Ordes - ORDENANZA FISCAL Nº 11, REGULADORA DA TAXA POR ENTRADA DE VEHÍCULOS E VAOS PERMANENTES.
Artigo 1º. Fundamento e natureza
Artigo 2º.-Feito impoñible.
Artigo 3º.-Suxeitos pasivos.
Artigo 4º.-Responsables.
Artigo 5º.-Base impoñible.
Artigo 6.º .-Cota tributaria.
A cota tributaria será a que resulte da aplicación das seguintes tarifas:
Tarifa primeira.- reserva con entrada de garaxe.
a. Entradas a garaxes ou locais de uso exclusivo do/a propietario/a do local para a garda dos seus propios vehículos, incluída a reserva de espazo, ata tres metros lineais, e unha capacidade máxima de tres prazas: 76,21 €/anuais.
b. Entradas a garaxes ou locais para a garda de vehículos, podendo realizar reparacións dos mesmos, prestación de servizos de engraxe, lavado, petroleado, etc., incluída a reserva do espazo até tres metros lineais, segundo a capacidade do local:
- Ata 5 prazas: 91,46 €/anuais.
- De 6 a 20 prazas: 152,42 €/anuais.
- De 21 a 60 prazas: 228,63 €/anuais.
- Cando exceda de 60 prazas: 266,33 €/anuais.
c. Por cada metro lineal superior a tres incrementarase a tarifa nun 100%.
Tarifa segunda.- Reserva sen entrada de vehículos.
Reserva de espazos ou prohibición de estacionar sen entrada de vehículos.
a. Reserva de espazos nas vías e terreos de uso público concedidos a entidades ou particulares,para aparcamento exclusivo ou prohibición de estacionamento.
Satisfarán ao ano por cada metro lineal ou €. fracción: 114,32
b. Reserva de espazos ou prohibición de estacionamento nas vías e terreos de uso público para paradas de servizos de transporte colectivo de viaxeiros. Por cada metro lineal ou fracción de calzada que acade a reserva de espazo: 38,10 € anuais.
En todo caso será de conta do solicitante a sinalización da zona de reserva, tanto horizontal como vertical, segundo modelo oficial.
As zonas de carga e descarga debidamente sinalizadas polo Concello non serán obxecto de tarificación nas horas expresamente indicadas, nas que estará prohibido o seu uso fora do fin previsto, isto é, carga e descarga.