As solicitudes presentadas a través da sede electrónica deberán ir dirixidas a departamentos da Deputación Provincial da Coruña.
Non poderá utilizar esta vía (Solicitude Xeral) para a presentación de documentación dos servizos incluídos no seguinte catálogo:
- Presentación de Facturas que estean obrigadas a presentarse en FACe
- Tramitación de Subvencións SUBTEL
- Xestión de Plans, Obras e Servizos (POS, DTC,...)
- Rede Cultural (excepto facturas)
Calquera persoa física ou xurídica.
Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Organismo, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.
Nome: Solicitude xeral.
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).
Presencial.