Laracha A - ORDENANZA FISCAL Nº 2, REGULADORA DA TAXA POR EXPEDICIÓN DE LICENZAS, PERMISOS E DEMAIS AUTORIZACIÓNS EN MATERIA URBANÍSTICA
ARTIGO 1.- FUNDAMENTO E RÉXIME.
En aplicación do disposto no artigo 16.1 do Real Decreto Legislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Facendas Locais, o Concello de A Laracha procede á modificación da Ordenanza Fiscal número 2, reguladora da Taxa por expedición de licencias urbanísticas, incluíndo un novo feito impoñible e actualizando as tarifas actualmente en vigor co I.P.C.
Os aspectos deste tributo non regulados pola presente modificación quedarán suxeitos ó previsto no texto original da Ordenanza Fiscal e, no seu defecto, polo disposto na Sección 3ª do Capítulo III do Título I do Real Decreto Legislativo 2/2004.
ARTIGO 6.- TARIFA.
As cotas tributarias son as seguintes:
1. - Sinalamento de liñas e rasantes: 44 euros
2. - Por movemento de terras, por cada m3 de terra movida: 0,03 euros
3.- Por expedición de licencias de parcelación ou segregación urbanística: 0,05 euros por m2 de finca parcelada un mínimo de 60 euros.
4. - Para os seguintes supostos, el 0,3% do importe do correspondente proxecto:
a) Por construcción de toda clase de edificacións, levantamento de pisos, incluíndo como tales, sotos, entresolos, faiados, sexan ou non accesibles e ampliación dos existentes.
b) Por demolición de edificacións.
c) Por obras de distribución de pisos corridos ou reforma dos existentes sen afectar ós elementos estructurais.
d) Por construcción e reparación de armadura de cuberta
e) Por apertura de portas e ventás.
f) Por construcción de pozos de auga potable.
g) Por construcción de cuartos de baño en edificios que non sexan de primeira construcción.
h) Por construcción de hórreos, alpendres, casetas, cuadras, edificios en xeral, destinados a usos agrícolas ou gandeiros e toda clase de obras menores similares.
i) Por ramplas de acceso.
j) Por beirarrúas.
k) Por cada metro lineal de cerre de terreo con alambrada, postes de ferro, formigón ou madeira, reixa metálica, enreixado, zócalo, muro de pedra ou decorado.
l) Por conducción de augas potables a domicilio. Os abastecementos privados tributarán con amaño á seguinte escala:
* Hasta 250 metros de tuberías colocada desde a captación ata a vivenda ou local que as utilice: 6,20 euros.
* Desde 251 a 500 metros de tubería: 10,30 euros
* Desde 501 a 1000 metros de tubería: 15,50 euros
* A partir de 1001 metros: 22,70 euros
* Por cruce de vías públicas, por cada metro lineal: 0,6euros
Para garanti-la reposición do pavimento nos cruces de vías públicas, o peticionario da licencia deberá de constituír ademais un depósito que se ingresará na conta de Valores Independentes e Auxiliares, que será devolto unha vez que conclúan as obras e se certifique pola Oficina Técnica Municipal que se atopan en perfectas condicións. O importe constituirase por un período de 1 ano.
O importe do depósito será o seguinte:
Vías públicas de formigón: 250 euros.
Vías públicas de aglomerado asfáltico: 400 euros.
Vías públicas de rego asfáltico: 350 euros.
Vías públicas de macadam: 150 euros.
Beirarrúas por metro cadrado: 50 euros.
2. - En caso de desestimento formulado polo solicitante con anterioridade á concesión da licencia, as cotas a liquidar serán o 20% das sinaladas no número anterior, sempre que a actividade municipal se iniciara efectivamente.
DISPOSICIÓN FINAL
A presente modificación, aprobada por acordo plenario de data 24 de novembro de 2004, entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, mantendo a súa vixencia en tanto non sexa modificada ou derogada expresamente.