Índice
Vimianzo - Ordenanza fiscal núm. 14, reguladora de la tasa por entrada de vehículos desde la vía pública a los edificios, locales, solares y de las reservas de vía pública para aparcamiento, carga, descarga y otras actividades en interés particular
Publicación provisional:
12/11/1998
BOP Nº:
260
Publicación definitiva:
28/12/1998
BOP Nº:
296
Aplicable dende:
01/01/2008
Artigo 1. Fundamento e obxecto.
De conformidade co prevido no art. 57 e 20.3.h) do Texto refundido da Lei de Facendas Locais aprobado por Real Decreto Legislativo 2/2004, este Concello establece a Taxa por entrada de vehículos a través das beirarrúas ós edificios, locais e soares e das reservas de vía pública para aparcamento, carga, descarga e outras actividades en interese particular especificado nas Tarifas contidas no apartado 2 do artigo 4º seguinte, que se rexerá pola presente Ordenanza, polo previsto na ordenanza xeral de xestión, recadación e inspección dos tributos municipais e na normativa das facendas locais.
Artigo 2. Feito impoñible.
Constitúen o feito impoñible desta Taxa, a utilización privativa ou o aproveitamento especial das vías municipais nos casos seguintes:
a) Entradas de vehículos en edificios, soares, fábricas, talleres e en xeral en inmobles de calquera destino, realizada a través de terreos destinados ó uso público, xa teñan licenza de vado permanente ou temporal.
b) Reservas permanentes para actividades distintas do acceso de inmobles.
c) Reservas de carácter temporal para diversas actividades de comercio, construcción, servizos, subministros e outros.
Artigo 3. Suxeitos pasivos.
3.1. É suxeito pasivo, en concepto de contribuínte, a persoa física ou xurídica e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria que utilicen ou aproveiten as entradas ou reservas. Cando se solicite licenza para a utilización ou aproveitamento, entenderase que ten a condición de suxeito pasivo o solicitante ou a persoa ou entidade que represente. Se o aproveitamento se realizara sen obter licenza, considerarase que ten a condición de suxeito pasivo o propietario do inmoble ou da empresa que utilizara a entrada ou reserva.
3.2. Responderán solidariamente das obrigacións tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.
3.3. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores e liquidadores de crebas, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.
Artigo 4. Base impoñible.
Tomarase como base para determinar a cota:
a) Nas entradas de vehículos a través das beirarrúas (vados), a lonxitude da entrada reservada.
b) Nas reservas permanentes ou temporais a lonxitude do espacio reservado.
Artigo 5. Tarifas.
As tarifas que se esixirán serán as seguintes:
5.1. Entradas de vehículos a través das beirarrúas (vados) de carácter permanente: 15,00 euros por m/lineal ano.
5.2. Entradas de vehículos a través das beirarrúas (vados) de carácter temporal: 12,00 euros por m/lineal ano.
5.3. Reservas de carácter temporal da vía pública , ata 4 m/lineais: 15,00 euros por m/lineal ano.
Cando a reserva do apartado anterior sexa superior ós 4 m/l., por cada m/l. de reserva en exceso aplicarase un 25% adicional.
5.4. Polo pintado do vado, placa e selo municipal: 40,00 euros.
Artigo 6. Exencións.
Aplicaranse os beneficios fiscais previstos en normas con rango de lei e nos tratados internacionais.
Artigo 7. Devengo.
7.1. A taxa devengarase no momento de solicitarse a licenza ou de iniciarse o aproveitamento, cando non se obtivera a correspondente licenza.
7.2. Nos aproveitamentos continuados, o devengo producirase, respecto da totalidade da cota, o primeiro día do ano natural, calquera que sexa o tempo de duración do aproveitamento.
7.3. No caso de cese no aproveitamento especial ou na utilización privativa, as cotas serán prorrateables por semestres naturais, excluído aquel no que se produza dito cese.
7.4. No suposto de cambio de suxeito pasivo, a obrigación tributaria do pago do semestre natural corresponderá o que figure como contribuínte no padrón da taxa.
Artigo 8. Normas de xestión.
8.1. No momento de solicitar a autorización para realizar os aproveitamentos contemplados na presente ordenanza, os peticionarios deberán autoliquidar a taxa e efectuar o seu pagamento mediante ingreso directo nas Entidades Bancarias colaboradoras ou en na Tesourería municipal, pero sempre antes de retirar a correspondente licenza.
A solicitude de licenza deberá realizarse por medio de instancia dirixida á Alcaldía e acompañando os documentos que sexan necesarios en cada caso, iniciándose así a tramitación do expediente. Revisarase a autoliquidación, xirándose, no seu caso, as liquidacións complementarias ou efectuándose os abonos que procedan.
8.2. Para o cobro das cotas periódicas posteriores, formarase anualmente un Padrón conforme ó establecido na Ordenanza de xestión.
Entenderase que a persoa que obtén a concesión está notificada da súa inclusión no Padrón para o cobro do canon anual.
8.3. De ter lugar o aproveitamento sen ter solicitado licenza ou excedendo do autorizado, este Concello procederá a iniciar o expediente e a liquidar as cantidades correspondentes, sen prexuízo da aplicación das sanciones que procedan.
8.4. O pagamento da taxa non supón a adquisición do dereito a realizar o aproveitamento, podendo a administración municipal adoptar as medidas que procedan para evitar a continuación de aqueles que non poidan ser autorizados por no cumprir as condiciones requiridas, se ben a actuación municipal neste sentido provocará a baixa na matrícula.
Artigo 9. Infraccións e sancións tributarias.
Para a cualificación das infraccións tributarias, así como das sancións que as mesmas corresponden en cada caso, estarase ó disposto no artigo 181 e seguintes da Lei Xeral Tributaria e na Ordenanza de xestión.
Disposición derradeira.
A presente ordenanza entrará en vigor una vez aprobada definitivamente, e publicada o seu texto íntegro no BOP, consonte co previsto no art. 107.1 da LBRL, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa. Comenzará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 2008, se a súa publicación definitiva no BOP se produce antes do 1 de xaneiro de dito ano, e senon o día seguinte da su publicación.