Camariñas - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR PRESTACIÓN DE SERVICIOS CULTURAIS E DEPORTIVOS
Artigo 1.-Fundamento e natureza.
En uso das facultades conferidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución española e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local; de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, e ó amparo do disposto nos artigos 58 e 20 da mesma lei, este Concello establece a "taxa pola prestación de servicios culturais e deportivos", que se rexerá pola presente ordenanza fiscal.
Artigo 2.-Feito imponible.
Artigo 3.-Suxeitos pasivos.
Artigo 4.-Responsables.
1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.
2. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de crebas, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.
Artigo 5.-Retribución.
Considérase retribuída a taxa, nacendo a obriga de contribuír, cando se inicie a prestación dos servicios suxeitos a gravame, entendéndose para estes efectos que dita iniciación se produce coa solicitude daqueles.
Artigo 6.-Cota tributaria.
1. A contía deste taxa será a establecida na seguinte Tarifa:
Conceptos: Euros
I. Utilización dos Pavillóns Polideportivos
I.1. Aluguer para uso libre dos pavillóns polideportivos, por hora: 10 €
I.2. Aluguer para uso libre dos pavillóns polideportivos, por hora, cada semana durante un mes: 30 €
I.3 Aluguer para adestramento de equipos federados, dúas horas: 10 €
I.4 Aluguer para competición federada sen pago de entrada, dúas horas: 10 €
I.5 Aluguer para competición federada con pago de entrada, dúas horas: 20 €
I.6. Aluguer para actividade físico deportiva: campus, cursos, competición non federada, práctica de calquera modalidade deportiva e outras actividades de tipo docente, organizada por entidades, sen pago de matrícula, por hora: 10 €
con pago de matrícula, por hora: 20 €
I.7. Actos de acceso gratuito e carácter non deportivo organizados por asociacións, partidos e entidades de todo tipo, por cada acto: 180 €
I.8. Actos con pago de entrada alleos ó deporte, festivais e espectáculos recreativos e artísticos de carácter profesional, por cada acto: 480 €
II. Utilización dos Campos de fútbol municipais
II.1. Aluguer para uso libre dos campos de fútbol, por hora e media, sen luz artificial: 15 €
con luz artificial: 25 €
II.2 Aluguer para adestramento de equipos federados, dúas horas, sen luz artificial: 15 €
con luz artificial: 25 €
II.3 Aluguer para competición federada sen pago de entrada, dúas horas, sen luz artificial: 15 €
con luz artificial: 25 €
II.4 Aluguer para competición federada con pago de entrada, dúas horas, sen luz artificial: 30 €
con luz artificial: 50 €
II.5. Aluguer para actividade físico deportiva: campus, cursos, competición non federada, práctica de calquera modalidade deportiva e outras actividades de tipo docente, organizada por entidades, sen pago de matrícula, por hora, sen luz artificial: 10 €
sen pago de matrícula, por hora, con luz artificial: 20 €
con pago de matrícula, por hora, sen luz artificial: 30 €
con pago de matrícula, por hora, con luz artificial: 50 €
II.6. Actos de acceso gratuito e carácter non deportivo organizados por asociacións, partidos e entidades de todo tipo, por cada acto: 200 €
II.7. Actos con pago de entrada alleos ó deporte, festivais e espectáculos recreativos e artísticos de carácter profesional, por cada acto: 600 €
III. Escolas culturais e deportivas municipais
III.1. por inscripción nunha soa escola cultural ou deportiva: 20 €
III.2. por cada inscripción adicional noutras escolas culturais ou deportivas: 10 €
III.3. por inscripción en tres escolas culturais o deportivas: 30 €
III.4. Inscripción Escola de Vela, cada 10 días de clase 30 € mailo importe de licencia da escola. Abono familiar para Escola de Vela: o primeiro membro da unidade familiar 30 €, o segundo membro 18€, o terceiro membro 12 € , o cuarto membro ou máis 6€.
IV. Cursos municipais
IV.1. Cursos específicos de duración superior a 20 horas, 15 € por inscripción; en caso de inscripcións de máis membros da unidade familiar, 6 € por cada nova inscripción.
IV.2. Cursos específicos de menos de 20 horas, 12 € por inscripción, en caso de inscripcións de máis membros da mesma unidade familiar, 3 € por cada nova inscrición.
IV.3. Cursos de artesanía, por persoa e curso: 60 €
V. Obradoiros
V.1. Obradoiro deportivo-cultural: o primeiro membro da unidade familiar 20 €; o segundo membro: 10 €, o terceiro membro e seguintes: 0 € por quenda. No caso de repetir quenda: o primeiro membro da unidade 10 €; o segundo membro: 5 €, o terceiro membro e seguintes: 0 € por quenda. Cada quenda terá unha duración de 10 días laborais de actividade.
V.2. Obradoiro deportivo multiaventura: o primeiro membro da unidade 20 €; o segundo membro: 10 €, o terceiro membro e seguintes: 0 € por quenda. No caso de repetir quenda: o primeiro membro da unidade 10 €; o segundo membro: 5 €, o terceiro membro e seguintes: 0 € por quenda. Cada quenda terá unha duración de 10 días laborais de actividade.
VI. Actividades para adultos
Taxa de actividade, tres días á semana, por persoa e mes: 10 €
Taxa de actividade, dous días á semana, por persoa e mes: 8 €
Taxa de actividade, un día á semana, por persoa e mes: 5 €
VII. Utilización doutros centros culturais e deportivos municipais
VI.1. Actividades deportivas ou culturais que o Concello organice e que considere necesario o cobro de entrada ao público, precio entrada: 3 €
VI.2. Actividades culturais organizadas por Asociacións rexistradas no Concello de Camariñas con pago de entrada con luz artificial, por día: 6 €
VI.3. Actividades culturais organizadas por Asociacións non rexistradas no Concello de Camariñas con pago de entrada con luz artificial, por día: 12 €
VI.4. Actos de acceso gratuíto de carácter non cultural organizados por asociacións ou empresas non pertencentes ó Concello de Camariñas, por cada acto: 60 €
VI.5. Actos con pago de entrada de carácter non cultural organizados por asociacións ou empresas non pertencentes ó Concello de Camariñas, por cada acto: 90 €
2. Tódalas cotas levan incluido o IVE correspondente e son de carácter irreducible.
3. A contía dos epígrafes I.7, I.8, II.6 e II.7 da anterior Tarifa incrementarase nun 50 por 100 por cada día de utilización do Pavillón, con anterioridade ou posterioridade á celebración dun acto, para a preparación ou arranxo do mesmo.
.Artigo 7.-Normas de xestión.
1. A utilización das instalacións e servicios obxecto da presente taxa haberá ter lugar, en todo caso, fóra do horario escolar. Os horarios e calendarios de utilización de instalacións municipais serán fixados por resolución da Alcaldía que se publicará no taboleiro de edictos do Concello e nos centros correspondentes.
2. As solicitudes presentaranse no rexistro xeral do Concello e lugares que se determine, cunha antelación mínima de dous días hábiles, agás no caso de torneos ou competicións deportivas e actos extradeportivos, nos que dita antelación será de cinco días hábiles. As inscricións en escolas, cursos e actividades realizarase nos termos das correspondentes convocatorias.
3. As autorizacións serán concedidas pola Alcaldía, quen poderá condicionalas á previa constitución dunha garantía en metálico cando a natureza ou circunstancias da autorización solicitada poidan representar danos ou deterioros para as instalacións municipais, sendo o importe da garantía o da estimación estimada dos posibles danos feita polos servicios municipais.
O documento xustificativo da concesión da autorización haberá ser presentado ó persoal encargado do servicio no momento de inicio do mesmo.
4. A coincidencia de solicitudes para a mesma data, cando as mesmas sexan incompatibles, resolveranse aplicando a seguinte orde de prioridade:
1) Escolas deportivas municipais.
2) Competición de equipos federados.
3) Competición de equipos non federados.
4) Adestramento de equipos federados.
5) Adestramento de equipos non federados.
6) Práctica deportiva privada. As coincidencias na mesma prioridade resolveranse a favor da precedencia na presentación da solicitude.
5. Correrán a conta e cargo do solicitante os medios persoais e materiais que este considere necesarios para a organización de calesquera actos, cando ditos medios sexan superiores ós destinados polo Concello de ordinario á prestación do servicio.
Artigo 8.-Obrigación de pagamento.
1. A obrigación de pagamento do taxa nace desde o momento en que se preste ou realice calquera dos servicios ou actividades ós que se refire esta ordenanza.
2. O pagamento do prezo terá lugar por ingreso directo no momento de solicita-la utilización das instalacións ou de formaliza-la inscrición, con carácter de depósito previo conforme ó disposto no artigo 26.1.a) da Lei 39/1988, podendo empregarse o procedemento de declaración-liquidación ou de autoliquidación.
Artigo 9.- Beneficios fiscais.
Gozarán de exención aqueles contribuintes pertencentes a nucleos familiares beneficiarios da Renta de Integración Social de Galicia(RISGA) así como as persoas maiores de 65 anos e ademáis, respecto á tarifa contida no artigo 6.V Obradoiros, todas aquelas persoas membros de unidades familiares usuarias de servizos sociais que conten co preceptivo informe favorable á exención de Servizos Sociais do Concello de Camariñas.
Disposición final.
A presente Ordenanza fiscal, que foi aprobada polo Pleno da Corporación en sesión ordinaria celebrada o día vinta e cinco de marzo de dous mil once, entrará en vigor unha vez publicada íntegramente no Boletín Oficial da Provincia, nos termos sinalados na normativa vixente, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.