Laracha A - ORDENANZA FISCAL Nº 2, REGULADORA DA TAXA POR EXPEDICIÓN DE LICENZAS, PERMISOS E DEMAIS AUTORIZACIÓNS EN MATERIA URBANÍSTICA
Artigo 1º. - Fundamento e natureza.
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real decreto lexislativo 2/2004 polo que se aproba o texto refundido da lei reguladora das facendas locais, o Concello da Laracha establece a taxa por expedición de licenzas urbanísticas.
Artigo 2º. - Feito impoñible.
1. - Constitúe o feito impoñible da taxa a actividade municipal, técnica e administrativa, tendente a verificar se os actos de edificación e uso do solo a que se refire no artigo 194.2 da Lei 9/2002, de 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e que deban de realizarse no termo municipal, axústanse ás normas urbanísticas, de edificación e policía previstas na citada Lei. O feito impoñible producirase tanto na comprobación do proxecto como en calquera das sús fases, isto é, básico e de execución, tal e como se definen no Anexo III do Real decreto 314/2006, de 17 de marzo, polo que se aproba o código técnico de edificación.
2. - Non estarán suxeitas a esta taxa as obras de mero ornato, conservación e reparación que se realicen no interior das vivendas.
Artigo 3º. - Suxeito pasivo.
1. - Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 35.4 da Lei xeral tributaria, que sexan propietarios ou posuidores, ou, no seu caso, arrendatarios dos inmobles nos que se realicen as construcións ou instalacións ou se executen as obras.
2. - En todo caso, terán a condición de substitutos do contribuínte os construtores e contratistas das obras
Artigo 4º. - Responsables.
O réxime de responsabilidades axustarase ao previsto nos artigos 41 a 43 da Lei 58/2003 xeral tributaria.
Artigo 5º. - Base impoñible.
Constitúe a base impoñible da taxa o custo real e efectivo da obra civil tal e como este se define no artigo 102.1 do Real decreto lexislativo 2/2004.
Artigo 6º. - Cota Tributaria.
As cotas tributarias son as seguintes:
1. - Sinalización de liñas e rasantes: 44 €
2. - Por movemento de terras, por cada m3 de terra movida: 0,03 €
3.- Por expedición de licenzas de parcelación ou segregación urbanística: 0,05 € por m2 de finca parcelada un mínimo de 60 €.
4. - Para os seguintes supostos, o 0,3% do importe do correspondente proxecto:
a) Por construción de toda clase de edificacións, levantamento de pisos, incluíndo como tales, sotos, entresollados, faiados, sexan ou non accesibles e ampliación dos existentes.
b) Por demolición de edificacións.
c) Por obras de distribución de pisos corridos ou reforma dos existentes sen afectar aos elementos estruturais.
d) Por construción e reparación de armadura de cuberta
e) Por apertura de portas e ventás.
f) Por construción de pozos de auga potable.
g) Por construción de cuartos de baño en edificios que non sexan de primeira construción.
h) Por construción de hórreos, alpendres, casetas, cortes, edificios en xeral, destinados a usos agrícolas ou gandeiros e toda clase de obras menores similares.
i) Por ramplas de acceso.
j) Por beirarrúas.
k) Por cada metro lineal de peche de terreo con aramados, postes de ferro, formigón ou madeira, reixa metálica, enreixado, zócolo, muro de pedra ou decorado.
l) Por condución de augas potables a domicilio. Os abastecementos privados tributarán con amaño á seguinte escala:
* Ata 250 metros de tubaxe colocada desde a captación ata a vivenda ou local que a utilice: 6,20 €.
* Desde 251 a 500 metros de tubaxe: 10,30 €
* Desde 501 a 1000 metros de tubaxe: 15,50 €
* A partir de 1001 metros: 22,70 €
* Por cruce de vías públicas, por cada metro lineal: 0,6€
5.- Por expedición de licenza de conexión á rede de abastecemento de auga, 12,50 euros por vivenda ou local.
6.- Por expedición de licenza de conexión á rede de saneamento de auga, 12,50 euros por vivenda ou local.
Para garantir a reposición do pavimento nos cruces de vías públicas, o peticionario da licenza deberá de constituír ademais un depósito que se ingresará na conta de valores independentes e auxiliares, que será devolto unha vez que conclúan as obras e se certifique pola oficina técnica municipal que se atopan en perfectas condicións. O importe constituirase por un período de un ano. O importe do depósito será o seguinte:
Vías públicas de formigón: 250 euros.
Vías públicas de aglomerado asfáltico: 400 euros.
Vías públicas de rego asfáltico: 350 euros.
Vías públicas de macadam: 150 euros.
Beirarrúas por metro cadrado: 50 euros.
En caso de desestimación formulada polo solicitante con anterioridade á concesión da licenza, as cotas a liquidar serán o 20% das sinaladas no número anterior, sempre que a actividade municipal se iniciara efectivamente.
Artigo 7º. -Exencións e bonificacións.
Non se concederán exención ni bonificación ningunha na exacción da taxa.
Artigo 8º. -Devengo.
1. - Devengarase a taxa e nace a obriga de contribuír cando se inicie a actividade municipal que constitúe o seu feito impoñible. Para estes efectos, entenderase iniciada esta actividade na data de presentación da oportuna solicitude da licenza urbanística, se o suxeito pasivo a formulase expresamente.
2. - Cando as obras se iniciaran ou executaran sen obter a oportuna licenza, a taxa devengarase cando se inicie efectivamente a actividade municipal conducente a determinar se a obra en cuestión é ou non autorizable, con independencia da iniciación do expediente administrativo que poida instruírse para a autorización desas obras ou a súa demolición se non foran autorizables.
3. - A obriga de contribuír, unha vez nacida, non se verá afectada en modo ningún pola denegación da licenza solicitada ou pola concesión desta condicionada á modificación do proxecto presentado, nin pola renuncia ou desestimación do solicitante unha vez concedida a licenza.
Artigo 8B) .- Suposto de non Suxeición .
Se estable a non suxeición desta taxa aos autónomos e empresas que soliciten licenza de apertura ou verificación ¿a posteriori" de comunicación previa para levar a cabo a súa implantación no termo municipal, así como para a ampliación dun establecemento empresarial xa existente sempre que conleve a creación de novos postos de traballo, cando o seu código CNAE corresponda a unha actividade económica das incluídas no eido da industria 4.0 ou da Ris3. Os beneficiarios deberán aportar as altas na Seguridade Social e contratos de traballo dos novos empregados/as.
Os beneficiarios deberán presentar as altas na Seguridade Social e contratos de traballo dos novos empregados/as nun prazo máximo de 15 días dende o otorgamento da licenza de primeira ocupación.Tendo que presentar no momento da solicitude da Licenza un compromiso firme do número de postos de traballo novos previstos.
Artigo 9º. - Declaración.
1. - As persoas interesadas na obtención dunha licenza de obras presentarán, previamente, no rexistro xeral a oportuna solicitude, acompañando certificado visado polo colexio oficial respectivo, con especificación detallada da natureza da obra e lugar de emprazamento, na que se faga constar o importe estimado da obra, medicións e o destino do edificio.
2. - Cando se trate de licenza para aqueles actos nos que non sexa esixible a formulación de proxecto subscrito por técnico competente, á solicitude acompañarase dun presuposto das obras a realizar, como unha descrición detallada da superficie afectada, número de departamentos, materiais a empregar e, en xeral, das características da obra ou acto no que os datos permitan comprobar o custe daqueles.
3. - Se despois de formulada a solicitude de licenza se modificase ou ampliase o proxecto deberá poñerse en coñecemento da administración municipal, acompañando o novo presuposto ou o reformado e, no seu caso, planos e memorias da modificación ou ampliación.
Artigo 10. -Liquidación e ingreso.
1 - Cando se trate das obras e actos a que se refire o artigo 5º.
a) Unha vez concedida a licenza urbanística practicarase liquidación provisional sobre a base declarada polo solicitante.
b) A administración municipal poderá comprobar o custe real e efectivo unha vez terminadas as obras, e a superficie dos carteis declarada polo solicitante, e, á vista do resultado de tal comprobación, practicará a liquidación definitiva que proceda, con dedución do, no seu caso, ingresado en provisional.
2. - Todas as liquidacións que se practiquen serán notificadas ao suxeito pasivo substituto do contribuínte para o seu ingreso directo nas arcas municipais utilizando os medios de pago e os prazos que sinala o regulamento xeral de recadación.
Artigo 11º.-Infraccións e sancións.
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que a estas correspondan en cada caso, rexerase segundo o disposto no Título IV da Lei xeral tributaria.