Boimorto - ORDENANZA FISCAL N.º 8, REGULADORA DA TAXA DE SUBMINISTRO DE AUGA

Publicación provisional: 19/02/1998 BOP Nº: 41
Publicación definitiva: 19/02/1998 BOP Nº: 41
Aplicable dende: 01/01/2012

Artigo 1º .-Fundamento legal.

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 en relación co 20 do Real Decreto lexislativo 2/2004 de 5 de marzo polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, este Concello establece a taxa de subministro de auga, que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal.

Artigo 2º .-Feito impoñible.

Constitúe o feito impoñible da taxa a prestación do servicio de distribución de auga, incluído os dereitos de enganche e colocación e utilización de contadores e instalacións análogas.

Artigo 3º .-Suxeitos pasivos.

1. Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades as que se refire o artigo 41 da Lei Xeral Tributaria, que ocupen ou utilicen as vivendas e locais emprazados nos lugares, prazas, rúas ou vías públicas en que se preste o servizo, xa sexa a título de propietario ou de usufructuario, habitacionista, arrendatario ou, incluso, en precario.

2. Terá a consideración de suxeito pasivo substituto do contribuínte o propietario das vivendas ou locais, que poderán repercutir, no seu caso, as cotas satisfeitas sobre os usuarios daquelas, beneficiarios do servizo.

Artigo 4º .-Responsables.

1. Responderán solidariamente das obrigacións tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas ós que se refire o artigo 42 da Lei Xeral Tributaria.

2. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da Lei Xeral Tributaria.

Artigo 5º .-Cota tributaria.

A cota tributaria establecida nesta ordenanza axustarase ás seguintes tarifas:

a) Cota de conexión á rede municipal de abastecemento de auga: 50 €.

b) Subministro de auga:

Cota mínima trimestral: 3 €.

– Ata 60 m3 trimestrais: 0,25 €/m3.

– De 60 m3 a 120 m3 trimestrais: 0,50 €/m3.

– A partir de 120 m3 trimestrais: 0,75 €/m3.

A estas tarifas aplicaráselle o importe do IVE correspondente.

Artigo 6º .-Bonificacións.

Non se concederá bonificación ningunha dos importes das cotas tributarias sinaladas na tarifa desta taxa.

Artigo 7º .-Retribución.

1.-Retribúese a taxa e nace a obrigación de contribuír desde o momento en que se inicie a prestación do servicio, entendéndose iniciada, dada as naturais de recepción obrigatoria do mesmo, cando estea establecido e en funcionamento o servicio municipal obxecto da presente regulación.

2. As cotas retribuiranse o primeiro día de cada trimestre natural, salvo que a retribución da taxa se producise con posterioridade a dita data, en tal caso será a partir a mesma cando se produza a retribución.

Artigo 8º .-Obrigación de pagamento.

O pagamento da taxa efectuarase mediante recibo. A lectura do contador, a facturación e cobro do recibo, farase trimestralmente e ó efecto de simplifica-lo cobro, poderán ser incluídos nun recibo único, que inclúa de forma diferenciada, as cotas ou importes correspondentes a outras taxas que se retribúen no mesmo período, tales como recollida de lixo, rede de sumidoiros, etc...

Artigo 9º .-Infraccións e sancións.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 181 a 212 da Lei Xeral Tributaria.

Disposición final.

A presente modificación de ordenanza fiscal entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, e será de aplicación a partir do 1 de xaneiro de 2012, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.