Cambre - ORDENANZA FISCAL Nº 9. -REGULADORA DA TAXA POLO SERVICIO DE SUMIDOIRO.

Publicación provisional: 31/12/1999 BOP Nº: 299
Publicación definitiva: 31/12/1999 BOP Nº: 299
Aplicable dende: 18/03/2016

Artigo 1º. - Fundamento e natureza.

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réximen local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 da Lei 39/1988, de 28 de decembro, reguladora das facendas locais, este Concello establece a ¿taxa por rede de sumidoiros", que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, as normas da cal atenden ó prevenido no artigo 58 da citada Lei 39/1988.

Artigo 2º. - Feito impoñible.

1. Constitúe o feito impoñible da taxa:

a) A actividade municipal, técnica e administrativa, tendente a verificar se se dan as condicións necesarias para autorizar a acometida á rede de sumidoiros municipal.

b) A prestación dos servizos de evacuación de excretas, augas pluviais, negras e residuais a través da rede de sumidoiros municipal, e o seu tratamento para depuralas se os vertidos se realizan a través de acometida á rede dende un inmoble.

c) A prestación dos servizos de evacuación de excretas, augas pluviais, negras e residuais a través da rede de sumidoiros municipal, e o seu tratamento para depuralas se os vertidos fecais se realizan de forma esporádica sen enganche á rede dende un depósito móbil.

2. Non estarán suxeitas ás taxas as fincas derruidas, declaradas ruinosas ou que teñan a condición de solar ou terreo.

Artigo 3º. - Suxeito pasivo.

1. Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei xeral tributaria que sexan:

a) Cando se trate da concesión de licenza de acometida á rede, o propietario, o promotor, usufructuario ou titular do dominio útil da finca.

b) No caso de prestación de servizos do número 1.b) do artigo anterior, os ocupantes ou usuarios das fincas do término municipal beneficiarias de ditos servizos, calquera que sexa o seu título: propietarios, usufructuarios, habitacionistas ou arrendatarios, incluso en precario.

c) En caso de prestación de servizos do número 1.c) do artigo anterior, quen efectúe os vertidos.

2. En todo caso terá a consideración de suxeito pasivo substituto do ocupante ou usuario das viviendas ou locais o propietario destes inmobles, quen poderá repercutir, no seu caso, as cotas satisfeitas sobre os respectivos beneficiarios do servizo.

Artigo 4º. - Responsables.

Responderán solidaria e subsidiariamente deste tributo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38, 39 e 40 da Lei xeral tributaria.

Artigo 5º. - Cota tributaria.

1. A cota tributaria correspondente á concesión da licenza ou autorización de acometida á rede de sumidoiros esixirase por unha soa vez e consistirá na cantidade fixa de 95,00 euros.

2. A cota tributaria a esixir pola prestación dos servizos do apartado 1.b) do artigo 2º, determinarase en función da cantidade de auga, medida en metros cúbicos consumida polo usuario. A tal efecto, aplicaranse as seguintes tarifas:

2.1. 0,25 euros por metro cúbico, xa sexan de vertidos de auga depurados ou sen depurar, polo servizo de evacuación de excretas, augas pluviais, negras e residuais a través da rede de sumidoiros municipal.

A estes efectos, en ningún caso poderá tomarse un consumo de auga que sexa inferior ó mínimo facturable por subministración. A cota resultante da consideración deste consumo terá o carácter de mínimo esixible.

2.2. 0,28 euros por metro cúbico de auga consumido, polo servizo de tratamento e depuración de excretas, augas pluviais, negras e residuais.

No caso de que, debido a unha avaría interna da rede, o contador rexistrase un exceso de consumo, o contribuínte debe abonar únicamente a taxa correspondente ao consumo estimado.

Para o seu cálculo, terase en conta, sempre que sexa posible e no mesmo orde, un dos seguintes apartados:

a) Promedio do mesmo período do ano anterior.

b) Promedio dos meses anteriores.

c) Outro distinto a determinar según o caso.

Para aplicar esta excepción, ten que tratarse de consumos excesivos producidos ao longo do último ano natural e ter acreditada a involuntariedade das perdas e a ausencia de culpa ou neglixencia do usuario, debendo presentar:

a) Solicitude.

b) Factura orixinal do fontaneiro ou empresa que efectuou a reparación, na que se faga constar a clase e data da reparación realizada.

3. A cota tributaria a esixir pola prestación dos servizos do apartado 1.c) do artigo 2º, determinarase en función dos metros cúbicos de capacidade da cisterna ou depósito móbil dende o que se realice o vertido, aplicándoselle a tarifa de 0,25 euros por metro cúbico.

A tal efecto, o suxeito pasivo deberá presentar a documentación pertinente relativa ó volume do vertido no momento de solicitar a licenza.

Artigo 6º. - Beneficios fiscais.

Aplicarase unha bonificación do 100% sobre ó mínimo facturable a aqueles contribuíntes cuxos ingresos anuais sexan inferiores ó salario mínimo interprofesional referido a toda a unidade familiar, sempre que acrediten a súa falta de capacidade económica para o pagamento da cota correspondente, segundo informe dos servizos sociais do Concello de Cambre ó respecto. Os excesos facturaranse segundo as tarifas establecidas nas alíneas 2 e 3 do artigo 5º.

Artigo 7º. - Devengo.

1. Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír cando se inicie a actividade municipal que constitúe o seu feito impoñible, entendéndose iniciada a mesma:

a) Na data de presentación da oportuna solicitude da licenza de acometida ou de vertido esporádico sen enganche á rede, se o suxeito pasivo a formúlase expresamente.

b) Dende que teña lugar a efectiva acometida á rede de sumidoiros municipal ou o efectivo vertido no suposto recollido no apartado 1.c) do artigo 2º. O devengo por esta modalidade da taxa producirase con independencia de que se obtivera ou non a licenza pertinente e sen prexuízo da iniciación do expediente administrativo que pode instruirse para a súa autorización.

2. Os servizos de evacuación de excretas, augas pluviais, negras e residuais, e da súa depuración, teñen carácter obrigatorio para tódalas fincas do Municipio que teñan fachadas a rúas, prazas ou vías públicas en que exista rede de sumidoiros, sempre que a distancia entre a rede e a finca no exceda de cen metros, e devengarase a taxa aínda cando os interesados non procedan a efectuar a acometida á rede.

Artigo 8º. - Declaración, liquidación e ingreso.

1. No caso de inmobles de nova construción, os promotores, ó tempo de solicitar a licenza de obras, instarán tamén a autorización para realizar as obras de acometida á rede xeral de sumidoiros, achegando xustificante de ter aboado a autoliquidación da cota a que se refire o apartado 1 do artigo 5º da presente ordenanza fiscal.

2. Os propietarios, usufructuarios ou titulares de dominio útil dos inmobles que non sexan de nova construción, interesados na concesión de licenza de acometida á rede de sumidoiros, virán obrigados a presentar a correspondente solicitude de acometida, achegando xustificante de pagamento da autoliquidación a que se refire o apartado 1 do artigo 5º da presente ordenanza fiscal.

3. Cando se presente solicitude de licenza para o vertido de fecais dende un depósito móbil ingresarase polo suxeito pasivo autoliquidación da cota a que se refiere o apartado 3 do artigo 5º da presente ordenanza fiscal.

4. Se se realiza a acometida sen mediar solicitude, procederase a practicar liquidación, esixindo o ingreso nos prazos previstos no artigo 20 do Regulamento xeral de recadación, sen prexuízo da apertura do correspondiente expediente sancionador.

5. As solicitudes de baixas surtirán efectos a partir do trimestre seguinte ó da súa presentación.

6. Unha vez autorizada a acometida, o cobro da taxa realizarase trimestralmente, conxuntamente co da taxa por subministración de auga, entendéndose efectuada a notificación das cotas coa aprobación do correspondente padrón aprobado polo órgano competente.

Neste caso os obrigados ó pagamento farán efectiva a súa débeda dentro do prazo comprendido dende o día en que se fai entrega do recibo á entidade bancaria colaboradora ata o último día do seguinte mes. As débedas non satisfeitas no período citado esixiranse mediante o procedemento de constrinximento.

Artigo 9º. - Infraccións e sancións.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas corresponden en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei xeral tributaria.