Camariñas - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR PRESTACIÓN DE SERVICIOS CULTURAIS E DEPORTIVOS

Publicación provisional: 31/12/1998 BOP Nº: 299
Publicación definitiva: 31/12/1998 BOP Nº: 299
Aplicable dende: 25/09/2023

Artigo 1.- Fundamento e natureza.

En uso das facultades conferidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución Española e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do RDLEX 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais e ó amparo do disposto nos artigos 57 e 20 da mesma lei, este Concello establece a ¿Taxa pola prestación de servizos culturais e deportivos", que se rexerá pola presente Ordenanza fiscal.

Artigo 2.- Feito impoñible.

1. Constitúe o feito impoñible da taxa o uso dos centros municipais e prestación dos servizos de que están dotadas estas, así como a prestación de servizos de escolas, cursos e outras actividades culturais e deportivas, nos termos especificados nas tarifas da presente Ordenanza.

2. Non están suxeitos ó pago da taxa:

a) Os actos organizados polo Concello de Camariñas ou patrocinados polo mesmo nos que se faga constar expresamente a non suxeición ó pago da taxa, patrocinio que haberá de resultar en todo caso dun previo acordo plenario ou resolución da Alcaldía.

b) As utilizacións que sexan consecuencia de intercambios ou convenios con outras institucións, que se rexerán polo respectivo convenio.

c) As actividades ordinarias escolares de carácter deportivo ou cultural que se realicen durante a xornada escolar, así como os campionatos deportivos escolares con participación de alumnos deste Municipio.

Artigo 3.- Suxeitos pasivos.

Son suxeitos pasivos da taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas así como as entidades ás que se refire o artigo 35 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, que soliciten ou resulten beneficiadas polos servizos que constitúen o feito impoñible da taxa.

Artigo 4.- Responsables.

1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 41.1 e 42 da Lei Xeral Tributaria.

2. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de crebas, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da Lei Xeral Tributaria.

Artigo 5.- Devengo.

Considérase devengada a taxa, nacendo a obriga de contribuír, cando se inicie a prestación dos servizos suxeitos a gravame, entendéndose a estes efectos que dita iniciación se produce coa solicitude daqueles.

Artigo 6.- Cota tributaria.

1. A contía deste taxa será a establecida na seguinte Tarifa:

Conceptos Euros

I. Utilización dos Pavillóns Polideportivos

I.1. Alugueiro para uso libre dos pavillóns polideportivos, por hora: 15€.

I.2. Alugueiro para uso libre dos pavillóns polideportivos, por hora, cada semana durante un mes: 45€.

I.3. Actos con pago de entrada alleos ó deporte, festivais e espectáculos recreativos e artísticos de carácter profesional, por cada acto: 480€.

I.4. Uso do ximnasio, cota mensual 10€.

I.5. Uso do ximnasio, cota anual: 50€

II. Utilización dos Campos de fútbol municipais

II.1. Alugueiro para uso libre dos campos de fútbol, por 2 horas, sen luz artificial: 30€.

II.2. Alugueiro para uso libre dos campos de fútbol, por 2 horas, con luz artificial: 50€.

II.3 Alugueiro para uso deportivo con pago de entrada, dúas horas, sen luz artificial: 100€.

II.4 Alugueiro para uso deportivo con pago de entrada, dúas horas, con luz artificial: 120€.

II.5. Actos de acceso gratuíto e carácter non deportivo, por cada acto: 200€

II.6. Actos con pago de entrada alleos ó deporte, como festivais, espectáculos recreativos e/ou artísticos de carácter profesional, por cada acto: 600€.

III. Actividades físico-deportivas municipais

III.1. por inscrición nunha actividade físico-deportiva de grupo (ximnasia de mantemento, relaxgym, pilates, ioga, balonmán, fútbol, psicomotricidade,...), por persoa e mes: 12€.

III.2. por inscrición en máis de unha actividade física de grupo, por actividade, persoa e mes: 10€ por cada actividade.

III.3. por inscrición na actividade física de mellora da saúde de adultos, por persoa e mes: 15€.

III.4. por inscrición na actividade física de mellora da saúde infantil, por persoa, día da semana e mes: 8€.

IV. Cursos municipais

IV.1. Cursos específicos de duración superior a 20 horas, por persoa e curso: 15€.

IV.2. Cursos específicos de duración superior a 20 horas, por persoa e curso: 12€.

IV.3. Cursos de artesanía, por persoa e curso: 60€.

IV.4. Matrícula en educación de adultos, por persoa e curso: 50€.

V. Obradoiros

V.1. Obradoiro deportivo-cultural, por persoa e quenda: 30€.

V.2. Obradoiro de actividades acuáticas, por persoa e quenda: 50€.

VI. Escolas culturais municipais

VI.1. por inscrición por cada instrumento de música tradicional (gaita, bombo, tambor, pandeireta, acordeón...), por persoa e mes: 8€.

VI.2. por inscrición na escola de palillo, por cada día da semana, por persoa e mes: 5€.

VI.3. por inscrición nunha sesión de baile, por persoa e mes: 8€.

VI.4. por inscrición en máis dunha sesión de baile, por persoa, sesión e mes: 6€.

VI.5. por matrícula en instrumento musical: canto, piano, guitarra, batería e vento-metal: 50€.

VII. Utilización doutros centros municipais

VII.1. Actividades deportivas ou culturais que o Concello organice e que considere necesario o cobro de entrada ao público ( a excepcion de aquelas reguladas nunha ordenanza específica ), prezo entrada: 5€.

VII.2. I.1. Alugueiro para actos de acceso gratuíto, por hora: 10€.

VII.2. I.1. Alugueiro para actos de acceso non gratuíto, por hora: 20€.

2. A contía dos epígrafes I.3, II.5 e II.6 da anterior Tarifa incrementarase nun 50 por 100 por cada día de utilización, con anterioridade ou posterioridade á celebración dun acto, para a preparación ou arranxo do mesmo.

Artigo 7.- Normas de xestión.

1. A utilización das instalacións e servizos obxecto da presente taxa haberá de ter lugar, en todo caso, fóra do horario escolar nas instalacións suxeitas ao uso das mesmas polos centros educativos. Os horarios e calendarios de utilización de instalacións municipais serán fixados por resolución da Alcaldía que se publicará no Taboleiro de edictos do Concello e nos centros correspondentes.

2. As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello e lugares que se determine, cunha antelación mínima de cinco días hábiles. As inscricións en escolas, cursos, obradoiros e actividades realizarase nos termos das correspondentes convocatorias.

3. As autorizacións serán concedidas pola Alcaldía, quen poderá condicionalas á previa constitución dunha garantía en metálico cando a natureza ou circunstancias da autorización solicitada poidan representar danos ou deterioración para as instalacións municipais, sendo o importe da garantía o da valoración estimada dos posibles danos feita polos servizos municipais.

O documento xustificativo da concesión da autorización haberá de ser presentado ó persoal encargado do servizo no momento de inicio do mesmo.

4. A coincidencia de solicitudes para uso das mesmas instalacións deportivas municipais na mesma data, cando sexan incompatibles, resolveranse aplicando a seguinte orde de prioridade: 1) Actividades deportivas municipais, 2) Competición de equipos federados, 3) Competición de equipos non federados, 4) Adestramentos de equipos federados, 5) Adestramentos de equipos non federados, 6) Práctica deportiva privada. As coincidencias na mesma prioridade resolveranse a favor da precedencia na presentación da solicitude.

5. Correrán a conta e cargo do solicitante, que será o responsable da actividade, das persoas que participen e dos medios persoais e materiais que este considere necesarios para a organización de calquera acto, cando ditos medios sexan superiores ós destinados polo Concello de ordinario á prestación do servizo.

Artigo 8.- Obriga de pago.

1. A obriga de pago da taxa nace dende o momento no que se preste ou realice calquera dos servizos ou actividades ós que se refire esta Ordenanza.

2. O pago da taxa terá lugar por ingreso directo no momento de solicita-la utilización das instalacións ou de formaliza-la inscrición, con carácter de depósito previo conforme ó disposto no artigo 26.1.a) do RDLex 2/2004, podendo empregarse o procedemento de declaración-liquidación ou de auto-liquidación.

Artigo 9.- Beneficios fiscais.

Gozarán de exención aqueles contribuíntes pertencentes a núcleos familiares beneficiarios da Renda de Integración Social de Galicia (RISGA) así como as persoas membros de unidades familiares usuarias de servizos sociais que conten co preceptivo informe favorable á exención de Servizos Sociais do Concello de Camariñas.

Gozarán de exención do pagamento das taxas das actividades que realice o terceiro ou máis fillos dunha familia numerosa.

Gozarán do 50% de bonificación aquelas persoas maiores de 65 anos para a taxa III.

Gozarán de exención para todas as taxas vinculadas á cesión ou uso dos diferentes centros municipais, os clubs, asociacións culturais e ANPAS sen ánimo de lucro rexistradas no Concello de Camariñas e que teñan a súa sede social no mesmo.