Sede electrónica Deputación Provincial da Coruña

18:09:36 Xoves 26 de decembro 2024
Estás en:

A Deputación da Coruña ten como unha das súas prioridades garantir o dereito fundamental á protección dos datos persoais, tanto das persoas usuarias que se relacionen coa administración como do persoal empregado público ao seu servizo.

Neste sentido, a Deputación da Coruña manifesta que o tratamento dos datos de carácter persoal que poida resultar necesario para o desenvolvemento das súas competencias axustarase escrupulosamente ao disposto no Regulamento europeo de protección de datos de carácter persoal do Parlamento Europeo e o Consello 2016/679 do 26 de abril de 2016 (RXPD), a Lei orgánica 3/2018, de protección de datos e garantía dos dereitos dixitais, e a normativa de desenvolvemento ou conexa que poida resultar de aplicación na actualidade ou nun futuro.

Esta Política de Privacidade ten por obxecto poñer en coñecemento das persoas físicas que faciliten os seus datos persoais, e/ou os da persoa á que representa (en diante, a persoa interesada), respecto dos cales se está solicitando información, os aspectos específicos relativos ao tratamento dos seus datos, as finalidades dos tratamentos, os datos de contacto para exercer os dereitos que a asisten, os prazos de conservación da información e as medidas de seguridade entre outras cousas.

A política será aplicable tanto á información recollida directamente a través dos diferentes servizos da Deputación da Coruña, como a través da súa páxina web, os seus subdominios e a sede electrónica. É preciso advertir que esta Política de Privacidade podería variar en función de esixencias lexislativas ou de autorregulación, polo que se aconsella ás persoas usuarias que a visiten periodicamente.

Información sobre os datos persoais obxecto de tratamento

Todos os datos persoais que poidan subministrar as persoas interesadas non serán destinados a finalidades distintas das expresadas no momento da súa achega, segundo o suposto específico de que se trate, nin comunicados a terceiros salvo naqueles supostos legais en que poida procederse á devandita comunicación ou se conte co consentimento expreso da persoa interesada. Para a información sobre as finalidades, cesións e comunicacións a terceiros para un tratamento en concreto, consulte o Rexistro de Actividades de Tratamento.

A base xurídica que lexitima o tratamento dos seus datos persoais pode ter diversa natureza. A base xurídica concreta para un determinado tratamento pode consultala no noso Rexistro de Actividades de Tratamento.

Os datos persoais tratados en cada unha das finalidades indicadas á persoa interesada manteranse durante os prazos legalmente previstos. Para máis información sobre os prazos de conservación para un tratamento en concreto, consulte o Rexistro de Actividades de Tratamento.

Para máis información sobre un tratamento en concreto, consulte o Rexistro de Actividades de Tratamento.

Responsable do tratamento

A Deputación da Coruña é responsable de todos os tratamentos de datos de carácter persoal que realice no desenvolvemento da súa actividade propia. Respecto daqueles tratamentos de datos derivados da prestación de asistencia en favor doutras administracións públicas actuará como encargada do tratamento.

Delegado de Protección de Datos

A Deputación provincial da Coruña conta cun Delegado de Protección de Datos, con quen se poderá poñer en contacto a través do seguinte correo electrónico: delegadodeprotecciondedatos@dacoruna.gal.

Dereitos das persoas interesadas

Respecto dos dereitos das persoas interesadas, calquera persoa ten dereito a obter confirmación sobre a existencia dun tratamento dos seus datos, a acceder aos seus datos persoais, solicitar a rectificación dos datos que sexan inexactos ou, no seu caso, solicitar a supresión, cando entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para os fins para os que foron recollidos ou a persoa interesada retire o consentimento outorgado. En determinados supostos a persoa interesada poderá solicitar a limitación do tratamento dos seus datos, nese caso só se conservarán de acordo coa normativa vixente. No caso de que resulte de aplicación pode exercitar o seu dereito á portabilidade dos datos, que serán entregados nun formato estruturado de uso común ou lectura mecánica, a vostede ou ao novo responsable de tratamento que designe.

Contido dos dereitos recoñecidos nos artigos 15 ao 22 do RXPD na súa aplicación polo responsable do tratamento:

  • Dereito de acceso: a persoa interesada poderá solicitar e obter, de forma gratuíta, a información dos seus datos de carácter persoal sometidos a tratamento, a orixe dos citados datos e as comunicacións realizadas ou que se prevé facer con estes. O dereito de acceso non se poderá levar a cabo en intervalos inferiores a 6 meses, salvo causa xustificada.
  • Dereito de rectificación: serán rectificados os datos de carácter persoal cando resulten inexactos ou incompletos. De ser preciso, a persoa interesada achegará a documentación xustificativa da devandita rectificación.
  • Dereito de supresión: serán suprimidos os datos de carácter persoal se concorre algunha das seguintes circunstancias:
    • Non son necesarios para os fins para os que foron recollidos.
    • Retírase o consentimento, sendo esta a única base de lexitimación para o tratamento.
    • Faise uso do dereito de oposición e non existen outros motivos lexítimos para o tratamento.
    • Existencia dunha obrigación legal que estableza a supresión dos devanditos datos.
  • Dereito á limitación de tratamento: Poderá ser limitado o tratamento dos datos, a instancia da persoa interesada, cando:
    • Se impugne a exactitude dos datos.
    • O tratamento sexa ilícito e non solicite o dereito de supresión.
    • Os necesite no transcurso dunha reclamación.
    • Fixo uso do dereito de oposición e mentras se verifica se os motivos lexítimos do responsable prevalecen sobre os da persoa interesada.
  • Dereito á portabilidade dos datos: a persoa interesada poderá recibir os datos que facilitase e transmitilos a outro responsable do tratamento, sempre que o devandito tratamento se realizase por medios automatizados e que a súa licitude se basease  unicamente no consentimento ou na necesidade do devandito tratamento para a execución dun contrato.
  • Dereito de oposición: nos casos nos que non sexa necesario o consentimento da persoa afectada para o tratamento dos datos de carácter persoal, ou non sexa necesario para a execución dun contrario, e sempre que unha lei non dispoña o contrario, a persoa interesada poderá opoñerse ao seu tratamento cando existan motivos fundados e lexítimos relativos a unha concreta situación persoal.

Para exercitar os devanditos dereitos perante a Deputación provincial da Coruña, débese facer mediante solicitude no seu Rexistro, cuxo enderezo é Avenida Porto da Coruña, nº 2- 15003 A Coruña. Para tal fin, e se a persoa interesada o desexa, pode facer uso do modelo de solicitude que a Deputación pon ao seu dispor. Tamén pode tramitar a dita solicitude a través da sede electrónica da Deputación, se dispón dos certificados dixitais oportunos (https://sede.dacoruna.gal).

No suposto de que considere que non se atendeu, convenientemente, o exercicio dos seus dereitos pode presentar unha reclamación perante a Axencia Española de Protección de Datos.

Medidas de seguridade

As medidas de seguridade adoptadas pola Deputación da Coruña son aquelas requiridas, de conformidade co establecido no artigo 32 do RXPD. Neste sentido, a Deputación da Coruña, tendo en conta o estado da técnica, os custos de aplicación e a natureza, o alcance, o contexto e os fins dos tratamentos, así como os riscos de probabilidade e gravidade variables para os dereitos e as liberdades das persoas físicas, ten establecidas as medidas técnicas e organizativas apropiadas para garantir o nivel de seguridade adecuado ao risco existente.

En todo caso, a Deputación da Coruña ten implementados os mecanismos suficientes para:

  • Garantir a confidencialidade, integridade, dispoñibilidade e resiliencia permanentes dos sistemas e servizos de tratamento.
  • Restaurar a dispoñibilidade e o acceso aos datos persoais de forma rápida, en caso de incidente físico ou técnico.
  • Verificar, avaliar e valorar, de forma regular, a eficacia das medidas técnicas e organizativas implantadas para garantir a seguridade do tratamento.
  • Seudonimizar e cifrar os datos persoais, no seu caso.

No caso de que se produza unha violación da seguridade dos datos personais que poida entrañar un alto risco para os dereitos e liberdades das persoas físicas, a persoa interesada recibirá a información correspondente de acordo co artigo 34 do RXPD.

Hipervínculos páxina web

A páxina web da Deputación da Coruña pode incluír hipervínculos a outros sitios que non son operados ou controlados pola Deputación. Por iso, a Deputación da Coruña non garante nin se fai responsable da licitude, fiabilidade, utilidade, veracidade e actualidade dos contidos de tales sitios web ou das súas prácticas de privacidade. Rógase que, antes de proporcionar a súa información persoal a estes sitios web alleos á Deputación da Coruña, teña en conta que o seu cumprimento en materia de protección de datos pode diferir do noso. 

Para calquera dúbida sobre a Política de Privacidade anteriormente expresada pode contactar co Delegado de Protección de datos.

 

Máis información:
Axencia Española de Protección de Datos