Sede electrónica Deputación Provincial da Coruña

15:23:55 Martes 6 de xaneiro 2026
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de certificación de servizos prestados na Deputación provincial

Este procedemento permite solicitar o certificado de servizos prestados á Deputación provincial da Coruña como persoal funcionario de carreira ou interino e como persoal laboral a efectos do seu recoñecemento como antigüidade na administración pública.

Presentación por medios electrónicos para as persoas coa condición de empregado público (art. 14.2.e) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas).

Presentación nas oficinas de rexistro (só persoas físicas non obrigadas polo art. 14 da Lei 39/2015 que renuncien á presentación electrónica). Pódese descargar o impreso ou impresos dende esta páxina para presentar.  

Nome: Solicitude de certificación de servizos prestados na Deputación provincial.

Unidade tramitadora: Recursos Humanos.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física.

Taxas: Consultar o artigo núm. 6. 2.1 da ordenanza núm. 3

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

Presencial