Muros - Ordenanza fiscal reguladora da taxa por prestación dos servizos de evacuación de augas / depuración e mantemento da EDAR .

Publicación provisional: 29/09/1989 BOP Nº: 00
Publicación definitiva: 29/09/1989 BOP Nº: 00
Aplicable dende: 04/12/2012

Artigo 1.- Feito Imponible.

1.        Constitúe o feito imponible da taxa:

a)            A  actividade  municipal  tendente á verificación de se concorren  as
condicións  necesarias   para  autoriza-la  acometida  á
  rede  de  saneamento
municipal.

b)     A prestación dos servicios de evacuación de augas pluviais, negras e
residuais, a travesó
da rede de saneamento municipal e, se for do caso, o
tratamento para depúralas.

2.- Non estarán suxeitas a tasa as fincas derruidas, declaradas ruinosas ou que teñan a condición de solar ou terreo.

Artigo 2.- Suxeito Pasivo.

1. Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se ref iré o artigo 33 da Leí Xeral Tributaria que sexan:

a)    cando  se  trate  da  concesión   de   licencia  de  acometida  a   rede,   o
propietario, usufructuario ou titular do dominio útil da finca.

b)  no caso da prestación de servicios do número l.b) do artigo anterior, os
ocupantes ou usuarios das fincas do termo municipal beneficiarí
as de dito
servicios,    calquera    que    sexa    o    tí
tulo:     propietarios,    usufructuarios,
habitacionistas, ou arrendatarios, incluso en precario.

2.- En todo caso, terá a consideración de suxeito pasivo substituto do ocupante ou usuario das vivendas ou locáis, o propietario do inmoble, que poderá repercutir, no seu caso, as cotas satisfeitas sobre os respectivos beneficiarios do servicio.

Artigo 3.- Responsables.

1. Responderán solidariamente das obrigacións tributarias do suxeito pasivo, as perseas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Leí Xeral Tributaria.

2. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e síndicos, interventores ou liquidadores de crebas, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.

Artigo 4.- Cota tributaria

1.    A   cota   tributaria   correspondente   á   concesión   da   licencia   ou
atorización de acometida á rede de saneamento esixirase por unha soa vez e
consistrá na cantidade f ixa de dez mil pesetas.

2.  A cota tributaria do servicio é a de:

Cota por prestación dos servizos de evacuación de augas / depuración e mantemento da EDAR : é a resultante da suma dunha cota fixa, en función do destino do inmoble, e dunha cota variable, calculada en función dos metros cúbicos de auga consumidos:

1) cota fixa:

- Vivendas e establecementos comerciais de ata 50 m2 de superficie: 2,00 euros ao trimestre.

- Establecementos hostaleiros: 2,50 euros ao trimestre .

- Establecementos comerciais de máis de 50 m2 de superficie e establecementos industriais de todo tipo: 3,00 euros ao trimestre.

2) cota variable:

- Por metro cúbico de auga para usos domésticos: 0,15 euros/m3.

- Por metro cúbico de auga para usos non domésticos: 0,24 euros/ m3.

3 ) Taxa de conexión (Enganche) .Autorización da acometida á rede de saneamento municipal. 72, 12 €. Pola conexión aos colectores : 300 € + IVE ata unha distancia de 5 mt.

3. Non se concederán exencions nin bonif icacións na exacción da presente taxa.

Artigo 5.- Período impositivo.

1. O período impositivo coincide co ano natural, non sendo no suposto de
primeira utilizaci
ón ou reapertura dos locáis. Neste caso o perí
odo impositivo
comezará o día no que se produza aquel feito."

2.     O importe da cota do imposto prorratearase por trimestres naturais
nos casos de primeira utilización ou reapertura ou cerré dos locáis.

Artigo 6.- Devengo.

1. Devéngase a taxa e xorde a obrigación de contribuir cando se inicie a actividade municipal que constitúe o feito imponible,isto é:

a)        na data de presentación da oportuna solicitude da licencia da acometida,
se o suxeito pasivo a formulara expresamente.

b)        dende que teña lugar a efectiva acometida á rede de saneamento. O
devengo por esta modalidade de taxa prodú
cese con independencia de que se
obtivera ou non a  licencia de acometida e sen perxuício da  iniciació
n do
expediente administrativo para a súa autorización.

2.- Os servicios de evacuación de augas pluviais, negras e residuais e, se for do caso, da súa depuración, teñen carácter obrigatorio para tódalas fincas do municipio que teñan fachada a rúas, prazas ou vías públicas ñas que exista saneamento, sempre que a distancia entre a rede e a finca non exceda de cen metros e devengarase a taxa aínda cando os interesados non fagan a acometida á rede.

Artigo 7.- Declaración, liquidación e ingreso.

1. No prazo de quince días seguintes á data en que se devengue a taxa
por primeira vez, os suxeitos pasivos formalizarán a súa inscrición e rexistro
mediante a presentación da correspondente declaración de alta e  ingreso
simultáneo da cota do ano corrente.

2.      Idéntica obrigación existe no caso de cesamento, cambio de uso ou
cerré de local.

3.   Cando se coñeza, de oficio ou  por comunicación dos  interesados,
calquera variaci
ón dos datos que figuran na lista de contribuíntes, o Concello
realizará as modificacións que cumpran que surtirán efecto no período de
cobranza corrente.

4.  O cobro será anual.

DISPOSICIÓN FINAL

Esta ordenanza entrará en vigor o primeiro día do mes de xaneiro do mil novecentos noventa.