Cambre - ORDENANZA FISCAL Nº 9. -REGULADORA DA TAXA POLO SERVICIO DE SUMIDOIRO.
Artigo 1.º.-Fundamento e natureza.
En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réximen local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, do Texto refundido da Lei de Facendas Locais, este Concello establece a ¿taxa polo servizo de rede de sumidoiros", que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, as normas da cal atenden ao prevenido no artigo 57 do citado RDL 2/2004.
Artigo 2.º.-Feito impoñible.
1. Constitúe o feito impoñible da taxa:
a) A actividade municipal, técnica e administrativa, tendente a verificar se se dan as condicións necesarias para autorizar a acometida á rede de sumidoiros municipal.
b) A prestación dos servizos de evacuación de excretas, augas pluviais, negras e residuais a través da rede de sumidoiros municipal, se as verteduras se realizan a través de acometida á rede desde un inmoble.
c) A prestación dos servizos de evacuación de excretas, augas pluviais, negras e residuais a través da rede de sumidoiros municipal, se as verteduras se realizan de forma esporádica sen enganche á rede desde un depósito móbil.
2. Non estarán suxeitas á taxa as fincas derruídas, declaradas ruinosas ou que teñan a condición de solar ou terreo.
Artigo 3.º.-Suxeito pasivo.
1. Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35 da Lei xeral tributaria que sexan:
a) Cando se trate da concesión de licenza de acometida á rede, o propietario, o promotor, usufructuario ou titular do dominio útil da finca.
b) No caso de prestación de servizos do número 1.b) do artigo anterior, os ocupantes ou usuarios das fincas do término municipal beneficiarias de ditos servizos, calquera que sexa o seu título: propietarios, usufructuarios, habitacionistas ou arrendatarios, incluso en precario.
c) En caso de prestación de servizos do número 1.c) do artigo anterior, quen efectúe as verteduras.
2. En todo caso terá a consideración de suxeito pasivo substituto do ocupante ou usuario das viviendas ou locais o propietario destes inmobles, quen poderá repercutir, no seu caso, as cotas satisfeitas sobre os respectivos beneficiarios do servizo.
Artigo 4.º.-Responsables.
Responderán solidaria e subsidiariamente deste tributo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 41, 42 e 43 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.
Artigo 5.º.-Cota tributaria.
1. A cota tributaria correspondente á concesión da licenza ou autorización de acometida á rede de sumidoiros esixirase por unha soa vez e consistirá na cantidade fixa de 95,00 euros.
2. A cota tributaria a esixir pola prestación dos servizos do apartado 1.b) do artigo 2.º, determinarase en función da cantidade de auga, medida en metros cúbicos consumida polo usuario. A tal efecto, aplicarase a seguinte tarifa:
- 0,25 euros por metro cúbico, xa sexan de verteduras de auga depuradas ou sen depurar, polo servizo de evacuación de excretas, augas pluviais, negras e residuais a través da rede de sumidoiros municipal.
A estes efectos, en ningún caso poderá tomarse un consumo de auga que sexa inferior ao mínimo facturable por subministración. A cota resultante da consideración deste consumo terá o carácter de mínimo esixible.
3. No caso de que, debido a unha avaría interna na rede, o contador rexistrase un exceso de consumo, facturaranse ao abonado os m3 correspondentes ao consumo medio habitual (calculado en función do promedio dos períodos de facturación inmediatos anteriores que representen o ciclo dun ano de facturación). En ningún caso poderá tomarse un consumo de auga que sexa inferior ao mínimo facturable por subministración. A cota resultante da consideración deste consumo terá o carácter de mínimo esixible.
A estos efectos terá a consideración de volume desproporcionado o que reúna os seguintes requisitos:
- Que o volume facturado sexa superior ao triple do volume promedio dos períodos de facturación inmediatos anteriores que representen o ciclo dun ano de facturación.
- Que o contribuínte tomase as medidas necesarias para reparar a fuga no prazo dunha semana desde que tivo coñecemento da existencia da fuga. Cando esta data non se coñeza, entenderase que o contribuínte tivo coñecemento da súa existencia no momento en que se lle notifique a factura de auga correspondente ao período no que se produciu a fuga. O concello poderá comprobar en todo momento o cumprimento dos requisitos e, en caso de incumprimento, deberá facturar a diferencia do importe que resultase de non aplicar esta excepción.
4. A cota tributaria a esixir pola prestación dos servizos do apartado 1.c) do artigo 2.º, determinarase en función dos metros cúbicos de capacidade da cisterna ou depósito móbil desde o que se realice o vertido, aplicándoselle a tarifa de 0,25 euros por metro cúbico.
A tal efecto, o suxeito pasivo deberá presentar a documentación pertinente relativa ao volume do vertido no momento de solicitar a licenza.
Artigo 6.º.-Beneficios fiscais.
Aplicarase unha bonificación do 100% sobre o mínimo facturable determinado para os usos domésticos a aqueles contribuíntes que acrediten a súa falta de capacidade económica segundo informe dos servizos sociais do Concello de Cambre.
O beneficiario da bonificación terá que ser pagador da póliza de abono ao subministro da auga e estar empadroado na vivenda obxecto da bonificación.
Para disfrutar da presente bonificación, a renda neta conxunta anual da unidade de convivencia á que pertenza o beneficiario ten que ser a seguinte:
a) Igual ou inferior a 1,5 veces o índice IPREM de 14 pagas, no caso dun único membro na unidade de convivencia.
b) Igual ou inferior a 2 veces o índice IPREM de 14 pagas, no caso de que haxa dous membros na unidade de convivencia.
c) Igual ou inferior a 2,5 veces o índice IPREM de 14 pagas, no caso de que haxa tres ou máis membros na unidade de convivencia.
Os multiplicadores de renda respecto do IPREM de 14 pagas establecidos no parágrafo anterior incrementaranse, en cada caso, en 0,5, sempre que concorra algunha das seguintes circunstancias especiais:
a) Que o usuario ou algún dos membros da unidade de convivencia teña discapacidade recoñecida igual ou superior ao 33%.
b) Que o usuario ou algún dos membros da unidade de convivencia acredite a situación de violencia de xénero, conforme ao establecido na lexislación vixente.
c) Que o usuario ou algún dos membros da unidade de convivencia teña a condición de vítima de terrorismo, conforme ao establecido na lexislación vixente.
d) Que o usuario ou algún dos membros da unidade de convivencia se atope en situación de dependencia recoñecida de grao II ou III, conforme ao establecido na lexislación vixente.
e) Que o usuario acredite que a unidade de convivencia está integrada por un único proxenitor e, polo menos, un menor.
Aos excesos sobre o mínimo facturable aplicarase a tarifa establecida no 5.º da presente ordenanza fiscal, según corresponda. A bonificación aplicarase por primeira vez na facturación correspondente ao trimestre seguinte ao da solicitude do beneficio fiscal polo interesado, sempre e cando teña presentada a documentación necesaria dentro do prazo de resolución da mesma.
Artigo 7.º.-Devengo.
1. Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír cando se inicie a actividade municipal que constitúe o seu feito impoñible, entendéndose iniciada a mesma:
a) Na data de presentación da oportuna solicitude da licenza de acometida ou de vertedura esporádica sen enganche á rede, se o suxeito pasivo a formulase expresamente.
b) Desde que teña lugar a efectiva acometida á rede de sumidoiros municipal ou a efectiva vertedura no suposto recollido no apartado 1.c) do artigo 2.º. O devengo por esta modalidade da taxa producirase con independencia de que se obtivera ou non a licenza pertinente e sen prexuízo da iniciación do expediente administrativo que pode instruirse para a súa autorización.
2. Os servizos de evacuación de excretas, augas pluviais, negras e residuais, teñen carácter obrigatorio para todas as fincas do municipio que teñan fachadas a rúas, prazas ou vías públicas en que exista rede de sumidoiros, sempre que a distancia entre a rede e a finca non exceda de cen metros, e devengarase a taxa aínda cando os interesados non procedan a efectuar a acometida á rede.
Artigo 8.º.-Declaración, liquidación e ingreso.
1. No caso de inmobles de nova construción, os promotores, ao tempo de solicitar a licenza de obras, instarán tamén a autorización para realizar as obras de acometida á rede xeral de sumidoiros, achegando xustificante de ter abonado a autoliquidación da cota a que se refire o apartado 1 do artigo 5.º da presente ordenanza fiscal.
2. Os propietarios, usufructuarios ou titulares de dominio útil dos inmobles que non sexan de nova construción, interesados na concesión de licenza de acometida á rede de sumidoiros, virán obrigados a presentar a correspondente solicitude de acometida, achegando xustificante de pagamento da autoliquidación a que se refire o apartado 1 do artigo 5.º da presente ordenanza fiscal.
3. Cando se presente solicitude de licenza para a vertedura de fecais desde un depósito móbil ingresarase polo suxeito pasivo autoliquidación da cota a que se refire o apartado 3 do artigo 5.º da presente ordenanza fiscal.
4. Se se realiza a acometida sen mediar solicitude, procederase a practicar liquidación, esixindo o ingreso nos prazos previstos no artigo 20 do Regulamento xeral de recadación, sen prexuízo da apertura do correspondiente expediente sancionador.
5. As solicitudes de baixas surtirán efectos a partir do trimestre seguinte ao da súa presentación.
6. Unha vez autorizada a acometida, o cobro da taxa realizarase trimestralmente, conxuntamente co da taxa por subministración de auga, entendéndose efectuada a notificación das cotas coa aprobación do correspondente padrón polo órgano competente.
Neste caso os obrigados ao pagamento farán efectiva a súa débeda dentro do prazo comprendido desde o día en que se fai entrega do recibo á entidade bancaria colaboradora ata o último día do seguinte mes. As débedas non satisfeitas no período citado esixiranse mediante o procedemento de constrinximento.
Artigo 9.º.-Infraccións e sancións.
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas corresponden en cada caso, estarase ao disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.