Rianxo - Ordenanza fiscal núm. 1, reguladora do imposto sobre bens inmobles

Publicación provisional: 26/12/2003 BOP Nº: 295
Publicación definitiva: 26/12/2003 BOP Nº: 295
Aplicable dende: 01/01/2011

Artigo primeiro

No uso das facultades normativas outorgadas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución Española e artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, sobre potestade normativa en materia de tributos locais, e de conformidade, asemade, co establecido nos artigos 15 e seguintes, así como no Título II e artigos 60 e seguintes, todos eles do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, regulase mediante a presente Ordenanza fiscal o Imposto sobre Bens Inmobles.

Artigo segundo

a. tipo de gravamen do Imposto sobre bens Inmobles aplicable ós bens de natureza urbana queda fixado no 0,55 por cento.

b. tipo de gravamen do Imposto sobre bens Inmobles aplicable ós bens de natureza rústica queda fixado no 0,40 por cento.

c. O tipo de gravamen do Imposto sobre Bens Inmobles aplicable os bens inmobles de características especiais, definidos no ártigo 2.7 da Lei 48/2.002, de 23 de Decembro, Lei do Catastro Inmobiliario e sitos no termo municipal de Rianxo, queda fixado no 1,3 por cento.

1- A presente modificación do artigo segundo da Ordenanza fiscal reguladora do Imposto sobre bens inmobles foi aprobada polo Concello en Pleno en sesión extraordinaria celebrada o 19 de OUTUBRO de 2010.

2.- O inicio de aplicación desta modificación é o 1 de xaneiro de 2011

Artigo terceiro

1. En virtude do artigo 62.4 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, establécese unha exención por cuantía mínima que se aplicará do seguinte xeito:

a) Quedarán exentos os bens inmobles de natureza urbana que teñan unha cuota líquida inferior ou igual a 3,00 euros.

b) Quedarán exentos os bens inmobles de natureza rústica que teñan unha cuota líquida inferior ou igual a 4,50 euros.

Artigo cuarto

1.En virtude do artigo 73.1 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais aplicarase unha bonificación do 65% na cuota íntegra do imposto, sempre que así se solicite polos interesados antes do inicio das obras, para os inmobles que constitúan o obxeto da actividade das empresas de urbanización, construcción e promoción inmobiliaria tanto de obra nova como de rehabilitación equiparable a ésta e non figuren entre os bens do seu inmovilizado.

O prazo de aplicación desta bonificación comprenderá dende o período impositivo seguinte a aquel en que se inicien as obras ata o posterior á terminación das mesmas, sempre e cando durante ese período se realicen obras de urbanización ou construcción efectiva, e sen que, en ningún caso poida exceder de tres períodos impositivos.

Para aproveitar a citada bonificación, os interesados deberán de cumprir os seguintes requisitos:

a) Acreditación da data de inicio das obras de urbanización ou construcción de que se trate, a que se fará mediante certificación do Técnico-Director competente delas, visado polo Colexio Profesional.

b) Acreditación de que a empresa se dedica á actividade de urbanización, construcción e promoción inmobiliaria mediante a presentación dos Estatutos da Sociedade.

c) Acreditación de que o inmoble obxecto da bonificación non forma parte do inmobilizado mediante a presentación de certificación do Administrador da Sociedade, ou fotocopia do último balance presentado ante a A.E.A.T., a efectos do Imposto sobre Sociedades.

d) A solicitude da bonificación pódese formular dende o momento no que se pode acreditar o inicio das obras.

2.En virtude do artigo 73.2 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais aplicarase unha bonificación do 50% na cuota íntegra do imposto, durante os tres periodos impositivos seguintes ó otorgamento da calificación definitiva, para as vivendas de protección oficial e as que resulten equiparables a éstas conforme a normativa da Comunidade Autónoma de Galicia.

3.En virtude do artigo 74.4 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais aplicarase unha bonificación do 25% na cuota íntegra do imposto a favor de aqueles suxeitos pasivos que ostenten a condición de titulares de familia numerosa, previa solicitude do interesado e previa acreditación por parte do mesmo desa condición, sempre e cando os bens inmobles sobre os que se pretenda aplicar a bonificación non teñan un valor catastral superior ós 15.000 euros.

Asi mesmo deberá acreditarse por parte do interesado, que o inmoble sobre o que pretende que se lle aplique a bonificiación, constitúe a súa vivenda habitual, que están empadronados nela todos e cada un dos membros que constitúen a unidade familiar numerosa.

4. As bonificacións ás que fan referencia os tres apartados anteriores deste artigo terán carácter rogado, e será necesaria a acreditación do suxeito pasivo de estar incurso nalgún ou nos tres supostos establecidos para cada unha delas, presentando a documentación demostrativa dos mesmos.

No caso de concorrir simultáneamente máis dun suposto dos referidos nos parágrafos anteriores, aplicarase a bonificación que resulte maís ventaxosa para o suxeito pasivo.

DISPOSICIÓN FINAL 1ª:

A presente Ordenanza fiscal de fixación dos elementos necesarios para a determinación das respectivas cotas tributarias entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, e comenzará a aplicarse a partir do día 1 se xaneiro de 2005, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.

DISPOSICIÓN FINAL 2ª:

1.- A presente Ordenanza foi aprobada polo Concello en Pleno en sesión celebrada o 7 de setembro de 2004.