Rianxo - ORDENANZA FISCAL NÚMERO 1, REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES
Artigo primeiro
No uso das facultades normativas outorgadas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución Española e artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, sobre potestade normativa en materia de tributos locais, e de conformidade, asemade, co establecido nos artigos 15 e seguintes, así como no Título II e artigos 60 e seguintes, todos eles do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, regulase mediante a presente Ordenanza fiscal o Imposto Sobre Bens Inmobles.
Artigo segundo
a) Tipo de gravame do imposto sobre bens inmobles aplicable ós bens de natureza urbana queda fixado no 0,59 por cento.
b) Tipo de gravame do imposto sobre bens Inmobles aplicable ós bens de natureza rústica queda fixado no 0,59 por cento.
c) O tipo de gravame do Imposto sobre bens inmobles aplicable os bens inmobles de características especiais, definidos no artigo 2.7 da Lei 48/2.002, do 23 decembro, Lei do catastro inmobiliario, e sitos no termo municipal de Rianxo, queda fixado no 1,3 por cento.
Artigo terceiro
1. En virtude do artigo 62.4 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, establécese unha exención por cuantía mínima que se aplicará do seguinte xeito:
a) Quedarán exentos os bens inmobles de natureza urbana que teñan unha cuota líquida inferior ou igual a 3,00 euros.
b) Quedarán exentos os bens inmobles de natureza rústica que teñan unha cuota líquida inferior ou igual a 4,50 euros.
Artigo cuarto
1. En virtude do artigo 73.1 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais aplicaranse unha bonificación do 65% na cuota íntegra do imposto, sempre que así se solicite polos interesados antes do inicio das obras, para os inmobles que constitúan o obxeto da actividade das empresas de urbanización, construcción e promoción inmobiliaria tanto de obra nova como de rehabilitación equiparable a ésta e non figuren entre os bens do seu inmovilizado.
O prazo de aplicación desta bonificación comprenderá dende o período impositivo seguinte a aquel en que se inicien as obras ata o posterior á terminación das mesmas, sempre e cando durante ese período se realicen obras de urbanización ou construcción efectiva, e sen que, en ningún caso poida exceder de tres períodos impositivos.
Para aproveitar a citada bonificación, os interesados deberán de cumprir os seguintes requisitos:
a) Acreditación da data de inicio das obras de urbanización ou construcción de que se trate, que se fará mediante certificación do Técnico-Director competente delas, visado polo Colexio Profesional.
b) Acreditación de que a empresa se adica á actividade de urbanización, cosntrucción e promoción inmobiliaria mediante a presentación dos Estatutos da Sociedade.
c) Acreditación de que o inmoble obxecto da bonificación non forma parte do inmobilizado mediante a presentación de certificación do Administrador da Sociedade, ou fotocopia do último balance presentado ante a A.E.A.T., a efectos do Imposto sobre Sociedades.
d) A solicitude da bonificación pódese formular dende o momento no que se pode acreditar o inicio das obras.
2. En virtude do artigo 73.2 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais aplicarase unha bonificación do 50% na cota íntegra do imposto, durante os tres períodos impositivos seguintes ó outorgamento da cualificación definitiva, para as vivendas de protección oficial e as que resulten equiparables a éstas conforme a normativa da Comunidade Autónoma de Galicia.
3. Os suxeitos pasivos que ostente a condición de titulares de familia numerosa gozarán dunha bonificación do 50% na cota íntegra do inmoble de uso residencial que constitúa a súa residencia habitual, e na que estañan empadroados os membros da unidade familiar, sempre que se cumpran ademáis os seguintes requisitos:
a) Que o valor catastral do ben inmoble obxecto de bonificación, dos que sexan suxeitos pasivos o titular da familia numerosa ou algún dos membros desta, non exceda de 125.000 euros.
b) Que os ingresos brutos da unidade familiar, tendo en conta o número de membros desta, non exceda dos seguintes límites:
N.º de fillos da unidade familiar | Importe máximo de ingresos brutos |
3 | 25.000,00 |
4 | 35.000,00 |
5 | 40.000,00 |
6 | 45.000,00 |
7 | 47.000,00 |
8 | 49.000,00 |
9 ou mais | 50.000,00 |
Consideránse fillos da unidade familiar a efectos desta bonificación os seguintes:
- Os menores de idade, salvo que viven independentemente dos pais, coa autorización destes.
- Os fillos maiores de idade incapacitados xudicialmente ou suxetos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
Os suxeitos pasivos que, cumprindo cos requisitos establecidos no apartado anterior, pretendan gozar da bonificación, deberán presentar a correspondente solicitude, antes do 31 de marzo do ano correspondente ó período impositivo no que pretendan que produza efectos. Xuntamente co escrito deberá achegarse a seguinte documentación:
- Copia compulsada do título de familia numerosa expedido polo órgano competente.
- Certificado de empadroamento do titular da familia numerosa, referida a situación existente a 31 de decembro do ano inmediato anterior, no que conste os membros da unidade familiar que conviven no inmoble para o que se solicita a bonificación.
- Copia compulsada das derradeiras declaracións do imposto sobre a renda das persoas físicas presentadas polo titular da familia numerosa e, no seu caso, por cada un dos membros da unidade familiar que obteña rendas suxeitas o referido importo. No caso de non estar obrigados a presentar declaración da renda, aportarán certificado de retención ou calquera outro documento que serva para a determinación dos ingresos brutos.
A bonificación concedida só producirá efectos a partir o período impositivo no que se insta a súa concesión, debendo solicitar a súa prórroga nos seguintes períodos impositivos, aportando de novo a documentación que acredite que se seguen a cumprir os requisitos para o seu goce.
4. Establécese unha bonificación do 5% da cota íntegra do imposto sobre bens inmobles de natureza urbana e rústica (exclúense os bens inmobles de características especiais) para todos aqueles contribuíntes que tivesen domiciliado o pago do recibo nunha entidade bancaria.
O pago do recibo bonificado farase efectivo dentro da primeira semana do período voluntario de ingreso, dacordo co calendario fiscal aprobado para cada exercicio.
Si o recibo bonificado non fose atendido ao seu vencemento, a bonificación devengará inaplicable, podendo abonarse sen recargo o recibo dentro do período voluntario de ingreso. Unha vez transcorrido o período voluntario de ingreso, sen que este se produxese, iniciárase o período executivo.
Os suxeitos pasivos que desexen disfrutar desta bonificación deberán solicitar a domiciliación no impreso normalizado, cunha antelación de a menos dous meses respecto do inicio do período voluntario de ingreso, entendéndose concedida dende a súa presentación, salvo que se solicite extemporaneamente, en cuxo caso a bonificación xurdirá efectos no exercicio inmediatamente posterior.
Admitiranse domiciliacións de recibos en contas cuxo titular non coincida co contribuínte, sempre e cando o titular da mesma asine o modelo normalizado da solicitude de domiciliación, e achegue fotocopia do DNI.
A domiciliación terá vixencia indefinida, agás:
- Orde expresa de anulación da domiciliación, comunicada a recadación, a través de modelo normalizado de baixa de domiciliacións.
- Cambio de titularidade do inmoble.
- Rechazo ou devolución da entidade financeira.
Respecto aos restantes aspectos substantivos das domiciliacións de recibos de tributos de vencemento periódico estarase ao disposto no artigo 21 da ordenanza Xeral Reguladora da aplicación de tributos e ingresos de dereito público do Concello de Rianxo.
5.1. Os bens inmobles de natureza urbana e rústica ubicados nas áreas ou zonas do Concello que, conforme ao establecido na Lei de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia (LOUPMR, en adiante) e na normativa urbanística municipal vixente, correspondan a asentamentos de poboación singularizados pola súa vinculación ou preeminencia de actividades primarias de carácter agrícola, gandeira ou forestal, e que dispoñan dun insuficiente nivel de servizos básicos de titularidade municipal gozarán dunha bonificación de ata o 10% sempre que as súas características económicas aconsellen unha especial protección.
5.2. A porcentaxe de bonificación será:
A porcentaxe de bonificación será:
a) Carencia do servizo municipal de abastecemento de auga potable e do servizo de saneamento: 10%.
b) Carencia do servizo municipal de abastecemento de auga potable ou do servizo de saneamento: 5%.
Para a aplicación desta bonificación considéranse áreas singularizadas pola súa vinculación con actividades primarias de carácter agrícola, gandeira ou forestal, as comprendidas dentro do ámbito das Ordenanzas 5 e 6 das vixentes Normas Subsidiarias de Planeamento Municipal do Concello de Rianxo, así coma os bens inmobles incorporados ao Padrón de IBI rústica que con anterioridade á entrada en vigor da nova ponencia de valores se incorporaban como ¿diseminados" no Padrón de IBI urbana.
A carencia dos servizos de abastecemento de auga potable e/ou do servizo de saneamento será informada pola entidade xestora que avaliará se o inmoble respecto do cal se pretende a bonificación é beneficiario dos servizos referidos.
No caso de que se constate que o inmoble carece da conexión á rede municipal de abastecemento de auga potable, a entidade xestora do servizo verificará ademais si o mesmo está establecido na área do inmoble respectivo, entendéndose a efectos desta bonificación por ¿establecido" cando na vía pública á que teña fachada o inmoble exista rede de abastecemento de auga ou cando a distancia á rede fose inferior a 50 metros.
No caso de que o inmoble careza de conexión á rede municipal de sumidoiros, a entidade xestora verificará, asemade, o disposto no artigo 7.7 do Decreto 141/2012, de 21 de xuño, polo que se aproba o Regulamento marco do Servizo Público de saneamento e depuración de Augas Residuais de Galicia, así coma o disposto no Regulamento Municipal de Verquidos de Rianxo.
5.3. A bonificación será de carácter rogado, polo que a súa concesión precisará da solicitude previa do interesado e acto administrativo de recoñecemento expreso.
A vixencia da bonificación será anual, debendo solicitarse en cada exercicio no que se pretenda a súa aplicación.
5.4. A solicitude de concesión desta bonificación presentarase polo rexistro xeral do Concello, mediante modelo oficial aprobado ao efecto asinado polo obrigado tributario, ata o 31 de marzo, ou inmediato hábil posterior, do exercicio en que se pretenda que xurda efectos, achegando a referencia catastral do inmoble.
5.5. Con carácter previo á resolución da solicitude, incorporaranse ao expediente:
a) un informe do Servizo de Licenzas/urbanismo do Concello, referido á cumprimentación dos requisitos obxectivos da bonificación, concretamente á pertenza ou non do inmoble a algún dos supostos do apartado primeiro do artigo 5.
b) un informe do xestor do servizo municipal de abastecemento de auga potable e do servizo municipal de saneamento, sobre a carencia de ditos servizos no inmoble de referencia, dacordo co criterio establecido no apartado 1 do presente artigo.
O Departamento de Recadación, recepcionado o informe anterior, vista toda a documentación obrante no expediente, e considerándoas prescricións da Ordenanza Xeral de Recadación do Concello de Rianxo no referente ás bonificación, emitirá informe proposta que elevará ao órgano competente para que dite resolución correspondente.
6. As bonificación ás que fan referencia os apartados 1, 2, 3, 4 e 5 deste artigo terán carácter rogado, e será necesaria a acreditación do suxeito pasivo de estar incurso nalgún dos supostos establecidos para o disfrute de cada unha delas, presentando a documentación demostrativa dos mesmos.
No caso de concorrer simultáneamente mais dun suposto dos referidos parágrafos anteriores, aplicarase a bonificación que resulte mais ventaxosa para o suxeito pasivo,agás as bonificacións reguladas nos apartados 4 e 5 deste artigo que sí serán compatibles entre sí.
7. Respecto aos restantes aspectos das bonificacións non previstos neste artigo, estarase ao disposto na ordenanza Xeral Reguladora da aplicación de tributos e ingresos de dereito público do Concello de Rianxo.
Artigo quinto
Coeficiente reductor aplicable aos inmobles rústicos valorados conforme ao apartado 1 da disp. Transitoria primeira do R.D.L. 1/2004 de 5 marzo, que aproba o T.R. da Lei do Catastro Inmobiliario:
Establecese como coeficiente reductor aos efectos determinados no apdo. 2.º da disposición transitoria decimoctava do R.D.L. 2/2004 do 62%.
Artigo sexto
O Concello agrupará nun único documento de cobro tódalas cotas deste imposto dun mesmo suxeito pasivo, cando se trate de bens rústicos sitos no termo municipal de Rianxo.
Artigo sétimo
Co fin de facilitar o cumprimento das obrigas tributarias, as cotas do IBI poderán fraccionarse nos termos previstos no artigo 16.2 da Ordenanza Xeral de Recadación de Tributos e Ingresos de Dereito Público do Concello de Rianxo.
Disposición final
A presente Ordenanza aprobouse polo Pleno na súa sesión do día 7 de setembro de 2004, e foi modificada polo Pleno na sesión do día 29 de outubro de 2015, entrando en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, e surtindo efectos dende o 1 de xaneiro de 2016, ata que se acorde a súa modificación ou derrogación.