Laracha A - Ordenanza fiscal nº 2, reguladora da taxa por expedición de licenzas, permisos e demais autorizacións en materia urbanística

Publicación provisional: 28/10/2003 BOP Nº: 248
Publicación definitiva: 23/12/2003 BOP Nº: 293
Aplicable dende: 27/11/2007

Artigo 1º. - Fundamento e Natureza.

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real Decreto Lexislativo 2/2004 polo que se aproba o Texto Refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, o Concello de A Laracha establece a "Taxa por expedición de licencias urbanísticas".

Artigo 2º. - Feito Impoñible.

1. - Constitúe o feito impoñible da Taxa a actividade municipal, técnica e administrativa, tendente a verificar se os actos de edificación e uso do solo a que se refire no artigo 194.2 da Lei 9/2002, de 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e que deban de realizarse no termo municipal, axústanse ás normas urbanísticas, de edificación e Policía previstas na citada Lei. O feito impoñible producirase tanto na comprobación do proxecto como en calquera das fases do mesmo, isto é, básico e de execución, tal e como se definen no Anexo III do R.D. 314/2006, de 17 de marzo, polo que se aproba o Código Técnico de Edificación.
2. - Non estarán suxeitas a esta Taxa as obras de mero ornato, conservación e reparación que se realicen no interior das vivendas."

Artigo 3º. - Suxeito Pasivo.

1. - Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as Entidades a que se refiren o artigo 35.4 da Lei Xeral Tributaria, que sexan propietarios ou posuidores, ou, no seu caso, arrendatarios dos inmobles nos que se realicen as construccións ou instalacións ou se executen as obras.

2. - En todo caso, terán a condición de substitutos do contribuínte os constructores e contratistas das obras

Artigo 4º. - Responsables.

O réxime de responsabilidades axustarase ó previsto nos artigos 41 a 43 da Lei 58/2003 Xeral Tributaria.

Artigo 5º. - Base Impoñible.

Constitúe a base impoñible da Taxa o custo real e efectivo da obra civil tal e como se define o mesmo no artigo 102.1 do Real Decreto Lexislativo 2/2004.

Artigo 6º. - Cota Tributaria.

As cotas tributarias son as seguintes:

1. - Sinalamento de liñas e rasantes: 44 euros

2. - Por movemento de terras, por cada m3 de terra movida: 0,03 euros

3.- Por expedición de licencias de parcelación ou segregación urbanística: 0,05 euros por m2 de finca parcelada un mínimo de 60 euros.

4. - Para os seguintes supostos, el 0,3% do importe do correspondente proxecto:

a) Por construcción de toda clase de edificacións, levantamento de pisos, incluíndo como tales, sotos, entresolos, faiados, sexan ou non accesibles e ampliación dos existentes.

b) Por demolición de edificacións.

c) Por obras de distribución de pisos corridos ou reforma dos existentes sen afectar ós elementos estructurais.

d) Por construcción e reparación de armadura de cuberta

e) Por apertura de portas e ventás.

f) Por construcción de pozos de auga potable.

g) Por construcción de cuartos de baño en edificios que non sexan de primeira construcción.

h) Por construcción de hórreos, alpendres, casetas, cuadras, edificios en xeral, destinados a usos agrícolas ou gandeiros e toda clase de obras menores similares.

i) Por ramplas de acceso.

j) Por beirarrúas.

k) Por cada metro lineal de cerre de terreo con alambrada, postes de ferro, formigón ou madeira, reixa metálica, enreixado, zócalo, muro de pedra ou decorado.

l) Por conducción de augas potables a domicilio. Os abastecementos privados tributarán con amaño á seguinte escala:

* Hasta 250 metros de tuberías colocada desde a captación

ata a vivenda ou local que as utilice: 6,20 euros.

* Desde 251 a 500 metros de tubería: 10,30 euros

* Desde 501 a 1000 metros de tubería: 15,50 euros

* A partir de 1001 metros: 22,70 euros

* Por cruce de vías públicas, por cada metro lineal: 0,6euros

5.- Por expedición de licencia de conexión á rede de abastecemento de auga, 12,50 euros por vivenda ou local.

6.- Por expedición de licencia de conexión á rede de saneamento de auga, 12,50 euros por vivenda ou local.

Para garanti-la reposición do pavimento nos cruces de vías públicas, o peticionario da licencia deberá de constituír ademais un depósito que se ingresará na conta de Valores Independentes e Auxiliares, que será devolto unha vez que conclúan as obras e se certifique pola Oficina Técnica Municipal que se atopan en perfectas condicións. O importe constituirase por un período de 1 ano. O importe do depósito será o seguinte:

Vías públicas de formigón: 250 euros.

Vías públicas de aglomerado asfáltico: 400 euros.

Vías públicas de rego asfáltico: 350 euros.

Vías públicas de macadam: 150 euros.

Beirarrúas por metro cadrado: 50 euros.

En caso de desestimento formulado polo solicitante con anterioridade á concesión da licencia, as cotas a liquidar serán o 20% das sinaladas no número anterior, sempre que a actividade municipal se iniciara efectivamente.

Artigo 7º. -Exencións e bonificacións.

Non se concederán exención ni bonificación algunha na exacción da Taxa.

Artigo 8º. -Devengo.

1. - Devengarase a Taxa e nace a obriga de contribuír cando se inicie a actividade municipal que constitúe o seu feito impoñible. A estes efectos, entenderase iniciada dita actividade na data de presentación da oportuna solicitude da licencia urbanística, se o suxeito pasivo formulase expresamente esta.

2. - Cando as obras se iniciaran ou executaran sen obte-la oportuna licencia, a Taxa devengarase cando se inicie efectivamente a actividade municipal conducente a determinar se a obra en cuestión é ou non autorizable, con independencia da iniciación do expediente administrativo que poida instruírse para a autorización desas obras ou a súa demolición se non foran autorizables.

3. - A obriga de contribuír, unha vez nacida, non se verá afectada en modo algún pola denegación da licencia solicitada ou pola concesión desta condicionada á modificación do proxecto presentado, nin pola renuncia ou desestimento do solicitante unha vez concedida a licencia.

Artigo 9º. - Declaración.

1. - As persoas interesadas na obtención dunha licencia de obras presentarán, previamente, no Rexistro Xeral a oportuna solicitude, acompañando certificado visado polo Colexio Oficial respectivo, con especificación detallada da natureza da obra e lugar de emprazamento, na que se faga constar o importe estimado da obra, medicións e o destino do edificio.

2. - Cando se trate de licencia para aqueles actos nos que non sexa esixible a formulación de proxecto subscrito por técnico competente, á solicitude acompañarase un Presuposto das obras a realizar, como unha descrición detallada da superficie afectada, número de departamentos, materiais a empregar e, en xeral, das características da obra ou acto no que os datos permitan comproba-lo custe de aqueles.

3. - Se despois de formulada a solicitude de licencia se modificase ou ampliase o proxecto deberá poñerse en coñecemento da Administración Municipal, acompañando o novo presuposto ou o reformado e, no seu caso, planos e memorias da modificación ou ampliación.

Artigo 10. -Liquidación e ingreso.

1. - Cando se trate das obras e actos a que se refire o artigo 5º.

a) Unha vez concedida a licencia urbanística practicarase liquidación provisional sobre a base declarada polo solicitante.

b) A Administración Municipal poderá comprobar o custe real e efectivo unha vez terminadas as obras, e a superficie dos carteis declarada polo solicitante, e, á vista do resultado de tal comprobación, practicará a liquidación definitiva que proceda, con deducción do, no seu caso, ingresado en provisional.

2. - Tódalas liquidacións que se practiquen serán notificadas ó suxeito pasivo substituto do contribuínte para o seu ingreso directo nas Arcas Municipais utilizando os medios de pago e os prazos que sinala o Regulamento Xeral de Recadación.

Artigo 11º.-Infraccións e sancións.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, se como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto no Título IV da Lei Xeral Tributaria.

DISPOSICIÓN FINAL

A presente modificación, aprobada por acordo plenario de data 24 de novembro de 2004, entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, mantendo a súa vixencia en tanto non sexa modificada ou derogada expresamente.