba o alumnado escolarizado no/s centros autorizados así como persoal docente e non docente dos mesmos.
Art. 3.- DEVEÑO.
Devéñase a taxa e nace a obriga de contribuír dende que o/a interesado/a sexa beneficiario/a dos servizos e perma- necerá mentres dure a súa prestación.
Art. 4.- SUXEITO PASIVO.
Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas beneficiarias do servizo.
Os/as usuarios/as do servizo gravado por esta taxa menores de idade que non teñan capacidade de obrar, actuarán no seu nome, cos efectos previstos na Lei xeral tributaria, os seus pais/nais, titores/as, ou calquera outro representante legal.
Art. 5.- COTAS TRIBUTARIAS.
5.1. As tarifas esixibles en cada caso serán as seguintes:
% IPREM RPC MENSUAL | % bonificación | Prezo do xantar/día € | Prezo almorzo/día € |
Ata o 80% | 100 | 0 | 0 |
80% - 100% | 75 | 1,10 | 0,54 |
100% - 125% | 50 | 2,20 | 1,08 |
125% - 150% | 15 | 3,74 | 1,84 |
150% - 200% | 5 | 4,18 | 2,05 |
Máis do 200% | 0 | 4.40 | 2,16 |
Estas tarifas actualizaranse anualmente segundo o índice de prezos ao consumo real do ano anterior publicado polo Instituto Nacional de Estatística.
5.2. Beneficios fiscais:
a) Nenos/as pertencentes a familias numerosas, desconto dun 20 por cento.
b) Nenos/as pertencentes a familias monoparentais, desconto dun 20 por cento.
c) Cando asistan a este centro varios irmáns, desconto dun 20 por cento por cada neno/a atendido/a. Estes descontos non serán acumulables en caso de concorrer máis dunha circunstancia na mesma praza.
5.3. A base impoñible virá determinada pola renda per cápita mensual, entendendo por tal o resultado de dividir polo número de persoas que compoñen a unidade familiar o cociente resultante de dividir por doce a suma dos ingresos totais da unidade familiar. Para os efectos, teñen a consideración de ingresos a suma da base impoñible xeral (casilla 455) coa base impoñible do aforro (casilla 465), do imposto sobre a renda das persoas físicas.
Excepcionalmente, se a unidade familiar alega unha diminución dun 20% ou mais dos seus ingresos durante máis de catro meses consecutivos e se mantivesen na data de inicio do prazo de solicitudes fronte aos ingresos declarados na de- claración do IRPF do exercizo anterior ao ano no que se solicita o servizo, poderán aportar esta documentación xustificativa da dita circunstancia para que se teña en conta na valoración.
A renda per cápita familiar englobará os ingresos de todos os membros da unidade familiar divididos polo número de membros computables.
Para o previsto nestas bases considérase que compoñen a unidade familiar:
- Os país/nais non separados legalmente e, no seu caso, o titor ou persoa encargada da garda e protección do menor.
- Os fillos/as menores de idade, con excepción dos emancipados.
- Os fillos/as maiores de idade con discapacidade física, psíquica ou sensorial ou incapacitados xudicialmente, suxei- tos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
- Os fillos/as solteiros/as menores de vintecinco anos e que convivan no domicilio familiar a 31 de decembro do ano inmediato anterior a aquel no que comeza o curso escolar para o que se solicita o servizo sempre que non tiveran un contrato de traballo ou percibiran recursos (agás bolsas) durante o ano anterior.
- Cando non exista vínculo matrimonial a unidade familiar entenderase constituída polo pai, a nai e todos os fillos dos pais que convivan con eles e que reúnan os requisitos do apartado anterior.
- No caso de separación ou divorcio, non se considerará membro da unidade familiar aquel que non conviva co solici- tante do servizo de comedor escolar. En cambio, si terá a consideración de membro computable o novo cónxuxe ou persoa unida ao pai/nai e que si conviva co solicitante. A separación ou divorcio acreditarase mediante sentenza xudicial que determine a mesma, ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.
- No caso de familias monoparentais (segundo artigo 13 da lei 3/2011, de 30 de xuño, de apoio á familia e á conviven- cia de Galicia), e para os efectos do cálculo da renda per cápita, ao que se refire o parágrafo anterior, incrementaranse nun 0,8 o número real de membros que compoñen a unidade familiar.
Para as persoas non obrigadas a declarar, as bases impoñibles a que se fai referencia obteranse como resultado de aplicarlles ós datos existentes na Administración os criterios da lexislación do imposto sobre a renda das persoas físicas.
5.4. Calquera indicio de cambio non declarado, distorsión ou falseamento da situación socioeconómica reflectada nas olicitude, poderá dar lugar a que se inicie de oficio un expediente de comprobación dos datos referidos. Coa apertura deste expediente nomearase instrutor/a e secretario/a que elaborarán un informe que será obxecto de análise por parte da Comisión de baremación, coordinación e seguimento. Poderase requirirao/a solicitante os documentos que se consideren precisos para a resolución do expediente.
5.5. Aqueles solicitantes que non acheguen a documentación requirida para a determinación da súa capacidade econó- mica, no prazo de subsanación correspondente, estarán obrigados a satisfacer durante todo o período que figure de alta a cota prevista para aquelas unidades familiares cunha renda per cápita superior ao 200% do IPREM. Este parágrafo non será de aplicación aos/as solicitantes en situación de emerxencia social ou con informe técnico no que se acredite que se trata de familias con problemas de integración social, en risco de exclusión, desestructuración familiar, con inicio de expediente en menores ou de intervención familiar.
Art. 6.- NORMAS DE XESTIÓN.
A liquidación da cota tributaria practicarase por meses naturais e deberán aboala os interesados nos dez primeiros días do mes seguinte á prestación do servizo, na entidade ou entidades financeiras que indique o Concello ou, no seu caso, o adxudicatario ou concesionario do servizo.
A prestación do servizo se axustará ao calendario escolar oficial correspondente ao ano escolar, e o seu horario deter- minarase en función das necesidades de escolariación e do propio horario escolar.
O alta e baixa ou modificacións das circunstancias dalgún usuario/a para disfrutar do servizo de comedor, deberá de ser comunicada ao Concello os dez últimos días de cada mes para o mes seguinte.
DISPOSICIÓN FINAL
Esta ordenanza entrará en vigor a partir da publicación do seu texto íntegro non Boletín Oficial da Provincia, será de aplicación a partir do día seguinte ao da súa publicación e permanecerá en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa.
De conformidade co previsto na legislación vixente contra o acordo de aprobación definitiva, poderán os interesados interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao de publicación deste anuncio. Poderán así mesmo interpoñer calquera outro que estimen axeitado.