Cambre - Acordo regulador núm. 4, do prezo público por actividades xuvenís
Artigo 1.º.-Fundamento e natureza.
De acordo co previsto no artigo 127, en relación co artigo 41, ambos do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, regulador das facendas locais, este Concello establece prezos públicos por actividades xuvenís municipais regulados polo presente acordo.
Artigo 2.º.-Concepto.
Os prezos públicos aquí regulados constitúen prestacións patrimoniais de carácter público que se satisfarán polos usuarios que voluntariamente soliciten algunha das actividades xuvenís municipais.
Artigo 3.º.-Obrigados ó pagamento
Están obrigados ó pagamento do prezo público, regulado neste acordo, quen solicite ou se beneficie dos servicios ou actividades prestados por este Concello a que se refire o artigo anterior.
Artigo 4.º.-Contía.
1. A contía do prezo público regulado nesta ordenanza determinarase aplicando as tarifas seguintes:
Concepto | Tarifa | |
1 | Saídas dun día | 12,00 euros |
2 | Campamentos, aventuras, viaxes e saídas de máis dun día | 15,00 euros/día |
3 | Cursos (educación non formal) | |
3.1 | Duración ata 39 horas | 20,00 euros |
3.2 | Duración entre 40 e 99 horas | 100,00 euros |
3.3 | Duración entre 100 e 300 horas | 170,00 euros |
4 | Suplementos | |
4.1 | Distancia ó lugar de destino superior a 300 Km | 0,03 euros/km |
4.2 | Aloxamento | 10,00 euros/noite |
4.3 | Alugueiro de material | 5,00 euros/día |
4.4 | Subministración de material para actividades | |
4.4.1 | Dun día | 3,00 euros |
4.4.2 | De máis dun día | 6,00 euros |
4.5 | Subministración de material para cursos | |
4.5.1 | Duración ata 39 horas | 5,00 euros |
4.5.2 | Duración entre 40 e 99 horas | 20,00 euros |
4.5.3 | Duración entre 100 e 300 horas | 50,00 euros |
2. A contía do prezo público regulado neste acordo será a que fixe, en cada caso, o Pleno da corporación, ou en caso de delegación polo mesmo, a Xunta de Goberno Local, de acordo co artigo 47 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, e co artigo 23 da Lei 7/1985, de 2 de abril.
O Pleno da Corporación ou en caso de delegación polo mesmo, a Xunta de Goberno Local de acordo co artigo 44, apartado 2, do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo poderá fixar prezos públicos que non cubran o custe do servizo ou actividade prestado, dado que nestes casos concorren razóns sociais, culturais ou de interese público que así o aconsellen, ao perseguir con estas actividades a consecución dos mandatos establecidos na Constitución española da adecuada utilización do ocio (artigo 43.3) ou de promover as condicións para a participación libre e eficaz da xuventude (artigo 48).
3. A contía dos prezos públicos aos que se refire este acordo verase reducida na porcentaxe que se sinala en cada un dos supostos seguintes:
a) As persoas que acrediten formar familiar numerosa, o 50% da cota en cada actividade.
b) Cando se inscriban na mesma actividade ou programa máis dun integrante dunha unidade familiar, o primeiro pagará o 100% da cota e os seguintes un 50% da cota.
c) As persoas que acrediten debidamente figurar nos rexistros do paro, ou ben no caso dos menores de idade cando ambos proxenitores ou o titor do participante o acrediten, así como as persoas pertencentes ó voluntariado de Cambre, terán unha bonificación do 30% da cota. Para acreditar a dita situación, deberase entregar xunto coa solicitude copia da tarxeta do paro actualizada.
d) Os posuidores do ¿carné xove" ou ¿carné propio da omix", así como os integrantes de asociacións xuvenís de Cambre, que así o acrediten, terán unha bonificación do 50% da cota.
e) As persoas que acrediten a súa falta de capacidade económica para o pagamento da tarifa correspondente segundo o informe dos Servicios Sociais do Concello de Cambre ó respecto, así como os menores ata cinco anos inclusive, terán unha bonificación do 100% da cota.
No caso de ter dereito a máis dunha bonificación, só se aplicará a maior delas. En caso de que unha das bonificacións aplicables, o sexa por ser a persoa pertencente o voluntariado de Cambre, á maior delas aplicaráselle unha bonificación acumulable do 10%
4. As reducións establecidas no apartado anterior:
4.1.-Non serán de aplicación ó suplemento das tarifas establecido no apartado 5 deste artigo núm. 4.º, que deberá ser aboado íntegramente polos usuarios.
4.2.-Só serán de aplicación a aquelas persoas que figuren empadroadas no municipio de Cambre excepto para:
- Os posuidores do ¿carne xove"
- Membros de asociacións xuvenís de Cambre
- Membros do Voluntariado de Cambre
5. Os participantes nas actividades e programas que non figuren empadroados no municipio terán un suplemento do 25% da tarifa xeral.
Artigo 5.º.-Obriga do pagamento.
1. A obriga do pagamento do prezo público regulado nesta ordenanza nace dende que se inicie a realización da actividade, se ben se esixe o seu depósito previo de acordo co artigo 46.1 do Real decreto lexislativo 2/2004.
2. No suposto de que por causas non imputables ao interesado deixara de realizarse a actividade solicitada procederase á devolución do depósito constituído.
3. Poderá aprazarse o pagamento das cotas superiores a 150 euros, logo do pedimento dos obrigados, cando a situación da súa tesourería, discrecionalmente apreciada pola Administración, lles impida efectuar o pagamento da súa débeda total, nos casos e na forma que se determina nas bases de execución do orzamento municipal e nos artigos 65 e 82 da Lei 58/2003, do 17 decembro (LXT).
Artigo 6.º.-Infraccións e sancións.
As infraccións e sancións rexeranse polo disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei xeral tributaria e a súa normativa de desenvolvemento.