Baña A - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO DE CONSTRUCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS

Publicación provisional: 04/12/2024 BOP Nº: 234
Publicación definitiva: 31/01/2025 BOP Nº: 21
Aplicable dende: 31/01/2025

ARTIGO 1. Fundamento Legal

Esta Entidade Local, en uso das facultades contidas nos artigos 133.2 e 142 da Constitución Española, e de acordo co disposto nos artigos 105 e 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e de conformidade co disposto no artigo 15.1 en concordancia co artigo 59.2 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, establece o Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras, que se rexerá pola presente Ordenanza fiscal cuxas normas atenden ao previsto nos artigos 100 a 103 do citado texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.

A Ordenanza será de aplicación en todo o termo municipal.

ARTIGO 2. Natureza Xurídica e Feito Impoñible

O Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras é un tributo indirecto cuxo feito impoñible está constituído pola realización, dentro do termo municipal, de calquera construción, instalación ou obra para a que se esixa obtención da correspondente licenza de obras ou urbanística, se obtivese ou non dita licenza, ou para a que se esixa presentación de declaración responsable ou comunicación previa, sempre que a expedición da licenza ou a actividade de control corresponda ao concello da imposición.

ARTIGO 3. Construcións, Instalacións e Obras Suxeitas

Son construcións, instalacións e obras suxeitas ao Imposto os actos de edificación e uso do solo sometidos a control municipal, consonte establece o artigo 142 da Lei 2/2016, de 10 de febrero, do solo de Galicia e demáis normativa de desenvolvemento.

ARTIGO 4. Exencións

Estará exenta a realización de calquera construción, instalación ou obra da que sexa dono o Estado, a Comunidade Autónoma ou a Entidade Local que, estando suxeita, vaia a ser directamente destinada a estradas, ferrocarrís, portos, aeroportos, obras hidráulicas, saneamento de poboacións e das súas augas residuais, aínda que a súa xestión leve a cabo por Organismos Autónomos, tanto si trátase de obras de investimento novo como de conservación.

ARTIGO 5. Suxeitos Pasivos

Son suxeitos pasivos deste Imposto, a título de contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas e as Entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, que sexan donos da construción, instalación ou obra, sexan ou non propietarios do inmoble sobre o que se realice a construción, instalación ou obra.

Conforme ao establecido no artigo 101 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, terá a consideración de dono da construción, instalación ou obra quen soporte os gastos ou o custo que comporte a súa realización.

Terán a consideración de suxeitos pasivos substitutos do contribuínte quen soliciten as correspondentes licenzas ou presenten as correspondentes declaracións responsables ou comunicacións previas ou quen realicen as construcións, instalacións ou obras.

ARTIGO 6. Base Impoñible

A base impoñible deste Imposto está constituída polo custo real e efectivo da construción, instalación ou obra, e enténdese por tal, a estes efectos, o custo de execución material daquela.

Quedan excluídos da base impoñible o Imposto sobre o Valor Engadido e demais Impostos análogos propios de réximes especiais, as taxas, prezos públicos, prestacións patrimoniais de carácter público local relacionadas coa construción, honorarios de profesionais, o beneficio empresarial do contratista, e calquera outro concepto que non integre estritamente, o custo de execución material.

ARTIGO 7. Cota Tributaria

A cota do Imposto será o resultado de aplicar á base impoñible o tipo de gravame que se fixa no 2%.

ARTIGO 8. Bonificacións

1. Nos termos regulados polo artigo 103 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, establécense as seguintes bonificacións:

a) De conformidade co establecido no artigo 103.2, letra a), do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, establécese unha bonificación de ata o 95% da cota correspondente para as construcións, instalacións e obras que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias de fomento do emprego que xustifiquen a dita declaración.

Esta bonificación será de aplicación unicamente a aquelas construcións, instalacións e obras destinadas á implantación dunha nova actividade económica ou empresarial, así como a aquelas outras que consistan nunha ampliación das instalacións sempre e cando impliquen creación de emprego.

A gradación da porcentaxe de bonificación aplicarase do xeito seguinte:

· De ata un 95% pola creación de máis de 20 postos de traballo.

· Cando menos o 75% pola creación de entre 11 e 20 postos de traballo.

· Cando menos o 50% pola creación de ata 10 postos de traballo.

Para o cálculo dos postos de traballo estes deben supoñer a ocupación permanente de postos de traballo de nova creación a tempo completo. No caso de seren a tempo parcial o seu cálculo levarase a cabo mediante a equivalencia destes con postos de traballo a tempo completo.

A creación de novos postos de traballo acreditarase mediante a presentación por parte dos interesados das correspondentes altas da Seguridade Social:

· No réxime xeral, cando se trate de contratación por conta allea.

· No réxime especial de traballadores por conta propia ou autónomos, cando se trate de autoemprego.

No caso de que a creación de novos postos de traballo non poida xustificarse no momento de alta ou no momento de ampliación da actividade no Imposto sobre Actividades económicas xustificarase no prazo máximo de seis meses dende o devandito feito.

O emprego comprometido deberá manterse, cando menos, un período de tres anos desde o inicio ou ampliación da actividade polo suxeito pasivo. Tal circunstancia deberá ser acreditada por este ante os servizos tributarios do Concello dentro dos 15 días hábiles seguintes ao remate de cada trimestre. O incumprimento dos requisitos indicados dará lugar ao inicio do correspondente expediente de reintegro.

Non se considerará que se produce o inicio do exercicio dunha actividade cando esta se desenvolva anteriormente baixo outra titularidade. No caso de traslado de actividades dentro do termo municipal unicamente aplicarase para a creación de novos postos de traballo, non os xa existentes.

No prazo dun mes desde o remate da obra, conforme o prazo concedido, deberá achegar copia do certificado de final de obra ou comunicar esta circunstancia para a súa verificación polo servizo de urbanismo.

Nos seis meses seguintes do cumprimento do anterior requisito, deberá presentar copia da declaración previa de inicio de actividade, de ser o caso, ou comunicar a dita circunstancia para a súa verificación polo servizo de urbanismo.

Unha vez concluída a obra e obtida a primeira ocupación, para os efectos de practicaren a correspondente liquidación definitiva, o suxeito pasivo deberá presentar xustificante de creación de emprego no prazo máximo de seis meses desde o efectivo remate da obra, achegando copias do xustificante de alta no Imposto sobre Actividades Económicas, copias dos contratos subscritos para cubrir os postos de traballo de nova creación visados polo Servizo Público de Emprego e copias dos correspondentes TA2 presentados ante a Seguridade Social. De transcorrer ese prazo sen que se achegue a documentación requirida liquidaranse as cantidades bonificadas coa aplicación dos xuros de mora correspondentes.

En caos excepcionais e debidamente xustificados, previa solicitude do interesado, poderase conceder unha prórroga para a presentación da xustificación por un prazo non superior a seis meses, mediante Decreto da Alcaldía.

O Concello poderá esixir ao suxeito pasivo que achegue no prazo dun mes, a contar desde o seguinte á recepción do requirimento polo interesado calquera outra documentación que estime oportuna para os ditos efectos.

Corresponderá ao Pleno da Corporación a dita declaración e se acordará previa solicitude do suxeito pasivo polo voto favorable da maioría simple dos seus membros.

b) Unha bonificación do 50 % a favor de construcións, instalacións ou obras referentes ás vivendas de protección oficial.

c) Unha bonificación do 50 % (até o 90%) a favor de construcións, instalacións ou obras que favorezan as condicións de acceso e habitabilidade dos discapacitados, conforme á normativa e códigos técnicos de aplicación.

d) Unha bonificación do 90% a favor das construcións, instalacións ou obras que sexan declaradas de especial interesa ou utilidade municipal, por concorrer circunstancias sociais, culturais ou histórico-artísticas.

Corresponderá ao Pleno da Corporación a dita declaración e se acordará previa solicitude do suxeito pasivo polo voto favorable da maioría simple dos seus membros.

2. Para gozar das bonificacións establecidas nesta ordenanza fiscal, será necesario que se soliciten polo suxeito pasivo, o que deberá efectuarse desde o inicio da construción, instalación ou obra. A concesión de calquera beneficio fiscal non prexulga a legalidade das construcións, instalacións ou obras, e enténdese sen prexuízo das actuacións, sancións ou multas que puidesen proceder no ámbito urbanístico.

3. Non son compatibles, e non poderán gozarse simultaneamente, as bonificacións reguladas nesta ordenanza.

ARTIGO 9. Deduccións

Non se establecen deduccións da cota líquida.

ARTIGO 10. Devengo

O Imposto devéngase no momento de iniciarse a construción, instalación ou obra, aínda que non se obtivese a correspondente licenza ou non se presentase a declaración responsable ou comunicación previa.

ARTIGO 11. Xestión

O Imposto esixirase en réxime de autoliquidación, distinguíndose dous momentos:

a) Cando se conceda a licenza preceptiva, practicarase unha autoliquidación provisional segundo o modelo facilitado para ese efecto polo Concello, no prazo de un mes desde a concesión de licenza, determinándose a base impoñible en función do orzamento presentado polos interesados, sempre que este fose visado polo Colexio Oficial correspondente.

Finalizada a construción, instalación ou obra, e tendo en conta o custo real e efectivo da mesma, no prazo de un mes o suxeito pasivo deberá practicar autoliquidación definitiva.

b) Cando se presente a declaración responsable ou a comunicación previa, practicarase unha autoliquidación provisional segundo o modelo facilitado para ese efecto polo Concello, determinándose a base impoñible en función do orzamento presentado polos interesados, sempre que este fose visado polo Colexio Oficial correspondente.

Finalizada a construción, instalación ou obra, e tendo en conta o custo real e efectivo da mesma, no prazo de un mes o suxeito pasivo deberá practicar autoliquidación definitiva.

c) Cando se inicie a construción, instalación ou obra, non habéndose solicitado, concedido ou denegado aínda licencia ou sen haberse presentado declaración responsable ou comunicación previa, poderase practicar unha autoliquidación provisional no prazo de un mes, a contar desde o momento do devengo, determinándose a base impoñible en función do orzamento presentado polos interesados, sempre que este fose visado polo Colexio Oficial correspondente. Este pago non presupón unha concesión de licenza.

Finalizada a construción, instalación ou obra, e tendo en conta o custo real e efectivo da mesma, no prazo de un mes o suxeito pasivo deberá practicar autoliquidación definitiva.

ARTÍCUO 12. Comprobación e Investigación

O órgano competente da Administración poderá, por calquera dos medios previstos nos artigos 57 e 131 e seguintes da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, levar a cabo os procedementos de verificación de datos, comprobación de valores e comprobación limitada.

ARTIGO 13. Réxime de Infraccións e Sancións

Nos casos de incumprimento das obrigacións establecidas na presente Ordenanza, de acordo co previsto no artigo 11 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aplicarase o réxime de infraccións e sancións regulado na Lei Xeral Tributaria e nas disposicións que a complementen e desenvolvan.

DISPOSICIÓNS

DISPOSICIÓN ADICIONAL ÚNICA

As modificacións que se introduzan na regulación do Imposto, polas Leis de Orzamentos Xerais do Estado ou por calquera outras Leis ou disposicións, e que resulten de aplicación directa, producirán, no seu caso, a correspondente modificación tácita da presente Ordenanza fiscal.

 

DISPOSICIÓN TRANSITORIA ÚNICA

A regulación contida na presente Ordenanza non será de aplicación aos procedementos iniciados con anterioridade á entrada en vigor da mesma en canto resulte máis gravosa para os suxetos pasivos.

As construcción, instalación e obras que non se teñan iniciado na data en que entre en vigor poderán gozar das bonificacións establecidas na presente Ordenanza, nas condicións en conforme ao procedemento regulado na mesma.

 

DISPOSICIÓN FINAL ÚNICA

A presente Ordenanza Fiscal, una vez aprobada definitivamente polo Pleno do Concello, entrará en vigor no momento da súa publicación íntegra no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor até a súa modificación ou derrogación expresa.