Ponteceso - ORDENANZA FISCAL NÚMERO 13, REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVICIO PÚBLICO DE SUBMINISTRACIÓN DE AUGA POTABLE A DOMICILIO

Publicación provisional: 18/01/2002 BOP Nº: 15
Publicación definitiva: 18/01/2002 BOP Nº: 15
Aplicable dende: 20/03/2012

Artigo 1.º .-Fundamento e natureza.

No uso das facultades que aos Concellos lles conceden os artigos 133.2 e 142 da Constitución e o artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e de conformidade co que dispoñen os artigos 15 e 19 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, o Concello de Ponteceso establece a taxa por prestar o servizo de sumidoiro, que se rexerá por esta ordenanza fiscal, as normas da cal atenden ao que preve o artigo 57 do Real decreto lexislativo 2/2004.

Artigo 2.º .-Feito impoñible.

Constitúe o feito impoñible desta taxa a prestación no Concello dos seguintes servicios:

a) Subministración de auga potable a domicilio.

b) Acometidas á rede xeral de abastecemento de auga.

c) Conservación de acometidas e contadores.

Artigo 3.º .-Suxeito pasivo.

1. Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou as xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 35.4 da Lei xeral tributaria, e que soliciten, resulten beneficiadas ou sexan usuarias dos servizos que se describen no parágrafo anterior

2 Terán a condición de substitutos do contribuínte os propietarios das vivendas ou locais ós que se provea do servicio, podendo repercutir, de se-lo caso, as cotas sobre os respectivos beneficiarios.

Artigo 4.º .-Responsables.

Serán responsables solidarios ou subsidiarios da débeda tributaria, xunto cos debedores principais, as persoas ou as entidades ás que se refiren os artigos 42 e 43 da Lei xeral tributaria.

Artigo 5.º .-Base impoñible e liquidable.

A base do presente tributo estará constituída por:

a) Na subministración ou distribución de auga: os metros cúbicos de auga consumida no inmoble onde estea instalado o servicio.

b) Nas acometidas á rede xeral: a sección da rede de distribución e do ramal de conexión.

Artigo 6.º .-Cota tributaria.

1. A contía da taxa que se regula neste texto será a que fixen as seguintes tarifas:

a) Abastecemento de auga.

Abonados domésticos:

Mínimo (12,5 m3/abonado/mes): 0,500000 euros/m3

Excesos: 0,611563 euros/m3.

Abonados industriais:

Mínimo (31,0 m3/abonado/mes): 0.611563 euros/m3

Excesos: 0,688925 euros/m3.

Cota de enganche para calquera uso (dunha soa vez): 150,25 euros.

2. As tarifas anteriores non inclúen o IVE, que o Concello engadirá en todo caso

b) Cota de conservación dos contadores.

Calibre (mm).-Cota mensual

13 mm: 0,21 euros/mes

25/30 mm: 0,37 euros/mes

40/50 mm: 0,68 euros/mes

65 mm: 4,16 euros/mes

80 mm: 5,19 euros/mes

100 mm: 6,49 euros/mes

150 mm: 9,36 euros/mes

200 mm: 18,95 euros/mes

250 mm: 23,88 euros/mes

300 mm: 32.15 euros/mes

400 mm: 47.11 euros/mes

500 mm: 60,54 euros/mes

c) Cota de conservación da acometida.

0,22 euros/unidade

Artigo 7.º .-Percepción.

A presente taxa percibirase dende o momento en que se inicie a prestación do servicio, previa a correspondente solicitude ou desde que se utilice este sen ter obtido a previa licencia.

Artigo 8.º .-Normas de xestión.

1.-Altas e baixas:

A) Usos domésticos.-Para poder dá-la alta ó futuro abonado de usos domésticos, o interesado deberá presentar, xunto coa correspondente solicitude, o último dos recibos efectivos do imposto de bens inmobles da vivenda na que pretenda a subministración e aboa-la cota de enganche fixada no artigo 6.º .

B) Usos industriais.-Ademais do esixido no apartado anterior, ó interesado poderáselle esixi-lo último dos recibos efectivos do imposto de actividades económicas.

C) Usos para obras en construcción.-O interesado deberá presentar, xunto coa solicitude de enganche, a correspondente copia da solicitude da licencia de obra e aboa-la cota de enganche mencionada.

D) No caso de que, por motivos hixiénico-sanitarios, a comisión de goberno o considere oportuno, poderá conceder altas provisionais aplicando, neste caso, a tarifa que corresponde ós usos industriais.

E) No caso de que, para cada un dos conceptos anteriormente indicados, o interesado non presente os documentos que se citan, o Concello desestimará a solicitude.

F) Respecto ás baixas, o Concello non outorgará baixas temporais.

2.-O pagamento desta taxa farase no momento en que se lle presente ó interesado, obrigado a realizalo, a correspondente factura, que se realizará con periodicidade trimestral.

3.-As débedas correspondentes á prestación do servicio poderán esixirse polo procedemento de constrinximento, de conformidade co establecido no Regulamento xeral de recadación.

Artigo 9.º .-Infraccións e sancións.

En todo o relativo a infraccións tributarias e á súa cualificación, así como ás sancións que correspondan en cada caso, aplicaranse as normas contidas na Lei xeral tributaria.

Disposición final.

1. A modificación desta ordenanza fiscal entrará en vigor ao día seguinte en que se publique integramente no Boletín Oficial da Provincia, comenzará a aplicarse nesa data e permanecerá en vigor ata que o Concello a modifique ou a derrogue expresamente.