Arteixo - TAXA POR PRESTACIÓN DO SERVIZO PÚBLICO DA PISCINA MUNICIPAL, PRESTACIÓN DE SERVIZOS NOUTRAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS E OUTROS SERVIZOS ANÁLOGOS.

Publicación provisional: 27/12/2004 BOP Nº: 296
Publicación definitiva: 30/08/2005 BOP Nº: 198
Aplicable dende: 13/04/2011

ARTIGO 1. Fundamento e natureza

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 141 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto nos artigo 15 a 19 do R.D.lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, este Concello estabelece a Taxa por presetación do servizo publico municipal de piscina, instalacións deportivas e outros servizos análogos, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, atendendo as súas normas ao disposto no artigo 57 do R.D. lexislativo.

ARTIGO 2. Feito impoñibel

Constitue o feito impoñibel da presente taxa a utilización das instalacións deportivas municipais, prestación de servizos nas referidas instalacións así como a prestación de calquera outro servizo relacionado coa actividade deportiva ou análoga.

ARTIGO 3. Suxeitos pasivos

Son suxeitos pasivos desta taxa, a título de contribuinte, as persoas físicas ou jurídicas e as entidades a que se refire o artigo 36 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria e 23 do R.D. lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, usuarias dos servizos descritos anteriormente.

ARTIGO 4. Responsabeis

1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas e jurídicas a que se refire o artigo 42 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.
2. Serán responsabeis subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de crebas, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.

ARTIGO 5. Cota tributaria

Estabelecense as seguintes tarifas:
A. PAVILLON POLIDEPORTIVO MUNICIPAL DE ARTEIXO
5.1. Adestramento, competicións e outros actos que impliquen ocupación das instalacións
5.1.1. De veciños, asociacións ou clubs do termo municipal
4,73 €
5.1.2. De persoas, asociacións ou clubs de fora do termo municipal
13,06 €
5.1.3. Cando as actividades sinaladas no punto 5.1.1. e 5.1.2. se desenvolvan os días e no horario estabelecido na disposición adicional 1ª, pagarase un suplemento por hora ou fracción de utilización de luz eléctrica
4,72 €
5.2. Adestramento, competicións e outros actos que impliquen ocupación das instalacións con
cobramento de entradas, por hora ou fracción
 
5.2.1. De veciños, asociacións ou clubs do termo municipal
22,70 €
 
5.2.2. De persoas, asociacións ou clubs de fora do termo municipal
62,65 €
 
5.2.3. Cando as actividades sinaladas no punto 5.2.1. e 5.2.2 se desenvolvan os días e no horario estabelecido na disposición adicional 1ª, pagarase un un suplemento por hora ou fracción de utilización de luz eléctrica
4,72 €
B. CAMPOS DE FÚTBOL DE HERBA
5.1. Actividades deportivas
5.1.1. Adestramentos e competicións sen cobramento de entrada, por hora
ou fracción
14,50 €
5.1.2. Competicións de carácter oficial con cobramento de entrada, por
partido
72,52 €
5.1.3. Cando as actividades sinaladas no punto 5.1.1. se desenvolvan os
días e no horario estabelecido na disposición adicional 1ª, pagarase
un suplemento por hora ou fracción de utilización de luz eléctrica
7,24 €
C. PISTAS DEPORTIVAS DESCUBERTAS
5.1. Actividades deportivas e competicións sen taquilla, por hora
5,07 €
D. CAMPOS DE FÚTBOL DE TERRA
5.1. Actividades deportivas
5.1.1. Adestramentos e competicións sen cobramento de entrada, por hora
ou fracción
14,50 €
5.1.2. Competicións de carácter oficial con cobramento de entrada, por
partido
50,77 €
5.1.3. Cando as actividades sinaladas no punto 5.1.1. se desenvolvan os
días e no horario estabelecido na disposición adicional 1ª, pagarase
un suplemento por hora ou fracción de utilización de luz eléctrica
7,24 €
E. POLIDEPORTIVAS MUNICIPAIS DE COLEXIOS PÚBLICOS
5.1. Actividades deportivas
5.1.1. Adestramentos e competicións de vecinos, asociacións ou clubs do
Concello
4,72 €
5.1.2. Adestramentos e competicións de persoas, asociacións ou clubs de
fóra do Concello
13,06 €
5.1.3. Cando as actividades sinaladas no punto 5.1.1. se desenvolvan os
días e no horario estabelecido na disposición adicional 1ª, pagarase
un suplemento por hora ou fracción de utilización de luz eléctrica
4,72 €
F. PISCINA MUNICIPAL
 
5.1. A B O N A D O S
COTA TRIBUTARIA
5.1.1.
5.1.2.
5.1.3.
5.1.4.
5.1.5.
5.1.6.
Cota de entrada(existente para todo tipo de abonados)...........
Abonado individual “mini” (cota mensual).................................
Abonado individual “maxi” (cota mensual)................................
Abonado xove (menor de 25 anos)...........................................
Abonado familiar:
* Cota mensual responsábel da unidade familiar....................
* Cota mensual do cónxuxe.....................................................
* Cota mensual por cada fillo...................................................
Abonados da terceira idade........................................................
22,32 €
14,89 €
22,32 €
17,58 €
18,62 €
3,72 €
3,72 €
14,89 €
a) Entenderase por abonado individual “mini”(tarifa 5.1.2.), unha persoa maior de 25 anos que usa as instalacións de luns a venres de 08:00 a 16:00 horas.
b) Entenderase por abonado individual “maxi”(tarifa 5.1.3.), unha persoa maior de 25 anos que fai uso das instalacións da piscina sen limitación horaria durante todo o ano e en calquera horario.
c) Enténdese por abonado familiar (tarifa 5.1.5.) o responsábel da unidade familiar que pode incluír ao seu cónxuxe e fillos menores de 18 anos e que fan uso das instalacións sen limitación horaria nin de días. Os fillos ao cumprir os 18 anos deberán inscribirse nunha das categorías individuais, sen ter que aboar cota de entrada.
d) Os nenos menores de 3 anos integrantes da unidade familiar non pagaran cota tributaria ningunha.
e) Os irmáns inscritos en cursos de natación terán unha bonificación na cota tributaria do 25 % no segundo irmán e seguintes.
f) A condición de usuario adquírese tralo pagamento da cota tributaria corresponte
5.2.
NON ABONADOS
COTA TRIBUTARIA
5.2.1.
5.2.2.
Entrada á piscina municipal..............................................
Entrada menores de 16 anos e maiores con carnet de estudante ou universitario..................................................................
3,72 €
1,48 €
5.2.3.
5.2.4.
Bono 4 entradas................................................................
Bono 8 entradas................................................................
12,00 €
23,00 €
5.3. CURSOS
A cota tributaria dos cursos de tempada estabeleceranse dependendo da duración do mesmo, das horas e do tipo de curso impartido, fixándose as seguintes tarifas ou cotas:
5.3.1. CURSOS DE NATACIÓN
Dias
Mensual
abonados
Mensual non
Abonados
Trimestral
abonados
Trimestral non abonados
1 día á semana
5,20 €
10,41 €
14,15 €
28,28 €
2 días á semana
10,06 €
20,10 €
27,90 €
55,81 €
3 días á semana
14,89 €
29,76 €
40,92 €
81,84 €
5 días á semana
24,56 €
49,12 €
66,98 €
133,96 €
5.3.2. CURSO DE NATACIÓN TERCEIRA IDADE E MINUSVALÍAS.
Dias
Mensual
abonados
Mensual no
abonados
Trimestral
abonados
Trimestral no
abonados
1 día á semana
2,99 €
5,96 €
7,83 €
15,63 €
2 días á semana
5,20 €
10,41 €
14,52 €
29,01 €
3 días á semana
7,45 €
14,89 €
20,10 €
40,18 €
a) Enténdese abonado da 3ª idade (tarifas F.5.1.6 e F.5.3.2.), unha persoa maior de 65 anos, ou menores de 65 anos que sexan pensionistas, que poidan facer uso das instalacións da piscina municipal, sen limitación de días nin de horas.
b) Enténdese por usuario con minusvalía (tarifa F.5.3.2.), a persoa que teña unha discapacidade superior ao 33%, segundo certificado expedido pola Consellería de Servizos Sociais.
5.3.3. CURSOS NATACIÓN BEBÉS
Días
Mensual
abonados
Mensual non
abonados
Trimestral
abonados
Trimestral non
abonados
1 día á semana
14,89 €
29,76 €
39,08 €
78,14 €
2 días á semana
20,46 €
40,91 €
55,82 €
111,63 €
3 días á semana
26,05 €
52,08 €
72,55 €
145,11 €
5.3.4. CURSOS DE NATACIÓN PARA ESCOLARES.
Días
Mensual abonados
Mensual non abonados
1 día á semana
1,87 €
3,72 €
5.4. OUTRAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA PISCINA MUNICIPAL
5.4.1. XIMNASIA NA AUGA
Días
Mensual
abonados
Mensual non
abonados
Trimestral
abonados
Trimestral non
abonados
2 días á semana
11,23 €
22,49 €
 
60,72 €
3 días á semana
16,87 €
37,96 €
 
91,09 €
5.4.2. NATACIÓN TERAPÉUTICA
Días
Mensual abonados
Mensual non abonados
2 días á semana
16,39 €
32,57 €
3 días á semana
24,59 €
49,19 €
5.4.3. RESERVAS
 
Solarium
Masaxe
Compex
Abonados
1 sesión
12 sesións
13,87 €/sesión
5,55 €/sesión
3,55 €
35,51 €
Non abonados
1 sesión
12 sesións
21,08 €/sesión
5,55 € /sesión
5,00 €
49,94 €
5.4.4. OUTRAS ACTIVIDADES ORGANIZADAS POLA PISCINA MUNICIPAL
 
TENIS
AERÓBIC
CAMPAMENTOS
  
2 días semana
3 días semana
 
Abonados
14,04 €/mes
14,04 €/mes
21,08 €/mes
34,08 €
Non abonados
21,08 €/mes
21,08 €/mes
31,62 €/mes
Mensual
Bimens.
69,22 €
112,76 €
5.4. OUTRAS TARIFAS
5.4.1.
Aluguer de rúas na piscina municipal
15,07 € / 45 minutos

Artigo 6. Período impositivo e devengo.

O período impositivo coincidirá, nos abonados á piscina municipal, co mes natural, devengándose o primeiro día do período impositivo, sendo as cotas irreducibeis por dito período.
As tarifas que deban satisfacer os non abonados á piscinal municipal devengaranse instantáneamente no momento de acceder ás instalacións ou de formular a solicitude, se de actividades se tratara.
O período impositivo, nos cursos impartidos na piscina municipal, e naqueloutros impartidos pola entidade xestora da piscina municipal, coincidirá co período de desenvolvemento do curso, devengándose o primeiro día do período impositivo, sendo as cotas irreducibeis por dito periodo.
Nas restantes instalacións deportivas e pola prestación de servizos sinalados na presente ordenanza, o periodo impositivo coincidirá co período solicitado polo suxeito pasivo para a utilización da instalación deportiva, devengándose a taxa no momento de formalizar a solicitude.

Artigo 7. Criterios xenéricos de capacidade económica

Cando os ingresos da unidade de convivencia non superen os que deseguido se detallan, os usuarios terán unha redución do 50% no importe das tarifas correspondentes ao apartado G do artigo 5 da presente Ordenanza:
Membros da Unidade de convivencia
Ingresos netos anuais
1
6.949,12 €
2
9.845,92 €
3
12.739,51 €
4
15.055,89 €
5 ou máis
17.372,26 €
Para os efectos deste artigo, entenderase por unidade de convivencia aquela vencellada economicamente ao solicitante. Para o cálculo dos ingresos contabilizarase os dos familiares obrigados a prestar alimentos segundo o define o Código Civil.

Artigo 8. Normas de xestión

1. Mensualmente, polos servizos encargados da xestión da Piscina Municipal, elaborarase un padrón municipal de aboados para o cobro mensual das correspondentes cotas tributarias. O impago das mesmas ocasionará a imposibilidade de acceso á Piscina. Acumulados tres recibos pendentes de cobro, o aboado causará baixa no Padrón, debendo, no caso de nova solicitude de aboado á piscina, aboar a cota de entrada correspondente.
2. Nas restantes instalacións e prestación de servizos, esixirase a autoliquidación do importe da taxa. As devolución que procedan por falta de prestación do servizo por causas non imputabeis ao contribuinte, tramitaranse polo procedemento que rexe o reintegro de pagos indebidos. Prestado o servizo, a cantidade ingresada en concepto de autoliquidación será aplicada ao importe definitivo da taxa, esixindose, no seu caso, a maior contía que resulte.
3. A utilización das instalacións referidas nesta ordenanza, solicitaranse por escrito dirixido ao Servizo Municipal de Deportes, cos datos do solicitante, así como da persoa, equipa, entidade ou asociación que vaia facer uso das instalacións. Na mesma sinalarase, ademais, a persoa responsabel do bo uso destas e a data e tempo da utilización do servizo de que se trate.
Presentada instancia, resolverase sobre a procedencia da utilización, que deberá ser motivada, no suposto que fora denegatoria.
4. No caso de tratarse de actos ou actuacions extradeportivas por sociedades, partidos políticos ou outros espectáculos artísticos de índole non deportiva, serán resoltos pola Alcaldía, que en todo caso poderá solicitar os informes correspondentes do Servizo Municipal de Deportes. Dita resolución sobre a procedencia ou improcedencia de conceder a autorización para usar as instalacións, será notificada aos interesados e aos servizos encargados da súa execución.
5. O Concello de Arteixo, previo informe do Servizo Municipal de Deportes, poderá esixir unha fianza para responder dos posibeis desperfectos que se poidan producir nas instalacións deportivas, agás cando se trata da piscina municipal ou das escolas deportivo municipais. A devolución da anterior garantía resolverase, previo informe do Servizo Municipal de Deportes, acreditativo de que non foron causados danos nas instalacións municipais ou se estes foran causados, que xa se teñan reparados.
6. A concesión da bonificación sinalado no artigo 7 da presente ordenanza deberá ser solicitada polo usuario con carácter previo á prestación do servizo e informada polo Servizo Municipal de Deportes. A falla desta solicitude ou a súa presentación extemporanea motivará a denegación da bonificación.

Artigo 9. Infraccións e sancións.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan, estarase ao disposto nos artigos 183 e seguintes da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.

DISPOSICIÓN ADICIONAL PRIMEIRA

1. A efectos do cálculo da tarifa estabelecida no artigo 5, apartados A, B, C, D e E, por utilización de luz eléctrica, fixanse os seguintes períodos para o funcionamento da luz artificial:
- Do 1 de setembro ao 30 de abril do seguinte ano : a partir das 19:00 horas
- Do 1 de maio até o 31 de agosto : a partir das 21:00 horas
2. As tarifas estabelecidas para a participación nas escolas deportivo municipais refirense ao período comprendido entre o mes de outubro e o mes de xuño, ambos incluidos, desenvolvendose ao longo de dito período, segundo o calendario escolar, e que responderá igualmente a idéntico período estabelecido pola Conselleria correspondente.

DISPOSICIÓN ADICIONAL SEGUNDA

As entidades deportiva munipais, inscritas con tal carácter no Rexistro municipal de Entidades, estarán exentas de aboar as tarifas sinaladas no artigo 5, relativo á utilización das instalacións deportivas municipais, agás a piscina municipal, sempre que tiveran asinados convenios de colaboración en materia deportiva co Concello de Arteixo, se así se estabelece no citado Convenio.

DISPOSICIÓN ADICIONAL TERCEIRA

As tarifas anteriores serán incrementadas anualmente no IPC.

DISPOSICIÓN FINAL

A presente Ordenanza Fiscal, que consta de nove artigos, foi aprobada polo Pleno en sesión celebrada o día un de outubro de 2001.

Foi modificada posteriormente segundo acordos plenarios de 27 de decembro de 2001, 18 de xullo de 2002, 28 de outubro de 2004 e 30 de xuño de 2005, 20 de xullo de 2006, 27 de decembro de 2007 e 23 de xuño de 2008

A presente modificación foi aprobada polo Concello Pleno en sesión celebrada o día 27 de xaneiro de 2011, entrando en vigor, ao día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor até a súa modificación ou derrogación expresas.