Cee - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DA GARDERÍA MUNICIPAL

Publicación provisional: 05/02/2012 BOP Nº: 44
Publicación definitiva: 27/04/2012 BOP Nº: 80
Aplicable dende: 27/04/2012

Artigo 1.–Fundamento legal.

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo art. 106 da Lei 7/85, reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 e 19, en relación co art. 20 do RDL 2/2004, do 5 de marzo, o Concello de Cee establece a taxa por prestación do servizo da escola infantil municipal, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal.

Artigo 2.–Feito impoñible.

Constitúe o feito impoñible da taxa a prestación do servizo da escola infantil municipal.

Artigo 3.–Suxeitos pasivos.

Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas que resulten beneficiadas ou afectadas pola actividade administrativa ou servicio que constitúe o feito impoñible desta taxa.

Artigo 4.–Responsables.

Responderán solidariamente das obrigacións tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas ou xurídicas que son causantes ou colaboran na realización dunha infracción tributaria.

Artigo 5.–Base impoñible e cota tributaria.

A cota tributaria calcularase conforme aos seguinte tramos de renda:

Matrícula: 30 €

TARIFA 1.–RENDA PER CAPITA

MÁIS DE 450 €/MES

Xornada completa (8 horas diarias)

½ xornada (4 horas diarias en xornadas de mañá ou tarde)

45% da renda per cápita (ata un máximo de 202,50 € mes)

35% da renda per cápita (ata un máximo de 157,50 €/mes)

Ou en ámbolos casos o 12% da renda total da unidade familiar.

TARIFA 2.–RENDA PER CÁPITA

Dende 300 €/mes a 450,00 €/mes

Xornada completa (8 horas diarias)

½ xornada (4 horas diarias en xornadas de mañá ou tarde)

35% da renda per cápita

25% da renda per cápita

TARIFA 3.–RENDA PER CÁPITA

Dende 240,01 € a 300,00 €/mes

Xornada completa (8 horas diarias)

½ xornada (4 horas diarias en xornadas de mañá ou tardes)

25% da renda per cápita

15% da renda per cápita

TARIFA 4.–RENDA PER CÁPITA

Dende 180,00 €/mes a 240,00 €/mes

Xornada completa (8 horas diarias)

½ xornada (4 horas diarias en xornadas de mañá ou tarde)

20% da renda per cápita

10% da renda per cápita

TARIFA 5.–RENDA PER CÁPITA

ATA 180,00 €/MES

Xornada completa (8 horas diarias)

½ xornada (4 horas diarias en xornadas de mañá ou tarde)

15% da renda per cápita

8% da renda per cápita

Prezo por hora a maiores: 17,50 €/mes.

Prezo por hora esporádica: 10 €.

Artigo 6.–Revisión da tarifa.

Ó longo do curso poderase proceder á revisión da tarifa fixada inicialmente, sempre que se produzan e xustifiquen variacións nas circunstancias económicas ou familiares.

A comisión revisará a tarifa anualmente.

Artigo 7.–Retribución e período impositivo.

A taxa retribuirase cando se inicie a prestación do servicio. O período impositivo coincide co ano natural, prorrateado por meses.

Artigo 8.–Liquidación, recadación e xestión.

A liquidación da cota tributaria practicarase por meses naturais e deberanas aboa-los interesados nos dez primeiros días de cada mes, en calquera oficina bancaria na que teña conta este Concello ou nas oficinas municipais (só en casos excepcionais a criterio da tesourería).

Non se aboará a tarifa que corresponda ó mes en que o centro permaneza pechado por razóns de vacacións de verán. Se por calquera motivo o centro permanecese pechado durante un número superior a quince días consecutivos, non se aboará a tarifa que corresponda a este período.

A inasistencia do usuario ó centro durante un período determinado, non supón redución ningunha, nin extinción da tarifa, mentres non se formalice a baixa correspondente.

Artigo 9.–Infraccións e sancións.

En materia de infraccións e sancións estarase ó disposto na Lei xeral tributaria e nas disposicións que a complementen e desenvolvan.

Disposición derrogatoria.

A presente ordenanza fiscal a súa entrada en vigor, deroga a ordenanza fiscal vixente.

Disposición final.

A presente ordenanza fiscal entrará en vigor unha vez publicada no Boletín Oficial da Provincia e comezará a rexer a partir do curso escolar 2012-2013, permanecendo vixente ata que se acorde a súa modificación ou derrogación expresa.