Rianxo - ORDENANZA IMPOSTO IBI
Artículo 1º
Modifica-la ordenanza sobre o imposto de bens inmobles, no seguinte senso:
1. A tarifa aplicable para obte-las cotas tributarias ós bens de natureza urbana queda fixada no 0,47 por cento.
2. Decláranse exentos deste imposto tódolos bens inmobles de natureza urbana no que o seu valor catastral sexa inferior a 601,01 euros. Declárase a exención para os suxeitos pasivos que teñan un valor total de bens rústicos inferior a 1.202,02 euros.
3. Establécense as seguintes bonificacións:
a) Terán dereito a unha bonificación do 65 por cento da cota íntegra do imposto os inmobles que constitúan o obxecto da actividade das empresas de urbanización, construcción e promoción inmobiliaria, tanto de obra nova como de rehabilitación equiparable a esta e non figure entre os bens do seu inmobilizado. O prazo de aplicación desta bonificación comprenderá dende o período impositivo seguinte a aquel en que se inicien as obras ata o posterior á terminación destas, sempre que durante este tempo se realicen obras de urbanización ou construcción efectiva, e en todo caso cun máximo de tres períodos impositivos. A bonificación deberá ser solicitada polos interesados antes do inicio das obras.
b) Terán dereito a unha bonificación do 25 por cento da cota integra do imposto aqueles suxeitos pasivos que teñan a condición de familia numerosa. A bonificación afectará á vivenda principal da residencia da familia, e para obter esta será necesario acreditar tal condición co carné de familia numerosa en vigor, salvo que a renda per cápita familiar sexa superior a dúas veces o SMI.