Rianxo - ORDENANZA FISCAL NÚMERO 1, REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES
Artigo primeiro
No uso das facultades normativas outorgadas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución Española e artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, sobre potestade normativa en materia de tributos locais, e de conformidade, asemade, co establecido nos artigos 15 e seguintes, así como no Título II e artigos 60 e seguintes, todos eles do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, regulase mediante a presente Ordenanza fiscal o Imposto Sobre Bens Inmobles.
Artigo segundo. Tipo de gravame.
a) Tipo de gravame do imposto sobre bens inmobles aplicable ós bens de natureza urbana queda fixado no 0,54 por cento.
b) Tipo de gravame do imposto sobre bens Inmobles aplicable ós bens de natureza rústica queda fixado no 0,54 por cento.
c) O tipo de gravame do Imposto sobre bens inmobles aplicable os bens inmobles de características especiais, definidos no artigo 2.7 da Lei 48/2.002, do 23 decembro, Lei do catastro inmobiliario, e sitos no termo municipal de Rianxo, queda fixado no 1,3 por cento.
Artigo terceiro. Exencións.
1. En virtude do artigo 62.4 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, establécese unha exención por contía mínima que se aplicará do seguinte xeito:
a) Quedarán exentos os bens inmobles de natureza urbana que teñan unha cota líquida inferior ou igual a 3,00 euros.
b) Quedarán exentos os bens inmobles de natureza rústica que teñan unha cota líquida inferior ou igual a 4,50 euros.
Artigo cuarto. Bonificacións.
1. En virtude do artigo 73.1 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais aplicaranse unha bonificación do 65% na cota íntegra do imposto, sempre que así se solicite polos interesados antes do inicio das obras, para os inmobles que constitúan o obxecto da actividade das empresas de urbanización, construción e promoción inmobiliaria tanto de obra nova como de rehabilitación equiparable a esta e non figuren entre os bens do seu inmovilizado.
O prazo de aplicación desta bonificación comprenderá dende o período impositivo seguinte a aquel en que se inicien as obras ata o posterior á terminación das mesmas, sempre e cando durante ese período se realicen obras de urbanización ou construción efectiva, e sen que, en ningún caso poida exceder de tres períodos impositivos.
Para aproveitar a citada bonificación, os interesados deberán de cumprir os seguintes requisitos:
a) Acreditación da data de inicio das obras de urbanización ou construción de que se trate, que se fará mediante certificación do Técnico-Director competente delas, visado polo Colexio Profesional.
b) Acreditación de que a empresa se adica á actividade de urbanización, construción e promoción inmobiliaria mediante a presentación dos Estatutos da Sociedade.
c) Acreditación de que o inmoble obxecto da bonificación non forma parte do inmobilizado mediante a presentación de certificación do Administrador da Sociedade, ou fotocopia do último balance presentado ante a A.E.A.T., a efectos do Imposto sobre Sociedades.
d) A solicitude da bonificación pódese formular dende o momento no que se pode acreditar o inicio das obras.
2. En virtude do artigo 73.2 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais aplicarase unha bonificación do 50% na cota íntegra do imposto, durante os tres períodos impositivos seguintes ó outorgamento da cualificación definitiva, para as vivendas de protección oficial e as que resulten equiparables a estas conforme a normativa da Comunidade Autónoma de Galicia.
3. Os suxeitos pasivos que ostenten a condición de titulares de familia numerosa gozarán dunha bonificación do 50% na cota íntegra do inmoble de uso residencial que constitúa a súa residencia habitual, e na que estean empadroados os membros da unidade familiar, sempre que se cumpran ademais os seguintes requisitos:
a) Que o valor catastral do ben inmoble obxecto de bonificación, do que sexan suxeitos pasivos o titular da familia numerosa ou algún dos membros desta, non exceda de 125.000 €.
b) Que os ingresos brutos anuais da unidade familiar, per cápita, non exceda do 1,20 do Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM).
O ingreso bruto anual per cápita da unidade familiar obterase dividindo a totalidade dos ingresos brutos anuais da unidade familiar entre o número dos seus integrantes. A estes efectos, entenderase por unidade familiar o número de membros que estean incluídos no título oficial de familia numerosa.
Os suxeitos pasivos que, cumprindo cos requisitos establecidos no apartado anterior, pretendan gozar da bonificación, deberán presentar a correspondente solicitude no modelo normalizado, no que constará autorización asinada por todos os membros da unidade familiar maiores de 18 anos para a consulta de oficio de datos de natureza tributaria, antes do 31 de marzo do ano correspondente ó período impositivo no que pretendan que produza efectos. Xuntamente co escrito deberá achegarse a seguinte documentación:
- Copia do título de familia numerosa expedido polo órgano competente.
Poderán ser requiridos documentos ou información adicionais, si se considera oportuno.
A bonificación concedida só producirá efectos a partir o período impositivo no que se insta a súa concesión, debendo solicitar a súa prórroga nos seguintes períodos impositivos, aportando de novo a documentación que acredite que se seguen a cumprir os requisitos para o seu goce.
4. Establécese unha bonificación do 5% da cota íntegra do imposto sobre bens inmobles de natureza urbana e rústica (exclúense os bens inmobles de características especiais) para todos aqueles contribuíntes que tivesen domiciliado o pago do recibo nunha entidade bancaria.
O pago do recibo bonificado farase efectivo dentro da primeira semana do período voluntario de ingreso, de acordo co calendario fiscal aprobado para cada exercicio.
Si o recibo bonificado non fose atendido ao seu vencemento, a bonificación devendicará inaplicable, podendo abonarse sen recargo o recibo dentro do período voluntario de ingreso. Unha vez transcorrido o período voluntario de ingreso, sen que este se produza, iniciárase o período executivo.
Os suxeitos pasivos que desexen desfrutar desta bonificación deberán solicitar a domiciliación no impreso normalizado, cunha antelación de a menos dous meses respecto do inicio do período voluntario de ingreso, entendéndose concedida dende a súa presentación, salvo que se solicite extemporaneamente, en cuxo caso a bonificación xurdirá efectos no exercicio inmediatamente posterior.
Admitiranse domiciliacións de recibos en contas cuxo titular non coincida co contribuínte, sempre e cando o titular da mesma asine o modelo normalizado da solicitude de domiciliación, e achegue fotocopia do DNI.
A domiciliación terá vixencia indefinida, agás:
- Orde expresa de anulación da domiciliación, comunicada a recadación, a través de modelo normalizado de baixa de domiciliacións.
- Cambio de titularidade do inmoble.
- Rechazo ou devolución da entidade financeira.
Respecto aos restantes aspectos substantivos das domiciliacións de recibos de tributos de vencemento periódico estarase ao disposto no artigo 21 da Ordenanza Xeral Reguladora da aplicación de tributos e ingresos de dereito público do Concello de Rianxo.
5. Os bens inmobles de natureza urbana e rústica sitos nas áreas ou zonas do Concello que, conforme ao establecido na Lei de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia (LOUPMR, en adiante) e na normativa urbanística municipal vixente, correspondan a asentamentos de poboación singularizados pola súa vinculación ou preeminencia de actividades primarias de carácter agrícola, gandeira ou forestal, e que dispoñan dun insuficiente nivel de servizos básicos de titularidade municipal gozarán dunha bonificación de ata o 10% sempre que as súas características económicas aconsellen unha especial protección.
A porcentaxe de bonificación será:
a) Carencia do servizo municipal de abastecemento de auga potable e do servizo de saneamento: 10%.
b) Carencia do servizo municipal de abastecemento de auga potable ou do servizo de saneamento: 5%.
Para a aplicación desta bonificación considéranse áreas singularizadas pola súa vinculación con actividades primarias de carácter agrícola, gandeira ou forestal, as comprendidas dentro do ámbito das Ordenanzas 5 e 6 das vixentes Normas Subsidiarias de Planeamento Municipal do Concello de Rianxo, así coma os bens inmobles incorporados ao Padrón de IBI rústica que con anterioridade á entrada en vigor da nova ponencia de valores se incorporaban como ¿diseminados" no Padrón de IBI urbana.
A carencia dos servizos de abastecemento de auga potable e/ou do servizo de saneamento será informada pola entidade xestora que avaliará se o inmoble respecto do cal se pretende a bonificación é beneficiario dos servizos referidos.
No caso de que se constate que o inmoble carece da conexión á rede municipal de abastecemento de auga potable, a entidade xestora do servizo verificará ademais si o mesmo está establecido na área do inmoble respectivo, entendéndose a efectos desta bonificación por ¿establecido" cando na vía pública á que teña fachada o inmoble exista rede de abastecemento de auga ou cando a distancia á rede fose inferior a 50 metros.
No caso de que o inmoble careza de conexión á rede municipal de sumidoiros, a entidade xestora verificará, asemade, o disposto no artigo 7.7 do Decreto 141/2012, do 21 de xuño, polo que se aproba o Regulamento marco do Servizo Público de saneamento e depuración de Augas Residuais de Galicia, así coma o disposto no Regulamento Municipal de Verquidos de Rianxo.
A bonificación será de carácter rogado, polo que a súa concesión precisará da solicitude previa do interesado e acto administrativo de recoñecemento expreso.
A vixencia da bonificación será anual, debendo solicitarse en cada exercicio no que se pretenda a súa aplicación.
A solicitude de concesión desta bonificación presentarase polo rexistro xeral do Concello, mediante modelo oficial aprobado ao efecto asinado polo obrigado tributario, ata o 31 de marzo, ou inmediato hábil posterior, do exercicio en que se pretenda que xurda efectos, achegando a referencia catastral do inmoble.
Con carácter previo á resolución da solicitude, incorporaranse ao expediente:
a) un informe do Servizo de Licenzas/urbanismo do Concello, referido ao cumprimento dos requisitos obxectivos da bonificación, concretamente á pertenza ou non do inmoble a algún dos supostos do apartado primeiro do artigo 5.
b) un informe do xestor do servizo municipal de abastecemento de auga potable e do servizo municipal de saneamento, sobre a carencia de ditos servizos no inmoble de referencia, de acordo co criterio establecido no apartado 1 do presente artigo.
O Departamento de Recadación, recibido o informe anterior, vista toda a documentación obrante no expediente, e considerándoas prescricións da Ordenanza Xeral de Recadación do Concello de Rianxo no referente ás bonificación, emitirá informe proposta que elevará ao órgano competente para que dite resolución correspondente.
6. Os inmobles nos que se desenvolvan actividades económicas e empresariais que sexan que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias de fomento do emprego poderán obter unha bonificación na cota do imposto.
A bonificación da cota será:
a) ata un 95% para aqueles inmobles nos que se desenvolva unha actividade económica ou empresarial por implantación dunha nova empresa no termo municipal de Rianxo, sempre e cando cree emprego.
b) ata un 95% para aqueles inmobles nos que se desenvolva unha actividade económica ou empresarial pola ampliación das instalacións dunha empresa que xa viña exercendo unha actividade económica ou empresarial en Rianxo, sempre e cando implique creación de emprego.
A porcentaxe de bonificación será a seguinte:
Creación de 1 a 10 postos de traballo 50%
Creación de 11 a 20 postos de traballo 75%
Creación de mais de 20 postos de traballo 95%
Autoemprego (1 posto de traballo) 50%
As contratacións deberán ser indefinidas.
Cando se trate de contratacións cunha xornada a tempo parcial as porcentaxes das bonificacións serán proporcionais ao tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, na súa falta, da xornada ordinaria máxima legal.
O beneficiario da bonificación será a persoa física, xurídica ou entidade do artigo 33.4 da Lei Xeral Tributaria que sexa no IBI o suxeito pasivo do ben inmoble afecto, sempre que aquel coincida co titular da actividade económica ou empresarial creadora de emprego.
Quedan excluídos da bonificación os IBI que recaian sobre bens inmobles arrendados.
Non poderá ser beneficiario da bonificación a persoa xurídica ou entidade do artigo 33.4 LXT que tivera adoptado medidas de regulación do emprego nos 12 meses anteriores á formalización dos contratos de traballo.
O suxeito pasivo deberá achegar xunto coa solicitude a seguinte documentación:
- Poder de representación, no seu caso.
- Certificado da Axencia Estatal da Administración Tributaria no que conste a alta no municipio no epígrafe da actividade no Imposto sobre Actividades Económicas.
- Memoria xustificativa sobre o proxecto da actividade económica ou empresarial de nova creación ou de ampliación, na que constará a referencia catastral do inmoble afecto á actividade económica ou empresarial no que se realiza a construción, instalación ou obra; a creación de novos postos de traballo; o número de novos postos de traballo; súa categoría profesional e a modalidade e duración da contratación.
- Declaración responsable sobre o emprego que creará, con indicación do número de novos postos de traballo, a súa categoría profesional e a modalidade e duración da contratación.
- Certificado de estar ao corrente coa Facenda Estatal, coa Facenda Autonómica, co Concello de Rianxo e coa Seguridade Social.
- Aqueloutra documentación que, motivadamente, sexa requirida polo Departamento de Emprego do Concello de Rianxo.
O prazo de presentación da solicitude será dun mes dende o día seguinte ao de obtención do título habilitante para a realización da construción, instalación ou obra, no caso de que fose precisa a realización de construción, instalación ou obra, con carácter previo ao inicio da actividade, e precisa a seguinte documentación:
- comunicación previa de inicio de actividade ou solicitude do título habilitante para o exercicio da actividade.
- Informe de Vida Laboral das contas de cotización ou da persoa autónoma como empresaria dende o inicio da actividade.
- Relación dos traballadores contratados con expresión do seu nome e apelidos, NIF, número de afiliación á seguridade social, data de inicio, modalidade e duración do seu contrato.
- Relacións Nominais de Traballadores e Recibos de Liquidación das Cotizacións.
- Informe dos traballadores con movementos previos nas CCC.
- Copia dos contratos de traballo dos empregos creados.
- No seu caso, TA2 de baixa dos traballadores indefinidos contratados que causaron baixa por dimisión, morte, xubilación, incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez, ou por resolución durante o período de proba.
- De ser o caso, certificado de alta profesional no dito colexio e alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos.
O prazo de presentación da solicitude será dun mes dende a presentación da comunicación previa de inicio de actividade ou solicitude do título habilitante para o exercicio da actividade, no caso de que non se realizase construción, instalación nin obra con carácter previo ao inicio da actividade, achegando a seguinte documentación:
- Informe de Vida Laboral das contas de cotización ou da persoa autónoma como empresaria dende o inicio da actividade.
- Relación dos traballadores contratados con expresión do seu nome e apelidos, NIF, número de afiliación á seguridade social, data de inicio, modalidade e duración do seu contrato.
- Relacións Nominais de Traballadores e Recibos de Liquidación das Cotizacións.
- Informe dos traballadores con movementos previos nas CCC
- Copia dos contratos de traballo dos empregos creados.
- No seu caso, TA2 de baixa dos traballadores indefinidos contratados que causaron baixa por dimisión, morte, xubilación, incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez, ou por resolución durante o período de proba.
- De ser o caso, certificado de alta profesional no dito colexio e alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos.
Toda solicitude que se realice transcorrido o prazo sinalado, será considerada extemporánea.
A declaración de especial interese ou utilidade municipal, así como a porcentaxe de bonificación, corresponderá ao pleno da Corporación, previa solicitude do suxeito pasivo no modelo normalizado, co voto favorable da maioría simple dos seus membros.
A declaración de interese ou utilidade municipal deberá producirse nun prazo que non excederá de seis meses, computables dende a súa solicitude, previo informe técnico-xurídico favorable. A resolución entenderase desestimada si non recae resolución en dito prazo.
Para o mantemento da bonificación, as condicións da xustificación presentadas coa comunicación previa de inicio de actividade ou solicitude do título habilitante para o exercicio da actividade, deberán permanecer durante tres exercicios orzamentarios completos, como mínimo.
O incumprimento dos requisitos esixidos suporá a perda da bonificación e a liquidación do importe deixado de ingresar, xunto cos xuros de mora correspondentes.
7. Terán dereito a unha bonificación do 50% na cota íntegra do imposto, durante os tres
períodos impositivos seguintes ao da finalización da súa instalación, os bens inmobles
destinados a vivenda dos suxeitos pasivos deste imposto, en calquera dos seguintes supostos:
a) Que se instalaron sistemas para o aproveitamento térmico e eléctrico da enerxía proveniente do sol para autoconsumo. Será necesario, en todo caso, que os sistemas de aproveitamento térmico instalados dispoñan dunha superficie mínima de captación solar útil de 4m2 por vivenda e que os sistemas de aproveitamento eléctrico dispoñan dunha potencia instalada mínima de 2 Kw por vivenda.
b) Cando logo de pasar os controis administrativos e técnicos pertinentes, o inmoble sexa certificado con cualificación A ou B da súa eficiencia enerxética.
Ningunha das anteriores bonificacións se outorgará cando a instalación destes sistemas de aproveitamento da enerxía solar ou a propia certificación enerxética fose obrigatoria a tenor da normativa especifica na materia.
Estas bonificacións terán carácter rogado e fornecerán efectos, no seu caso, desde o período impositivo seguinte a aquel en que se solicite.
As solicitudes serán enviadas desde o Departamento de Facenda, coa documentación que as acompaña, aos Servizo Municipal de Urbanismo que, valorando que se reúnan os requisitos esixidos, formulará informe sobre a súa concesión.
Deberá aportar a seguinte documentación:
· Solicitude de licenza municipal das instalacións, ou ben declaración responsable.
· Pagamento da taxa pola tramitación da licenza ou declaración. Autorización do Departamento Territorial de Patrimonio Cultural, se hai algún ben etnográfico próximo.
· Memoria técnica da instalación das placas fotovoltaicas, redactada por técnico competente na materia, con expresa información sobre as dimensións, estrutura portante -se cabe-, características das placas fotovoltaicas e enerxía que se vai producir.
· Tres fotografías da instalación realizada
· Certificado final das obras, redactado por técnico competente na materia, no que se exprese polo miúdo a instalación realizada, a superficie das placas e a enerxía producida, as características das placas instaladas, acreditándose que a instalación se axustou á solicitada na licenza municipal ou declaración responsable, e no seu caso, á autorización previa do departamento de patrimonio cultural.
8. As bonificacións ás que fan referencia os apartados 1, 2, 3, 4, 5, 6 e 7 deste artigo terán carácter rogado, e será necesaria a acreditación do suxeito pasivo de estar incurso nalgún dos supostos establecidos para o desfrute de cada unha delas, presentando a documentación demostrativa dos mesmos.
No caso de concorrer simultaneamente mais dun suposto dos referidos parágrafos anteriores, aplicarase a bonificación que resulte mais vantaxosa para o suxeito pasivo, agás as bonificacións reguladas nos apartados 4 e 5 deste artigo que sí serán compatibles entre si.
9. Respecto aos restantes aspectos das bonificacións non previstos neste artigo, estarase ao disposto na ordenanza Xeral Reguladora da aplicación de tributos e ingresos de dereito público do Concello de Rianxo, ao RD 1065/2007, do 27 de xullo, polo que se aproba o Regulamento Xeral das Actuacións e dos Procedementos de Xestión e Inspección tributarias e de desenvolvemento das normas comúns de aplicación dos tributos.
Artigo quinto
Coeficiente redutor aplicable aos inmobles rústicos valorados conforme ao apartado 1 da disp. Transitoria primeira do R.D.L. 1/2004 do 5 marzo, que aproba o T.R. da Lei do Catastro Inmobiliario:
Establecese como coeficiente redutor aos efectos determinados no apdo. 2.o da disposición transitoria decimo oitava do R.D.L. 2/2004 do 62%.
Artigo sexto
O concello agrupará nun único documento de cobro tódalas cotas deste imposto dun mesmo suxeito pasivo, cando se trate de bens rústicos sitos no termo municipal de Rianxo.
Artigo sétimo
Co fin de facilitar o cumprimento das obrigas tributarias, as cotas do IBI poderán fraccionarse nos termos previstos no artigo 16,2 da Ordenanza de Recadación de Tributos e Ingresos de Dereito Público do Concello de Rianxo.
Disposición final
A presente Ordenanza aprobouse polo Pleno na súa sesión do 26/01/2023, entrando en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e xurdindo efectos dende o 1 de xaneiro seguinte a súa publicación, ata que se acorde a súa modificación ou derrogación."Rianxo 24 de febreiro de 2023