Sede electrónica Deputación Provincial da Coruña

15:23:20 Martes 6 de xaneiro 2026
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de materiais propios (trofeos e/ou camisetas) da Deputación para eventos deportivos ou similares

Este procedemento permite solicitar trofeos e camisetas promocionais da Deputación provincial da Coruña para a celebración de eventos deportivos ou similares por entidades ou persoas cuxas actividades a desenvolver, sexan de interese provincial, así como a actividade promovida por esta administración.

Presentación por medios electrónicos (suxeitos contemplados no art. 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas).

Presentación a través do Sistema de Interconexión de Rexistros (SIR) no caso das entidades locais.

Presentación nas oficinas de rexistro (só persoas físicas non obrigadas polo art. 14 da Lei 39/2015 que renuncien á presentación electrónica).

  • Solicitude.
  • Memoria da actividade a desenvolver (obrigatoria).

Nome: Solicitude de materiais propio (trofeos e/ou camisetas) da Deputación provincial da Coruña para eventos deportivos ou similares.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica con representación suficiente.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                  Presencial.