Sede electrónica Deputación Provincial da Coruña

12:12:27 Xoves 26 de decembro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Canle de Denuncias Antifraude

O Pleno da Excma. Deputación provincial da Coruña aprobou o 23 de xuño de 2022 o Plan Xeral de Prevención de Riscos e de Medidas Antifraude na aplicación de Fondos Públicos: Especial Consideración dos Fondos procedentes do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR) aprobado pola Unión Europea (en diante PREMADECOR), no que se recolle dentro das medidas de detección, a canle de denuncias e bo goberno, garantindo o anonimato da persoa denunciante.

Ao referirse ao mesmo alude ao Anteproxecto de Lei en tramitación (xa aprobado como Proxecto de Lei polo Pleno do Congreso dos Deputados -BOCX do 30/12/2022-), reguladora das persoas que informen sobre infraccións normativas e de loita contra a corrupción -Consello de Ministros do 4 de marzo de 2022- para a transposición ao dereito español da Directiva (UE) 2019/1937 do Parlamento Europeo e do Consello, do 23 de outubro de 2019, relativa á protección das persoas que informen sobre infraccións do Dereito da Unión, que prevé, como a Directiva, entre os seus fitos principais a protección das persoas denunciantes, que non só teñen dereito a presentar unha denuncia, senón tamén ao anonimato, tendo en conta de que a posible toma de represalias é un freo tradicional a todo tipo de denuncias.

O PREMADECOR prevé refundir esta canle interna de denuncias coa xa existente de bo goberno, creada tras a adhesión da Deputación Provincial ao Código de Bo Goberno Local da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) mediante acordo do 21 de decembro de 2018 (BOP de 25/01/2019), con todo, a tramitación das denuncias e o posible anonimato da persoa denunciante só se predica inicialmente da canle de denuncias creada mediante o PREMADECOR en tanto que o seu ámbito de aplicación persoal é máis restrinxido, ao ser unha canle de denuncia interna na terminoloxía da Directiva (artigo 4).

De forma telemática a través do botón “Iniciar trámite”.

  • Instancia Canle de denuncia interna.

Nome: Canle de denuncias antifraude.

Inicio do procedemento: de oficio. A denuncia é o acto polo que se pon en coñecemento da Deputación Provincial a existencia dun determinado feito fraudulento ou irregular en relación con proxectos ou operacións financiados total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea, que puidese xustificar a iniciación de oficio dun procedemento administrativo, debendo o CADECOR (Comité anti-fraude da Deputación da Coruña) realizar as actuacións previas de investigación e detección.

Tipo de interesado: Persoa física denunciada.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite). 

Trátase dunha canle de denuncias interno, polo que se considera que non será unha canle adecuada para o tratamento efectivo da infracción denunciada ou considera que existe risco de represalia, poderá realizar a súa denuncia a través da canle externa habilitada para o efecto polo Servizo Nacional de Coordinación Antifraudes por medios electrónicos na dirección web: https://planderecuperacion.gob.es/buzon-antifraude-canal-de-denuncias-del-mecanismo-para-la-recuperacion-y-resiliencia