Cambre - ORDENANZA FISCAL Nº 9. -REGULADORA DA TAXA POLO SERVICIO DE SUMIDOIRO.

Publicación provisional: 31/12/1999 BOP Nº: 299
Publicación definitiva: 31/12/1999 BOP Nº: 299
Aplicable dende: 02/06/2017

Artigo 1.º.-Fundamento e natureza.

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réximen local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 da Lei 39/1988, de 28 de decembro, reguladora das facendas locais, este Concello establece a ¿taxa por rede de sumidoiros", que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, as normas da cal atenden ó prevenido no artigo 58 da citada Lei 39/1988.

Artigo 2.º.-Feito impoñible.

1. Constitúe o feito impoñible da taxa:

a) A actividade municipal, técnica e administrativa, tendente a verificar se se dan as condicións necesarias para autoriza-la acometida á rede de sumidoiros municipal.

b) A prestación dos servicios de evacuación de excretas, augas pluviais, negras e residuais a través da rede de sumidoiros municipal, e o seu tratamento para depuralas se os vertidos se realizan a través de acometida á rede dende un inmoble.

c) A prestación dos servicios de evacuación de excretas, augas pluviais, negras e residuais a través da rede de sumidoiros municipal, e o seu tratamento para depuralas se os vertidos fecais se realizan de forma esporádica sen enganche á rede dende un depósito móbil.

2. Non estarán suxeitas ás tasas as fincas derruidas, declaradas ruinosas ou que teñan a condición de solar ou terreo.

Artigo 3.º.-Suxeito pasivo.

1. Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei xeral tributaria que sexan:

a) Cando se trate da concesión de licencia de acometida á rede, o propietario, o promotor, usufructuario ou titular do dominio útil da finca.

b) No caso de prestación de servicios do número 1.b) do artigo anterior, os ocupantes ou usuarios das fincas do término municipal beneficiarias de ditos servicios, calquera que sexa o seu título: propietarios, usufructuarios, habitacionistas ou arrendatarios, incluso en precario.

c) En caso de prestación de servicios do número 1.c) do artigo anterior, quen efectúe os vertidos.

2. En todo caso terá a consideración de suxeito pasivo substituto do ocupante ou usuario das viviendas ou locais o propietario destes inmobles, quen poderá repercutir, no seu caso, as cotas satisfeitas sobre os respectivos beneficiarios do servicio.

Artigo 4.º.-Responsables.

Responderán solidaria e subsidiariamente deste tributo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38, 39 e 40 da Lei xeral tributaria.

Artigo 5.º.-Cota tributaria.

1. A cota tributaria correspondente á concesión da licencia ou autorización de acometida á rede de sumidoiros esixirase por unha soa vez e consistirá na cantidade fixa de 95,00 €.

2. A cota tributaria a esixir pola prestación dos servizos do apartado 1.b) do artigo 2.º, determinarase en función da cantidade de auga, medida en metros cúbicos consumida polo usuario. A tal efecto, aplicaranse as seguintes tarifas:

2.1. 0,25 € por metro cúbico, xa sexan de vertidos de auga depurados ou sen depurar, polo servizo de evacuación de excretas, augas pluviais, negras e residuais a través da rede de sumidoiros municipal.

A estes efectos, en ningún caso poderá tomarse un consumo de auga que sexa inferior ó mínimo facturable por subministración. A cota resultante da consideración deste consumo terá o carácter de mínimo esixible.

No caso de que, debido a unha avaría interna da rede, o contador rexistrase un exceso de consumo, o contribuínte debe abonar únicamente a taxa correspondente ao consumo estimado.

Para o seu cálculo, terase en conta, sempre que sexa posible e no mesmo orde, un dos seguintes apartados:

a) Promedio do mesmo período do ano anterior.

b) Promedio dos meses anteriores.

c) Outro distinto a determinar según o caso.

Para aplicar esta excepción, ten que tratarse de consumos excesivos producidos ao longo do último ano natural e ter acreditada a involuntariedade das perdas e a ausencia de culpa ou neglixencia do usuario, debendo presentar:

a) Solicitude.

b) Factura orixinal do fontaneiro ou empresa que efectuou a reparación, na que se faga constar a clase e data da reparación realizada.

2.2. Polo servizo de tratamento e depuración de excretas, augas pluviais, negras e residuais, establécese unha cota tributaria que se determinará mediante a suma dunha cantidade variable, resultante de multiplicar os m3 de auga consumida pola cota que corresponda de acordo co cadro que se achega, e unha cantidade fixa, por dispoñibilidade do servizo; así:

Consumos uso doméstico:

Compoñente variable

Sin consumo

0,00 €/m3

Bloque 1 (0 < Q < = 6 m3/mes)

0,28 €/m3

Bloque 2 (6 < Q < = 15 m3/mes)

0,28 €/m3

Bloque 3 (Q > 15 m3/mes)

0,28 €/m3

 

 

Consumos uso non doméstico:

Compoñente variable

Asimilable a doméstico

0,28 €/m3

Non doméstico

0,35 €/m3

 

 

 

Compoñente fixa

Usuarios domésticos:

0,50 €/mes

Usuarios non domésticos:

0,50 €/mes

Será de aplicación a estas tarifas a refacturación por avaría coa finalidade de corrixir unha facturación excesiva por un consumo anómalo ou desproporcionado de auga doméstica, motivada por avaría na rede interior da vivenda, nos termos establecidos pola Xunta de Galicia.

A estes efectos, entenderase por uso doméstico, non doméstico e asimilable a doméstico, o definido para tales conceptos polo artigo 2 da Lei 9/2010, de augas de Galicia.

4. A cota tributaria a esixir pola prestación dos servicios do apartado 1.c) do artigo 2.º, determinarase en función dos metros cúbicos de capacidade da cisterna ou depósito móbil dende o que se realice o vertido, aplicándoselle a tarifa de 0,25 € por metro cúbico.

A tal efecto, o suxeito pasivo deberá presentar a documentación pertinente relativa ó volume do vertido no momento de solicitar a licencia.

Artigo 6.º.-Beneficios fiscais.

A. Aplicarase unha bonificación do 100% sobre ó mínimo facturable na tarifa recollida no apartado 2.1 do artigo 5.º da presente ordenanza fiscal a aqueles contribuíntes cuxos ingresos anuais sexan inferiores ó salario mínimo interprofesional referido a toda a unidade familiar, sempre que acrediten a súa falta de capacidade económica para o pagamento da cota correspondente, segundo informe dos servicios sociais do Concello de Cambre ó respecto. Os excesos facturaranse segundo as tarifas establecidas na alínea 2.1 do artigo 5.º.

B. Aplicarase unha bonificación do 100% na taxa regulada na tarifa recollida no apartado 2.2 do artigo 5.º da presente ordenanza fiscal, ás unidades de convivencia que acrediten atoparse en situación de exclusión social, entendendo por tal a formada por aquelas persoas que convivan nun mesmo domicilio e manteñan entre eles un vínculo por matrimonio ou análoga relación estable, por adopción ou acollemento, ou parentesco de consanguinidade ou afinidade ata o cuarto e segundo grao respectivamente.

Os requisitos que deben cumprir as unidades de convivencia para ter a condición de estar en risco de exclusión social serán as seguintes:

1. O enderezo para o cal se solicita a exención debe coincidir co enderezo en que está empadroada a unidade de convivencia.

2. O titular do contrato de subministración de auga potable deberá coincidir con algún dos membros da unidade familiar. Noutro caso, o solicitante deberá acreditar que é o pagador do recibo da taxa da auga.

3. Os ingresos totais da unidade de convivencia non poden superar o importe do indicador público de rendas de efectos múltiples (IPREM).

4. Polo menos unha das persoas da unidade de convivencia deberá estar en situación de exclusión social, por estar nalgunha das situacións que se enumeran a continuación:

a) Persoas perceptoras da renda de integración social.

b) Persoas perceptoras de pensións non contributivas nas modalidades de invalidez ou xubilación.

c) Persoas que non estando en ningún dos dous supostos anteriores teñan una ausencia ou déficit grave de recursos económicos unido a unha situación de desemprego ou imposibilidade de desempeñar un traballo remunerado e que conten con outros factores, evidenciados a través da súa traxectoria persoal, que agraven a situación de exclusión social ou o risco de padecela, recoñecidos na lexislación vixente da Comunidade Autónoma de Galicia.

C. Aplicarase unha bonificación do 50% na taxa regulada na tarifa recollida no apartado 2.2 do artigo 5.º da presente ordenanza fiscal aos usos destinados a vivenda que poida ter calquera dos membros que constitúan a familia numerosa.

A bonificación na cota aplicarase sempre que se cumpran os seguintes requisitos:

a) O enderezo para o cal se solicita a dedución debe coincidir co enderezo en que está empadroada a unidade familiar.

b) O titular do contrato de subministración de auga potable debe coincidir con algún dos membros da unidade familiar. Noutro caso, o solicitante deberá acreditar que ten domiciliado o pagamento do recibo da taxa de auga nalgunha conta bancaria da que sexa titular.

D. O recoñecemento das bonificacións contenidas nos parágrafos B e C realizarase por resolución do órgano municipal competente á vista dos recoñecementos das mesmas polo organismo autonómico competente na cota íntegra do canon do auga ó abeiro do disposto no Decreto 136/2012, de 31 de maio, polo que se aproba o Regulamento do Canon do auga e do coeficiente de verteduras a sistemas públicos de depuración de augas residuais.

Artigo 7.º.-Devengo.

1. Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír cando se inicie a actividade municipal que constitúe o seu feito impoñible, entendéndose iniciada a mesma:

a) Na data de presentación da oportuna solicitude da licencia de acometida ou de vertido esporádico sen enganche á rede, se o suxeito pasivo a formúlase expresamente.

b) Dende que teña lugar a efectiva acometida á rede de sumidoiros municipal ou o efectivo vertido no suposto recollido no apartado 1.c) do artigo 2.º. O devengo por esta modalidade da taxa producirase con independencia de que se obtivera ou non a licencia pertinente e sen prexuízo da iniciación do expediente administrativo que pode instruirse para a súa autorización.

2. Os servicios de evacuación de excretas, augas pluviais, negras e residuais, e da súa depuración, teñen carácter obrigatorio para tódalas fincas do municipio que teñan fachadas a rúas, prazas ou vías públicas en que exista rede de sumidoiros, sempre que a distancia entre a rede e a finca no exceda de cen metros, e devengarase a taxa aínda cando os interesados non procedan a efectua-la acometida á rede.

Artigo 8.º.-Declaración, liquidación e ingreso.

1. No caso de inmobles de nova construcción, os promotores, ó tempo de solicita-la licencia de obras, instarán tamén a autorización para realiza-las obras de acometida á rede xeral de sumidoiros, achegando xustificante de ter aboado a autoliquidación da cota a que se refire o apartado 1 do artigo 5.º da presente ordenanza fiscal.

2. Os propietarios, usufructuarios ou titulares de dominio útil dos inmobles que non sexan de nova construcción, interesados na concesión de licencia de acometida á rede de sumidoiros, virán obrigados a presenta-la correspondente solicitude de acometida, achegando xustificante de pagamento da autoliquidación a que se refire o apartado 1 do artigo 5.º da presente ordenanza fiscal.

3. Cando se presente solicitude de licencia para o vertido de fecais dende un depósito móbil ingresarase polo suxeito pasivo autoliquidación da cota a que se refiere o apartado 3 do artigo 5.º da presente ordenanza fiscal.

4. Se se realiza a acometida sen mediar solicitude, procederase a practicar liquidación, esixindo o ingreso nos prazos previstos no artigo 20 do Regulamento xeral de recadación, sen prexuízo da apertura do correspondiente expediente sancionador.

5. As solicitudes de baixas surtirán efectos a partir do trimestre seguinte ó da súa presentación.

6. Unha vez autorizada a acometida, o cobro da taxa realizarase trimestralmente, conxuntamente co da taxa por subministración de auga, entendéndose efectuada a notificación das cotas coa aprobación do correspondente padrón aprobado polo órgano competente.

Neste caso os obrigados ó pagamento farán efectiva a súa débeda dentro do prazo comprendido dende o día en que se fai entrega do recibo á entidade bancaria colaboradora ata o último día do seguinte mes. As débedas non satisfeitas no período citado esixiranse mediante o procedemento de constrinximento.

Artigo 9.º.-Infraccións e sancións.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas corresponden en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei xeral tributaria.

A modificación comezará a aplicarse a partir do día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia, e manterase vigente ata a súa modificación ou derrogación expresa.