Camariñas - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR PRESTACIÓN DE SERVICIOS CULTURAIS E DEPORTIVOS
Artigo 1.-Fundamento e natureza.
En uso das facultades conferidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución española e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local; de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, e ó amparo do disposto nos artigos 58 e 20 da mesma lei, este Concello establece a "taxa pola prestación de servicios culturais e deportivos", que se rexerá pola presente ordenanza fiscal.
Artigo 2.-Feito imponible.
1. Constitúe o feito imponible da taxa o uso das instalacións deportivas municipais e prestación dos servicios de que están dotadas estas, así como a prestación de servicios de escolas, cursos e outras actividades culturais e deportivas, nos termos especificados nas tarifas, da presente ordenanza.
2. Non están suxeitos o pagamento do taxa:
a) Os actos organizados polo Concello de Camariñas ou patrocinados polo mesmo, patrocinio que haberá de resultar en todo caso dun previo acordo plenario ou resolución da Alcaldía.
b) As utilizacións que sexan consecuencia de intercambios ou convenios con outras institucións, que se rexerán polo respectivo convenio.
c) As actividades ordinarias escolares de carácter deportivo ou cultural que se realicen durante a xornada escolar, así como os campionatos deportivos escolares con participación de alumnos deste municipio.
Artigo 3.-Suxeitos pasivos.
Artigo 4.-Responsables.
1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.
2. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de crebas, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.
Artigo 5.-Retribución.
Considérase retribuída a taxa, nacendo a obriga de contribuír, cando se inicie a prestación dos servicios suxeitos a gravame, entendéndose para estes efectos que dita iniciación se produce coa solicitude daqueles.
Artigo 6.-Cota tributaria.
1. A contía deste taxa será a establecida na seguinte tarifa:
I. Utilización do pavillón polideportivo
I.1. Actividades deportivas e competicións de entrada gratuíta:
Sen luz artificial, por hora: 1.000 pesetas.
Con luz artificial, por hora: 1.700 pesetas.
I.2. Actividades deportivas e competicións con pagamento de entrada:
Sen luz artificial, por hora: 1.500 pesetas.
Con luz artificial, por hora: 2.500 pesetas.
I.3. Actos de acceso gratuíto e carácter non deportivo organizados por asociacións, partidos e entidades de todo tipo, por cada acto: 30.000 pesetas.
I.4. Actos con pagamento de entrada alleos ó deporte, festivais e espectáculos recreativos e artísticos de carácter profesional, por cada acto: 80.000 pesetas.
II. Utilización do ximnasio:
Por persoa e hora: 200 pesetas.
Aboamento mensual dunha hora por día laborable, por persoa: 3.000 pesetas.
III. Escolas culturais e deportivas municipais, por persoa e curso:
Por inscrición, con dereito a participar en tres escolas: 2.500 pesetas.
Por inscrición nunha soa escola: 1.000 pesetas.
Por cada inscrición adicional noutras escolas: 1.000 pesetas.
IV. Cursos municipais de artesanía, por persoa e curso:
Por inscrición: 10.000 pesetas.
V. Ximnasia de mantemento:
Por persoa e mes: 2.000 pesetas.
2. Tódalas cotas levan incluído o IVE correspondente e son de carácter irreductible.
3. A contía dos epígrafes 1.3 e 1.4 da anterior tarifa incrementarase nun cincuenta por cento por cada día de utilización do pavillón, con anterioridade ou posterioridade á celebración dun acto, para a preparación ou arranxo do mesmo.
Artigo 7.-Normas de xestión.
1. A utilización das instalacións e servicios obxecto da presente taxa haberá ter lugar, en todo caso, fóra do horario escolar. Os horarios e calendarios de utilización de instalacións municipais serán fixados por resolución da Alcaldía que se publicará no taboleiro de edictos do Concello e nos centros correspondentes.
2. As solicitudes presentaranse no rexistro xeral do Concello e lugares que se determine, cunha antelación mínima de dous días hábiles, agás no caso de torneos ou competicións deportivas e actos extradeportivos, nos que dita antelación será de cinco días hábiles. As inscricións en escolas, cursos e actividades realizarase nos termos das correspondentes convocatorias.
3. As autorizacións serán concedidas pola Alcaldía, quen poderá condicionalas á previa constitución dunha garantía en metálico cando a natureza ou circunstancias da autorización solicitada poidan representar danos ou deterioros para as instalacións municipais, sendo o importe da garantía o da estimación estimada dos posibles danos feita polos servicios municipais.
O documento xustificativo da concesión da autorización haberá ser presentado ó persoal encargado do servicio no momento de inicio do mesmo.
4. A coincidencia de solicitudes para a mesma data, cando as mesmas sexan incompatibles, resolveranse aplicando a seguinte orde de prioridade:
1) Escolas deportivas municipais.
2) Competición de equipos federados.
3) Competición de equipos non federados.
4) Adestramento de equipos federados.
5) Adestramento de equipos non federados.
6) Práctica deportiva privada. As coincidencias na mesma prioridade resolveranse a favor da precedencia na presentación da solicitude.
5. Correrán a conta e cargo do solicitante os medios persoais e materiais que este considere necesarios para a organización de calesquera actos, cando ditos medios sexan superiores ós destinados polo Concello de ordinario á prestación do servicio.
Artigo 8.-Obrigación de pagamento.
1. A obrigación de pagamento do taxa nace desde o momento en que se preste ou realice calquera dos servicios ou actividades ós que se refire esta ordenanza.
2. O pagamento do prezo terá lugar por ingreso directo no momento de solicita-la utilización das instalacións ou de formaliza-la inscrición, con carácter de depósito previo conforme ó disposto no artigo 26.1.a) da Lei 39/1988, podendo empregarse o procedemento de declaración-liquidación ou de autoliquidación.
Artigo 9.- Beneficios fiscais.
Gozarán de exención subxectiva aqueles contribuíntes pertecentes a un nucleo familiar beneficiarios da Renta de Integración Social de Galicia (RISGA )
Disposición final.
A presente Ordenanza fiscal, que foi aprobada polo Pleno da Corporación en sesión celebrada o día trinta de outubro de dous mil catro, entrará en vigor o mesmo dia da súa publicación no Boletín da Provincia e será de aplicación a partir desta data, permanecendo vixente ata a súa modificación ou derrogación expresa".