Somozas As - Ordenanza fiscal num. 3 reguladora da taxa por licencia de obras
Artigo 1. Fundamento e natureza
En uso das facultades conferidas os artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 4 e 106 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 e 20.4 h) do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, o Concello das Somozas establece a Taxa por licencias de obra-declaracion responsable ou comunicacion previa
Artigo 2. Feito imponible
1. Constituye o feito imponible a actividade municipal, técnica e administrativa, para comprobación, previa ou posterior, referentes ó outorgamento das licencias urbanísticas, cando así sexa esixible, así como das autorizacións e/ou comprobacións urbanísticas relativas ás actuacións suxeitas a declaración responsable ou comunicación previa.
Artigo 3 .Suxeito pasivo
Son suxeitos pasivos da taxa, a título de contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, que soliciten ou resulten beneficiarios ou afectados pola prestación deste servizo ou actividade municipal que constitúe o obxecto da presente taxa, xa sexan propietarios ou poseedores, ou, no seu caso, arrendatarios dos inmobles nos que se realicen as construccións ou instalacións ou se executen as obras.
2.- En todo caso, terán a consideración de substitutos do contribuinte os constructores e contratistas das obras.
No suposto de que a construcción, instalación ou obra non sexa realizada polo suxeito pasivo contribuinte terán a consideración de suxeitos pasivos substitutos do contribuinte quenes soliciten as correspondentes licencias ou presenten as correspondentes comunicacións previas ou quenes realicen as construccións, instalacións ou obras.
3.- O substituto podrá requerir do contribuinte o importe da cota tributaria satisfecha.
ARTIGO 4.- Responsables.
1.- Son responsables solidarios da débeda tributaria as persoas ou entidades a que se refire o artigo 41.1 e 42.1.a) e b) da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.
2.- Serán responsables subsidiarios os administradores de feito ou de dereito das persoas xurídicas, os integrantes da administración concursal, os liquidadores de sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.
Artigo 5º- Base imponible
Constitue a base impoñible desta taxa:
a) Nas obras de nova planta ou reconstrucción, a superficie expresada en m2
b) Nas obras de reforma, a superficie expresada en m2 ou unidades
c) Nas derribos, a superficie expresada en m2
d) Nos peches de fincas e solares, a lonxitude expresada en metros lineais.
e) A primeira utilización ou ocupación dos edificios e instalacions en xeral
Artigo 6.º .-Cota tributaria
A cota tributaria dos diferentes servizos a prestar, resultará de aplicar as seguintes tarifas:
1.- Obras de nova planta ou reconstrución: 4,20 euros/m2
2.- Obras de reforma ou rehabilitación: 1,56 euros/m2
2.1 - Cambio de portas, ventás ou elementos similares: 20,62 euros/unid.
3.- Derribos: 0,41euros/m2
4.- Peches de fincas:
4.1.- Solares, por metro lineal ou fracción de peche: 3,00 euros
4.2.- Fincas rústicas, por metro lineal ou fracción
4.2.1.- Con obra de fábrica.: 0,96 Euros
4.2.2.- Con postes e alambre: 0,48 Euros
5.- Declaracion de 1ª ocupación:
Tarifa única por cada vivenda ou local de negocio: 101,80 Euros
As presentes tarifas actualizaranse anualmente mediante a aplicación do índice de prezos ó consumo
Artículo 7. Exenciones y bonificaciones
No se concederán exención ni bonificación alguna en la exacción de la Tasa
Artígo 8. Devengo
1. Devengarase a taxa e nace a obrigación de contribuír cando se inicie a actividade municipal que constitúe o seu feito impoñible. Para estes efectos, entenderase iniciada dita actividade na data de presentación da oportuna solicitude da licenza urbanística , declaracion responsable ou comunicacion previa se o suxeito pasivo formulase expresamente esta.
2. Cando as obras iniciáronse ou executado sen obter a oportuna licenza, comunicacion previa ou declaracion responsable , a Taxa devindicarase cando se inicie efectivamente a actividade municipal conducente a determinar se a obra en cuestión é ou non autorizable, con independencia da iniciación do expediente administrativo que poida instruírse para a autorización destas obras ou a súa demolición e se non fosen autorizables.
3. A obrigación de contribuír, unha vez nada, non se verá afectada de ningún xeito pola denegación da licenza solicitada ou pola concesión desta condicionada á modificación do proxecto presentado, nin pola renuncia ou desistencia do solicitante unha vez concedida a licenza
Artigo 9. Declaración
As persoas interesadas na obtención dunha licenza de obras, declaración responsable ou comunicacion previa presentarán, previamente, no Rexistro Xeral a oportuna solicitude, acompañando certificado visado polo Colexio Oficial respectivo, con especificación detallada da natureza da obra e lugar de emprazamento, na que se faga constar o importe estimado da obra, medicións e o destino do edificio.
2. Cando se trate de licenza, declaracion responsable ou comunicacion previa para aqueles actos en que non sexa esixible a formulación de proxecto subscrito por técnico competente, á solicitude acompañarase un Orzamento das obras para realizar, así como unha descrición detallada da superficie afectada, número de departamentos, materiais a empregar e, en xeral, das características da obra ou acto cuxos datos permitan comprobar o custo daqueles.
3. Se despois de formulada a solicitude de licenza, declaracion responsable ou comunicacion previa modificásese ou ampliase o proxecto deberá poñerse en coñecemento da administración municipal, acompañando o novo orzamento ou o reformado e, no seu caso, planos e memorias da modificación ou ampliación.
Artigo 10 -Liquidación e ingreso
A presente taxa esixiranse en réxime de autoliquidación, cando se realice a petición do interesado e, no suposto de que se preste de oficio, por liquidación practicada pola Administración municipal.
2.- No primeiro caso os suxeitos pasivos están obrigados a practicar a autoliquidación nos impresos habilitados ó efecto pola Administración Municipal e realizar o seu ingreso en calquera entidade bancaria autorizada, o que se deberá acreditar no momento de presentar a correspondente solicitude.
3.- Cando as obras se iniciasen ou executasen sen obter a oportuna licenza ou sen haberse presentado a comunicación previa ou declaración responsable , considerarase o acto de comprobación coma a iniciación do trámite das mesmas, coa obriga do suxeito pasivo de aboar a taxa establecida, sen prexuizo da sanción que corresponda pola infracción urbanística cometida.
4.- As licencias, declaracións responsables ou comunicacións previas que modifiquen outras concedidas anteriormente, consideraranse a efectos desta taxa como novas licencias, declaracións responsables ou comunicacións previas e tributarán polas tarifas correspondentes.
5.- O pago da autoliquidación presentada polo interesado ou da liquidación inicial notificada polo Concello terá carácter provisional e será a conta da liquidación definitiva que proceda.
6.- O Concello das Somozas , unha vez realizadas as actuacións motivadoras polos servicios urbanísticos prestados, tras a comprobación de estos e das autoliquidacións presentadas ou aboadas, cando existan, practicará as correspondentes liquidacións definitivas.
7.- O pago da taxa non presupón nen outorga a autorización urbanística, ata ter obtido a correspondente resolución administrativa.
Artigo 11. Infraccións e sancións.
En todo o relativo a calificación de infraccions tributarias, así como a calificación que ás mesmas correspondan en cada caso, se estará ao disposto na Lei Xeral Tributaria.
Disposición Final
La presente Ordenanza Fiscal, cuya redacción definitiva ha sido aprobada por el Pleno de la Corporación en sesión celebrada el veinticuatro de junio de mil novecientos ochenta y nueve, entrará en vigor el mismo día de su publicación en el Boletín Oficial de la Provincia y será de aplicación a partir del día uno de enero de mil novecientos noventa, permaneciendo en vigor hasta su modificación o derogación expresa.